Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2015.

  1. Ensina ao teu alumnado a saudar

    Saúda ti (profe) e resposta sempre aos saúdos do alumnado

  2. Ensínalles a preocuparse polos demais

    Pregúntalles cada semán como se atopan, como lles foi e que lles pasou no finde (por exemplo os luns).

  3. Ensínalles a debatir e a escoitar aos demais

    Aposta sempre polo debate na clase, que escoiten outras opinións e defendan as súas (asertividade)

  4. Ensínalles a respectar as diferenzas

    Valora o traballo individual e tamén o do grupo cooperativo

  5. Ensínalles a buscar novas solucións

    A creatividade como eixo básico. Pens. crítico e diverxente.Non repetir ou copiar.

  6. Aposta sempre polo traballo en grupo (mellor cooperativo)

    As aprendizaxes se constrúen en grupo, abandoa a idea de que é individualmente

  7. Fai que as TIC estean sempre presentes na túa clase

    Grabadora de sons, tabletas, móbiles... son ferramentas das que podes obter grandes beneficios e son un medio moi importante.

  8. Ensínalles a autoxestionar os seus traballos

    Que saiban as fases de calquera proxecto ou traballo e o planifiquen eles/as mesmos/as. Axenda persoal.

  9. Fomenta a motivación por facer ben as cousas

    Busca tarefas que realmente motiven, a motivación é chave na aprendizaxe e, por suposto, no ensino.

  10. Leva a clase fóra da aula

    No patio, no monte, noutras aulas, na casa... tamén se pode aprender.

Programa de técnicas de estudo

SESIÓN 3. "Planificando el estudio" e "Método 2LSMER"

(PÁX.: 4-7)

Titoría 4º ESO

Publicado: 05/10/2015 12:01 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA 4º ESO

Sesión 3. Método de estudo (planificación e Relaxación)

Páx.: 2-5

No DSM-V (criterios diagnósticos)

A. Deficiencias persistentes na comunicación social e na interacción social en diversos contextos, manifestado polo seguinte, actualmente ou polos antecedentes:

 1. As deficiencias na reciprocidad socioemocional, varían, por exemplo, dende un achegamento social anormal e fracaso da conversación normal en ambos os sentidos pasando pola diminución en intereses, emocións ou afectos compartidos até o fracaso en iniciar ou responder a interaccións sociais.

2. As deficiencias nas condutas comunicativas non verbais utilizadas na interacción social, varían, por exemplo, dende unha comunicación verbal e non verbal pouco integrada pasando por anomalías do contacto visual e da linguaxe corporal ou deficiencias da comprensión e o uso de xestos, até unha falta total de expresión facial e de comunicación non verbal.

3. As deficiencias no desenvolvemento, mantemento e comprensión das relacións, varían, por exemplo, desde dificultades para axustar o comportamento en diversos contextos sociais pasando por dificultades para compartir xogos imaxinativos ou para facer amigos, até a ausencia de interese por outras persoas.

 B. Patróns restritivos e repetitivos de comportamento, intereses ou actividades, que se manifestan en dúas ou máis dos seguintes puntos, actualmente ou polos antecedentes:

 1. Movementos, utilización de obxectos ou fala estereotipados ou repetitivos (p. ex., estereotipias motoras simples, aliñación dos xoguetes ou cambio de lugar dos obxectos, ecolalia, frases idiosincrásicas).

2. Insistencia na monotonía, excesiva inflexibilidad de rutinas ou patróns ritualizados de comportamento verbal ou non verbal (p. ex., gran angustia fronte a cambios pequenos, dificultades coas transicións, patróns de pensamento ríxidos, rituais de saúdo, necesidade de tomar o mesmo camiño ou para comer os mesmos alimentos cada día).

3. Intereses moi restrinxidos e fixos que son anormais en canto á súa intensidade ou foco de interese (p. ex., forte apego ou preocupación por obxectos inusuais, intereses excesivamente circunscritos ou perseverantes).

4. Hiper ou hiporeactividade aos estimulos sensoriais ou interese inhabitual por aspectos sensoriais da contorna (p. ex., indiferenza aparente á dor/temperatura, resposta adversa a sons ou texturas específicos, olfateo ou palpación excesiva de obxectos, fascinación visual polas luces ou o movemento).

C. Os síntomas han de estar presentes nas primeiras fases do período de desenvolvemento (pero poden non manifestarse totalmente ata que a demanda social supera as capacidades limitadas, ou poden estar enmascarados por estratexias aprendidas en fases posteriores da vida).

D. Os síntomas causan unha deterioración clinicamente significativa no social, laboral ou outras áreas importantes do funcionamento habitual.

