Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2016.

Vos deixo esta pequena compilación de cuestionarios para coñecer as vosas aptitudes e intereses profesionais. Especialmente pensados para o alumnado de Bacharelato e tamén de 4º ESO. Algúns, coma o primeiro da lista, son un pouco longos pero de contrastada valía. 

 

Fonte: orientapas e orientaguía

Artigo 10. Requisitos de acceso á oferta obrigatoria

Segundo o establecido no artigo 15 do Decreto 107/2014, para acceder á oferta obrigatoria é preciso que o alumno ou a alumna cumpran de forma simultánea os seguintes requisitos:

a) Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo.

b) Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.

c) Ser proposto/a polo equipo docente ao pai, á nai ou á persoa que teña a titoría legal para a incorporación a un ciclo de formación profesional básica.

Cumprirá, ademais, o consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais do alumno ou da alumna, para cursar estas ensinanzas.

Artigo 11. Procedemento para realizar a proposta de incorporación á oferta obrigatoria

1. Para realizar a proposta de incorporación dun alumno ou dunha alumna a un ciclo formativo de formación profesional básica seguirase o procedemento seguinte:

a) O equipo docente dos grupos da educación secundaria obrigatoria con alumnado que poida ser proposto para realizar ciclos formativos de formación profesional básica, xunto co xefe ou a xefa do Departamento de Orientación, realizarán unha reunión onde se analice a situación escolar do alumnado en risco de non alcanzar o título de graduado en educación secundaria obrigatoria. Nesta reunión establecerase unha relación de alumnado susceptible de se incorporar ás ensinanzas de formación profesional básica, que será asinada por todo o equipo docente e o xefe ou a xefa do departamento de orientación. Con carácter xeral, esta reunión coincidirá coa sesión de avaliación final ordinaria do mes de xuño ou, de ser o caso, coa sesión de avaliación das probas extraordinarias do mes de setembro.

b) Posteriormente, o titor ou a titora elaborarán para cada alumno ou alumna o consello orientador, segundo o modelo do anexo II, coa axuda do xefe ou a xefa do departamento de orientación, no cal se fará constar:

• O grao de logro dos obxectivos e de adquisición das competencias que xustifican a proposta.

• As dificultades de aprendizaxe presentadas.

• As medidas de atención á diversidade aplicadas, de ser o caso.

• Os motivos razoados polos que o equipo docente considera a conveniencia de que o alumno ou a alumna se integren nun ciclo formativo de formación profesional básica.

O consello orientador emitirase por duplicado e irá asinado polo titor ou a titora do alumno ou da alumna, en nome do equipo docente, o xefe ou a xefa do departamento de orientación e a persoa encargada da dirección do centro educativo.

c) A dirección do centro comunicaralles ao pai, á nai ou aos/ás titores/as legais do alumno ou da alumna que este/a foi proposto/a para un ciclo formativo de formación profesional básica, e entregará un exemplar do consello orientador e o documento no cal, de ser o caso, darán o consentimento para incorporar o alumno ou a alumna a estas ensinanzas (anexo III).

O Departamento de Orientación colaborará coa dirección do centro para informar o alumnado e as familias do alumnado proposto acerca das características xerais e das finalidades dos ciclos formativos da formación profesional básica.

d) O documento de consentimento deberá vir debidamente cuberto e asinado por calquera dos/as titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio destes, será necesaria a sinatura de ambos os proxenitores, agás nos supostos de alumnado afectado por situacións de violencia de xénero ou de que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. Nestes casos, será necesario presentar, xunto co documento, a resolución xudicial correspondente para que o centro educativo a cotexe.

De non entregar este documento no prazo que se estableza, entenderase que non dan o consentimento.

e) No caso de que o pai, a nai ou os/as titores/as legais do alumno ou da alumna dean o consentimento para o/a incorporar a estas ensinanzas, a dirección do centro educativo entregaralles por duplicado o documento de comunicación de incorporación á formación profesional básica segundo o modelo do anexo IV. Un dos exemplares deberá ser entregado no centro onde o alumno ou a alumna soliciten a súa admisión.

f) Un exemplar do consello orientador e, de ser o caso, do documento de consentimento incluiranse no expediente académico.

