Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2012.

POESÍA

Publicado: 06/04/2012 11:57 por iessalvaterraorientacion en POESÍA

"No creo en más infierno que tu

ausencia. Paraíso sin ti, yo lo rechazo.

Que ningún juez declare mi inocencia,

porque, en este proceso a largo plazo

buscaré solamente la sentencia a

cadena perpetua de tu abrazo."


Antonio Gala.

Material para traballar o alumnado con problemas de atención.

QUE É A FELICIDADE ?

Publicado: 10/04/2012 19:22 por iessalvaterraorientacion en ARTIGOS

Interesante artigo de Eduard Punset "El paraíso como ciencia exacta".

YOUTUBE NA CLASE

Publicado: 10/04/2012 09:32 por iessalvaterraorientacion en TIC

10 trucos para aproveitar o uso de Youtube nas clases

CONTIDOS EDUCATIVOS GRATUITOS

Publicado: 10/04/2012 09:38 por iessalvaterraorientacion en TIC

Algúns dos máis utilizados contidos e materiais educativos en españon e gratuitos.

ENSINAR vs APRENDER

Publicado: 10/04/2012 09:43 por iessalvaterraorientacion en TIC

O gasto no ensino en España está por baixo da media UE e OCDE.

RESUMO sobre como é o acceso á Universidade dende os Ciclos Formativos de Grao Superior de F.P.

Interesante artigo de El País sobre os recortes no ensino (sen contar os que virán as vindeiras semanas)

"DÍGAME Y OLVIDO, MUÉSTREME Y RECUERDO.

INVOLÚCREME Y COMPRENDO”

 
Proverbio Chino.

Conxunto de recursos (bastante completo) para información profesional e académica.

Desglose dos orzamentos para o ano 2012 do Ministerio de Educación e Cultura. Pódese escoitar a intervención da Secretaria de Estado.

Ver o artigo de opinión.

Gustóume este artigo do Blog Edumorfosis.

GROLIÑOS

Publicado: 11/04/2012 20:52 por iessalvaterraorientacion en GROLIÑOS

"O problema da muller sempre ten sido un problema de homes"


Simone de Beauvoir

QUEN CONTROLA A EDUCACIÓN?

Publicado: 12/04/2012 19:24 por iessalvaterraorientacion en ARTIGOS

Interesante ARTIGO.

GALEGO, TODO O QUE BUSCAS

POESÍA...ES TI

Publicado: 13/04/2012 19:48 por iessalvaterraorientacion en POESÍA

DEITADO FRONTE AO MAR

Lingua proletaria do meu pobo
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo

 (...)

... falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bós que sofren longo
unha historia contada en outra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruís e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os estúpidos,
non falo pra os valeiros,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de todos os que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada frente ao mar, ise camiño...

Celso Emilio Ferreiro

Wert (o ministro) propone 39 alumnos por clase na secundaria e 32 na primaria. O vindeiro vernes un Real Decreto-Lei aumentará a  ratio do alumnado por aula nun 20% e as horas de docencia: 25 horas semanais nas escolas e 20 nos institutos.

 

20120416195727-aula-chea.jpeg

Máis alumnado por clase, non se cubrirán as baixas de ata dez días e máis horas docentes para o profesorado.

Outro artigo sobre o mesmo.



Como vai reaccionar a comunidade educativa?

POESÍA...ES TI

Publicado: 16/04/2012 20:19 por iessalvaterraorientacion en POESÍA


A ESTAS ALTURAS NADA COLLE NUN POEMA

A estas alturas nada colle nun poema,

todo semella tan ancho

que soborda

a cousa ruín dunha palabra.

A estas alturas

nada colle nun poema porque desencadeas,

amor,a vida aberta fóra do papel.

Daniel Salgado

Ver o artigo.

 

Artículo 18. Acceso a ciclos formativos de grado superior.Para acceder a los ciclos formativos de grado superior se requerirá una de las siguientes condiciones:

a) Estar en posesión del título de Bachiller.

b) Poseer un título de Técnico de Grado Medio y haber superado un curso de formación específico para el acceso a ciclos de grado superior en centros públicos o privados autorizados por la Administración educativa.

c) Haber superado la prueba de acceso a ciclos formativos de grado superior o la prueba de acceso a la universidad para mayores de 25 años

Artículo 19. Curso de formación específico para el acceso a los ciclos formativos de grado superior.

