Blogia
MZUNGU

12 maio. Día escolar das Matemáticas

 

 

Hoxe celébrase o día escolar das matemáticas. Xa temos días de case todo...pero penso eu que esta XV edición débese ter moi en conta. Eu, alomenos, así o fago e non son profe de mate! O tema proposto pola FESP  é "matemáticas e computación". Para a maioría das persoas (sobre todo docentes) as matemáticas son rigor, abstración, precisión, formalización ou lóxica. Pero moit@s, xa fai tempo, pensamos que necesitan dun cambio radical que posibilite que as matemáticas amosen ao alumnado, pero tamén a profesorado e familias, a súa verdadeira beleza contribuindo, ademáis do que fan coa formación do alumnado no ámbito do pensamento lóxico-matemático, noutros aspectos tan diversos da actividade intelectual e cognitiva coma a CREATIVIDADE, a intuición, a capacidade de análise ou o pensamento crítico para desenvolverse con competencia na sociedade do século XXI. Penso que na era das intelixencias múltiples as matemáticas teñen un papel determinante que creo debe ser aproveitado botando man das tecnoloxías, máis en concreto, dos dispositivos móbiles na clase.

Comparto con todas as persoas interesadas no tema este vídeo do profesor norteamericano Dan Meyer.

Vía ineverycrea.

Feliz día escolar da matemáticas.

0 comentarios