Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2017.

Publicación da Circular nº 2/2017 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do bacharelato establecido na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o curso 2016/2017:

Reclamacións no centro. Prazos

  • Convocatoria ordinaria: 23 e 24 de maio de 2017 (ata as 14.00 horas).
  • Convocatoria extraordinaria: 5 e 6 de setembro de 2017 (ata as 14.00 horas).

Reclamacións ante a comisión de supervisión (Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo). Prazos

  • Convocatoria ordinaria: antes das 14.00 horas do día 29 de maio de 2017.
  • Convocatoria extraordinaria: antes das 18.00 horas do día 7 de setembro de 2017.

Recepción do expediente na comisión de supervisión. Prazos

  • Convocatoria ordinaria: antes das 14.00 horas do día 30 de maio de 2017.

 

  • As avaliacións de 6º de Educación Primaria e de 4º de ESO serán os días 23 e 24 de maio e a de 3º de Primaria o 30 e 31 de maio.
  • As probas teñen unha finalidade estritamente de proporcionar á Administración unha información complementaria para o deseño de accións específicas cara un ensino de maior calidade.
  • Realizaranse no 15% dos centros de Primaria e de Secundaria para cuxa selección a Consellería segue un procedemento moi similar ao das probas PISA tanto en canto a metodoloxía como a tamaño da mostra
  • A mostra busca a máxima representatividade e equilibrio, para que os resultados podan extrapolarse ao conxunto da poboación escolar dos cursos avaliados
  • Os resultados obtidos non repercuten en ningún caso nas cualificacións obtidas polos alumnos no curso escolar nin contan para o expediente académico

Co fin de que os centros educativos poidan contar con información ao respecto, en tanto o Ministerio de Educación non publique a Orde que regula as avaliacións finais de Primaria e Secundaria, a  Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, venlles de comunicar aos centros que forman parte da mostra, as datas de celebración destas avaliacións diagnósticas, que serán mostrais e non censais, tal como quedou acordado por unanimidade de todas as Comunidades Autónomas na Conferencia Sectorial de Educación celebrada en novembro en Madrid.

Deste xeito, as avaliacións de 6º de Educación Primaria e de 4º de ESO terán lugar os días 23 e 24 de maio, mentres que a proba diagnóstica de 3º de Primaria celebrarase o 30 e 31 de maio.

Cómpre subliñar que o resultado destas probas non ten ningunha repercusión no expediente académico dos alumnos; é dicir, que non inciden para nada nas cualificacións obtidas polos rapaces no curso escolar. A súa finalidade é estritamente diagnóstica, xa que os datos recompilados proporcionan á Administración unha información complementaria á hora de deseñar accións específicas na súa aposta por unha maior calidade no ensino.

Respecto á selección da mostra, a Consellería seguiu un procedemento moi similar ás probas PISA (para a cal tamén se extraen centros por países e CCAA), en canto a metodoloxía e tamaño da mostra. É dicir, aplicáronse rigorosos criterios técnicos (porcentaxe de públicos/privados, rural/urbano, tamaño dos centros) co fin de lograr a máxima representatividade e, deste xeito, que as extrapolacións dos datos obtidos permitan establecer conclusións certas.

Avaliación de 4º curso de ESO

Unha das principais novidades é que este curso 2016/17 é o primeiro no que se vai aplicar a avaliación de Secundaria, para os alumnos que están cursando 4º de ESO. Froito do acordo unánime a nivel de Comunidades Autónomas e Ministerio de Educación acadado na Conferencia Sectorial de Educación, esta proba aplicarase con carácter de mostra; é dicir, que non a van facer o cen por cen do alumnado deste curso, senón só nos centros seleccionados en base aos correspondentes criterios técnicos. No caso de Galicia, a mostra seleccionada representa aproximadamente un 15% dos centros que imparten 4º de ESO de toda Galicia (arredor de 70).

Cómpre lembrar que, atendendo á demanda feita desde Galicia polo departamento que dirixe Román Rodríguez, esta avaliación terá carácter exclusivamente diagnóstico e, polo tanto, non conta para o expediente do alumno nin para a súa promoción para a seguinte etapa educativa. A proposta, que foi apoiada polo resto das CCAA, foi convalidada polo Congreso dos Deputados e ratificada polo Goberno do Estado no Real Decreto-lei 5/2016, de 9 de decembro, de medidas urxentes para a ampliación do calendario de implantación da LOMCE mentres non entre en vigor a normativa que resulte do Pacto de Estado social e político, no que se está traballando. As competencias avaliadas serán a matemática, a lingüística (en galego, en castelán e en lingua estranxeira), e a competencia social e cívica.

