Blogia
MZUNGU

ARTIGOS

Vaia cursiño que levamos!

Que uns 3.000 repetidor@s poidan entrar na universidade galega sen facer un exame selectivo ou que non haxa que ter un 5 para estar titulado en ESO non é máis que a guinda do pastel dos despropósitos (ou non) que a LOMCE e a súa derogación por fascículos nos trouxo este curso.

En setembro había que facer reválidas para titularse en ESO e Bacharelato, con exames de cinco días, de sete e nove materias, respectivamente, e mediante un test de centos de preguntas exactamente igual para toda España, á mesma hora e o mesmo día. Este é un periplo polo que uns 40.000 alumnos galegos (os de 4º de ESO e 2º de bacharelato), profesores e familias pasamos ata agora:

Setembro
En funcións. O curso arrincou con todo no aire: por non haber, nin había Goberno (a investidura de Rajoy foi o 30 de outubro) e por tanto especulábase con que a LOMCE fóra derogada, aplicada ata o final ou nunha versión lixeira. Finalmente, foi esta última a opción elixida.
Repetidores. Os directores de instituto de Vigo decidiron non matricular aos repetidores de segundo de bacharelato porque non había aulas LOE (eles non entraban na LOMCE). A Consellería tivo que remitirlles unha instrución para que os mesturasen.
Selectividade por comunidades autónomas e con notas de 0 a 10. A finais de mes a CRUE e o ministerio chegaron a un acordo de palabra: a nova selectividade estaría organizada por cada comunidade autónoma, tería validez estatal e a nota iría do 1 ao 10. Nada do mesmo exame para toda España.
A proba final de ESO, aínda reválida. Acababa setembro e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, pedía en Madrid que a reválida de secundaria non tivese efectos académicos. Nese momento era obrigatoria para ter o título de ESO e valía o 30 % da nota final.

Outubro
Bacharelato de artes sen debuxo artístico. Os alumnos de segundo do bacharelato de artes en Galicia non poden ter Debuxo Artístico. O deseño horario da LOMCE impídeo.
Só catro comunidades aceptan a reválida de bacharelato. Galicia, Madrid, Murcia e Castela e León eran as únicas comunidades que aceptaban organizar unha reválida de bacharelato obrigatoria para obter o título. Andalucía, Cataluña e o País Vasco seguían convocando a selectividade antiga, a PAU.
Por fin, as reválidas deixan de ser obrigatorias para o título. Foi a finais de mes cando o ministro Méndez de Vigo primeiro e despois Rajoy (no debate da súa investidura) anunciaron que, como xesto de boa vontade para chegar a un pacto educativo, as reválidas de ESO e bacharelato non serían obrigatorias para o título. A primeira quedaría, pois, nunha avaliación de nivel e a segunda, en acceso á universidade.

Novembro
Goteo de borradores. Durante todo o mes fóronse filtrando borradores das novas reválidas. Con cada cambio as probas íanse descafeinando cada vez máis. Ao final, o Goberno aceptou a proposta das universidades de que houbese catro puntos extras para axustar as notas segundo competencias do alumno: 14 posibles, como a PAU anterior.
Enterro oficial das reválidas. Foi a última semana de mes cando finalmente fíxose oficial (aínda que a publicación no BOE chegou en decembro) o fin das reválidas como paso previo para ter o título de ESO ou bacharelato.

Decembro
Oficial. A publicación no BOE deulle oficialidade á eliminación das reválidas. Agora sería unha avaliación final de ESO sen valor académico e a selectividade de sempre en versión LOMCE. Adeus a setembro. Ese mesmo mes sóubose que a proba de acceso á universidade que se facía en setembro será en xullo a partir do 2018. O motivo, axustar o exame e o seu calendario ao comezo das clases nos graos, a primeira semana de setembro.

