Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2017.

Instrucións para a realización, dentro do curso 2016/2017, da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) para curso 2017/2018.

 

Mini-presentación

 

Neste magnífico documento de case cen páxinas, a compañeira Lourdes Otero recolle  un centenar de graos que se ofertan nas tres universidades galegas. Na guía, faise unha descripción de cada grao, as saídas laborais de cada un, os campus donde se imparten e ás ligazóns para ampliar información. Os diferentes estudos están organizados por ramas de coñecemento para facilitar o seu manexo. 


 

AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS CONVOCADAS POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

1. Sabes o que son axudasle? Tal e como dí o título, son estadías durante o verán que che permiten ter máis competencia lingüística en Inglés

2. Donde se desenvolven? Lévanse a cabo na nosa Comunidade Autónoma. A súa xestión e organización corresponde a empresas coa debida cualificación, contratadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

3. Quen pode beneficiarse destas axudas? Están destinadas ó alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, ou 1º e 2º de Bacharelato

4. Que requisitos hai que ter? 
  • Ter superadas todas as materias no curso 2015/16
  • Ter acadado no curso 2015/16 na materia de Lingua Ingles, unha cualificación mínima de  "6"
  • Non ter condedida outra axuda da mesma finalidade.
  • Estar en posesión do DNI ou NIE , tamén valería o pasaporte.
5. Canto tempo teño de prazo? Dende o 28 de Febreiro ata o 27 de Marzo ( incluído)

6. Como fago para cubrir a solicitude? Tes varias opcións:

  • Podes completar en liña o formulario electrónico premendo aquí, sempre e cando dispoñas dun certificado dixital por ter DNI eletrónico ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre. Tamén podes acceder se estás rexistrado na Consellería de Educación e , polo tanto, tes un usuario e un contrasinal.
  • Imprimir os anexos I e II da convocatoria, cubrilos debidamente e achegar a certificación de matrícula do curso no que estamos, certificación académica da materias cursadas no curso 2015/16 e a nota media obtida, autorización do titor/a legal para cosultar os datos económicos na Axencia Tributaria e aquela outra documentación que se recolle na orde que regulan estas axudas. Para ampliar información consulta a guía de axuda anexada máis abaixo )
7. Cando se poden disfrutar destas estadías?  Dende a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2017


Vía Lourdes Otero

Descrición

Convocatoria de axudas para alumnos que cursen estudos na modalidade de Ciencias, para participar nun Campus Científico durante 7 días no mes de xullo
O Programa Campus Científicos de Verán é unha iniciativa do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía.
Estes Campus pretenden que os estudantes de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria e primeiro curso de Bacharelato teñan unha primeira experiencia de contacto co labor investigador a través da súa participación en proxectos de achegamento científico deseñados e dirixidos por profesores universitarios do máis alto nivel, en colaboración con profesores de ensino secundario.

Ata o 24 marzo as 15 horas.


Destinatarios

Estudantes de 4º ESO e de Bacharelato na modalidade de Ciencias.

Estar a cursar no curso 2016/17 1º Bach. da modalidade de Ciencias o 4º ESO opción de ensinanzas Académicas coas materias troncais de "bioloxía e xeoloxía" e "física e química" ou na opción de ensinanzas Aplicadas cursando as materias troncais de "ciencias aplicadas á actividade profesional" e "tecnoloxía".

Requisitos

1. Estar a cursar, na modalidade de Ciencias, cuarto curso da ESO ou primeiro de Bacharelato.
2. Nacer con posterioridade ao 31 de decembro de 1999.
3. Non ser beneficiario en edicións anteriores desta convocatoria.
4. Obter unha nota media mínima de 8 no curso anterior.
5. Estar situado nunha orde de prelación, segundo a nota media, que permita a obtención da axuda.

Dotación

A axuda cobre os gastos de materiais, actividades complementarias, aloxamento, asistencia de monitores e manutención dos alumnos quen contarán, así mesmo, cun seguro que cubra as continxencias de accidente e responsabilidade civil durante o desenvolvemento dos Campus. Por outra banda, o beneficiario deberá desembolsar 80 euros en concepto de matriculación.

Máis Información

Resolución por la que se convocan las ayudas

Anuncio de la convocatoria Enlace al BOE

#womesday

Publicado: 08/03/2017 10:30 por iessalvaterraorientacion en COEDUCACIÓN

Vos deixo este ENLACE cos videos explicativos de 21 das familias de Formación Profesional existentes.