Aplicación das probas

En todos os casos, as probas están baseadas e deseñadas segundo os estándares dos currículos correspondentes aos cursos nos que se aplican. É dicir, adaptadas ás franxas de idade dos alumnos aos que van dirixidos.

Coma nas anteriores edicións, a Consellería de Cultura e Educación encargarase de proporcionar aos centros o apoio necesario (tanto material como soporte informático) para poder realizar as probas. Deste xeito, disporanse cadernos (en formato papel) para cada unha das avaliacións e das competencias obxecto de avaliación, así como cuestionarios de contexto para profesores, dirección do centro, alumnado e as súas familias.

O contido das probas será elaborado por grupos de profesores que imparten docencia no nivel educativo que se avalía. Téñense en conta os estándares fixados polo Estado, así como o currículo propio da CCAA de Galicia.

De acordo co proxecto de Orde ministerial, os encargados da aplicación e corrección das probas será, preferentemente, profesorado funcionario do sistema educativo, externo ao centro no que se apliquen as probas; co apoio dos equipos directivos e o profesorado dos centros seleccionados, que participarán e colaborarán na realización da avaliación (en calquera caso, a Consellería publicará unhas instrucións na que se detallarán de xeito pormenorizado estas cuestións). No caso de 3º de Primaria, ao igual que nas edicións anteriores, as probas serán corrixidas por profesores/as do centro que non impartan clase nas materias relacionadas coas competencias obxecto da proba aos alumnos/as avaliados.




A CIUG ven de publicas este DOCUMENTO coa oferta de prazas por grao para o curso 2017-18.


Orden ECD/393/2017, de 4 de mayo, por la que se regulan las pruebas de la evaluación final de Educación Secundaria Obligatoria, para el curso 2016/2017.

Vaia cursiño que levamos!

Publicado: 08/05/2017 11:57 por iessalvaterraorientacion en ARTIGOS

Que uns 3.000 repetidor@s poidan entrar na universidade galega sen facer un exame selectivo ou que non haxa que ter un 5 para estar titulado en ESO non é máis que a guinda do pastel dos despropósitos (ou non) que a LOMCE e a súa derogación por fascículos nos trouxo este curso.

En setembro había que facer reválidas para titularse en ESO e Bacharelato, con exames de cinco días, de sete e nove materias, respectivamente, e mediante un test de centos de preguntas exactamente igual para toda España, á mesma hora e o mesmo día. Este é un periplo polo que uns 40.000 alumnos galegos (os de 4º de ESO e 2º de bacharelato), profesores e familias pasamos ata agora:

Setembro
En funcións. O curso arrincou con todo no aire: por non haber, nin había Goberno (a investidura de Rajoy foi o 30 de outubro) e por tanto especulábase con que a LOMCE fóra derogada, aplicada ata o final ou nunha versión lixeira. Finalmente, foi esta última a opción elixida.
Repetidores. Os directores de instituto de Vigo decidiron non matricular aos repetidores de segundo de bacharelato porque non había aulas LOE (eles non entraban na LOMCE). A Consellería tivo que remitirlles unha instrución para que os mesturasen.
Selectividade por comunidades autónomas e con notas de 0 a 10. A finais de mes a CRUE e o ministerio chegaron a un acordo de palabra: a nova selectividade estaría organizada por cada comunidade autónoma, tería validez estatal e a nota iría do 1 ao 10. Nada do mesmo exame para toda España.
A proba final de ESO, aínda reválida. Acababa setembro e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, pedía en Madrid que a reválida de secundaria non tivese efectos académicos. Nese momento era obrigatoria para ter o título de ESO e valía o 30 % da nota final.