E. Estas alteracións non se explican mellor pola discapacidade intelectual (trastorno do desenvolvemento intelectual) ou polo atraso global do desenvolvemento.

 Na práctica educativa

As necesidades educativas específicas que manifestan, en xeral son:

Deficiencias na comunicación e na linguaxe, deficiencias sociais, deficiencias de autonomía e deficiencias cognitivas no razoamento e imaxinación

Así pois, os obxectivos xerais irán dirixidos, moi resumidamente, a:

  • Potenciar os máximos niveis de autonomía e independencia persoal, logrando un desenvolvemento axustado á contorna.

  • Desenvolver as competencias básicas de autocontrol da propia conduta.

  • Desenvolver habilidades de interacción social, potenciar a atención  conxunta e a comprensión de aspectos socio-emocionais.

  • Fomentar a capacidade de desenvolverse no medio social.

  • Desenvolver estratexias de comunicación funcionais, espontáneas e xeneralizadas, a través de signos, pictogramas, accións básicas e outros sistemas de comunicación.

  • Fomentar a intención comunicativa, e a reciprocidade na comunicación.

  • Desenvolvemento da área académico-funcional máis práctica, conceptos básicos e procesos cognitivos como atención, abstracción ou memoria.

  • Mellorar autoestima e autoconcepto persoal.

 

Algúns criterios metodolóxicos: 

  • A organizaciónn deberá estar baseada en rutinas, que quedarán fixadas na axenda persoal.

  • Partir dos intereses do alumnado.

  • Aproveitamento das rutinas e das situacións cotiás.

  • Prediseño de situacións que desencadeen actos comunicativos.

  • Emprego de axudas para provocar actos comunicativos: moldeado, imitación,  axudas verbais e reforzo.

  • Ofrecer a este alumnado oportunidade para poder elixir e fomentar a toma de decisións.

  • A linguaxe debe ser sinxela, mediante o uso dunha soa palabra ou de frases  moi curtas, e se é necesario apoiándose en imaxes ou obxectos de referencia.

  • Levar a cabo unha aprendizaxe sen erros,pasiño a paso, dándolle os apoios necesarios para que realice a tarefa de forma satisfactoria, e ir retirándoos gradual e progresivamente.

  • Prestar atención á expresión e comprensión dos estados emocionais propios e alleos, salientando cando estamos tristes, contentos ou enfadados.

  • Establecer rutinas e situacións de aprendizaxe moi estruturadas.

  • Evitar elementos de distracción. 

Fundación Amancio Ortega convoca 500 bolsas dirixidas a alumnado de 4º ESO para estudar primeiro curso de Bacharelato nun High School en Canadá ou Estados Unidos o vindeiro curso escolar 2016-2017. 

O programa ten como obxectivo facilitar a aprendizaxe do inglés e a inmersión na cultura estranxeira. O alumnado seleccionado cursará o Grao 11 (nivel equivalente a 1º de Bacharelato).
As bolsas se distribúen segundo se especifica:
  • 80 becas dirixidas a estudantes de centros de Galicia
  • 420 becas dirixidas a estudantes de centros do resto das Comunidades Autónomas 
A bolsa cubre o 100% do custe do curso escolar en Canadá ou EEUU: viaxe, tasas de escolarización, convalidación de estudos, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes, e o apoio continuado durante os dez meses de estanza.

REQUISITOS:
  • Estudar actualmente 4º ESO nun centro educativo en España e ter pasaporte español.
  • Ter unha nota media igual ou superior a 7 puntos e unha nota en inglés igual ou superior a 8 en 3º ESO.
  • Non ter estudado un ano académico no estranxeiro con anterioridade (1º, 2º ou 3º ESO).
 
PRAZO DE SOLICITUDE: Do 5/10/2015 ao 12/11/2015

MÁIS INFORMACIÓN NA SEGUINTE LIGAZÓNhttps://becas.faortega.org

 

 

Vía Silvina Paricio orienta

Sesión 2. "Cuestionario hábitos de estudo"

Páx.: 2-3

Sesión 2. "Vamos a pensar en nosotros"

Páx.: 7-15

Unha microtitoría é, simplemente, cando nos diriximos a unha alumna ou alumno durante un momento da sesión lectiva. Pode ter unha duración, as veces, inferior a un minuto pero realmente é unha atención persoalizada que o alumnado vai sentir coma moi importante. Estas microtitorías NUNCA deben ser para reprimir ou castigar. Ao contrario, son para nos "gañar" ao alumno/a, ou sexa, amosar interese pola súa persoa e pola súa vida en xeral (tamén fóra do centro). Funcionan moi ben cando existen conflictos no grupo.