ORDE do 22 de decembro de 2016 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2017

Calendario das probas de acceso

Incrición para a proba: do 13 ao 23 de marzo

Celebración da proba: 31 de maio

Requisitos das persoas participantes: Poderán participar na proba de acceso as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.

Estrutura e organización da proba:

 a) Parte sociolingüística

– Lingua Castelá.

– Lingua Galega.

– Ciencias Sociais.

b) Parte matemática

– Matemáticas

c) Parte científico-técnica

– Ciencias da Natureza.

– Tecnoloxía.

 

Máis información

A Consellería de Educación, de acordo coa CIUG e as tres universidades, acaba de publicar as instrucións para a realización, dentro do curso 2016/17, da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU)
A proba será moi parecida á antiga Selectividade, só a terá que realizar o alumnado que queira cursar estudos universitarios
Cada un dos exames, de entre un mínimo de 2 e un máximo de 15 preguntas, terán unha duración de 90 minutos
A cualificación final de acceso á Universidade calcularase ponderando un 40% a cualificación da avaliación, e un 60% a do Bacharelato
Deste xeito, e segundo se recolle no Real decreto lei 5/2016, do 9 de decembro, de medidas urxentes, a avaliación non será necesaria para obter o título de bacharelato e realizarase exclusivamente para o alumnado que queira acceder a estudos universitarios.

Materias obrigatorias e opcionais

As probas versarán sobre as materias xerais do bloque das troncais da modalidade elixida, ás que se suma Lingua Galega e Literatura, que ten consideración de troncal a todos os efectos. En concreto, o alumnado examinarase, ademais de Lingua Galega e Literatura, de Lingua Española e Literatura, Primeira Lingua Estranxeira e Historia de España. No caso de ter cursado o itinerario de Humanidades, a esta lista habería que sumar Latín; no caso do itinerario de Ciencias Sociais, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais; se a modalidade escollida foi Ciencias, Matemáticas; e se foi Artes, Fundamentos da Arte. En total, cinco materias obrigatorias.

A maiores, o alumnado que queira mellorar a súa cualificación de admisión poderá examinarse dun máximo de catro materias, a elixir entre as de opción do bloque de troncais de segundo curso e as xerais troncais específicas de modalidades distintas daquela da que se examinen na parte obrigatoria da proba. Os exames correspondentes a estas materias teñen carácter voluntario e, ao igual que as cinco primeiras, cualificaranse de 0 a 10 puntos. Ademais, para a mellora da nota de admisión tamén se terá en consideración a cualificación obtida na fase obrigatoria na materia xeral específica de cada modalidade do bloque das materias troncais (isto é: Matemáticas, Latín, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais e Fundamentos da Arte), sempre e cando a cualificación acadada na materia correspondente sexa igual ou superior a 5 puntos.

Duración e características

Cada proba constará dun mínimo de 2 e un máximo de 15 preguntas abertas e semiabertas, que requirirán ao alumnado capacidade de pensamento crítico, reflexión e madurez. A maiores deste tipo de cuestións, tamén se poderán utilizar preguntas de opción múltiple, sempre e cando a puntuación asignada ao total das abertas e semiabertas alcance como mínimo o 50%.

Cómpre salientar que a duración de cada un dos exames será de 90 minutos e que, en total, a avaliación de bacharelato no seu conxunto desenvolverase ao longo de tres días. En canto ás datas concretas, serán fixadas pola CIUG, en coordinación coas universidades do SUG e coa Consellería.

Cualificación

En canto á cualificación da ABAU, esta será a media aritmética das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das probas realizadas das materiais xerais do bloque de troncais e da materia de Lingua Galega e Literatura, expresada nunha escala de 0 a 10 con tres cifras decimais. Esta cualificación deberá ser igual ou superior a 4 puntos. Deste xeito, a cualificación final para o acceso á Universidade calcularase ponderando un 40% a cualificación da avaliación, e un 60% a da etapa. Tal e como queda recollido nas instrucións, entenderase que se reúnen os requisitos de acceso cando o resultado desta ponderación sexa igual ou superior a cinco puntos.

No curso 2016/17 realizaranse dúas convocatorias, unha ordinaria e outra extraordinaria. O alumnado que no actual ano académico participe na convocatoria ordinaria poderá presentarse para a mellora das cualificacións na extraordinaria, na que se terá en conta a nota obtida na última sempre e cando sexa superior.