2. Utilizando o mesmo procedemento, o equipo docente poderá realizar a proposta de incorporación a un ciclo de formación profesional básica do alumnado escolarizado na educación secundaria obrigatoria con 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria.

 



Programa de Mellora PMAR

Publicado: 01/03/2016 09:09 por iessalvaterraorientacion en PMAR

A lexislación que temos ata o momento é a seguinte resolución que utilizamos o curso pasado para facer a incorporación do alumnado que cursa 3º PMAR neste curso 2015/16.

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións no curso académico 2015/16 para a implantación do currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Funcionamento dos PMAR

Publicado: 01/03/2016 09:16 por iessalvaterraorientacion en PMAR
Que son os PMAR?
 
Os programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento é unha medida extraordinaria de atención á diversidade e ten por finalidade facilitar que os alumnos/as alcancen as competencias do primeiro ciclo da educación secundaria obrigatoria, poidan cursar o cuarto curso pola vía ordinaria e obteñan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

Cales son as súas características?

  • Estableceranse programas de un ano (para cursar 3º de ESO) ou de dous anos (para cursar 2º e 3º de ESO). 
  • Utilizarase unha metodoloxía específica a través da organización de contidos, actividades prácticas e, no seu caso, de materias diferentes ás establecidas con carácter xeral, organizadas en ámbitos. 
  • O PMAR concíbese dende un enfoque metodolóxico funcional, en que os contidos curriculares deben tratarse desde un punto de vista global, práctico, motivador e personalizado, priorizando as aprendizaxes que resulten necesarias para outras posteriores e que contribúan ao desenvolvemento das competencias clave e dos obxectivos xerais da etapa.
  • Para a impartición dos ámbitos destes programas conformaranse grupos entre 5 e 10 alumnos como máximo.
  • Cada grupo de alumnado que integre un PMAR contará cun profesor/a titor/a, que terá entre as súas funcións a orientación do alumnado do programa e a súa atención personalizada, a coordinación do equipo docente que imparte o programa, a relación coas familias e a coordinación co profesorado titor do grupo de referencia de cada alumna e alumno integrante do programa.
  • Cada ámbito específico será impartido por un único profesor ou profesora, pertencente a un dos departamentos didácticos a quen corresponda a atribución docente das materias que forman parte do ámbito, preferentemente con destino definitivo no centro.
  • Os alumnos/as que sigan un PMAR terán un grupo ordinario de referencia co que cursarán as materias non pertencentes aos ámbitos.
Como se organizan as materias nun PMAR?
 

a) Ámbito lingüístico e social, que abrangue os aspectos básicos do currículo correspondente ás materias de Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Xeografía e Historia.
b) Ámbito científico e matemático, que abrangue os aspectos básicos do currículo correspondente ás materias de Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas, Bioloxía e Xeoloxía, e Física e Química.
c) Ámbito de linguas estranxeiras, que abrangue os aspectos básicos do currículo correspondente á materia de Primeira Lingua Estranxeira.



Cal é o horario das materias?

O horario semanal dos tres ámbitos de coñecemento que compoñen o programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento será dun total de 20 horas semanais, distribuídas como sigue:
a) Ámbito lingüístico e social: 9 horas.
b) Ámbito científico e matemático: 8 horas.
c) Ámbito de linguas estranxeiras: 3 horas.

Requisitos para incorporarse a un PMAR
  • Presentar dificultades relevantes de aprendizaxe non imputables a falta de estudo ou esforzo
  • Ter repetido cando menos un curso en calquera etapa (Infantil, Primaria ou Secundaria).
  • Ter cursado 1º curso de ESO non estar en condicións de promocionar ao 2º curso (neste caso o alumno incorporarase a un programa de 2 anos)
  • Ter cursado 2º curso de ESO e  non estar en condicións de promocionar ao 3º curso (neste caso o alumno incorporarase a un programa dun ano ou de dous anos).
  • Aqueles alumnos que, cursando 3º ESO, non estean en condicións de promocionar ao 4º curso, poderán incorporarse excepcionalmente a un Programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento para repetir 3º curso.
Procedemento de incorporación do alumno ao PMAR