Outubro
Bacharelato de artes sen debuxo artístico. Os alumnos de segundo do bacharelato de artes en Galicia non poden ter Debuxo Artístico. O deseño horario da LOMCE impídeo.
Só catro comunidades aceptan a reválida de bacharelato. Galicia, Madrid, Murcia e Castela e León eran as únicas comunidades que aceptaban organizar unha reválida de bacharelato obrigatoria para obter o título. Andalucía, Cataluña e o País Vasco seguían convocando a selectividade antiga, a PAU.
Por fin, as reválidas deixan de ser obrigatorias para o título. Foi a finais de mes cando o ministro Méndez de Vigo primeiro e despois Rajoy (no debate da súa investidura) anunciaron que, como xesto de boa vontade para chegar a un pacto educativo, as reválidas de ESO e bacharelato non serían obrigatorias para o título. A primeira quedaría, pois, nunha avaliación de nivel e a segunda, en acceso á universidade.

Novembro
Goteo de borradores. Durante todo o mes fóronse filtrando borradores das novas reválidas. Con cada cambio as probas íanse descafeinando cada vez máis. Ao final, o Goberno aceptou a proposta das universidades de que houbese catro puntos extras para axustar as notas segundo competencias do alumno: 14 posibles, como a PAU anterior.
Enterro oficial das reválidas. Foi a última semana de mes cando finalmente fíxose oficial (aínda que a publicación no BOE chegou en decembro) o fin das reválidas como paso previo para ter o título de ESO ou bacharelato.

Decembro
Oficial. A publicación no BOE deulle oficialidade á eliminación das reválidas. Agora sería unha avaliación final de ESO sen valor académico e a selectividade de sempre en versión LOMCE. Adeus a setembro. Ese mesmo mes sóubose que a proba de acceso á universidade que se facía en setembro será en xullo a partir do 2018. O motivo, axustar o exame e o seu calendario ao comezo das clases nos graos, a primeira semana de setembro.

Febreiro
Os profesores de francés piden que a súa materia vaia a selectividade. Unha norma ministerial dá forma á proba de acceso á universidade. E xorden polémicas: na fase xeral, os alumnos terán que examinarse de materias que cursasen en segundo, mesmo cando se fala de primeira lingua estranxeira. Na PAU un alumno podía estudar inglés pero examinarse de francés porque a súa familia era francesa e dominaba lingua. Agora non é posible e os profesores de francés protestaron enerxicamente por iso. Tampouco lles sentou ben aos de Filosofía que a súa materia abandonase a fase obrigatoria: agora hai que facer Historia de España si ou si, mentres que antes un podía elixir entre esta e Historia da Filosofía.
Xa hai nome e data para o exame de acceso á universidade. Foi o venres 10 de febreiro cando nunha reunión conxunta CIUG-Consellería de Educación decidiuse que a selectividade fose os días 7, 8 e 9 de xuño e que as notas se saiban o día 16. Tamén se deu a coñecer o nome en Galicia: avaliación de bacharelato para ou acceso á universidade (ABAU), avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (EBAU) en castelán. E outro asunto importante que se dilucidou entón: as troncais (Matemáticas ou Latín, por exemplo) tamén servirían para subir nota. Os alumnos que van para Enxeñería ou Dereito respiraron.

Marzo
Repetidores exentos. Coa primavera chegou a noticia de que os repetidores de 2º de bacharelato e quen suspendeu a PAU o ano pasado poderán acceder á universidade sen facer a ABAU, aínda que tamén poderán ir para subir nota se queren.
Ponderacións facilmente substituíble. A finais de mes, na metade da terceira avaliación para os do último curso, sóubose que materias valorará especialmente cada carreira en Galicia, as chamadas ponderacións. A listaxe ofrecida o primeiro día cumpría a machada as ordes do decreto de decembro e só incluía as materias específicas de cada rama (por exemplo, en Dereito ponderaba 0,2 Grego pero non Latín, porque é materia troncal e por tanto obrigatoria). Houbo prantos nalgunhas clases. Enseguida reuníronse CIUG e consellería e ampliaron as materias con dobre valor, seguindo o espírito das últimas normas.

Abril
Inseguridade xurídica. Por se todo o anterior non fose suficiente, en abril a oficina do Valedor do Pobo decide investigar se a ABAU xera inseguridade xurídica, por exemplo para os alumnos que cursaron 1º de bacharelato noutro país, pois querían estar exentos do exame de galego, como era habitual nos últimos anos. CIUG e Consellería de Educación negáronse en redondo: a exención de galego é para quen vén doutra comunidade en bacharelato, non para galegos que pasaron un curso fóra; ademais, en segundo de bacharelato, xa en Galicia, dan a materia con normalidade.
O título de ESO, con menos de 5. Finalmente, neste abril sóubose que o título de ESO pódese ter con dúas suspensas e cunha nota media inferior a 5, algo que moitos sectores vinculados co proceso educativo consideran absurdo.

