Blogia
MZUNGU

AUDIOVISUAIS

Kubrick // One-Point Perspective from kogonada on Vimeo.

Tarantino // From Below from kogonada on Vimeo.

Wes Anderson // From Above from kogonada on Vimeo.

Como di María L. no seu Blog tecnoloxia.org cada vez somos máis os profes interesados no eido da imaxe e o son como ferramenta didáctica creativa. Ollade estes tres videos que amosan tres dos principais planos básicos utilizados no cine. É unha moi boa composición feita por kogonada para Vimeo. 

O 1º é o PUNTO DE FUGA  central nas pelis de Kubrick.O punto de fuga central non só dá sensación de perspectiva á imaxe, senón que tamén contribúe a que a mirada do espectador quede atrapada na fotografía, aumentando o protagonismo da imaxe.

O 2º son os CONTRAPICADOS de Tarantino.Nun plano contrapicado a cámara sitúase por debaixo do obxecto e oriéntase cara arriba. Serve para magnificar un obxecto ou persoa, por iso é tan utilizado polos políticos.

O 3º son os PICADOS de Wes Anderson. Nos planos picados a cámara grava dende arriba e oriéntase cara ó chan. O efecto que produce é o contrario có do contrapicado, pois utilízase para resaltar a fraxilidade ou inocencia do obxecto enfocado

0 comentarios