Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2011.

AQUÍ TEDES A GUÍA

Curtametraxe baseada nun relato de JOSÉ SARAMAGO

QUE É O SEXTING ?

Publicado: 02/06/2011 10:27 por iessalvaterraorientacion en FAMILIAS

Este ARTIGO paréceme interesante  e os resultados da investigación levada a cabo tamén.

Paréceme moi interesante e creativo este material

Unha pasada, alumnado de 5º de primaria dun centro PÚBLICO de cantabria expoñen as familias o que fan no eido das TICs.

Paréceme unha experiencia.... non teño palabras. 

CADA MINUTO UN NENO OU NENA SUFRE UN ACCIDENTE INFANTIL TRABALLANDO

Paréceme interesante este ARTIGO sobre a importancia de tomar prestadas as ideas doutros/as que están funcionando e melloralas si é posible.

ADMISIÓN EN CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR

Diario Oficial de Galicia do 14 de xuño de 2011

a) O prazo ordinario será do 17 de xuño ao 4 de xullo, ambos os dous incluídos.

b) O prazo extraordinario abranguerá desde o día 1 ao 12 de setembro, ambos os dous incluídos.

GROLIÑOS

Publicado: 14/06/2011 12:45 por iessalvaterraorientacion en GROLIÑOS

"Hai persoas tan intelixentes que aprenden da experiencia dos demais"

VOLTAIRE

Hai moito escrito sobre o tema pero gustoume este ARTIGO

Non todo na vida do noso alumnado relacionado coas novas tecnoloxías debe ser Tuenti. Aquí tedes unha boísima ferramenta: YapTime

CATRO CONVOCATORIAS QUE ESGÓTANSE AÍNDA QUE O ALUMNADO NON SE PRESENTE. LEER MÁIS

Neste curso presentáronse, no noso centro, 32 alumnos/as as probas de acceso para poder cursar un ciclo de Formación Profesional sin o Título da ESO. O requísito máis salientable e que teñen que ter ou cumprir neste ano os 17 anos.

Aprobaron 12 dos 32 presentados o que supón un 37.5%. No curso de 4º A de ESO aprobaron os seis que se presentaron e no PCPI 3 dos 4 presentados.

RECLAMACIÓN E /OU DOBRE CORRECCIÓN

Sobre a cualificación outorgada de cada materia despois da primeira corrección e no prazo de tres días hábiles contados a partir da data de publicación das cualificacións, cada estudante poderá presentar solicitude de:

Reclamación

Dobre corrección

As solicitudes de reclamación e segunda corrección poderán presentarse no lugar de entrega e recollida de documentación (LERD) no cal se entregou a solicitude de matrícula para a PAU, empregando os impresos específicos a tal efecto, ou a través da aplicación informática NERTA, non sendo preciso neste caso, a entrega das solicitudes nos LERD. Para iso é necesario o código de acceso dos resgardo de matrícula para a PAU.

1. Reclamación:

Unha vez publicadas as cualificacións provisionais, o alumnado poderá presentar unha solicitude de reclamación ante a Comisión Organizadora das PAU sobre a cualificación outorgada a cada unha das materias das que se fixese exame, naqueles exercicios nos que se considere incorrecta a aplicación dos criterios xerais de avaliación e/ou específicos de corrección.
Os exercicios sobre os que se solicite reclamación serán revisados co obxecto de verificar que todas as cuestións teñan sido avaliadas cunha correcta aplicación dos criterios xerais de avaliación e/ou específicos de corrección, así como a comprobación de que non existen erros materiais no proceso de cálculo da cualificación outorgada.
A cualificación definitiva da materia ou materias obxecto da reclamación será a que resulte do antedito proceso de revisión, sempre que a mesma sexa superior a outorgada na primeira corrección, agás nos casos de erros materiais de cálculo da cualificación, no que a cualificación será a que resulte correcta.
A presentación de reclamación excluirá a posibilidade de solicitar a dobre corrección.

 

Convocatoria PAU 2011

RECLAMACIÓNS

XUÑO

SETEMBRO

Prazo de solicitude

20

21

22

xuño

26

27

28

setembro

Resolución

24

30


2. Dobre corrección:

Publicadas as cualificacións provisionais, o alumnado poderá presentar, ante o presidente do Tribunal, solicitude dunha segunda corrección [dobre corrección] dos exercicios nos que se considere incorrecta a aplicación dos criterios xerais de avaliación e/ou específicos de corrección.
Os exercicios sobre os que se presente unha solicitude de segunda corrección serán corrixidos por un profesor ou profesora especialista distinto ao que levou a cabo a primeira corrección.
A cualificación resultará da media aritmética das cualificacións obtidas nas dúas correccións. No suposto de que existise unha diferenza de 2 ou máis puntos entre as dúas cualificacións, o tribunal efectuará, de oficio, unha terceira corrección. A cualificación final será a media aritmética das tres cualificacións.
Este procedemento efectuarase no prazo máximo de cinco días hábiles, contados a partir da data de finalización do prazo establecido anteriormente.
Sobre a cualificación outorgada despois do proceso de segunda corrección, o estudante poderá presentar reclamación ante a Comisión Organizadora, no prazo de tres días hábiles, contados a partir da data de publicación da resolución da segunda corrección. A cualificación definitiva será a que resulte desta revisión, sempre que sexa superior a outorgada na segunda corrección.

 

Convocatoria PAU 2011

RECLAMACIÓNS

XUÑO

SETEMBRO

Prazo de solicitude

20

21

22

xuño

26

27

28

setembro

Resolución

24

30

Solicitude de reclamación

27

28

29

3

4

5

outubro

Cualificacións definitivas

30

6

 

 

Paréceme interesante que leades este ARTIGO da revista CONSUMER.

TRIVIAL EDUCATIVO DE DISTINTAS MATERIAS E CURSOS