E o que nos queda...

Fonte: Sara Carrreira. La Voz de Galicia

PAT: Programa Orient. Profesional

Sesión 14. FP, Universidade e mundo laboral

Páx.: (38-41)

FP réxime ordinario, grao profesional básico, grao medio e grao superior:

 

UNIVERSIDADE

O seguinte DOCUMENTO dirixido ao alumnado, profesorado e, sobre todo, familias contén unha recopilación, medianamente organizada, daquelas orientacións académicas e profesionais básicas que debe ter en conta todo o alumnado que vai rematar 3º da ESO. É moi extenso (70 páxinas) pero contén a diversa información existente para a toma de decisións que influirán no futuro deste alumnado. Quero resaltar os dous últimos puntos que pode que sexan os menos coñecidos pola comunidade educativa salientando, tamén, que o alumnado que remata a ESO pode presentarse a algunhas oposicións das que fago un pequeno extracto.

A avaliación final (reválida) que realizarán neste curso escolar 2016-17 o alumnado de 4º ESO NON TERÁ EFECTOS ACADÉMICOS. Non é necesario aprobala para onter o título de GES.

1. Sistema educativo LOMCE

2. Opcións despois da ESO

3. A FP

4. A Proba de Acceso ao grao medio

5. Criterios de admisión en grao medio

6. Acceso ao Grao Superior

7. Oferta de FP por provincia e concello

8. Vinculación da modalidade de Bach. Cos Ciclos de grao superior

9. O bacharelato

10. A universidade

11. As ensinanzas de Réxime Especial

12.Oposicións ao rematar os estudos: garda civil, bombeiros, policía local, policía nacional e institucións penitenciarias

 

Consellos básicos

Tecnoadiccións: Guía para familias 

Tecnoadiccións: Guía para o profesorado

O seguinte DOCUMENTO vai dirixido ao alumnado, profesorado e, sobre todo, familias. Foi pensado coma unha libreta ou caderno individual e contén unha recopilación, medianamente organizada, daquelas orientacións académicas básicas, moitas xurdidas da LOMCE, que debemos ter en conta en 1º da ESO. Pretendo que teñades unha visión global das opcións que tedes no eido educativo e que vexades como se está a re-ordenar, si é que podemos denominalo así, o sistema educativo. Algúns puntos deste caderno son:

  • Características da etapa da ESO
  • Finalidades da ESO
  • Titulo
  • Estructura de 2º, 3º e 4º de ESO
  • Promoción e titulación na ESO
  • Proba de avaliación final da ESO (reválida)
  • Consello orientador
  • Que pode facer o alumnado que non vai ben
  • Que podemos estudar despois da ESO
  • Que é a FP Básica
  • Acceso a FP mediante proba
  • A proba de acceso aos Ciclos de Grao Medio
  • Follas de matrícula para 2º ESO

 

 Programa Orient. Profesional

SESIÓN 14. Paso 6º "Que se del Bachillerato I "

Páx.:(51-59)

Vos deixo este ENLACE ao canal con moitos videos animados sobre ciberacoso elaborados por Pantallas Amigas. Este video é unha mostra para comezar co tema.

Mais información:


Ciberbullying

Save the children

 Stopbullying

O seguinte DOCUMENTO dirixido ao alumnado, profesorado e, sobre todo, familias contén unha recopilación medianamente organizada daquelas orientacións académicas básicas, xurdidas da LOMCE, que debemos ter en conta en 2º da ESO para os seguintes cursos:

  • Características da etapa da ESO
  • Finalidades da ESO
  • Titulo
  • Estructura de 3º e 4º de ESO
  • Promoción e titulación na ESO
  • Proba de avaliación final da ESO (reválida)
  • Consello orientador
  • Que pode facer o alumnado que non vai ben
  • Que podemos estudar despois da ESO
  • Que é a FP Básica
  • Acceso a FP mediante proba
  • A proba de acceso aos Ciclos de Grao Medio
  • Follas de matrícula para 3º ESO

