Blogia
MZUNGU

Bolsas 4º ESO Amancio Ortega

Fundación Amancio Ortega convoca 500 bolsas dirixidas a alumnado de 4º ESO para estudar primeiro curso de Bacharelato nun High School en Canadá ou Estados Unidos o vindeiro curso escolar 2016-2017. 

O programa ten como obxectivo facilitar a aprendizaxe do inglés e a inmersión na cultura estranxeira. O alumnado seleccionado cursará o Grao 11 (nivel equivalente a 1º de Bacharelato).
As bolsas se distribúen segundo se especifica:
  • 80 becas dirixidas a estudantes de centros de Galicia
  • 420 becas dirixidas a estudantes de centros do resto das Comunidades Autónomas 
A bolsa cubre o 100% do custe do curso escolar en Canadá ou EEUU: viaxe, tasas de escolarización, convalidación de estudos, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes, e o apoio continuado durante os dez meses de estanza.

REQUISITOS:
  • Estudar actualmente 4º ESO nun centro educativo en España e ter pasaporte español.
  • Ter unha nota media igual ou superior a 7 puntos e unha nota en inglés igual ou superior a 8 en 3º ESO.
  • Non ter estudado un ano académico no estranxeiro con anterioridade (1º, 2º ou 3º ESO).
 
PRAZO DE SOLICITUDE: Do 5/10/2015 ao 12/11/2015

MÁIS INFORMACIÓN NA SEGUINTE LIGAZÓNhttps://becas.faortega.org

 

 

Vía Silvina Paricio orienta

0 comentarios