Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2013.

Titoría 1º ESO

Publicado: 02/12/2013 09:26 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA 1º ESO

Programa TTI: "Ap. a Estudar 1"

SESIÓN 6. Memoria e Repasos

Páx.: (20-26)

Titoría 2º ESO

Publicado: 02/12/2013 09:38 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA 2º ESO

Progr. Resolución de Conflictos de Convivencia

SESIÓN 6. "Meterse con los demás 2"

Páx.: (15-19)

Titoría 3º ESO

Publicado: 02/12/2013 09:43 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA 3º ESO

Programa Intelix. Emocional para a convivencia escolar

SESIÓN 6. HH para afrontar a agresividade 2

Páx.: (14-23)

Titoría 4º ESO

Publicado: 02/12/2013 09:44 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA 4º ESO

Progr. Orient. Profesional

SESIÓN 6. Paso 2 " Autocoñecemento"

Páx.: (17-25)

TITORÍA PCPI

Publicado: 02/12/2013 09:59 por iessalvaterraorientacion en FP Básica

Progr. Resolución de Conflictos de Convivencia

SESIÓN 1-2. "Meterse con los demás 1 e 2"

GROLIÑOS

Publicado: 05/12/2013 16:30 por iessalvaterraorientacion en GROLIÑOS

"The more we focus on tests, the more we kill creativity, ingenuity, and the ability to think differently."

@DianeRavitch

GROLIÑOS

Publicado: 05/12/2013 16:36 por iessalvaterraorientacion en GROLIÑOS

COEDUCACIÓN

Publicado: 05/12/2013 16:58 por iessalvaterraorientacion en COEDUCACIÓN

Recopilación de materiais para traballar a Coeducación (todas as idades)

RESULTADOS PISA 2012

Publicado: 05/12/2013 16:59 por iessalvaterraorientacion en CALIDADE

#RIPNelsonMandela #Madiba

Publicado: 06/12/2013 14:43 por iessalvaterraorientacion en GROLIÑOS

"The brave man is not he who does not feel afraid, but he who conquers that fear"

Nelson Mandela

Un home valente non é aquel que non sinte medo senón o que sabe vencelo

#RIPNelsonMandela #Madiba

Publicado: 06/12/2013 14:45 por iessalvaterraorientacion en GROLIÑOS

#RIPNelsonMandela #Madiba

Publicado: 06/12/2013 14:49 por iessalvaterraorientacion en GROLIÑOS

"A educación é a arma máis poderosa que podes usar para cambiar o mundo"

Nelson Mandela

#RIPNelsonMandela #Madiba

Publicado: 06/12/2013 14:57 por iessalvaterraorientacion en GROLIÑOS

GROLIÑOS

Publicado: 08/12/2013 10:22 por iessalvaterraorientacion en GROLIÑOS

“Umuntu, nigumuntu, nagamuntu”

Madiba (Nelson Mandela)


Esta frase zulú significa algo así como “unha persoa é persoa por causa dos demáis” Está na orixe da filosofía Ubuntu que Nelson Mandela contribuiu a extender polo mundo. Trátase dun xeito de ver a vida que enterra as súas raíces no máis fondo da cultura africana, en concreto das etnias xhosa (á que pertencía Madiba) e zulú, pero tamén é unha maneira de estar no mundo, un concepto tan amplo que é difícil pechar nunha soa definición. De calquera xeito, a frase de Madiba “Son porque nós somos” ten sido un bo intento de enmarcar ao Ubuntu.

Ilusión Óptica

Publicado: 09/12/2013 12:00 por iessalvaterraorientacion en AUDIOVISUAIS

Que é a tendencia BYOD ?

Publicado: 10/12/2013 10:00 por iessalvaterraorientacion en TIC

Considero que vai ser o futuro do ensino e xa é presente no mundo laboral. BYOD son as siglas de Bring Your Own Device, algo así como trae o teu propio dispositivo -electrónico, portátil, inalámbrico e persoal- (laptops, netbooks, tablets, iPods, e-Readers, smart phones etc). Non, non estou a falar dos ultraportátiles de ABALAR GuiñoQue o alumnado aporte o seu propio dispositivo conleva un considerable aforro para o centro (e para a administración). Por outra banda o alumnado terá liberdade para escoller as aplicacións de software coas que lle gusta traballar, escollerá probablemente aquelas aplicacións e programas cos que se atope máis familiarizada/o o que fará máis amigable e motivador o seu entorno educativo. E usará o mesmo dispositivo na clase e na casa. Esta tendencia educativa BYOD fomenta moito, non fai falla explicalo, o uso das TIC no ensino (as TIC como cabalo de Troia) facilitando outras tendencias xa presentes como as Flipped Class, a realidade aumentada (AR), a gamificación, as comunidades colaborativas, os nosos PLE e tantas outras aínda por chegar. En fin, non me extendo máis en este post pero...xa estou a imaxinar as nosas aulas do IES Salvaterra de MIño con todo o alumnado utilizando os seus propios dispositivos móbiles para APRENDER, colaborando co profesorado e resto de alumnado, lendo, facendo exercicios, gravando vídeos, creando proxectos que publican nos seus Blogs nos que poden participar as súas familias. Cando marchan do IES cara as súas casas continúan o seu proceso de aprendidaxe facendo os seus deberes co mesmo dispositivo, estudando e completando os proxectos colaborativos da clase virtualmente utilizando chats e videoconferencias o través de espazos colaborativos...Vale, vale, polo momento seguimos coas tabletas Android.

