Blogia
MZUNGU

Auroras boreais en 4K

Dende a Estación Espacial Internacional (ISS) todo o que pasa na Terra ten outra perspectiva. Como no caso das auroras boreais, fenómeno atmosférico que consiste na aparición no ceo de manchiñas e columnas luminosas de distintas tonalidades, que é producido pola radiación solar e se pode observar pola noite nas rexións polares... unha mágoa que en Salvaterra non teñamos!!

Durante 5 minutos podemos contemplar no vídeo deste post composto por imaxes en 4K gravadas na Estación Internacional e que forman parte do tipo de contido que ofrece NASA UHD. Co sistema de entrga de vídeo UHD de Harmonic, NASA TV terá a capacidade de difundir contido de vídeo en 2160p a 60 cadros por segundo, permitindo desfrutar de imaxes espectaculares en moitas televisións e dispostivos móbiles...

 

 

Vía: Xatakaciencia

0 comentarios