1º Proposta do equipo docente: Realizada a avaliación extraordinaria (setembro), o equipo docente realizará unha proposta razoada do alumnado que podería incorporarse ao programa. 
2º Informe do titor/a: Esa proposta concretarase nun informe individualizado, elaborado polo titor/a, en que constará a competencia curricular do alumno/a en cada materia, as dificultades de aprendizaxe presentadas, as medidas de atención á diversidade aplicadas e os motivos polos que o equipo docente considera a conveniencia de que o alumno/a se integre nun PMAR. Ese informe trasladarase á xefatura do Departamento de Orientación.
3º Informe de Orientación e reunión cos pais: A xefatura do Departamento de Orientación realizará unha avaliación psicopedagóxica a cada un dos alumnos e das alumnas propostos/as polo equipo docente para incorporar ao PMAR. No informe debe constar, entre outros aspectos, as conclusións das reunións co profesorado titor e, se se trata de alumnado menor de idade, cos pais, as nais ou titores/as legais de cada alumno/a para lles formular a conveniencia da súa incorporación a un PMAR. Deixarase constancia escrita da opinión dos pais, as nais ou titores/as legais respecto da proposta formulada.
4ª Proposta definitiva da comisión de PMAR: Posteriormente, unha comisión formada polo/a xefe/a de estudos, que exerce a súa presidencia, a persoa que exerza a xefatura do Departamento de Orientación e o/a titor/a do alumno/a valorará os informes emitidos e a opinión, de ser o caso, do pai, a nai ou os/as titores/as legais, realizando unha proposta ao/á director/a sobre a incorporación ao PMAR.
5º Informe do director/a á Inspección Educativa: O director/a do centro docente elevará a proposta de autorización sobre a incorporación do alumnado ao PMAR ao servizo provincial de Inspección Educativa. Á solicitude achegaráselle a relación de alumnado proposto e a relación de profesorado que vai impartir cada un dos ámbitos do programa.
6º Autorización de Inspección Educativa: O servizo provincial da Inspección Educativa emitirá a autorización expresa para o desenvolvemento dos PMAR que cumpran os requisitos establecidos, e que será comunicada aos centros escolares antes do comezo do curso.

Avaliación e promoción no PMAR

 A avaliación do alumnado nos ámbitos terá como referente fundamental as competencias, os obxectivos e os estándares avaliables da educación secundaria obrigatoria. 
  • O alumnado será avaliado polo profesorado que imparte cada un dos ámbitos e materias, baixo a coordinación do profesorado titor.
  • As cualificacións dos ámbitos realizarase nos mesmos termos que as materias. Na ESO os alumnos promocionarán de curso cando superasen todas as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en 2 materias como máximo, que non sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura ou Lingua Castelá e Literatura, e Matemáticas. Iso significa que o alumnado de PMAR non poderá ter avaliación negativa en ningún dos dous ámbitos (Lingüísto e Social ou Cientifico e matemático). 
     
  • O alumnado que acceda a un PMAR con materias pendentes de cursos anteriores realizará as actividades de reforzo e de apoio que lle permitan recuperalas ao longo do desenvolvemento do programa, e a avaliación será competencia do profesorado que o imparta, coa colaboración dos departamentos implicados.

Incorporación a 4º de ESO

O alumnado de PMAR, incorporarase a 4º curso ordinario, e poderá escoller cursar o 4º curso da ESO por unha das dúas seguintes opcións:
a) Opción de ensinanzas académicas para a iniciación ao Bacharelato. 
b) Opción de ensinanzas aplicadas para a iniciación á Formación Profesional.

Fonte: Monica Diz orienta

Familias FP

Publicado: 01/03/2016 09:34 por iessalvaterraorientacion en FORMACIÓN PROFESIONAL

Vos deixo esta entrada de Orientapas, un magnifico traballo de compilación dos distintos estudos e títulos por familia profesional.

