Blogia
MZUNGU

Que debe saber o profesorado do autismo?

O autismo é un trastorno de espectro. E dicir, que hai moita variabilidade dun neno a outro. O profesorado que tivo ou ten alumnado en clase con autismo xa sabe que non todo o alumnado con TEA (trastorno do espectro autista) é igual e que van ter que adaptarse á persoa concreta. En xeral, á familia gustaralle que lle preguntes sobre o seu fillo e valorarán a vosa/nosa boa disposición.

O comportamento é comunicación. Un comportamento negativo pode ser unha forma de queixa, un intento de saír dunha situación na que sinte abrallado ou necesitado dunha resposta. Ningún neno quere portarse mal. 

Adapta o que poidas o teu ensino á súa aprendizaxe. Aproveita, como con calquera outro neno, as súas fortalezas e as súas peculiaridades. Algunhas ideas:

  • Organiza as cousas paso a paso, en orde, cunha secuencia pautada, ben concretado todo.

  • Dalle instrucións moi claras. É mellor, «deixade os lapis, pechar os cadernos e porvos en fila para saír ao patio» que Hoxe fai moi bo. Imos dar a clase fóra, e tan pronto como terminedes de escribir, deixade o que estades a facer e imos para a saída”. Non deas nada por asumido. É posible que escoitase as instrucións pero non as comprenda. É posible que onte o tivese claro e hoxe xa non.

  • Explica con nitidez cando está terminada a tarefa. Hai quen fai unha foto a como ten que quedar e lla ensina ao estudante "así teñen que quedar as pinturas cando terminas". Usar imaxes é a miúdo unha boa idea e moi fácil de facer cos nosos teléfonos móbiles.

  • Diríxete a el en primeira persoa e de forma individual. É posible que non entenda que unha instrución para toda a clase é tamén para el. É posible que necesite máis práctica que outros nenos para dominar algunhas tarefas.

  • Usa sistemas diversos para ensinarlle: imaxes visuais, guiarlle a man, un compañeiro que sirva de exemplo, etc. Repetir a información non adoita estar de máis.

  • Fai preguntas pechadas mellor que abertas. Funciona mellor que lle digas «Queres ler ou debuxar?» a que lle preguntes «Que queres facer agora?»

  • Dalle poucas opcións. Se ten que elixir algo, un conto ou un exercicio, que teña que facelo entre dúas opcións, non entre moitas.

  • As rutinas e os preavisos adoitan ser útiles para un rapaz con TEA. A flexibilidade, a paciencia, a capacidade de adaptación son habilidades necesarias para a vida cotiá, pero este alumnado con asperger, con autismo, non levan ben en xeral os cambios súbitos, as sorpresas ou as alteracións. Cousas como que apareza un profesor novo ou unha saída non programada poden causar ansiedade e unha rabieta. Informarlle canto antes de calquera plan novo e darlle varios avisos previos antes de que comece unha nova actividade.

  • Adoitan funcionar moito mellor os reforzos positivos que os castigos.

  • Non empeores un mal comportamento. Corríxelle con delicadeza.

  • Un esquema visual, un calendario ou un horario con imaxes poden ser ferramentas moi útiles para telos ben centrados.

  • Explora, se é posible, o mundo dos computadores. Poden ser unha grande axuda (non se cansan) nalgunhas tarefas.

  • E sempre, paciencia.

O alumnado con autismo require tempo extra para procesar as instrucións verbais. Necesitan unha linguaxe clara e con frases curtas, instrucións moi básicas,. Se ves que tes que repetir a pregunta, non a formules doutra maneira, pois entón o procesamiento do que dixeches volve ao lugar de saída. Repite sinxelamente e tranquilamente as mesmas palabras. Tentar que responda máis áxilmente, que se dea présa, o único que fará normalmente é facerlle ir máis lento.

Un respiro pode ser unha gran axuda. O alumnado con TEA pode beneficiarse de ter un lugar tranquilo onde retirarse e autoregularse, sobre todo porque poden ter moita ansiedade. En circunstancias ideais pode ser unha esquina tranquila, con algún libro, o un mp3 con algunha música favorita. Tras relaxarse un pouco pode reintegrarse ás tarefas da clase.

