Prazas Residencia no CRD Meixoeiro (Vigo)
Teléfono do CRD : 986262500
Prazo
O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:
1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria (8 xuño) e o 15 de xullo de 2016 (este incluído).
2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria (8 xuño) e o 8 de agosto de 2016 (este incluído).
Presentación de solicitude: forma, lugar e consecuencias
1. As solicitudes deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro residencial docente, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es.
2. Así mesmo, o dito formulario publícase como anexos I e II desta orde.
3. A presentación da solicitude implicará respecto da persoa solicitante ou o seu representante legal: que acepta as bases da convocatoria e reúne os requisitos exixidos nela; que son certos todos os datos que constan na solicitude; e que reúne os requisitos necesarios para obter o título académico que indica.
0 comentarios