Pulsa nas imaxes para agrandar os esquemas

 

 

 

 

Click! Programa Orient. Profesional. "Como elexir a miña profesión"

Sesión 10. Áreas profesionais e preferencias

Páx.: 11-13

Click! Sesión 10. "Aprendo a resolver mis problemas"

Páx. 61-64

Familias

Publicado: 07/03/2016 10:40 por iessalvaterraorientacion en FAMILIAS
20160307104042-guia-afrontamiento.pdf.png

Guía para afrontamento de cambios na familia

Terapia pola igualdade

Publicado: 07/03/2016 10:49 por iessalvaterraorientacion en FAMILIAS

Fonte: La botica del orientador

Publicadas as listaxes de admitidos e excluídos e as listaxes de exención para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Período de reclamación: do día  15 ao 17 de marzo, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

Acceso ás listaxes de solicitudes de inscrición.

Acceso ás listaxes de exención.

O autismo é un trastorno de espectro. E dicir, que hai moita variabilidade dun neno a outro. O profesorado que tivo ou ten alumnado en clase con autismo xa sabe que non todo o alumnado con TEA (trastorno do espectro autista) é igual e que van ter que adaptarse á persoa concreta. En xeral, á familia gustaralle que lle preguntes sobre o seu fillo e valorarán a vosa/nosa boa disposición.

O comportamento é comunicación. Un comportamento negativo pode ser unha forma de queixa, un intento de saír dunha situación na que sinte abrallado ou necesitado dunha resposta. Ningún neno quere portarse mal. 

Adapta o que poidas o teu ensino á súa aprendizaxe. Aproveita, como con calquera outro neno, as súas fortalezas e as súas peculiaridades. Algunhas ideas:

  • Organiza as cousas paso a paso, en orde, cunha secuencia pautada, ben concretado todo.

  • Dalle instrucións moi claras. É mellor, «deixade os lapis, pechar os cadernos e porvos en fila para saír ao patio» que Hoxe fai moi bo. Imos dar a clase fóra, e tan pronto como terminedes de escribir, deixade o que estades a facer e imos para a saída”. Non deas nada por asumido. É posible que escoitase as instrucións pero non as comprenda. É posible que onte o tivese claro e hoxe xa non.

  • Explica con nitidez cando está terminada a tarefa. Hai quen fai unha foto a como ten que quedar e lla ensina ao estudante "así teñen que quedar as pinturas cando terminas". Usar imaxes é a miúdo unha boa idea e moi fácil de facer cos nosos teléfonos móbiles.

  • Diríxete a el en primeira persoa e de forma individual. É posible que non entenda que unha instrución para toda a clase é tamén para el. É posible que necesite máis práctica que outros nenos para dominar algunhas tarefas.

  • Usa sistemas diversos para ensinarlle: imaxes visuais, guiarlle a man, un compañeiro que sirva de exemplo, etc. Repetir a información non adoita estar de máis.

  • Fai preguntas pechadas mellor que abertas. Funciona mellor que lle digas «Queres ler ou debuxar?» a que lle preguntes «Que queres facer agora?»

  • Dalle poucas opcións. Se ten que elixir algo, un conto ou un exercicio, que teña que facelo entre dúas opcións, non entre moitas.

  • As rutinas e os preavisos adoitan ser útiles para un rapaz con TEA. A flexibilidade, a paciencia, a capacidade de adaptación son habilidades necesarias para a vida cotiá, pero este alumnado con asperger, con autismo, non levan ben en xeral os cambios súbitos, as sorpresas ou as alteracións. Cousas como que apareza un profesor novo ou unha saída non programada poden causar ansiedade e unha rabieta. Informarlle canto antes de calquera plan novo e darlle varios avisos previos antes de que comece unha nova actividade.

  • Adoitan funcionar moito mellor os reforzos positivos que os castigos.

  • Non empeores un mal comportamento. Corríxelle con delicadeza.

  • Un esquema visual, un calendario ou un horario con imaxes poden ser ferramentas moi útiles para telos ben centrados.

  • Explora, se é posible, o mundo dos computadores. Poden ser unha grande axuda (non se cansan) nalgunhas tarefas.

  • E sempre, paciencia.

O alumnado con autismo require tempo extra para procesar as instrucións verbais. Necesitan unha linguaxe clara e con frases curtas, instrucións moi básicas,. Se ves que tes que repetir a pregunta, non a formules doutra maneira, pois entón o procesamiento do que dixeches volve ao lugar de saída. Repite sinxelamente e tranquilamente as mesmas palabras. Tentar que responda máis áxilmente, que se dea présa, o único que fará normalmente é facerlle ir máis lento.