A comprensión da linguaxe e a expresión verbal son dúas cousas diferentes. Algúns nenos con autismo entenden máis do que os seus profes pensan e pode ser que non sexa capaz de expresar todo o que realmente quere dicir. Ás veces, pola contra, é capaz de recitar frases longas e complexas pero sen entender en realidade nada do que está a dicir. Fai falta interactuar con eles e explorar para ver o que realmente entenden e o que non.

Os nenos con TEA son literais. Cústalles moito, sempre en xeral, a linguaxe figurada, o pensamento abstracto, calquera cousa parecida a unha metáfora. Se nunha excursión dis «collede o meu ritmo», o outro alumnado entenderá sen problema que teñen que andar un pouco máis rápido e seguir o teu paso pero é posible que ese neno se poña a buscar o «ritmo» polo chan. Non adoitan entender o sarcasmo. Se ao pasar xunto á túa mesa tira os papeis e dis «Xenial, pode pensar que fixo algo ben e tentará repetilo. Tamén sucede con preguntas que en realidade son instrucións. É dicir, se lle dis «Queres ler a seguinte páxina, a resposta pode ser «non». Se o que queres é que lea, dillo. Unha frase como «deixaches o pupitre moi desordenado», para el é a descrición dun feito e de aí non vai inferir necesariamente que o ten que ordenar.

Os nenos con autismo se focalizan nun tema. alumnado con TEA ten «o seu tema». Poden querer falar sobre iso durante horas e non vai ser fácil sacarlles de aí. Moitas veces son temas que non teñen interese para os outros nenos nin para o profesor nin para ninguén. Este tema preferido ás veces pode usarse como panca para aprender cousas (en vez de sumar mazás pode sumar dinosauros se ese é o seu tema), ou como recompensa tras a consecución dunha tarefa (pode abrir un intre o libro dos dinosauros).

Os nenos con TEA necesitan axuda nas súas interaccións sociais. Moitas veces este alumnado parece non ter interese nos seus compañeiros e se se lle deixa «» non aprenderán as habilidades sociais básicas, fundamentais para a súa vida. A escola é un ambiente ideal e nalgunhas cousas ten condicións que non se poden reproducir no fogar.

  • Ensínalle e exercita as habilidades sociais básicas como esperar quendas, compartir ou a distancia social.

  • Permítelle tamén que quede fora dalgunhas actividades, como deportes ou xogos que poden ser difíciles de entender ou nada agradables para el.

  • Ten coidado con que non lle fagan ningún tipo de acoso ou bullying.

Ás veces hai problemas sensoriais. Algúns nenos con autismo poden ter hipersensibilidad a estímulos visuais (unha iluminación moi potente), auditivos (o zumbido dun frigorífico ou un fluorescente, algún aparello eléctrico como un sacapuntas, olfatorios (cheiros de comida) ou táctiles (texturas). Podes tentar modificar o que lle rodea, cambiarlle de lugar, a ver se se atopa mellor noutro sitio da clase.

Os nenos con TEA teñen estereotipias. As estereotipias son movementos estereotipados ou comportamentos repetidos que poden parecer moi raros aos seus compañeiros. Adóitanse producir cando está excitado, aburrido ou tenso. A atención e a guía durante o tempo que está no instituto fará que sexan menos frecuentes.

Pode ser útil explicar aos seus compañeiros o que é o autismo. Trátase de explicar aos seus compañeiros, de forma loxicamente adaptada á súa idade as cousas básicas dos TEA:

  • Que todos somos únicos e diferentes aos demais.

  • Que o autismo é unha cousa de nacemento da que ninguén ten a culpa.

  • Que salvo nalgunhas particularidades é un máis da clase.

  • Que non é que se porte mal senón que polo autismot en que facer algunhas cousas de maneira diferente.

  • Que lle custa facer algunhas tarefas, comunicarse e facer amigos, así que todos temos que esforzarnos un pouco máis e ser comprensivos e bos compañeiros.

  • Que non hai nada de que asustarse nin de que preocuparse.

  • Os nenos con autismo din as cousas como as ven. Pódeche dicir en público que tes que adelgazar ou que tes un cheiro raro. Non llo tomes como algo persoal, xamais queren ofender nin facer dano. A mellor solución é sempre o bo humor.

 

O noso nivel coma comunidade educativa, coma sociedade, ven marcado por como tratamos ás persoas que son algo diferentes. 

 

Vía Autismo Diario

0 comentarios