Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2014.

Flipped Classroon

Publicado: 01/03/2014 10:15 por iessalvaterraorientacion en TIC

Estratexias e actividades para invertir a clase 

COEDUCACIÓN

Publicado: 01/03/2014 10:59 por iessalvaterraorientacion en COEDUCACIÓN

Recursos para educar a igualdade entre mulleres e homes

 


Vía entrepasillosyaulas



Wertgoña de LOMCE

Publicado: 07/03/2014 09:09 por iessalvaterraorientacion en ARTIGOS


Parecía que non chegaba pero... a
gora xa estamos todas/os a botar as mans á cachola, este curso é o último con PCPI, os nosos carpinteiros non van poder acadar o seu Título de ESO por esta vía, seica non o merecen segundo Wert e compañia. E profesorado e familias, en xeral, aguantando o chaparrón. Esperade un curso máis, que o que ven é moito mellor! Reválidas en todas as etapas -que vaian espabilando os pequenos de primaria- sí claro, tamén examen para acadar os títulos na ESO ou Bach. Nen siquera eu tiven que facelas cando era mozo! Adeus aos Programas de Diversificación, con obxectividade a mellor das medidas de atención á diversidade que tivemos. Cal é a razón de tirar algo que tan ben funciona? Xa veremos a concreción na práctica deses supostos programas de mellora do rendemento en 2º e 3º da ESO dos que fala a LOMCE. Alá van, practicamente, todas as funcións do Consello Escolar e, como non, a Administración vai ser chave na eleción das direccións dos nosos centros. Iso sí, a relixión vai ser de oferta obrigatoria, o seu currículo e profesorado competencia das autoridades relixiosas e, hai que ser intelixentes, fíxase unha materia alternativa que faga de efecto chamada para cursar a nosa preferida, a relixión católica! cun grande valor académico, non como as ciencias!

 O que non é tan novo para algúns coma min é o de ter que escoller o noso futuro en terceiro de ESO (moitos pensamos que xa en 2º), xa temos suficiente idade para escoller, segundo o lexislador. Temos unha opción máis académica e que debe conducir ao bacharelato e outra de iniciación á FP para aqueles que valen menos para o estudo. Xa era hora, sen complexos, o que vale ao Bacharelato e o que non a FP, que aprenda un oficio e que o teña claro xa en 3º de ESO...que si, que os temos moi protexidos e non se están a esforzar nada, nen nos estudos nen na vida!

Iso sí, despois de ir vendo os novos RD xa publicados, como o de primaria, chaman a atención certos cambios como que pasan de 8 a 7 o número de competencias básicas. Claro, como non, adeus competencia cultural e artística. A cultura tampouco é tan importante, quitémoslle as subvencións e o nome da competencia incluso, se fai falla. Faime graza este “pequeno” cambio xa que moitos teóricos pensan que isto conleva un cambio na propia concepción da sociedade e, claro, dos individuos que a conformamos. Unha lei divertida cun desenvolvemento normativo á altura de miras do ministro Wertgoña.

Seguiremos sufrindo e analizando a LOMCE en vindeiros post.


GROLIÑOS

Publicado: 08/03/2014 09:22 por iessalvaterraorientacion en GROLIÑOS

"A creatividade simplemente consiste en conectar as cousas. Cando lle preguntas a persoas creativas como fixeron algo, se senten un pouco culpables porque, en realidade, non crearon nada, simplemente viron algo. Foilles obvio despois dun tempo. Iso é porque foron quen de conectar as experiencias que tiveran e sintetizáronas en formas novas"

Steve Jobs

Titoría 1º ESO

Publicado: 11/03/2014 09:27 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA 1º ESO

PROGRAMA INTERNET SEN RISCOS 

Sesión 12. Redes sociais sen riscos. Páx.: (11-12) 

Titoría 2º ESO

Publicado: 11/03/2014 09:31 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA 2º ESO

Programa de Autoestima 


Sesión 12. Conociéndote bien

(Cuestonario de Autoestima) (páx.:8-12)

Titoría 3º ESO

Publicado: 11/03/2014 09:44 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA 3º ESO

Programa de Orientación Profesional

"Como elexir a miña profesión"


Sesión 12. Valores e Profesións (Páx.: 24-27)

Titoría 4º ESO

Publicado: 11/03/2014 09:50 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA 4º ESO

Programa de Orientación Profesional


Sesión 12. Paso 7 (1)  "Que é iso dos Ciclos Formativos? 

Páx.: (71-78)

Convocadas as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2014
Lun, 10/03/2014 - 09:30

Xúntase a Orde do 5 de marzo de 2014 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2014.

Prazo de inscrición nas probas de acceso:

  • Ciclos formativos de grao medio: Entre os días 31 de marzo e 11 de abril de 2014, ambos os dous incluídos. (17 anos no ano natural)
  • Ciclos formativos de grao superior: Entre os días 10 e 21 de marzo de 2014, ambos os dous incluídos (19 anos no ano natural)

Bolsas Idiomas

Publicado: 11/03/2014 11:06 por iessalvaterraorientacion en BOLSAS E AXUDAS

Alumnado en Risco

Publicado: 13/03/2014 11:13 por iessalvaterraorientacion en FAMILIAS

Tipos de intelixencia

Publicado: 20/03/2014 09:38 por iessalvaterraorientacion en INTELIXENCIA

Titoría 1º ESO

Publicado: 25/03/2014 09:25 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA 1º ESO

PROGRAMA INTERNET SEN RISCOS 

Sesión 13. Redes sociais sen riscos. Páx.: (13-14) 

Titoría 2º ESO

Publicado: 25/03/2014 09:40 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA 2º ESO

Programa de Autoestima 


Sesión 13. Que estudo, que aprendo? (páx.:41-47)

Titoría 3º ESO

Publicado: 25/03/2014 09:46 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA 3º ESO

Programa de Orientación Profesional

"Como elexir a miña profesión"


Sesión 13. Resultados e Profesións (Páx.: 28-32)

 

Titoría 4º ESO

Publicado: 25/03/2014 09:48 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA 4º ESO

Programa de Orientación Profesional


Sesión 13. Paso 7 (2)  "Que é iso dos Ciclos Formativos? 

Páx.: (79-84)

Guía para Familias 

 

Vía Mónica Diz Orienta

Vía Mónica Diz Orienta

Guía para Familias

 

Vía Mónica Diz Orienta

 

Convocadas as probas de aptitudes específicas para o acceso ao GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE, da universidade de A Coruña, para o curso próximo. 
Convócanse dúas quendas para a matricula: 26 de abril e 19 e 20 de Xuño 


Vía Orientación

 

Bolsas Idiomas

Publicado: 27/03/2014 10:51 por iessalvaterraorientacion en BOLSAS E AXUDAS

ORDE do 13 de marzo de 2014 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2014, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva

Ata 28 Abril

Poderá solicitar a participación nas actividades convocadas e ser beneficiario destas axudas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

a) Estar cursando 1º, 2º, 3º e 4º da educación secundaria obrigatoria; 1º ou 2º de bacharelato

b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2012/13

c) Ter acadado no curso 2012/13 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de primaria par o laumnado da ESO e de 6 para o de 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato, na área ou materia de lingua inglesa

d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade