Proxecto SalvaterraKonta 2.0.
Tomando como referencia a idea de Kuentalibros teño pensado levar a cabo no noso centro o seguinte:
Recomendar lecturas de libros que nos pareceran interesantes gravando un pequeno vídeo de 1-2 minutos explicando as razóns da nosa recomendación. A idea é gravar en darlle unha pincelada de multiculturalidade e gravar en galego, castelán, árabe, chinés, inglés, francés, alemán, sueco, ruso, portugués, etc. Vai parecer que somos unha vila cosmopolita, será verdade?
Tamén a cousa é que o proxecto teña unha pizca de transversalidade e participen o máximo número de departamentos (profes) e que as temáticas dos libros estean relacionadas coas máximas áreas posibles do currículo, sempre que os libros gusten e non sexan dos obrigatorios (ou tamén si é que gustaron). O máis importante sería que houbera representación de todas as etapas e grupos do centro (ESO, Bach.,Ciclo de Soldadura e PCPI de Carpinteiría).
Está aberta a participación a todo o alumnado, profesorado, familias e persoal non docente que decida participar (aínda que esteamos editando e gravando ata o 2025).
Espero contar coa axuda do GT Audiovisuais e dos departamentos que así o desexen.
Todos/as aqueles interesados/as en participar que pregunten no Dpto. Orientación (Alfredo) para saber máis do proxecto.
No caso que a participación sexa boa abriremos a posibilidade de participar no proxecto colaborativo Kuentalibros (non hai premios xa que non é un concurso e non, tampouco subirá a nota).
Para dar exemplo do que non hai que facer, e seguro que pena tamén xa que foi gravado á primeira e sin preparar, inicio esta andadura subindo un arquivo de son (podcast) recomendando un libro, escrito en castelán, e que leva por título “El arte de amargarse la vida” de Paul Watzlawick.
Espero as vosas suxerencias e colaboracións.
1 comentario
Kuentalibros -
Pueden ser las mismas que grabéis para vosotros.
Saúdos