 

ABAU 2016/17

Publicado: 15/05/2017 11:00 por iessalvaterraorientacion en UNIVERSIDADE

HORARIO

 

BASES-CONVOCATORIA de matrícula ABAU 2016/17

  • Establécese o calendario e a documentación para a matrícula.
  • Recóllense as diferentes casuísticas de alumnado que se pode presentar á proba, tanto se o ten que facer obrigatoriamente como de xeito voluntario. 
  • Publícanse as comisións delegadas e os lugares de realización da proba.
  • Publícanse os horarios dos exames, de xuño

PONDERACIÓNS parte específica ABAU para alumnado que titula neste curso 2016-17

OLLO!! No noso centro non temos clase o mércores 24

 

Vía Convivencia e Orientación en Perillo

PAT.  Programa Orient. Profesional

Sesión 15. Profesións e itinerario profesional

Páx.: (42-45)


FP réxime ordinario, grao profesional básico, grao medio e grao superior:

RESIDENCIAS

Publicado: 22/05/2017 10:43 por iessalvaterraorientacion en RESIDENCIAS
Vos deixo estes enlaces que penso vos serán de utilidade para atopar aloxamento para continuar en estudos superiores 

RESIDENCIAS UNIVERSITARIAS:

Se desexas información sobre residencias universitarias debes consultar as web das distintas universidades do SUG (Sistema Universitario Galego), para informarte dos prazos e procedimentos para pedir praza. 

Aquí tes o listado de residencias privadas e centros propios das universidades galegas. 
Debes saber que as universidades teñen bolsas para aloxamento nas súas residencias e ademais dispoñen de bolsa de vivenda. 
Se abres o enlace de cada universidade podes ir directamente á información sobre as súas residencias propias e concertadas.


Centro Propios
Complexo Residencial O Castro (Campus Vigo)
Centros Concertados:
Residencia A Peregrina (Campus Pontevedra)
Complexo Residencial Alcai de Allariz (Campus Ourense)


Centros Propios:
Colexio Maior Fonseca (Campus Santiago)
Colexio Maior Rodriguez Cadarso (Campus Santiago)
Colexio Maior San Clemente (Campus Santiago)
Residencia Universitaria Burgo Das Nacións (Campus Santiago)
Residencia Universitaria Monte Da Condesa (Campus Santiago)
Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay (Campus Lugo)


Centro Propio:
Residencia Universitaria Pública de Ferrol (Campus de Ferrol)
Residencias de titularidade privada:
Listado de Residencias na UDC (Rialta xa non é concertada, senón de titularidade privada)

10 versos para navegar segur@

Parámetros de ponderación Bach. ABAU


 Programa Orient. Profesional

Sesión 15. Paso 7 (1). Que es eso de los ciclos? Páx.: 71-78.


FP réxime ordinario, grao profesional básico, grao medio e grao superior:

 Clasificada por familia profesional e ciclo formativo 

 Clasificada por provincia e concello 

 Mapa da oferta polo réxime ordinario 

 

O seguinte DOCUMENTO dirixido ao alumnado, profesorado e, sobre todo, familias contén unha recopilación, medianamente organizada, daquelas orientacións académicas e profesionais básicas que debe ter en conta todo o alumnado que vai rematar 4º da ESO. É moi extenso (66 páxinas) pero contén a diversa información existente para a toma de decisións que influirán no futuro deste alumnado. Quero resaltar os dous últimos puntos que pode que sexan os menos coñecidos pola comunidade educativa salientando, tamén, que o alumnado que remata a ESO pode presentarse a algunhas oposicións das que fago un pequeno extracto.

1. Sistema educativo LOMCE

2. Opcións despois da ESO

3. A FP

4. A Proba de Acceso ao grao medio

5. Criterios de admisión en grao medio

6. Acceso ao Grao Superior

7. Oferta de FP por provincia e concello

8. Vinculación da modalidade de Bach. Cos Ciclos de grao superior

9. O bacharelato

10. A universidade

11. As ensinanzas de Réxime Especial

12.Oposicións ao rematar os estudos (garda civil, bombeiros, policía local)

 

Vos deixo esta GUÍA de CIBERACOSO na ESCOLA