Podemos achegarmos e cun sorriso decirlle algo agradable ou facerlle unha broma (seguro que non o esperan), preguntarlle por cousas que non teñan que ver co centro ou incluso darlle as grazas polo seu comportamento nesa sesión lectiva, dependerá de cada persoa. O máis importante e que o alumnado sinte, con esta achega, que lles adicamos TEMPO e algúns pensamos que a educación é iso, tempo! Que o alumnado sinta que estamos ao seu lado, que os acompañamos e que nos importa o que lles pase. E todo isto poden sentilo con menos dun minuto do noso tempo. Penso que paga a pena intentalo!

Relaxación

Publicado: 13/10/2015 09:11 por iessalvaterraorientacion en RELAXACIÓN

Guía para aprender relaxación

Guía para familias

Publicado: 13/10/2015 09:20 por iessalvaterraorientacion en FAMILIAS

Guía para familias

Publicado: 13/10/2015 09:26 por iessalvaterraorientacion en FAMILIAS

Silvina Paricio

Programa TTI: Ap. a Estudar 2

 SESIÓN 4. "Practicamos Esquemas"

Páx.: (8-11)

Titoría 4º ESO

Publicado: 19/10/2015 09:23 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA 4º ESO

 Programa de técnicas de estudo 

Sesión 4: "Concentración+Método 2LSEMR” (Páx.: 6-9)

20151020085619-img-0682.gif

Convivencia

Publicado: 20/10/2015 09:08 por iessalvaterraorientacion en CONVIVENCIA

20151020090850-cartama.jpg

Probablemente o mellor proxecto de convivencia (ou un dos mellores) baseado nun excelente proxecto educativo, que se desenvolve en España, no Instituto Público de Educación Secundaria ‘Cartima’ de Cártama (Málaga).

Ciencias

Publicado: 21/10/2015 08:26 por iessalvaterraorientacion en INFOGRAFÍAS

Sesión 3. "Condicións do estudo" (Páx.: 4-6)

Click na imaxe

20151021094307-distribucions-clase.png

Sesión 3. "Los demás tb sienten y se emocionan"

Páx.: (17-22)

Divertida guía para a deteción do machismo dirixida ao alumnado. Axuda a recoñecer as actitudes sexistas e “micromachismos” e inclúe un divertido test para todo o alumnado onde poden avaliar si é que o seu comportamento é, ou non, machista. 

Video do programa "El Intermedio" que analiza o machismo na música. Utiliza coma exemplos de mala influencia os comentarios da tele e letras dalgunhas das canciones que máis se escoitan. 

Educar en igualdade

Publicado: 23/10/2015 08:32 por iessalvaterraorientacion en COEDUCACIÓN

Recursos educativos para a igualdade e a prevención da violencia, neste caso para traballar na ESO e Bacharelato.

Igualdade

Publicado: 23/10/2015 08:45 por iessalvaterraorientacion en COEDUCACIÓN

Retomo de novo, Maioría oprimida, de Eléonore Pourriat. Esta curta tenta poñer patas arriba o mundo que coñecemos e intercambiar os roles de mulleres e homes. Paréceme especialmente interesante para abrir debate e reflexión ao situar ao protagonista, un home casado, en situacións límite que, a cotío, soportan moitas mulleres.

Idiomas: francés, español, inglés.

Violencia de xénero

Publicado: 26/10/2015 10:38 por iessalvaterraorientacion en COEDUCACIÓN

Non pensades que a igualdade de xénero sigue a ser un dos grandes temas pendentes na nosa sociedade?

Non sentides que nas escolas facemos moi pouco ou nada para coeducar?

Acaso non é o ensino a principal ferramenta para combater a violencia machista, desterrar o sexismo e formar ao alumnado en igualdade e sen estereotipos?

Deixovos este especial do programa de radio "Hoy por hoy" no que a periodista Pepa Bueno entrevista a dous adolescentes que sufriron malos tratos das súas parellas e explican coma foron quen de superalo.

Sexismo na lingua

Publicado: 29/10/2015 11:13 por iessalvaterraorientacion en COEDUCACIÓN

 "Por qué ser una zorra es malo y ser un zorro es bueno (y otros ejemplos del lenguaje sexista)"


Programa Técnicas de estudo: "Aprender a estudiar 2"

 SESIÓN 5. "Entrenamos la memoria"

Páx.: (12-14)

Emocionantísimo video de moi sinxela realización que nos amosa as ilusións de Omondi, un rapaciño keniano que quere chegar a ser piloto para escapar da penosa realidade que o envolve.

Que sorte teñen os nosos nenos e o noso alumnado!!