Aprendizaxe cooperativa e pensamento crítico (3)
Continuamos neste post (a 3ª de catro entradas) con outras seis estratexias prácticas concretas para o traballo nas nosas clases en grupo cooperativo de cara a lograr un pensamento crítico no noso alumnado.
15) Pedir ao alumnado que redacte exercicios escritos.
Antes de "meterlles o rollo" ou pedirlles que lean sobre un tema, podemos pedirlles que, en cinco minutos, escriban unhas notas preliminares, persoais, sobre o tema que imos tratar. Poden usalas tamén como base para unha discusión en clase en grupos pequenos. Isto ten varios propósitos como son que logra que cada estudante pense activamente sobre o tema e activa os coñecementos e as experiencias previas do alumnado.
16) Mandar facer tarefas escritas que requiran pensamento independente.
Con regularidade debemos pedir que fagan na nosa clase tarefas escritas. Non temos que corrixir todos os escritos que nos entreguen. Podemos escoller ao chou unha mostra pequena dos traballos ou pedirlle ao alumnado que seleccine un par de traballos que lles gusten para revisalos e calificalos. Isto aforra moito tempo ao profesorado e a crítica dos pares ofrece aos estudantes a posibilidade de recibir retroalimentación importante sen sobrecargar ao profe. Tamén, desenvolve apreciación polos criterios necesarios para unha boa redacción, habilidade para recoñecer erros e a necesidade de mellorar os escritos.
A escritura obriga ás persoas a plasmar os seus pensamentos en palabras, unir as palabras para formar pensamentos completos e organizalos en parágrafos que flúan de maneira lóxica. Todo isto obriga a que reflexionemos mellor, o que conduce a un incremento e mellora na nosa forma de pensar. Ademais, pon de manifesto o noso pensamento.
17) Pedir ao alumnado que avalíe os traballos dos demais.
Asignemos aos estudantes, ou a grupos destes, a tarefa de avaliar os traballos dos seus compañeiros. As notas das avaliacións feitas polos pares débense entregar. Esta avaliación é útil para todas as partes, tanto para quen avalía como para quen é avaliado. Os estudantes tenden a traballar máis cando saben que os seus compañeiros de clase van ver o seu traballo. Teñen maior motivación para dar o mellor de si mesmos cando teñen "un público real". Tamén, tenden a tomar os comentarios e suxestións máis en serio, en lugar de atribuír a crítica á arbitrariedade do profe. Pero quizais a vantaxe máis importante é para os estudantes que realizan a avaliación. Estes gañan moito na apreciación dos criterios que sustentan o que é un bo traballo, ao aplicalos a traballos que non son propios. Cando xustifican ou explican os seus comentarios e suxestións, están obrigados a argumentar eses criterios explícitamente.
18) Utilicemos cadernos de aprendizaxe.
O noso alumnado pebe ter un caderno de dúas columnas, por exemplo. Imos solicitarlles que anoten na primeira das columnas o material que aprenden da lectura e da redacción e, na segunda, os pensamentos que lles xorden como reacción ao que están a aprender. Nesta última, incluiríase ademais, preguntas, hipóteses, a súa propia reorganización do material, as súas propias gráficas e táboas, comentarios sobre os seus procesos de pensamento e os seus progresos. Estes cadernos se poden compartir en grupos, acompañados pola discusión das ideas dos estudantes. As hipóteses e preguntas poden servir de base para futuras asignacións ou para proxectos especiais; os cadernos pódense entregar periodicamente para recibir retroalimentación do profe.
19) Fagamos debates!
Pois iso, fagamos debates sobre asuntos controvertidos, de actualide. Por exemplo, pregunte cantos na clase pensan que a alimentación é importante para todas as persoas. Cando alcen as mans para respostar escollamos dous ou tres estudantes que pensan afirmativamente. Pídalles que se xunten e desenvolten os seus argumentos en grupo. Fagamos o mesmo con aqueles que cren que a alimentación non é importante. Os grupos utilizan parte do tempo da clase para desenvolver as súas estratexias e presentan as súas conclusións ao día seguinte. Despois, podemos preguntar aos estudantes que opinaban que a alimentación non era importante si cambiaron de idea ou non.
20) Fagamos que escriban diálogos.
Pedimos unha tarefa escrita na que expoñan diálogos imaxinarios entre persoas con perspectivas diferentes sobre algún asunto de actualidade como as células nai ou o aborto. Os diálogos tamén poden versar sobre os distintos puntos de vista de partes opostas nunha disputa internacional. Ou podería xerarse un diálogo entre unha persoa liberal e unha conservadora. Dise aos estudantes que as persoas involucradas no diálogo deben ser intelixentes, racionais e sen prexuízos.
Para que os estudantes redacten un diálogo, requírese que pensen dende dúas perspectivas diferentes. Escribilo facilítalles ver o punto de vista dunha persoa con quen non están de acordo e facelo sen prexuízos. Tamén obriga a posibilitar que persoas con perspectivas diferentes se comuniquen entre si, que presenten obxeccións e preguntas e propoñan alternativas. Oalumnado tende a presentar argumentos moito máis fortes para as distintas perspectivas cando escriben os diálogos. Para poder redactar un diálogo efectivo, teñen que sentir empatía por aqueles que argumentan un punto de vista que eles non aceptan.
0 comentarios