ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS 2012
Orde do 29 de decembro de 2011 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias profesionais.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 16 de xaneiro de 2012 ao 15 de febreiro de 2012.
A solicitude de participación no procedemento farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion. Esta aplicación estará activa a partir do 16 de xaneiro de 2012.
- Máis información da convocatoria do proceso de acreditación de competencias profesionais
0 comentarios