Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2015.

Titoría 1º ESO

Publicado: 09/01/2015 10:27 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA 1º ESO

Post-Avaliación 1ª 

Programa: Riscos no uso da Rede

SESIÓN 8. Infografías do INTECO

Titoría 2º ESO

Publicado: 09/01/2015 10:30 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA 2º ESO

Post-Avaliación 1ª


Progr. Resolución de Conflictos de Convivencia

SESIÓN 8. "INSULTOS 1"
Páx.: (20-25)

Titoría 3º ESO

Publicado: 09/01/2015 10:33 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA 3º ESO

NOVO!!

Programa Orient. Profesional. "Como elexir a miña profesión"

Sesión 8. Coñeces os teus intereses?

Páx.: 6-10

 

Titoría 4º ESO

Publicado: 09/01/2015 12:31 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA 4º ESO

Progr. Orient. Profesional

SESIÓN 8. Paso 3 "Para que valgo más "

Páx.: (27-35)

 

ORDE do 16 de decembro de 2014 pola que se convoca o proceso de acreditaciónde competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, naComunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competenciado Catálogo nacional de cualificacións profesionais.


PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 8 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2015ambos  incluidos.

 

Máis información aquí


PAU

Publicado: 13/01/2015 11:43 por iessalvaterraorientacion en BACHARELATO

 

 

CALENDARIO

MATRÍCULA

ESTRUTURA DA PROBA

CONVOCATORIAS

CUALIFICACIÓN

RECLAMACIÓN E SEGUNDA CORRECCIÓN

PARÁMETROS DE PONDERACIÓN DAS MATERIAS DA FASE ESPECÍFICA

NOTAS DE CORTE 2014-15


Coa súa implantación, asignaturas como Tecnoloxía, Educación Plástica, Música e Filosofía, entre outras, verán relegada e reducida moito a súa presencia nos ditos currículos.

Titoría 1º ESO

Publicado: 23/01/2015 08:46 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA 1º ESO

Programa: Riscos no uso da Rede

SESIÓN 9. Usar internet sen riscos. Páx.: (2-4) 

Titoría 2º ESO

Publicado: 23/01/2015 08:48 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA 2º ESO

Progr. Resolución de Conflictos de Convivencia

SESIÓN 9. "INSULTOS 2"

Páx.: (26-31)

 

Titoría 3º ESO

Publicado: 23/01/2015 08:50 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA 3º ESO

Programa Orient. Profesional. "Como elexir a miña profesión"

Sesión 9. Áreas Profesionais e Preferencias

Páx.: 11-13


Titoría 4º ESO

Publicado: 23/01/2015 08:55 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA 4º ESO

Progr. Orient. Profesional

SESIÓN 9. Paso 4º "Cómo me veo "

Páx.: (37-43)

 

REQUISITOS DOS ASPIRANTES:

a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2015.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou  réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2014/15.
O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria
das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.

 

PRAZO DE MATRÍCULA: Entre o 16 e o 27 de febreiro de 2015.

DATA DO EXAME: 24 de abril de 2015, en sesións de mañá e tarde.

LUGAR: IES San Clemente de Santiago de Compostela

LUGARES PARA A INSCRIPCIÓN (máis cercano)
  • Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8, 1º, 36202, Vigo.
ORGANIZACIÓN DA PROBA:

Consta de dous exercicios:

  1. Exercicio de materias comúns: a) Primeira parte: lingua galega e literatura; b) Segunda parte: lingua castelá e literatura; c) Terceira parte: lingua estranxeira; d) Cuarta parte: cuestións das materias de ciencias para o mundo contemporáneo, de filosofía e cidadanía, de historia da filosofía e de historia de España.
  2. Exercicio de seis materias de modalidade: Para superar cada exercicio cumprirá obter unha cualificación igual ou superior a 5 e, polo menos, un 4 en cada unha das súas partes.
MÁIS INFORMACIÓN:

Se tes intención de presentarte, consulta as seguintes ligazóns:

MATRÍCULA:

 - Convocatoria de maio: 16 de marzo ao 27 de marzo de 2015, ambos os dous incluídos.
- Convocatoria de setembro: 1 ao 10 de xullo de 2015, ambos os dous incluídos.
 As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

DATAS DOS EXAMES: 29 de maio e 9 de setembro para as respectivas convocatorias (sesión de mañá e tarde).

REQUISITOS DOS ASPIRANTES: 
  1. Ter cumpridos dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
  2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.  
  3. Non estaren inscritos para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria establecidas no artigo 7, número 5 da Orde do 21 de decembro de 2007 (DOG do 7 de xaneiro de 2008).
  4. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2014/15 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria ou no segundo curso dun programa de cualificación profesional inicial. 
  5. O alumnado matriculado durante o curso 2014/15 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións: 
    1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
    2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
DOCUMENTACIÓN:

a. Solicitude de inscripción 
b. DNI o pasaporte
c.Copia cotexada, se procede, do certificado dos ámbitos da proba superados en anteriores convocatorias ou a certificación académica de ámbitos ou materias superados.
d. Acreditación de proceder doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro no
caso de que se solicite a exención de lingua galega.
e. Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento
de necesidades especiais, cando esta fose recoñecida por outra Administración distinta da 
Xunta de Galicia ou non se autorice a súa consulta.

LUGAR DA MATRÍCULA: 

En 12 centros educativos das catro provincias galegas. 

 O máis cercano en Ponteareas:  IES Val do Tea, rúa Feliciano Barrera, 15, 36860 Ponteareas.

ORGANIZACIÓN DA PROBA:

A proba consta de tres exames:
  • Ámbito científico-tecnolóxico: abrangue contidos de matemáticas, de ciencias da natureza e de tecnoloxía.
  • Ámbito social: inclúe contidos de ciencias sociais, xeografía e historia, de música e de educación plástica e visual.
  • Ámbito lingüístico: abrangue contidos de lingua galega, de lingua castelá e dunha lingua estranxeira (inglés ou francés).
Os exames son de resposta pechada (tipo test) e haberá unha redacción en lingua galega e outra en lingua castelá. 
MÁIS INFORMACIÓN:

Se tes intención de presentarte, convén que consultes os seguintes enlaces