Blogia
MZUNGU

Acceso á Universidade con título estranxeiro e bach. internacional

A CIUG informa:

Para o curso 2015-2016 e 2016-2017, segundo a regulamentación establecida pola Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) e polo Real Decreto 412/2014, de 6 de xuño, polo que se establece a normativa básica dos procedementos de admisión ás ensinanzas universitarias oficiales de Grao, desaparece a superación da proba de acceso á universidade como requisito de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de Grao para os seguintes casos:
    a) Estudantes que se atopen en posesión do título de Bacharelato Europeo en virtude das disposicións contidas no convenio polo que se establece o Estatuto das Escolas Europeas, feito en Luxsemburgo o 21 de xuño de 1994.
     b) Estudantes que obtivesen o Diploma de Bacharelato Internacional, expedido pola Organización de Bacharelato Internacional, con sede en Xenebra (Suíza).
     c) Estudantes en posesión de títulos, diplomas ou estudos de Bacharelato procedentes de sistemas educativos de Estados membros da Unión Europea ou de outros Estados cos que haxa subscrito acordos internacionais aplicables ao respecto, en réxime de reciprocidade, sempre que ditos estudantes cumpran os requisitos académicos esixidos nos seus sistemas educativos para acceder as súas Universidades.
     d) Estudantes en posesión de títulos, diplomas ou estudos equivalentes ao título de Bacharelato do Sistema Educativo Español, procedentes de sistemas educativos de Estados membros da Unión Europea ou de outros Estados cos que haxa subscrito acordos internacionais aplicables ao respecto, en réxime de reciprocidade, cando ditos estudantes non cumpran os requisitos académicos esixidos nos seus sistemas educativos para acceder as súas Universidade
    e) Estudantes en posesión de títulos, diplomas ou estudos equivalentes ao título de Bacharelato do sistema Educativo Español, procedentes de sistemas educativos de Estados que non sexan membros da Unión Europea cos que non se teñan subscrito acordos internacionais para o rexoñecementos do título de Bacharelato en réxime de reciprocidade, homologados ou declarados equivalentes ao título de Bacharelato do Sistema educativo Español.
    Aquel alumnado que desexe aumentar a súa nota de acceso inicial, poderá presentarse á Fase Específica das Probas de Acceso á Universidade organizada por:
- A Universidade Nacional de Educación a Distancia (Uned), que se celebrará nos centros asociado da UNED, ou nos lugares que acorde o órgano competente desta.
- O Sistema Universitario de Galicia (SUG) a través da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG), segundo o establecido ao respecto na correspondente convocatoria.

Nota: Para o acceso á universidade:

- os estudantes dos apartados a), b) e c) deberán contar coa Credencial para o acceso á universidade emitida pola UNED.

- os estudantes dos apartados d) e e) deberán homologar os seus estudos aos do título de Bacharelato do Sistema Educativo Español.

Vía Orienta Galicia

0 comentarios