Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2014.

Poesía...es ti!

Publicado: 02/11/2014 19:56 por iessalvaterraorientacion en POESÍA
20141102195939-imperfecto.jpg

Titoría 4º ESO

Publicado: 03/11/2014 09:34 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA 4º ESO

SESIÓN 5. Paso 1 " Autocoñecemento"

Páx.: (7-15)

 

Titoría 3º ESO

Publicado: 03/11/2014 09:46 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA 3º ESO

Novo. Programa Intelix. Emocional para a convivencia escolar

SESIÓN 5. HH para afrontar a agresividade 1

Páx.: (9-13)

 

Titoría 2º ESO

Publicado: 03/11/2014 09:53 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA 2º ESO

Progr. Resolución de Conflictos de Convivencia

SESIÓN 5. "Meterse con los demás 1"

Páx.: (8-14)

 

Titoría 1º ESO

Publicado: 03/11/2014 09:58 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA 1º ESO

Programa TTI: "Ap. a Estudar 1"

SESIÓN 5. Os Resumos

Páx.: (18-19)

POESÍA...ES TI!

Publicado: 03/11/2014 10:00 por iessalvaterraorientacion en POESÍA

Sabes o meun nome

mais non a miña historia

Tes escoitado o que din que teño feito

mais non polo que teño pasado

Sabes onde estou

pero non de onde eu veño

Vesme rindo

mais non sabes o que teño sufrido

Deixa de xulgarme!

 

 

 

ONE MOMENT MEDITACIÓN

HUMOR ?

Publicado: 07/11/2014 08:53 por iessalvaterraorientacion en HUMOR

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://espanol.narconon.org/fotos/verdades-sobre-marihuana.pdf

 

 

Vía Silvina Paricio 

Vía @tw_tamara 

Cambio RADIKAL de vida ??

Publicado: 10/11/2014 10:18 por iessalvaterraorientacion en ARTIGOS

A pasada semana unha alumna, das maiores do centro, comentábame que lle gustaría dar un cambio radikal á súa vida. Gustosamente abandoaría todo e comezaría de novo, dicíame ela, facendo “borrón e conta nova” en calquera outro sitio. Deume a entender que o seu desexo é convertirse nunha nova persoa e xa van sendo moitos os que ultimamamente pensan así. Facendo, coma sempre, de mal psicólogo, expliqueille que cando cremos que os problemas nos afogan pensamos en fuxir lonxe e cambiar todo o que nos rodea radicalmente. Imaxinamos o maravillosa que sería a nosa vida noutro sitio e con canto gusto borraríamos, dun plumazo, todo o noso pasado e este presente que nos está a amolar tanto. Temos claro, neste momentos de ansiedade, que este cambio vai ser a solución definitiva á manchea de problemas que cremos ter e convertirase na panacea aos mesmos. Pero, sempre toca poñer algún pero, na maioría dos casos, este cambio radical non só non é necesario senón que pode ser moi contraproducente. Cando pensamos que estamos cheos de problemas e somos tan pesimistas parece que na nosa vida nada funciona ben e así o sentimos emocional e fisicamente. Con algo de obxectividade, e certa axuda, nos decataríamos que claro que hai algunhas cousas que debemos mellorar ou cambiar pero existen moitas máis que van bastante ben e que nos poden servir de base para rectificar aquelas que non marchan como esperamos. Ningún cambio radical permite fuxir dunha mesma, comenteille eu. Podes cambiar de instituto, de parella, de país pero senón cambias en ti mesma aqueles aspectos persoais, eses que te fan fuxir, estes reproduciranse alí onde decidas escapar. Sería coma cambiar o escenario cando é o músico o que non sabe tocar a partitura, apuntei eu. Pregunteille a miña alumna si non lle daba moito medo ese cambio tan radical. Respondeume que moitísmo. Claro, porque este tipo de cambios de vida non son nada sinxelos e hai que facer grandes sacrificios e asumir moitos riscos cunha grande bagaxe persoal. As persoas concentrámonos nos resultados esperados, ao final do camiño, e nos imaxinamos tranquilas e satisfeitas pero non valoramos todo o que pode pasar no transcurso dese camiño, facilmente cheo de obstáculos e máis difíciles de superar. Existen maneiras máis seguras, dende un punto de vista psicolóxico-emocional de afrontar os nosos problemas. Na maioría das ocasións, os cambios radicais non nos van levar aos paraísos perfectos imaxinados nos momentos de incertidume ou estrés. Ollo porque como xa dixen, eses novos institutos, as novas parellas ou os novos países vannos expoñer, case sempre, a máis medos e dificultades das que agora temos. O cambio radical non significa mellorar e moitas veces ese esforzo persoal e as perdas que conleva superan, con moito, os paraisos imaxinados. Non estou a decir que un cambio radical non sexa posible e, nalgunhas ocasións, necesario... pero, cando unha persoa está deshidratada darlle grandes cantidades de auga empeora a súa situación médica.


