Blogia
MZUNGU

Mellorar o ambiente da nosa clase

  1. Ensina ao teu alumnado a saudar

    Saúda ti (profe) e resposta sempre aos saúdos do alumnado

  2. Ensínalles a preocuparse polos demais

    Pregúntalles cada semán como se atopan, como lles foi e que lles pasou no finde (por exemplo os luns).

  3. Ensínalles a debatir e a escoitar aos demais

    Aposta sempre polo debate na clase, que escoiten outras opinións e defendan as súas (asertividade)

  4. Ensínalles a respectar as diferenzas

    Valora o traballo individual e tamén o do grupo cooperativo

  5. Ensínalles a buscar novas solucións

    A creatividade como eixo básico. Pens. crítico e diverxente.Non repetir ou copiar.

  6. Aposta sempre polo traballo en grupo (mellor cooperativo)

    As aprendizaxes se constrúen en grupo, abandoa a idea de que é individualmente

  7. Fai que as TIC estean sempre presentes na túa clase

    Grabadora de sons, tabletas, móbiles... son ferramentas das que podes obter grandes beneficios e son un medio moi importante.

  8. Ensínalles a autoxestionar os seus traballos

    Que saiban as fases de calquera proxecto ou traballo e o planifiquen eles/as mesmos/as. Axenda persoal.

  9. Fomenta a motivación por facer ben as cousas

    Busca tarefas que realmente motiven, a motivación é chave na aprendizaxe e, por suposto, no ensino.

  10. Leva a clase fóra da aula

    No patio, no monte, noutras aulas, na casa... tamén se pode aprender.

0 comentarios