Así, a nosa Consellería de Educación ven de publicar a Orde de 14 de agosto de 2014 pola que se regula o acceso e a admisión aos ciclos de formación profesional básica e se autoriza a súa oferta para o curso 2014/15.
Requisitos de acceso:
a) Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
b) Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.
c) Ser proposto/a polo equipo docente ao pai, á nai ou á persoa que teña a titoría legal para a incorporación a un ciclo de formación profesional básica mediante o consello orientador.
É preciso, ademais, o consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais do alumno ou da alumna, para cursar estas ensinanzas.
O prazo de presentación da solicitude de admisión será o abranguido dende o día 1 de setembro ata as 13.00 horas do día 10 de setembro.
O alumnado que sexa admitido no ciclo solicitado deberá formalizar a súa matrícula desde o día 12 ata o día 19 de setembro.
A solicitude pode descargarse en https://sede.xunta.es co código de procedemento ED522A.
A solicitude pode descargarse en https://sede.xunta.es co código de procedemento ED522A.
Admisión: No caso de existir maior número de solicitudes que de postos escolares, asignaranse as prazas conforme os seguintes criterios de prioridade:
- Alumnado que teña cursado 2º ESO.
- Alumnado que teña cursado 3º ESO.
- Alumnado que teña cursado 4º ESO.
Documentación:
- Solicitude de admisión e matrícula no centro no que pretenda ser admitido (Anexo I).
- Copia do DNI ou NIE.
- Comunicación de incorporación á formación profesional básica (Anexo IV).
- Certificado de discapacidade, no caso de participar no proceso de admisión para persoas con discapacidade.
Ciclos ofertados: Véxase o Anexo V da orde de convocatoria.
Máis información no DOG do 26 de agosto de 2014 e http://www.edu.xunta.es/fp/category/etiquetas/fp-basica
0 comentarios