Blogia
MZUNGU

TEA. Trastornos do espectro autista na clase

No DSM-V (criterios diagnósticos)

A. Deficiencias persistentes na comunicación social e na interacción social en diversos contextos, manifestado polo seguinte, actualmente ou polos antecedentes:

 1. As deficiencias na reciprocidad socioemocional, varían, por exemplo, dende un achegamento social anormal e fracaso da conversación normal en ambos os sentidos pasando pola diminución en intereses, emocións ou afectos compartidos até o fracaso en iniciar ou responder a interaccións sociais.

2. As deficiencias nas condutas comunicativas non verbais utilizadas na interacción social, varían, por exemplo, dende unha comunicación verbal e non verbal pouco integrada pasando por anomalías do contacto visual e da linguaxe corporal ou deficiencias da comprensión e o uso de xestos, até unha falta total de expresión facial e de comunicación non verbal.

3. As deficiencias no desenvolvemento, mantemento e comprensión das relacións, varían, por exemplo, desde dificultades para axustar o comportamento en diversos contextos sociais pasando por dificultades para compartir xogos imaxinativos ou para facer amigos, até a ausencia de interese por outras persoas.

 B. Patróns restritivos e repetitivos de comportamento, intereses ou actividades, que se manifestan en dúas ou máis dos seguintes puntos, actualmente ou polos antecedentes:

 1. Movementos, utilización de obxectos ou fala estereotipados ou repetitivos (p. ex., estereotipias motoras simples, aliñación dos xoguetes ou cambio de lugar dos obxectos, ecolalia, frases idiosincrásicas).

2. Insistencia na monotonía, excesiva inflexibilidad de rutinas ou patróns ritualizados de comportamento verbal ou non verbal (p. ex., gran angustia fronte a cambios pequenos, dificultades coas transicións, patróns de pensamento ríxidos, rituais de saúdo, necesidade de tomar o mesmo camiño ou para comer os mesmos alimentos cada día).

3. Intereses moi restrinxidos e fixos que son anormais en canto á súa intensidade ou foco de interese (p. ex., forte apego ou preocupación por obxectos inusuais, intereses excesivamente circunscritos ou perseverantes).

4. Hiper ou hiporeactividade aos estimulos sensoriais ou interese inhabitual por aspectos sensoriais da contorna (p. ex., indiferenza aparente á dor/temperatura, resposta adversa a sons ou texturas específicos, olfateo ou palpación excesiva de obxectos, fascinación visual polas luces ou o movemento).

C. Os síntomas han de estar presentes nas primeiras fases do período de desenvolvemento (pero poden non manifestarse totalmente ata que a demanda social supera as capacidades limitadas, ou poden estar enmascarados por estratexias aprendidas en fases posteriores da vida).

D. Os síntomas causan unha deterioración clinicamente significativa no social, laboral ou outras áreas importantes do funcionamento habitual.

E. Estas alteracións non se explican mellor pola discapacidade intelectual (trastorno do desenvolvemento intelectual) ou polo atraso global do desenvolvemento.

 Na práctica educativa

As necesidades educativas específicas que manifestan, en xeral son:

Deficiencias na comunicación e na linguaxe, deficiencias sociais, deficiencias de autonomía e deficiencias cognitivas no razoamento e imaxinación

Así pois, os obxectivos xerais irán dirixidos, moi resumidamente, a:

  • Potenciar os máximos niveis de autonomía e independencia persoal, logrando un desenvolvemento axustado á contorna.

  • Desenvolver as competencias básicas de autocontrol da propia conduta.

  • Desenvolver habilidades de interacción social, potenciar a atención  conxunta e a comprensión de aspectos socio-emocionais.

  • Fomentar a capacidade de desenvolverse no medio social.

  • Desenvolver estratexias de comunicación funcionais, espontáneas e xeneralizadas, a través de signos, pictogramas, accións básicas e outros sistemas de comunicación.

  • Fomentar a intención comunicativa, e a reciprocidade na comunicación.

  • Desenvolvemento da área académico-funcional máis práctica, conceptos básicos e procesos cognitivos como atención, abstracción ou memoria.

  • Mellorar autoestima e autoconcepto persoal.

 

Algúns criterios metodolóxicos: 

  • A organizaciónn deberá estar baseada en rutinas, que quedarán fixadas na axenda persoal.

  • Partir dos intereses do alumnado.

  • Aproveitamento das rutinas e das situacións cotiás.

  • Prediseño de situacións que desencadeen actos comunicativos.

  • Emprego de axudas para provocar actos comunicativos: moldeado, imitación,  axudas verbais e reforzo.

  • Ofrecer a este alumnado oportunidade para poder elixir e fomentar a toma de decisións.

  • A linguaxe debe ser sinxela, mediante o uso dunha soa palabra ou de frases  moi curtas, e se é necesario apoiándose en imaxes ou obxectos de referencia.

  • Levar a cabo unha aprendizaxe sen erros,pasiño a paso, dándolle os apoios necesarios para que realice a tarefa de forma satisfactoria, e ir retirándoos gradual e progresivamente.

  • Prestar atención á expresión e comprensión dos estados emocionais propios e alleos, salientando cando estamos tristes, contentos ou enfadados.

  • Establecer rutinas e situacións de aprendizaxe moi estruturadas.

  • Evitar elementos de distracción. 

0 comentarios