Non vos esquezades de vir ao departamento de orientación para ter asesoramento individualizado. Estou todos os días nos recreos!! De calquera xeito, tedes moita información nas pestanas do Blog "Bacharelato", "Universidade" e "Formación Profesional". Neste intre tedes algunha actividade coma os Campus científicos e as axudas de linguas estranxeiras que podedes atopar en "Bolsas e axudas".

Vos recomendo que entredes no apartado do blog enlaces en "Orientaline" xa que podedes facer moitos cuestionarios online e tedes simuladores das notas de corte dos graos, etc. (ás compañeiras/os que acudiron ao departamento lles gustou bastante este recurso).

Estarei encantado de que veñades nos recreos a preguntar todas as dúbidas que  teñades.

Vos deixo este maravilloso enlace de Unicoos onde atoparedes mási de 700 videos das materias matemáticas, física, tecnoloxía e química.

Xa o dixen en varios grupos e tamén a compañeiras/os. Me fixo moita ilusión que algún alumno comentara que grazas a David Calle aprobou o pasado ano as matemáticas como afirma moitísimo alumnado entrevistado de todo o estado.David Calle, o profe "youtuber" acaba de ser nomeado entre os dez finalistas do "nobel" dos docentes do mundo Global Teacher Price 2017 que ten un premio de un millón de dolares. Xa no 2015 o seu portal Unicoos foi elexido por Google (Youtube) como o canal con maior impacto social de España... e con videos didácticos!!

 

Ánimo que podedes!!

Click! Programa Orient. Profesional

Sesión 11. Valores e profesións

Páx.: (24-27)

 

A CIUG informa:

Para o curso 2015-2016 e 2016-2017, segundo a regulamentación establecida pola Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) e polo Real Decreto 412/2014, de 6 de xuño, polo que se establece a normativa básica dos procedementos de admisión ás ensinanzas universitarias oficiales de Grao, desaparece a superación da proba de acceso á universidade como requisito de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de Grao para os seguintes casos:
    a) Estudantes que se atopen en posesión do título de Bacharelato Europeo en virtude das disposicións contidas no convenio polo que se establece o Estatuto das Escolas Europeas, feito en Luxsemburgo o 21 de xuño de 1994.
     b) Estudantes que obtivesen o Diploma de Bacharelato Internacional, expedido pola Organización de Bacharelato Internacional, con sede en Xenebra (Suíza).
     c) Estudantes en posesión de títulos, diplomas ou estudos de Bacharelato procedentes de sistemas educativos de Estados membros da Unión Europea ou de outros Estados cos que haxa subscrito acordos internacionais aplicables ao respecto, en réxime de reciprocidade, sempre que ditos estudantes cumpran os requisitos académicos esixidos nos seus sistemas educativos para acceder as súas Universidades.
     d) Estudantes en posesión de títulos, diplomas ou estudos equivalentes ao título de Bacharelato do Sistema Educativo Español, procedentes de sistemas educativos de Estados membros da Unión Europea ou de outros Estados cos que haxa subscrito acordos internacionais aplicables ao respecto, en réxime de reciprocidade, cando ditos estudantes non cumpran os requisitos académicos esixidos nos seus sistemas educativos para acceder as súas Universidade
    e) Estudantes en posesión de títulos, diplomas ou estudos equivalentes ao título de Bacharelato do sistema Educativo Español, procedentes de sistemas educativos de Estados que non sexan membros da Unión Europea cos que non se teñan subscrito acordos internacionais para o rexoñecementos do título de Bacharelato en réxime de reciprocidade, homologados ou declarados equivalentes ao título de Bacharelato do Sistema educativo Español.
    Aquel alumnado que desexe aumentar a súa nota de acceso inicial, poderá presentarse á Fase Específica das Probas de Acceso á Universidade organizada por:
- A Universidade Nacional de Educación a Distancia (Uned), que se celebrará nos centros asociado da UNED, ou nos lugares que acorde o órgano competente desta.
- O Sistema Universitario de Galicia (SUG) a través da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG), segundo o establecido ao respecto na correspondente convocatoria.

Nota: Para o acceso á universidade:

- os estudantes dos apartados a), b) e c) deberán contar coa Credencial para o acceso á universidade emitida pola UNED.

- os estudantes dos apartados d) e e) deberán homologar os seus estudos aos do título de Bacharelato do Sistema Educativo Español.

Vía Orienta Galicia

 Sesión 10. "Aprendo a resolver mis problemas"

Páx. 61-64

 

Click!!   Progr. Orient. Profesional

SESIÓN 11. Paso 3.Aptitudes. "¿Para que valgo más?"

Páx.: (27-35)