Un respiro pode ser unha gran axuda. O alumnado con TEA pode beneficiarse de ter un lugar tranquilo onde retirarse e autoregularse, sobre todo porque poden ter moita ansiedade. En circunstancias ideais pode ser unha esquina tranquila, con algún libro, o un mp3 con algunha música favorita. Tras relaxarse un pouco pode reintegrarse ás tarefas da clase.

A comprensión da linguaxe e a expresión verbal son dúas cousas diferentes. Algúns nenos con autismo entenden máis do que os seus profes pensan e pode ser que non sexa capaz de expresar todo o que realmente quere dicir. Ás veces, pola contra, é capaz de recitar frases longas e complexas pero sen entender en realidade nada do que está a dicir. Fai falta interactuar con eles e explorar para ver o que realmente entenden e o que non.

Os nenos con TEA son literais. Cústalles moito, sempre en xeral, a linguaxe figurada, o pensamento abstracto, calquera cousa parecida a unha metáfora. Se nunha excursión dis «collede o meu ritmo», o outro alumnado entenderá sen problema que teñen que andar un pouco máis rápido e seguir o teu paso pero é posible que ese neno se poña a buscar o «ritmo» polo chan. Non adoitan entender o sarcasmo. Se ao pasar xunto á túa mesa tira os papeis e dis «Xenial, pode pensar que fixo algo ben e tentará repetilo. Tamén sucede con preguntas que en realidade son instrucións. É dicir, se lle dis «Queres ler a seguinte páxina, a resposta pode ser «non». Se o que queres é que lea, dillo. Unha frase como «deixaches o pupitre moi desordenado», para el é a descrición dun feito e de aí non vai inferir necesariamente que o ten que ordenar.

Os nenos con autismo se focalizan nun tema. alumnado con TEA ten «o seu tema». Poden querer falar sobre iso durante horas e non vai ser fácil sacarlles de aí. Moitas veces son temas que non teñen interese para os outros nenos nin para o profesor nin para ninguén. Este tema preferido ás veces pode usarse como panca para aprender cousas (en vez de sumar mazás pode sumar dinosauros se ese é o seu tema), ou como recompensa tras a consecución dunha tarefa (pode abrir un intre o libro dos dinosauros).

Os nenos con TEA necesitan axuda nas súas interaccións sociais. Moitas veces este alumnado parece non ter interese nos seus compañeiros e se se lle deixa «» non aprenderán as habilidades sociais básicas, fundamentais para a súa vida. A escola é un ambiente ideal e nalgunhas cousas ten condicións que non se poden reproducir no fogar.

  • Ensínalle e exercita as habilidades sociais básicas como esperar quendas, compartir ou a distancia social.

  • Permítelle tamén que quede fora dalgunhas actividades, como deportes ou xogos que poden ser difíciles de entender ou nada agradables para el.

  • Ten coidado con que non lle fagan ningún tipo de acoso ou bullying.

Ás veces hai problemas sensoriais. Algúns nenos con autismo poden ter hipersensibilidad a estímulos visuais (unha iluminación moi potente), auditivos (o zumbido dun frigorífico ou un fluorescente, algún aparello eléctrico como un sacapuntas, olfatorios (cheiros de comida) ou táctiles (texturas). Podes tentar modificar o que lle rodea, cambiarlle de lugar, a ver se se atopa mellor noutro sitio da clase.

Os nenos con TEA teñen estereotipias. As estereotipias son movementos estereotipados ou comportamentos repetidos que poden parecer moi raros aos seus compañeiros. Adóitanse producir cando está excitado, aburrido ou tenso. A atención e a guía durante o tempo que está no instituto fará que sexan menos frecuentes.

Pode ser útil explicar aos seus compañeiros o que é o autismo. Trátase de explicar aos seus compañeiros, de forma loxicamente adaptada á súa idade as cousas básicas dos TEA:

  • Que todos somos únicos e diferentes aos demais.

  • Que o autismo é unha cousa de nacemento da que ninguén ten a culpa.

  • Que salvo nalgunhas particularidades é un máis da clase.