1. El curso de acceso a los ciclos de grado superior tendrán una duración mínima de 700 horas.

2. Este curso constará de dos partes, una parte común y otra específica.– La parte común tendrá carácter instrumental y desarrollará como mínimo los objetivos de la lengua castellana e idioma extranjero del Bachillerato.

– La parte específica se organizará, al menos, en dos opciones: ciencia y tecnología, y humanidades y ciencias sociales.

Dentro de cada opción las Administraciones educativas desarrollarán como mínimo dos materias.

 

Máis información

GROLIÑOS

Publicado: 17/04/2012 18:36 por iessalvaterraorientacion en GROLIÑOS

" A intelixencia, sexa emocional ou de calquera outro tipo, ou é social ou non é intelixente"

Eduard Punset

POESÍA...ES TI

Publicado: 17/04/2012 18:50 por iessalvaterraorientacion en POESÍA

Así cho digho

Quéroche e así cho digho

ca boca chea de mar.


María Lado

Artigo de El País.

GROLIÑOS

Publicado: 18/04/2012 18:34 por iessalvaterraorientacion en GROLIÑOS

"A política é a arte de buscar problemas, atopalos, facer un diagnóstico falso e aplicar despois os remedios errados"

 

Groucho Marx

Unha guía oficial de titulación da Conferencia de Rectores da Universidades de España.

FAMILIAS

Publicado: 19/04/2012 09:43 por iessalvaterraorientacion en FAMILIAS

DEZ TAREFAS PARA FACER NA CASA...DIFERENTES

CADERNO DE TRABALLO PARA A MELLORA DA DISLEXIA E A LECTOESCRITURA

Proposta do profesor Juan Carlos Pérez-González -Facultad de Educación, UNED- para traballar co seu alumnado. Pelís, en xeral, moi interesantes.

FAMILIAS

Publicado: 19/04/2012 10:20 por iessalvaterraorientacion en FAMILIAS
Adolescencia . como Dialogar Con adolescentes

Como axudar nos primeiros anos da adolescencia.

FAMILIAS

Publicado: 19/04/2012 10:23 por iessalvaterraorientacion en FAMILIAS
¿Por qué nos cuesta tanto hablar con nuestros hijos? Reflexiones y pautas para mejorar la comunicación fami...

FAMILIAS

Publicado: 19/04/2012 10:31 por iessalvaterraorientacion en FAMILIAS

Folletos de axuda para familias.

FINLANDIA vs ESPAÑA

Publicado: 19/04/2012 18:50 por iessalvaterraorientacion en ARTIGOS

Hoxe vos deixo este macro-post cos puntos que eu considero máis significativos cando comparamos os sistemas educativos finés e español. Unha grande parte deles reflectidos no traballo desenvolvido ao longo de trece anos na tese do profesor Javier Melgarejo.

 

  • O 55% dos pais/nais cren que a familia é máis responsable que a escola da educación dos seus fillos. En España o 15%.

  • En Finlandia dáse por feito que non só se educa nos centros oficiais, e que non só é válida a educación oficial. A familia é igual de importante así como a propia sociedade.

  • A ratio alumno-profesor é moito menor que en España (sen ter en conta os novos cambios).

  • O número de horas que se destinan entre os 7-14 anos é a menor de todos os países da OCDE.

  • A pesar de que a súa comprensión lectora (que posibilitará a autoformación futura) é excelente teñen menos horas de lingua que en España.

  • O goberno considera a supervivencia cultural e económica da súa nación en base a unha sociedade do coñecemento.

  • A disciplina é moi alta, mándanse deberes e poténciase o esforzo.

  • As súas bilbiotecas son de libre acceso (nin carné nin gaitas) e teñen 4 veces máis libros.

  • Existen poucos colexios concertados e o estado paga por cada alumno a mesma cantidade sexa dun público ou dun concertado.

