Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2016.

Novo! Programa de Autoestima

SESIÓN 13. "A gusto conmigo"

 (Páx.:22-27)

Click! Programa Orient. Profesional

SESIÓN 13. Paso 6 "Que sé del bachillerato II"

Páx.:(60-70)


Como aprendemos

Publicado: 03/05/2016 08:53 por iessalvaterraorientacion en AUDIOVISUAIS

Fonte: Convivencia e orientación en Perillo

Bacharelato

Publicado: 03/05/2016 10:14 por iessalvaterraorientacion en BACHARELATO

Parámetros de ponderación

Cuestionario de abuso das tecnoloxías

Consellos básicos

Tecnoadiccións: Guía para familias 

Tecnoadiccións: Guía para o profesorado

Click! Programa Orient. Profesional. "Como elexir a miña profesión"

Sesión 13. Valores e Profesións 

 (Páx.: 24-27)

 


Abuso das tecnoloxías

Publicado: 04/05/2016 10:16 por iessalvaterraorientacion en FAMILIAS

Click na imaxe

20160504101614-imagen.cmd.png

Publicación da Circular nº 2/2016 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do bacharelato establecido na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o curso 2015/2016:

Reclamacións no centro. Prazos

  • Convocatoria ordinaria: 24 e 25 de maio de 2016 (ata as 14.00 horas).
  • Convocatoria extraordinaria: 5 e 6 de setembro de 2015 (ata as 14.00 horas).

Reclamacións ante a comisión de supervisión (Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo). Prazos

  • Convocatoria ordinaria: antes das 14.00 horas do día 30 de maio de 2016.
  • Convocatoria extraordinaria: antes das 18.00 horas do día 7 de setembro de 2016.

Recepción do expediente na comisión de supervisión. Prazos

  • Convocatoria ordinaria: antes das 14.00 horas do día 31 de maio de 2016.
  • Convocatoria extraordinaria: antes das 14.00 horas do día 8 de setembro de 2016.

Respostas LOMCE

Publicado: 09/05/2016 09:49 por iessalvaterraorientacion en INFOGRAFÍAS

Respostas LOMCE

Publicado: 09/05/2016 09:51 por iessalvaterraorientacion en INFOGRAFÍAS

Respostas LOMCE

Publicado: 09/05/2016 09:52 por iessalvaterraorientacion en INFOGRAFÍAS

Respostas LOMCE

Publicado: 09/05/2016 09:54 por iessalvaterraorientacion en INFOGRAFÍAS

"O galego que se marcha

dame mágoa e compasión.

¡Maldigo a esa inxusticia

que se se chama emigración!"

Vía: Orientación en Galicia

DATA e LUGAR 

A proba terá lugar o vindeiro mércores 25 de maio de 2016 no IES Pedra da Auga de Ponteareas.

DOCUMENTACIÓN

Tedes que levar DNI e copia da folla de solicitude. Non se vos permitirá entrar sin estes documentos.

HORARIO

Prentación ás 9:00 horas

Parte matemática e sociolingüística das 10:00 ás 13:00 horas

Parte científico-técnica das 16:00 ás 18:00 horas.

 

As persoas interesadas deberedes ir pola vosa conta.

Máis información

 

Obxecto da convocatoria

Esta orde ten por obxecto regular para o curso 2016/17 no ámbito dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos:

a) A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (en diante, EP) e en 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria (en diante, ESO); cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2015/16.

b) A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, en 2º e 4º de ESO, e en educación especial (en diante, EE); así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira desta orde.

c) A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE. 

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de xuño de 2016 (este incluído).

ORDE do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17

Compañeiras/os de Orienta Galicia traballando dun xeito colaborativo  nun grupo de traballo elaboraron este cadro informativo coa temporalización anual das bolsas e axudas máis reseñables de Galiza. Hai outras, por exemplo as axudas para alumnado con necesidades específicas que normalmente saen en setembro, etc. Grazas polo voso traballo.

ENERO
FEBRERO
MARZO
ABRIL
MAYO
JUNIO
Ayudas para estudios universitarios por causas sobrevenidas


JULIO
AGOSTO
SEPTIEMBRE
--
  • Ayudas para Máster
  • Ayudas para la realización de estudios universitarios en Galicia
  • OCTUBRE
    NOVIEMBRE
    DICIEMBRE
    --
    --
    --
    PERMANENTES o de PERÍDO EXTENSO DE SOLICITUD
    Ayudas para libros de texto. 
    Plazo extendido para alumnado matriculado después de la convocatoria oficial

      
    Vía: Equipo OrientaGalicia facendo uso de diversas fontes

    O seguinte documento dirixido ao alumnado, profesorado e, sobre todo, familias contén unha recopilación medianamente organizada daquelas orientacións académicas básicas, xurdidas da LOMCE, que debemos ter en conta en 2º da ESO:

    • Características da etapa da ESO
    • Finalidades da ESO
    • Titulo
    • Estructura de 3º e 4º de ESO
    • Promoción e titulación na ESO
    • Proba de avaliación final da ESO (reválida)
    • Consello orientador
    • Que pode facer o alumnado que non vai ben
    • Que podemos estudar despois da ESO
    • Que é a FP Básica
    • Acceso a FP mediante proba
    • A proba de acceso aos Ciclos de Grao Medio
    • Follas de matrícula para 3º ESO


    Fontes: Mónica Diz e outros

    O seguinte DOCUMENTO dirixido ao alumnado, profesorado e, sobre todo, familias contén unha recopilación, medianamente organizada, daquelas orientacións académicas e profesionais básicas que debe ter en conta todo o alumnado que vai rematar 4º da ESO. É moi extenso (66 páxinas) pero contén a diversa información existente para a toma de decisións que influirán no futuro deste alumnado. Quero resaltar os dous últimos puntos que pode que sexan os menos coñecidos pola comunidade educativa salientando, tamén, que o alumnado que remata a ESO pode presentarse a algunhas oposicións das que fago un pequeno extracto.

    1. Sistema educativo LOMCE

    2. Opcións despois da ESO

    3. A FP

    4. A Proba de Acceso ao grao medio

    5. Criterios de admisión en grao medio

    6. Acceso ao Grao Superior

    7. Oferta de FP por provincia e concello

    8. Vinculación da modalidade de Bach. Cos Ciclos de grao superior

    9. O bacharelato

    10. A universidade

    11. As ensinanzas de Réxime Especial

    12.Oposicións ao rematar os estudos

     

     

     

    Fonte: Mónica Diz

    O seguinte DOCUMENTO vai dirixido ao alumnado, profesorado e, sobre todo, familias. Foi pensado coma unha libreta ou caderno individual e contén unha recopilación, medianamente organizada, daquelas orientacións académicas básicas, moitas xurdidas da LOMCE, que debemos ter en conta en 1º da ESO. Pretendo que teñades unha visión global das opcións que tedes no eido educativo e que vexades como se está a re-ordenar, si é que podemos denominalo así, o sistema educativo. Algúns puntos deste caderno son:

    • Características da etapa da ESO
    • Finalidades da ESO
    • Titulo
    • Estructura de 2º, 3º e 4º de ESO
    • Promoción e titulación na ESO
    • Proba de avaliación final da ESO (reválida)
    • Consello orientador
    • Que pode facer o alumnado que non vai ben
    • Que podemos estudar despois da ESO
    • Que é a FP Básica
    • Acceso a FP mediante proba
    • A proba de acceso aos Ciclos de Grao Medio
    • Follas de matrícula para 3º ESO



    Fontes: Mónica Diz e outros

    PROXECTO DE ORDE MINISTERIAL POLO QUE SE REGULAN AS CARACTERÍSTICAS, DESEÑO E CONTIDO DAS PROBAS DAS AVALIACIÓNS FINAIS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E BACHARELATO PARA O CURSO 2016/2017 

    O seguinte DOCUMENTO dirixido ao alumnado, profesorado e, sobre todo, familias contén unha recopilación, medianamente organizada, daquelas orientacións académicas e profesionais básicas que debe ter en conta todo o alumnado que vai rematar 3º da ESO. É moi extenso (70 páxinas) pero contén a diversa información existente para a toma de decisións que influirán no futuro deste alumnado. Quero resaltar os dous últimos puntos que pode que sexan os menos coñecidos pola comunidade educativa salientando, tamén, que o alumnado que remata a ESO pode presentarse a algunhas oposicións das que fago un pequeno extracto.

    A avaliación final (reválida) que realizarán o vindeiro curso escolar 2016-17 NON TERÁ EFECTOS ACADÉMICOS para o alumnado que remate 4º ESO.


    1. Sistema educativo LOMCE

    2. Opcións despois da ESO

    3. A FP

    4. A Proba de Acceso ao grao medio

    5. Criterios de admisión en grao medio

    6. Acceso ao Grao Superior

    7. Oferta de FP por provincia e concello

    8. Vinculación da modalidade de Bach. Cos Ciclos de grao superior

    9. O bacharelato

    10. A universidade

    11. As ensinanzas de Réxime Especial

    12.Oposicións ao rematar os estudos

     

     

     

    Fonte: Mónica Diz

    Refuxiados

    Publicado: 30/05/2016 10:03 por iessalvaterraorientacion en CONVIVENCIA

    O alumnado de 3ºPMAR do IES Ramón J. Sender de Fraga (Huesca) desenvolveu este traballo sobre o tema, tan importante, dos refuxiados. Escolleron unhas viñetas e tentaron explicar o que os autores quererían expresar coas mesmas. O resultado completo deste traballo feito por Vili, Ibtissame, Estefi, Alejandro, Adrián, Jenny, Hajar y Brandol podedes consultalo no Blog ABP Refugiados.

    Notas de corte

    Publicado: 30/05/2016 10:18 por iessalvaterraorientacion en BACHARELATO

    Páxina para atopar, dun xeito moi rápido, as notas de corte en todas as universidades de España.

    ENLACE

     

     

     

     

    Fonte: Mónica Diz