A nova FP básica da LOMCE
Aquí vos deixo unha síntese das características máis importantes da Formación Profesional Básica, o primeiro programa que se vai a implantar en Secundaria no próximo curso 2014/15 e que substituirá aos Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI).
A diferenza fundamental, aínda que non a única, desta nova formación con respecto aos anteriores programas é clara: aínda que seguen permitindo o acceso de forma directa aos Ciclos Formativos de Grao Medio, a partir de agora non conceden o Título de ESO a non ser que o/a alumno/a supere a proba de Avaliación Final de ESO (cuestión bastante improbable).
Vía OrientaGuía
0 comentarios