  • As notas medias dos futuros profesores en bacharelato e selectividade deben superar o 9.

  • Se os futuros profesores teñen que ter medias de 9 ou máis, os formadores na universidade destes teñen uns expedientes e capacidades aínda superiores.

  • O profesorado e mestres/as son escrupulosamente escollidos en base á súa capacidade educativa e o seu grao de sensibilidade social.

  • As universidades de formación de profesorado até finais dos 80 facían 4 probas: entrevista, reusmen dunha lectura dun libro, explicación ante unha pequena clase e demostrar aptitudes artísticas (plásticas ou musicais).Nos anos 90 engadíronse 2 probas máis orientadas ás competencias matemáticas e tecnolóxicas.

  • Os rapaces non empezan a ler até os 7 anos, pero en dous anos xa len mellor que os nosos.

  • En todas as clases de 1º de primaria os nenos aprenden o abecedario cantando mentres o profesor toca algún instrumento musical.

  • En Finlandia o 4% dos nenos viven en situación de pobreza, en Suecia o 2%, en España o 12%.

  • As axudas son especialmente dirixidas a nais con fillos, para impedir que dependan exclusivamente do traballo privado e abandonen as súas obrigacións educativas para cos seus fillos.

  • Os pais/nais son ávidos lectores e ven considerablemente menos a televisión, os seus fillos en consecuencia imítanlles.

  • Chéganse a ter dous profesores por aula e cómese gratuitamente unha vez ao día.

  • Os nenos teñen médicos e enfermeiras escolares. Son o futuro e por tanto a prioridade.

  • Os mellores docentes destínanse á primaria.

  • Céntrase o gasto de recursos na primaria, non na secundaria ou terciaria como aquí. É entón cando o neno desenvolve as súas principais habilidades.

  • En Finlandia a formación pedagóxica e a didáctica ocupa 10 veces máis tempo que en España. 1400 horas impartidas por auténticas eminencias fronte ás 140 dadas en España (imos ver o que pasa co mestrado).

  • O profesorado de prácticas, cobra un suplemento polo seu traballo e está en contacto permanente coa universidade formadora, aprendendo a traballar en centros moi ben dotados dotados.

  • Aos mestres e profesores esíxeselles unha tesina obrigatoria na que condensen os seus coñecementos e investigacións. En España faise un traballo que pasa de man en man, ao que se lle cambian os datos e pouco máis.

  • Foméntase a autoevaluación e o traballo en grupo, no futuro poucos serán os que traballen sós e non dependan do xuízo doutros.

  • Os directores reciben unha formación específica e elixen os seus traballadores. Non hai oposicións, para iso están as universidades de formación.

  • Na universidade española a taxa de abandono é do 50%, en Finlandia do 17%.

  • As películas non se traducen, co que os nenos aprenden máis rápido idiomas e aprenden a ler máis rápido ao estar estas subtituladas.

  • Non existe a inspección educativa, o sistema controla a súa calidade durante o proceso de formación, previndo e non a posteriori malcurando.

  • O salario dos profesores é parello ao español, pero os de secundaria e primaria cobran o mesmo. Teñen un poder adquisitivo medio-alto en comparación co resto da sociedade.

  • Os finlandeses pensan que o profesor é como o molde, se o molde é excelente as copias serán mellores que se é mediocre.

  • As ofertas de apoio social son de 3 tipos a elixir:

    1- A nai recibe unha axuda para coidar ela mesma dos seus fillos.

    2- Os nenos acoden a casas de coidado familiar con 4 ou 5 nenos como máximo e cos pertinentes controles sanitarios e sociais.

    3- Gardarías municipais que dependen do Ministerio de Asuntos Sociais, non do de Educación.

Que vos parece? Como o vedes? Gañan por goleada? Podedes deixar un comentario.

20120419191310-simpsom.jpg



Folletos informativos de FP (CLICK en cada Familia)

Formación profesional inicial no curso 2011-2012, perfís profesionais (competencia xeral, postos de traballo máis relevantes, módulos, título que se obtén), unidades de competencia que se acreditan por módulo ou módulos superados, módulos profesionais que se validan por unidade ou unidades de competencia acreditadas.