Febreiro
Os profesores de francés piden que a súa materia vaia a selectividade. Unha norma ministerial dá forma á proba de acceso á universidade. E xorden polémicas: na fase xeral, os alumnos terán que examinarse de materias que cursasen en segundo, mesmo cando se fala de primeira lingua estranxeira. Na PAU un alumno podía estudar inglés pero examinarse de francés porque a súa familia era francesa e dominaba lingua. Agora non é posible e os profesores de francés protestaron enerxicamente por iso. Tampouco lles sentou ben aos de Filosofía que a súa materia abandonase a fase obrigatoria: agora hai que facer Historia de España si ou si, mentres que antes un podía elixir entre esta e Historia da Filosofía.
Xa hai nome e data para o exame de acceso á universidade. Foi o venres 10 de febreiro cando nunha reunión conxunta CIUG-Consellería de Educación decidiuse que a selectividade fose os días 7, 8 e 9 de xuño e que as notas se saiban o día 16. Tamén se deu a coñecer o nome en Galicia: avaliación de bacharelato para ou acceso á universidade (ABAU), avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (EBAU) en castelán. E outro asunto importante que se dilucidou entón: as troncais (Matemáticas ou Latín, por exemplo) tamén servirían para subir nota. Os alumnos que van para Enxeñería ou Dereito respiraron.

Marzo
Repetidores exentos. Coa primavera chegou a noticia de que os repetidores de 2º de bacharelato e quen suspendeu a PAU o ano pasado poderán acceder á universidade sen facer a ABAU, aínda que tamén poderán ir para subir nota se queren.
Ponderacións facilmente substituíble. A finais de mes, na metade da terceira avaliación para os do último curso, sóubose que materias valorará especialmente cada carreira en Galicia, as chamadas ponderacións. A listaxe ofrecida o primeiro día cumpría a machada as ordes do decreto de decembro e só incluía as materias específicas de cada rama (por exemplo, en Dereito ponderaba 0,2 Grego pero non Latín, porque é materia troncal e por tanto obrigatoria). Houbo prantos nalgunhas clases. Enseguida reuníronse CIUG e consellería e ampliaron as materias con dobre valor, seguindo o espírito das últimas normas.

Abril
Inseguridade xurídica. Por se todo o anterior non fose suficiente, en abril a oficina do Valedor do Pobo decide investigar se a ABAU xera inseguridade xurídica, por exemplo para os alumnos que cursaron 1º de bacharelato noutro país, pois querían estar exentos do exame de galego, como era habitual nos últimos anos. CIUG e Consellería de Educación negáronse en redondo: a exención de galego é para quen vén doutra comunidade en bacharelato, non para galegos que pasaron un curso fóra; ademais, en segundo de bacharelato, xa en Galicia, dan a materia con normalidade.
O título de ESO, con menos de 5. Finalmente, neste abril sóubose que o título de ESO pódese ter con dúas suspensas e cunha nota media inferior a 5, algo que moitos sectores vinculados co proceso educativo consideran absurdo.

E o que nos queda...

Fonte: Sara Carrreira. La Voz de Galicia

Medicalización das nosas vidas (2)

 Abuso de opiáceos, estimulantes e sedantes

Quen dixo que non somos os primeiros en algo? Non, non vos vou  falar outra vez das cifras de abandono escolar temperá ou de fracaso escolar nas que imos para record de Europa. Non, tampouco vouno facer do diagnóstico de TDAH e a súa xeralizada medicalización co Deus dos remedios escolares, Metilfenidato, onde tamén estamos no podium. Vou falar do uso e abuso de opioides e sedantes no noso país no que, coma non, podemos estar á cabeza do pelotón case sen esforzo. A revista BMC Psychiatry ven de publicar un interesante estudo sobre o uso de opioides, estimulantes e sedantes con e sen receita médica en Dinamarca, Alemania, Gran Bretaña, España e Suecia. Tamén obtiveron información nesta investigación sobre como se adquiriron ditos medicamentos. E si, por se tiñades dúbidas sobre o tema, España ten a porcentaxe máis alta seguida por Suecia. España cun 18% de persoas que consumiron opiáceos nalgún momento da súa vida e sen prescripción médica (algo penso que moi “español”). Alemania é o país onde menos se consumiron. Polo que respecta aos sedantes coma lorazepan, bromazepan e diazepan España tamén ocupa a primeira posición de consumo. O estudo engade que en moitas ocasións mixturados con alcol ou cocaína (tamén parece que cadra co que intuíamos). Iso sí, non todo van ser primeiras posicións, no caso dos estimulantes o Reino Unido gaña a primeira praza en consumo. No que respecta ao xeito de conseguir estes medicamentos, a maneira máis “normal” é por medio dos familiares e amigos -para que queremos á familia e as amistades senón é para que nos consigan estas delicias que tantas alegrías nos dan?-. Queda reflectido nesta investigación que a xente que consume estes medicamentos sen prescripción médica ten, ademais, moita maior probabilidade de consumir outras drogas ilegais. En fin, remato resumindo por se non vos dérades conta, que España é un dos paises á cabeza do consumo inadecuado de medicamentos en xeral, e moitas investigación alertan sobre a súa fácil adquisición e baixa concienciación cívica na súa recomendación a outras persoas sen valorar os graves riscos e efectos adversos da súa inxesta. E non quero pensar no que pasa no caso dos nosos menores...

