A MEDIACIÓN ESCOLAR
A Mediación no Johan Carballeira (Bueu)
Que é a Mediación escolar?
Como son os nosos mediadores?
Os/as mediadores/as son alumnos/as do noso instituto, compañeiros/as voluntarios/as que fixeron un taller de formación en resolución de conflitos e mediación. Asumen o compromiso de neutralidade, escoita, confianza e confidencialidade. O coordinador é o orientador do centro. Os/as mediadores/as non dan solucións, son neutrais e comprométense a manter en segredo o falado nas sesións de mediación. Axudarán a atopar unha solución ós vosos problemas.
Como se solicita o servizo de mediación?
É moi fácil. Simplemente comunicándollo o coordinador do servizo de mediación (o orientador), ou ao titor/a, ou ao Xefe de Estudos. Tamén podes contar coa colaboración dos alumnos/as mediadores.
Que aporta o Servizo de mediación?
A mediación aporta unha saída construtiva, pacífica e dialogada ós conflitos diarios. Os alumnos/as que tras un conflito toman contacto co servizo de mediación poden beneficiarse de:
- A actitude cooperativa para resolver conflitos.
- O coñecemento e crecemento persoal.
- A mellora do clima social do centro e do entorno.
- A adquisición de habilidades na comunicación.
- A participación activa e responsable.
- A resolución satisfactoria do conflito polas dúas partes.
Vía Orientación
0 comentarios