Por certo, xa hai quen fala de BYOT (bring your own technology: trae a túa propia tecnoloxía), BYOA (bring your own applications: trae as túas propias aplicacions)...

Que, deixamos de prohibir os móbiles nos centros e os convertemos nunha potente ferramenta  de aprendizaxe? Ao mellor, non hoxe que é festa pero ighual mañán... Un pouco tolo hai que estarGuiño, non? Coido que aínda estou moi afectado pola morte do meu ben querido e admirado MadibaLlora.

Las 50 Carreras Universitarias más demandadas 2013-2014 by David Muñoz López

A nosa tableta...

Publicado: 11/12/2013 10:49 por iessalvaterraorientacion en Proxecto TableTea

Creo que xa estamos en condicións de afirmar que a tableta escollida para o noso proxecto TableTea, a Bq Edison 2 Quad Core, non foi unha mala elección. A construción da tableta non é a da Sony Xperia Tablet Z pero non está nada mal. Polo que respecta as Apps ven como as mellores, solo superada polo iPad. Falando da autonomía e batería é das mellores, ao nivel do iPad e un pouco por baixo da LG GPad 8.3. No tema da pantalla, tema complexo xa que temos no mercado varios modelos que incluso superan ao iPad Air en resolución pero que na práctica se ven peor que este, a nosa Bq 10.1" non está nada mal e serve moi ben para o traballo nos distintos espazos do IES e das diferentes clases cos seus 1280 X 800. Polo que respecta ao procesador, a Edison 2 Quad Core que mercamos ten iso, catro núcleos a 1.6 GHz e vai moito mellor que a outra Bq que probei de dous núcleos (Dual Core) sobre todo en canto á rapidez  da conexión as nosas precarias WiFi do insti ou da casa. As cámaras, a frontal de 0.3 Mp e a traseira de 2Mp non son das mellores pero nos estamos a traballar con elas tendo en conta que escollemos a tableta de 16Gb. Algúns traballos, sen editar, podedes velos neste Blog. Non é a calidade das gravacións de video o que estamos a buscar neste proxecto.
En resumo, penso que Bq Edison 2 Quad Core é a opción máis apañada en termos de calidade/prestacións e prezo xa que por 175 Euros está moi alonxada do prezo da LG PAD 8.3 de 329 euros, da Sony Xperia Tablet Z de 500 Euros, da Google Nexus 10 de 400 euros e non digamos dos iPad, dende 479 euros. Certo é tamén, que as persoas afeitas a traballar con iPad, notamos un pouco a diferenza e incluso que unha mesma App pode ser moito máis completa en IOS que en Android pero o orzamento é a chave de todo e non somos o colexio Montserrat Guiño nin ghañas que temos...

En fin, como ferramenta para un modestísimo proxecto piloto de Mobile Learning e despois de un par de meses de traballo, parécenos un bo dispositivo móbil para o noso alumnado touch screen Risa que, por certo, están moi contentos e dando envexa ao resto de alumnado coas súas tabletas de traballo. Esperamos ir sumando alumnado e profesorado ao proxecto e acadar pronto o obxectivo deseñado na parte teórica da portabilidade, isto é que o alumnado leve as tabletas para poder traballar con elas na casa e facer as tarefas da clase.

Vía tecnoloxía.org

LIBRO INTERACTIVO PARA 1º ESO

LEI CONVIVENCIA

Publicado: 13/12/2013 10:53 por iessalvaterraorientacion en CONVIVENCIA

Lei 3/2011, do 30 xuño, de apoio á familia e a conviencia de galiza

A MEDIACIÓN ESCOLAR

Publicado: 13/12/2013 10:56 por iessalvaterraorientacion en CONVIVENCIA

A Mediación no Johan Carballeira (Bueu)

Que é a Mediación escolar?


O servizo de Mediación Escolar, como un recurso para o traballo da violencia neste contexto, esixe unha implicación de todos os colectivos implicados. A mediación escolar normalmente faise nun espazo do centro escolar (poderemos utilizar a aula de convivencia) onde só participan os/as mediados/as e os mediadores/as. 

Como son os nosos mediadores?
Os/as mediadores/as son alumnos/as do noso instituto, compañeiros/as voluntarios/as que fixeron un taller de formación en resolución de conflitos e mediación. Asumen o compromiso de neutralidade, escoita, confianza e confidencialidade. O coordinador é o orientador do centro. Os/as mediadores/as non dan solucións, son neutrais e comprométense a manter en segredo o falado nas sesións de mediación. Axudarán a atopar unha solución ós vosos problemas.
Como se solicita o servizo de mediación?
É moi fácil. Simplemente comunicándollo o coordinador do servizo de mediación (o orientador), ou ao titor/a, ou ao Xefe de Estudos. Tamén podes contar coa colaboración dos alumnos/as mediadores.
Que aporta o Servizo de mediación?
A mediación aporta unha saída construtiva, pacífica e dialogada ós conflitos diarios. Os alumnos/as que tras un conflito toman contacto co servizo de mediación poden beneficiarse de:

  • A actitude cooperativa para resolver conflitos. 
  • O coñecemento e crecemento persoal. 
  • A mellora do clima social do centro e do entorno. 
  • A adquisición de habilidades na comunicación. 
  • A participación activa e responsable. 
  • A resolución satisfactoria do conflito polas dúas partes. 

Vía Orientación