Podedes consultar o estudo completo no seguinte enlace:

Nonmedical use of prescription drugs in the European Union

Quen protexe os dereitos básicos dos menores?

 Xa pensei que non ía poder escribir nunca esta entrada! Están a ser semanas de traballo salvaxe, excesivo e, moitas veces, incoherente. Non me queixo xa que son un privilexiado que fai o que lle gusta. Dende o día primeiro de setembro atendendo alumnado, familias, facendo as avaliacións extraordinarias, revisando os informes de todo o alumnado que chega novo ao noso instituto, avaliando e realizando todos os informes (20) dos programas de mellora (PMAR) para 2º e 3º da ESO, xestionando xunto a dirección a inclusión do alumnado da FP Básica de Madeira, cumprimentando todas as bolsas de necesidades específicas (cada curso temos moitas máis), facendo as avaliacións iniciais do alumnado, redactando o plan de atención á diversidade e a programación anual, readaptando o plan de acción titorial e o plan de orientación académica e profesional, a día de hoxe preparando as adaptacións curriculares do alumnado que o necesita (o curso pasado tivemos 16 ACIs).

Pero, quen se ocupa realmente de solucionar os graves problemas do noso alumnado que teñen que ver coa vulneración dos seus dereitos como menores? Eu fago o que podo e as veces un chisquiño máis, a dirección e algúns compañeiros do centro sei que tamén pero, desgraciadamente, non chega en absoluto.

Serei moi claro, no noso centro, como tamén no resto, hai alumnado que non ten a suficiente protección nin atención cotiá, alumnado sen a mesma vida fácil dos nosos fillos, que pasan por situacións inverosímiles que vulneran, clarisimamente, os dereitos básicos de todos os menores. Podemos estar moi preparados e comprometidos pero cando se trata destas situacións de indefensión de tanta gravidade de alumnado que realmente sofre cada día, ningunha preparación nin compromiso parece chegar. Estou a falar de facerlles na práctica a vida máis doada, de axudas reais e non de emitir informes e respostas burocráticas que non lles serven para nada ou, as veces, incluso lles poden por as cousas máis difíciles. Convivimos con estas situacións de vulneración dos dereitos e non temos a suficiente enerxía, consumida en moitos casos ao facer as tarefas burocráticas antes sinaladas, nin a forza emocional, nin os recursos para afrontalas siquera cunha nota dun suficiente raspado (dásenos ben poñer nota). Para min, dende logo, son estas situacións as que requiren a miña atención dende que desperto cada día e sei que tamén para algunhas das persoas que traballan no meu centro. Pero, sendo sinceiro, tamén asisto a respostas e reaccións daquelas outras persoas que o único que queren e non ter problemas e, por desgracia, o seu número supera por bastante ás primeiras. Iso sí, esas poucas persoas que fan por defender os dereitos do noso alumnado e resgardar e protexer  aos que máis axuda necesitan, valen moito máis que centos das que non queren problemas. Morreu a sua nai, o seu pai o abandonou, non pode ver aos seus irmáns, cambio de centro tres veces nun curso, vive cunha familia de acollida que non a quere, recibe palizas a cotío, ten a nai alcoholizada e a piques de morrer e ... “non chega ao cinco, molesta na clase e non podo aprobalo”.

