Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2015.

Eu estou con vós

Publicado: 09/04/2015 12:15 por iessalvaterraorientacion en ARTIGOS

 

En primeiro lugar, imos deixar claro que nesta vida non nos han faltar nunca problemas que nos farán descolocar e ata caer ao chan. Eu tiven problemas con 6, con 12, con 15 (moitos), con 25, con 35 e os teño agora, con case 50 anos. Sei que tamén a xente de 70 e 80 anos os ten. Pero si algo aprendín destes problemas foi que os que tiven cando era adolescente, que eu ollaba gravísimos, me afogaban e non podía superar, non foron tan graves nin, por suposto, tan insuperables como eu pensaba daquela. Cando sintades que xa non podedes máis, que sodes persoas esgotadas, queimadas, tristes, deprimidas, cabreadas cos estudos, coas notas, co instituto, coa familia ou co que sexa, debedes saber, alomenos, que eu estou con vós, para vos escoitar e tender unha mán (ou as dúas) si é que o necesitades. Eu non vos vou xulgar e non vos poñerei un supenso polo que digades ou fagades nun exame. Me interesades vós coma persoas coas vosas circunstancias individuais diferentes e non as vosas notas. O primeiro paso para sobrepoñerse aos malos momentos é pedir axuda. Tedes que despertar da pesadela na que estades a vivir e identificar aquilo que vos fai realmente sentirvos tan mal. Aínda que pareza raro, moitas veces sabemos que estamos mal pero non sabemos exactamente a que é debido. Cando sabemos que é, ou quen é, o que nos está a machacar, xa estamos no camiño da solución. Nunca debedes de vos consolar pensando que outras persoas están igual o peor que vós e nunca vai ser positivo reprimir as vosas emocións. Non é que teñades que quentarlle a cabeza a todo o mundo coas vosas desgrazas persoais pero sí falar, e incluso chorar si é que pasa, cunha persoa de confianza. Lembrade sempre que outras persoas temos pasado polo mesmo que estades vós a pasar e saímos adiante. Asegúrovos tamén que esa dor que sentides non durará sempre, que ese afogo desaparecerá e o sol brilará de novo. Cando unha persoa se sinte moi mal, axuda moito facer algo por alguén e isto vai ser unha das maiores satisfaccións que atoparedes na vida. Poucas cousas nos han dar máis felicidade ao longo dos anos que axudar a persoas máis desafortunadas e vulnerables do que somos nós. Para rematar, quero decirvos que é importante extraer leccións, reflexionar sobre as ensinanzas que podedes sacar do que vos está a afundir e, sobre todo, como as ides utilizar para saír persoas máis fortalecidas. Querido alumnado, tentade buscar sempre o lado positivo do que vos aflixe, tamén do sistema educativo que estades a sufrir, e debedes ter sempre moi claro que todos e cada un de vós valedes moito e tedes unha chea de cousas boas que a escola non quere ou non sabe aproveitar. Aprobar non significa aprender, suspender non significa que non sirvades e moitas persoas moi brilantes fracasaron e fracasan nesta escola anclada no pasado.

Titoría 3º ESO

Publicado: 15/04/2015 10:34 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA 3º ESO

Programa de Orientación Profesional

"Como elexir a miña profesión"


Sesión 13. Resultados e Profesións (Páx.: 28-32)

Se queres continuar formándote podes escoller entre Formación Profesional de Grao Superior ou Graos Universitarios. A continuación podes consultar información sobre estas opcións.

FORMACIÓN PROFESIONAL

Acceso a Grao Superior

Co título de Bacharel
Sen título de Bacharel tes que superar unha proba de acceso á FP de Grao Superior.

Contidos e criterios de avaliación da proba de acceso á FP de Grao Superior.
Exames de convocatorias anteriores

Familias Profesionais
Dende aquí podes consultar os folletos das distintas familias profesionais de FP.

 

UNIVERSIDADE


1- PAU:

2- Parámetros de ponderación das materias da fase específica

3- Ofertas de prazas e Notas de corte 2014-2015 no SUG

4- Titulacións:

Vía Orientación Educativa

Presentación PAU 2015

Publicado: 15/04/2015 19:31 por iessalvaterraorientacion en BACHARELATO

Sesión 13. Subir datos á rede e navegar con seguridade (Páx.: 13-14)

 Sesión 13. Que estudo, que aprendo? (páx.:41-47)

 

Sesión 13. Paso 7 (1)  "Que é iso dos Ciclos Formativos? 

Páx.: (71-78)