MEDIACIÓN - Created with Haiku Deck, presentation software that inspires

 

Sei que hai persoas (traballadorasSonrisa) do Claustro que están a formarse no tema da convivencia e, máis en concreto, en mediación. Eu, na liña de expertos no tema, penso na mediación como unha estratexia de resolución pacífica, na que se ofreza ao alumnado en conflicto sentarse xunto cun mediador a falar dos seus problemas e intentar chegar a un acordo dun xeito positivo e colaborativo. Isto redunda, como vos achego nesta presentación, en grandes beneficios para  toda a comunidade educativa ao ser algo voluntario e moi facilitador de habilidades sociais e ambientes positivos. Deixade, si queredes, os vosos comentarios e espero que vos sirva de algo.

 GuiñoSonrisa

Proxecto SalSa

Publicado: 17/11/2014 09:35 por iessalvaterraorientacion en Proxecto SalSa

Iniciamos nova andadura, con humildade... 

Clicka na imaxe !!

20141117093955-cartel-salsa.jpg

Proxecto SalSa

Publicado: 17/11/2014 09:48 por iessalvaterraorientacion en Proxecto SalSa

 

Clicka na imaxe

para cumprimentar online o cuestionario e

GRAZAS por participar

20141121094843-cuestionario.jpg 

O-BE-DE-CE !!

Publicado: 24/11/2014 18:45 por iessalvaterraorientacion en ARTIGOS

 

Comezo este post coa famosa frase africana “para educar a un neno fai falla a tribu enteira”. Educar a fillos ou alumnado non é doado e un dos primeiros pasos é conseguir que obedezan, algo que parece ser un dos grandes desafíos do ensino de hoxe. Parece que á rapazada de hoxe gústalle retar bastante ao profesorado e as familias, que non saben ben como actuar e que normas facer cumprir ou como castigar. E o alumnado vai tratar de facer o que quere, o que lles apetece aínda que isto non deba nin vaia poder ser así na escola. Vexamos como exemplo, unha mala conducta como a de Román de “cuspir a outro compañeiro na clase” xurde do pensamento “ninguén me fai caso no instituto” que lle produce unha emoción de medo a non seren atendido por ninguén, probablemente coma na súa casa. Pero xurde a “lóxica” resposta da/o profe, unha bronca diante do resto que, sin querer, fai que a conducta inapropiada se reforce xa que Román é atendido e vai ser o centro de atención durante un chisco. Román, este tipo de  alumnado en xeral, aprende que para obter atención ten que molestar na clase e crea o seu patrón conductual: penso que ninguén me presta atención na vida, molesto nas clases e consigo atención do profe e dos compañeiros. Esta conducta quedará etiquetada como eficaz e adaptativa xa que reduce a emoción principal do seu medo a pasar desapercibido. Temos que lograr que o noso alumnado teña criterio para actuar e ser alguén sen que isto signifique portarse mal e non obedecer ao profesorado e familias. O noso obxectivo non é que obedezan por imposición da autoridade senón por seren quen de crear o seu propio patrón de conductas apropiado a cada ocasión e, por sorte, isto pódese aprender tamén no instituto. No exemplo que acabamos de ver, Román non sabe comportarse doutro xeito para lograr que lle fagan caso e vai ser tarefa nosa ofrecerlle outras alternativas de actuación que non coñece e reforzar aqueles comportamentos axeitados. Non vale actuar por imposición do medo ao castigo coma un dictador, teremos que ter poucas normas e certas alternativas e ensinarlles o que está ben e o que non, con disciplina positiva e que saiban sempre o que esperamos deles. Manter a calma e nunca berrar, xa sei que non é doado, porque a perda da paciencia trae moita máis tensión e temos que educar co noso exemplo xa que alumnado e fillos aprenden máis do que ven que do que lles decimos que fagan. Funciona moi ben falar de consecuencias e non de castigos xa que as primeiras implican comprender o que resulta das súas accións e que sexan responsables delas. Esas poucas normas das que falo deberan ser sempre cumpridas (consistentes), con pequenas excepcións que deberemos explicar, e deben ter lóxica e coherencia. Non esperemos que cumpran reglas que non comprenden ben, que están fóra de lugar ou elas/es pensan que así é. Como noutros moitos posts remato sinalándovos o importante que é escoitar as emocións (tamén de outras/os compañeiros) e as necesidades do alumnado. Reforzar o que fagan ben con felicitacións, agarimos e notas positivas e nunca criticar as persoas e sí as conductas que fagan mal explicándolles tranquilamente porque non están ben. Todos cometemos erros e aprendemos deles, incluso máis que dos acertos, e ser imperfecto pero non sentirse mal por selo ten tamén o seu valor.

Titoría 1º ESO

Publicado: 28/11/2014 09:07 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA 1º ESO

 

Programa TTI: "Ap. a Estudar 1"

SESIÓN 6. A memoria

Páx.: (20-24)

Titoría 2º ESO

Publicado: 28/11/2014 09:09 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA 2º ESO

Progr. Resolución de Conflictos de Convivencia

SESIÓN 6. "Meterse con los demás 2"

Páx.: (15-19)

Titoría 3º ESO

Publicado: 28/11/2014 09:11 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA 3º ESO

Programa Intelix. Emocional para a convivencia escolar

SESIÓN 6. HH para afrontar a agresividade 2

Páx.: (14-23)

Titoría 4º ESO

Publicado: 28/11/2014 09:14 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA 4º ESO

Progr. Orient. Profesional

SESIÓN 6. Paso 2 " Autocoñecemento"

Páx.: (17-25)