Parámetros de ponderación: indignación
O despropósito dos novos parámetros de ponderación é total.
Xa a prensa se fai eco desta desfeita. O venres pasado foi agónico para moito alumnado e Isabel Ruso, presidenta das direccións en ADDIGA, xeica "alertou" a consellería destes erros tan "significativos" que a algúns nos deixaron alucinados.
O alumnado de 2º de bacharelato, de FP que estaban a preparar a parte voluntaria, que terminaron bacharelato o curso pasado e que estaban a preparar a proba para subir nota, que saiban que:
Se está a estudar bacharelato de Ciencias, e tiñan intención de presentarse a bioloxía para subir nota e así entrar no grao de Educación Física ou no grao de Primaria, agora non pode.
Se estuda bacharelato de Ciencias e ía subir nota con Matemáticas II para entrar en Administración e Dirección de Empresas, agora non pode. Se quería probar sorte con Economía da Empresa para subir a súa nota e entrar nunha enxeñería, agora non pode.
Se estuda bacharelato de humanidades e pensaba que podía mellorar a súa nota con Latín II para entrar en Dereito ou en Xornalismo, agora non pode.
Se estuda bacharelato de Artes e tiña a intención de mellorar a súa nota para entrar en Comunicación Audiovisual presentándose a Artes Escénicas, agora non pode.
Se tiña planeado utilizar Debuxo Técnico II para mellorar a súa nota e entrar así nalgún grao de Artes e Humanidades (por ex. Belas Artes), ou nalgún grao de Ciencias Sociais, agora non pode, xa que soamente pondera para as enxeñerías e arquitectura.
Exemplo: como é posible que Latín II non pondere tamén para a rama universitaria de Ciencias Sociais e Xurídicas, onde si teñen en conta Grego II. Acaso un grao como Dereito (da rama de Ciencias Sociais) non debería valorar Latín II como materia preferente?
...e non quedaría así a cousa e poderíamos continuar.
Parece que están neste intre reunidos na consellería de educación para solucionar esta chapuzada.
Vía Monica Diz
0 comentarios