Salmóns Educativos

Publicado: 17/04/2015 08:27 por iessalvaterraorientacion en ARTIGOS

Son un dos que pensan que os grandes avances da humanidade non chegaron da man de persoas satisfeitas que estaban relaxadas na súas cómodas zonas de confort. Chegaron de persoas insatisfeitas, incómodas e indignadas que foron receptivas aos sinais de alarma que, rompendo a súa relaxación, lles advirtían que as cousas xa non ían na boa dirección. Prestando atención ás alarmas, estas persoas insatisfeitas, deixan de se atopar confortables e tranquilas e, fóra da cotidianidade ordinaria, exasperante e insoportable, reaccionan e xa lles vai ser imposible na práctica que as árbores non lles deixen ver a importancia do bosque. Sempre me preguntei, querido alumnado, que tiveron en común estas persoas “tolas” como para pensar que poden cambiar as cousas e transformar o seu entorno aparentemente inamobible. Dicía Steve Jobs que “saber o que xa non hai que facer e tan importante coma saber decidir o que hai que facer”. Outro descoñecido para nós, Cervantes, escribía “cambiar o mundo, amigo Sancho, non é tolería nen utopía senón xustiza”. Hipatia, Jobs, Marie Curie, Gandhi ou Mandela conseguiron transformar o seu entorno vital dun xeito moi significativo e tiveron, penso eu, moitas cousas en común. Souberon ver o que outra xente non era quen de ver, foron valentes e chamaron as cousas polo seu nome. Importoulles visualizar onde querían chegar, souberon transmitir á xente o que pensaban, non lles importunou nadar contra corrente, coma os salmóns, aínda que moitas veces con graves consecuencias e perdas persoais e, o máis importante para min, divertíronse sempre cos traballos que facían. Penso, querida comunidade educativa, que necesitamos urxentemente “salmóns educativos” para cambiar todo aquilo que non funciona no ensino, con motivación derivada da insatisfacción, con imaxinación e creatividade, persoas que vexan que non é posible non impricarse en algo tan importante como a mellora da educación. “Salmóns educativos” que consideren que se pode aprender disfrutando, con outra metodoloxía, sen tarimas, sen tabiques nas clases, sen asignaturas, sen libros de texto, sen exames para suspender. Xa chega de excusas para permanecer nas nosas cómodas zonas de confort e renunciar ao que Viktor Frankl chamou “a última das liberdades humanas: elixir a túa actitude”. Se queremos, nós tamén podemos ser “salmóns”.

 Sesión 14. Habilidades sociais e Sentimentos. Pax. (9-16)

Sesión 14. Que estudo, que aprendo (2). (páx.:48-57)

Titoría 3º ESO

Publicado: 24/04/2015 12:30 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA 3º ESO

Programa de Orientación Profesional

"Como elexir a miña profesión"


Sesión 14. Metas e sist. educativo (Páx.: 33-36)

Titoría 4º ESO

Publicado: 24/04/2015 12:34 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA 4º ESO

Programa de Orientación Profesional


Sesión 14. Paso 7 (2)  "Que é iso dos Ciclos Formativos? 

Páx.: (79-84)

Cónstanme os esforzos moi importantes dunha grande maioría de profesorado pero a dirección do noso centro acaba de facer públicos os datos da 2ª avaliación. En 1º e 2º de ESO só un 30% aproban todo, en 3º un 28%, en 4º de ESO  un 24%, en 1º de Bach. un 28% e, en 2º de Bach., un raquítico 24%. De cada 100 alumnos entre 24 e 30 aproban todas as materias e así curso tras curso cun lixeiro incremento a peor nos últimos anos. Temos datos moi parecidos en todos os centros. Cantas promocións máis de alumnado deixaremos que fracasen neste sistema educativo que non e quen de lles dar resposta? Acaso non está a escola, e o noso IES tamén, de costas á sociedade? Para cando menos memorización e exames e máis preparar para aprender pola súa conta, traballando a educación emocional, sabendo que o contacto persoal profe-alumno é a chave para aprender? Sí, educación emocional, con creatividade, mellorando a autoestima e as habilidades sociais para facer fronte as frustracións e sabendo ver o positivo das cousas e o valor, por exemplo, de que o alumnado cré os seus propios contidos. Nunca, nos case 20 anos que levo no ensino, tiña visto tanto alumnado tan queimado, tan asqueado da súa escolarización, que non é o mesmo que educación, e vexo que desgraciadamente isto vai a máis. España lidera o abandono escolar prematuro en occidente cun 22% de alumnado que se marcha antes de tempo da escola, e isto é o cumio do fracaso educativo. Temos que cambiar radiKalmente o noso funcionamento, sobre todo co alumnado máis novo de 1º ESO (11-12 anos) que chega ao noso IES, tendo moi en conta, e a nivel individual, as súas intelixencias múltiples. Dende logo debemos integrar as TIC nas aulas xa que son un medio moi motivador, traballando por proxectos, dun xeito colaborativo, e sen clases maxistrais propias do século XIX. Non se trata de prohibir e desconectar ao alumnado senón máis ben de conectar ao profesorado. O alumnado de 1º ESO ten demasiadas materias e moitos profesores pero, incluso as leis e decretos o recomendan, podemos agrupalas en ámbitos de coñecemento. Vexamos, por exemplo, as dúas linguas e ciencias socias conformarían o ámbito lingüístico-social, as matemáticas e as ciencias o ámbito científico-matemático e a música e a plástica sería o ámbito artístico. Así, xunto coa ligua estranxeira, a educación física e a materia de libre configuración (por exemplo creación audiovisual) reduciríamos moito a carga de materias e profes e, consecuentemente, facilitaríamos moito a súa transición da escola ao IES, curso tras curso moi traumática para familias e alumnado. Pero claro, existen “outros poderososque tamén debemos afrontar coma o xeito de avaliar, as rúbricas están a resultar moi ben, e o sistema de exames tradicional que todos sabemos non funciona para aprender (memorizo-vomito-esquezo). E xa non serven excusas “e que as leis...”, sempre o fixemos así” ou “non teño formación”.Como educadores temos o deber ético e legal de nos formar (tamén no mes de xullo) e, por suposto, de nos coordinar e de mellorar a conexión escola-familias-sociedade de cara a que o noso alumnado non suspenda, non repita, non fracase, non abandone e chegue tan contento ao noso instituto coma cando marcha del.


ESQUEMA ESO (LOMCE)

Publicado: 30/04/2015 19:42 por iessalvaterraorientacion en LEXISLACIÓN

Vía @mabelvillaescus