 

POESÍA...ES TI

Publicado: 20/04/2012 20:03 por iessalvaterraorientacion en POESÍA

A MIÑA LINGUA

Falo coa miña lingua irada, 
coa rabia da brétema nos ollos...

...Falo a un tempo a fala doce dos amantes, 
falo prós amantes máis que nada 
e pra tódolos que, por causa do amor, 
sofren e calan a súa desdita. 
Falo a fala dos poetas que están mortos, 
coas súas mellores palabras, 
coa súa palabra esquencida falo, 
coa voz amantiña dos irmaos benqueridos, 
coa vella pregalla que levo escrita no sangue 
desde hai tanto e que foi inocente un día.

PILAR CIBREIRO 

O XIZ DO FUTURO É ELECTRÓNICO

Publicado: 21/04/2012 09:10 por iessalvaterraorientacion en TIC

Unha especie de bolígrafo que escribe "electronicamente" en calquera superficie e lugar.

Emotiva carta dunha estudante universitaria ao ministro de educación pola subida das tasas universitarias.

GROLIÑOS

Publicado: 21/04/2012 18:14 por iessalvaterraorientacion en GROLIÑOS

"Podemos saber exactamente canto medra a sabedoría

por canto diminúe mal humor"


Friedrich Wiheilm Nietzche

LÍGASE MELLOR EN GALEGO

Publicado: 22/04/2012 09:06 por iessalvaterraorientacion en GALEGO

Selección de recursos TIC de Física e Química.

POESÍA...ES TI

Publicado: 23/04/2012 17:09 por iessalvaterraorientacion en POESÍA

Hoxe vos escollín estes versos de Nicanor Parra, aínda que eu non son moito de premios, anti-poeta chileno de 97 anos ao que lle acaban de dar o Premio Cervantes 2012.

LOS VICIOS DEL MUNDO MODERNO

(...) Los vicios del mundo moderno:
El automóvil y el cine sonoro,
Las discriminaciones raciales,
El exterminio de los pieles rojas,
Los trucos de la alta banca,
La catástrofe de los ancianos (...)

(...) Como queda demostrado, el mundo moderno se compone de flores artificiales
Que se cultivan en unas campanas de vidrio parecidas a la muerte,
Está formado por estrellas de cine,
Y de sangrientos boxeadores que pelean a la luz de la luna,
Se compone de hombres ruiseñores que controlan la vida económica de los países
Mediante algunos mecanismos fáciles de explicar;
Ellos visten generalmente de negro como los precursores del otoño
Y se alimentan de raíces y de hierbas silvestres.
Entretanto los sabios, comidos por las ratas,
Se pudren en los sótanos de las catedrales,
Y las almas nobles son perseguidas implacablemente por la policía (...)

DÍA DO LIBRO

Publicado: 23/04/2012 18:39 por iessalvaterraorientacion en ARTIGOS

O ministro de educación invita a ler cunha carta chea de erros e iso que daquela non houbo recortes. Déixovos o artigo, a carta orixinal e a mesma cos erros suliñados.

FOMENTO DOS TOROS

Publicado: 23/04/2012 18:42 por iessalvaterraorientacion en ARTIGOS

Como xa non queda por recortar no ensino o ministro de educación e CULTURA vai arobar canto antes o seu plan de fomento da festa nacional.

IDIOMAS

Publicado: 24/04/2012 09:48 por iessalvaterraorientacion en IDIOMAS

Aquí vos deixo este enlace a unha revista dixital en 5 idiomas para melloras as vosas competencias lingüísticas.

Aproveitando que onte foi o día do libro, vos deixo isto...




Máis de 20 BLOGS de aula para Lingua Castelá e Literatura.

IDIOMAS (INGLÉS)

Publicado: 26/04/2012 09:48 por iessalvaterraorientacion en IDIOMAS

English as a Second or Foreign Language (con moitos recursos para pizarra dixital, etc).

APRENDIZAXE POR PROXECTOS

Publicado: 26/04/2012 10:58 por iessalvaterraorientacion en ARTIGOS

39 propostas para traballar utilizando aprendizaxe por proxectos.