  • Que non é que se porte mal senón que polo autismot en que facer algunhas cousas de maneira diferente.

  • Que lle custa facer algunhas tarefas, comunicarse e facer amigos, así que todos temos que esforzarnos un pouco máis e ser comprensivos e bos compañeiros.

  • Que non hai nada de que asustarse nin de que preocuparse.

  • Os nenos con autismo din as cousas como as ven. Pódeche dicir en público que tes que adelgazar ou que tes un cheiro raro. Non llo tomes como algo persoal, xamais queren ofender nin facer dano. A mellor solución é sempre o bo humor.

 

O noso nivel coma comunidade educativa, coma sociedade, ven marcado por como tratamos ás persoas que son algo diferentes. 

 

Vía Autismo Diario

Orde das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Extracto da orde

Para alumnado de centros sostidos con fondos públicos de Galicia:

  •  1º, 2º, 3º o 4º de educación secundaria obligatoria
  •  1º e 2º de bachillerato.

 

Número de prazas: 682

Prazo de solicitude: do 29 de marzo ao 28 de abril

Inclúen:

a) Monitor@s que acompañarán ao alumnado
b) Gastos de docencia e material escolar.
c) Actividades culturais, deportivas e complementarias.
d) Gastos de manutención e aloxamento.
e) Certificado de realización da actividade.
f) Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

 

 

Autismo (TEA)

Publicado: 29/03/2016 08:58 por iessalvaterraorientacion en AUTISMO (TEA)

Protocolo para o alumnado con TEA

A Xunta de Galiza ven de presentar o protocolo de actuación educativa co alumnado que presenta trastorno do espectro autista (TEA).

Podedes descargalo clickando na imaxe

http://www.edu.xunta.es/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2016/03/14/5b7a09f72e369a40b7d319634a159b49.pdf

Teñen como finalidade preparar para a actividade profesional en relación cunha modalidade ou especialidade deportiva.As ensinanzas deportivas organízanse en bloques e módulos, de duración variable, constituídos por áreas de coñecemento teórico-prácticas. Estrutúranse en dous graos: grao medio e grao superior.

Grao medio: Para acceder ao grao medio será necesario o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e superar unha proba (proba específica).Se non se dispón do título da ESO, pero tes 17 anos, tamén se pode acceder superando unha proba de madurez, ademais da específica. Quen supere as ensinanzas deportivas de grao medio recibirá o título de Técnico Deportivo na modalidade ou especialidade deportiva correspondente. Có título de Técnico deportivo podo acceder ás titulacións de Técnico Deportivo Superior e Bacharelato. 

Grao superior: Para acceder ao grao superior será necesario o título de Bacharel e o de Técnico Deportivo, na modalidade correspondente. Nalgunhas modalidades, será tamén necesario superar unha proba ou acreditar méritos deportivos.Tamén existe unha proba de acceso para quen non teñan o título de Bacharel, pero deben ter 18 anos de idade. Quen supere as ensinanzas deportivas de grao superior recibirá o título de Técnico Deportivo Superior na especialidade correspondente. Có título de Técnico deportivo Superior podo acceder aos seguintes estudos universitarios:

1. Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do deporte.

2. Diplomado en Educación Social.

3. Diplomado en Enfermería.

 4. Diplomado en Fisioterapia.

5. Diplomado en Terapia Ocupacional.

6. Diplomado en Traballo Social.

7. Diplomado en Turismo.

8. Mestre, especialidade de Audición e Linguaxe.

9. Mestre, especialidade de Educación Especial.

10. Mestre, especialidade de Educación Física.

11. Mestre, especialidade de Educación Infantil.

12. Mestre, especialidade de Educación Musical.

13. Mestre, especialidade de Educación Primaria.

14. Mestre, especialidade de Lingua Estranxeira.

 

Oferta educativa actual

Técnico deportivo en fútbol

Técnico deportivo superior en fútbol

Técnico deportivo en fútbol sala

Técnico deportivo superior en fútbol sala

Técnico deportivo en atletismo

Técnico deportivo superior en atletismo

Técnico deportivo en baloncesto

Técnico deportivo superior en baloncesto

Técnico deportivo en balonmano

Técnico deportivo superior en balonmano




Preguntas frecuentes


Probas de acceso