O instituto non pode ser o sitio para solucionar estas situacións de violencia e malos tratos na familia, de absentismo escolar e de abandono de menores porque non temos as ferramentas nin o persoal necesario. Estou a falar de que pelexamos contra o peor do noso sistema social e sei que non hai protocolos que servan cando moitos dos implicados o que queren é sacarse o “marrón” de enriba canto antes. Pero, o que parece moi claro é que o sistema, sinxelamente, non funciona ou cada ano vai a peor. Pero si os centros de ensino non podemos, cando recurrimos aos servizos de intervención familiar e social as respostas externas tampouco solucionan, non aparecen, son esquivas, non é da súa competencia, non poden, non teñen profesionais, están saturados, non hai orzamento. Cando estes servizos externos actúan, en non poucas ocasións, se pon en marcha unha maquinaria obsoleta e doutro tempo que moitas veces fai real, por desgraza a frase “peor o remedio que a enfermidade”.

Desgaste, frustración, estrés e burn-out por non ser quen de poderlles ofrecer a este alumnado a axuda que realmente necesitan. E non conto coma axuda darlles unha pastilla para que estean “quietos e calados” que parece ser a moda da nosa actual sociedade. Cando falamos as persoas implicadas neste tema concluimos que ninguén se ocupa na práctica de asistir realmente a este alumnado cos seus dereitos do menor gravemente vulnerados, de ofrecerlles sosego psicolóxico, de axudalos nas súas casas, de faciltarlles algo as súas vidas.

Este alumnado en grave risco e con tantas dificultades non pode esperar pero, quen é responsable de que se cumplan con eles os seus dereitos como menores?

Só era unha reflexión sobre o desamparo que sufren moitos dos alumnos e alumnas que engrosan as estatísticas de fracaso escolar e aos que os sistema educativo e a sociedade actual moi pouco parece ofrecer.

E remato xa, que debo seguir a facer o meu traballo redactando algúns informes e facendo as adaptacións do currículo para enviar ao servizo de inspección educativa.

Efecto Pygmalión

Estou seguro que a grande  maioría das persoas que se adican á docencia deben ter algunha noción, básica alomenos, do efecto Pygmalión. Fenómeno moi presente no ensino polo cal, moi resumidamente, canto maior sexa a expectativa depositada en cada alumno, mellor rendemento obterá este. Isto é, as expectativas que temos sobre o alumnado, as persoas en xeral, teñen tendencia a desenvolverse na realidade polo que tamén se fala de “profecía autocumprida”. En 1964, Roshental e Jacobson levaron a cabo unha investigación nunha escola de California que consistiu en sinalar a un grupo de alumnado moi desfavorecido e desaventaxado como, digamos, sobredotado. Dun xeito resumido, fixeron unha serie de probas de intelixencia a todo o alumnado da escola e informaron ao profesorado que aquelas probas eran moi fiables e determinantes para sinalar ao alumnado que nos vindeiros meses destacaría sobre o resto da clase. Finalmente lle deron ao profesorado unha listaxe cos nomes dese alumnado especial que, supostamente, tiña unha capacidade extraordinaria para o aprendizaxe. O que non lle dixeron ao profesorado foi que a relación dese alumnado “especial” foi feita ao chou e non tiña nada que ver cos resultados reais das probas de intelixencia feitas con anterioridade. Despois de seis meses, avaliaron de novo a todo o alumnado da escola e comprobaron que o progreso real dos sinalados na listaxe como “especial” era de 20 puntos ou máis superior ao resto da súa clase. O progreso real deste alumnado “especial” que aparecía na listaxe dada ao profesorado foi espectacular con respecto ao resto do grupo porque a opinión de partida do profesorado foi que, realmente, eran mellores que o resto porque así llo comunicaran como resultado dunhas probas de avaliación.

Dende 1964 numerosísimas investigacións poñen de manifesto que as expectativas, prexuizos ou pronósticos do profesorado son chave no rendimento do seu alumnado polo que si un profesor espera un resultado positivo dun alumno, o seu rendimento real estará moi próximo ao esperado polo profesorado en cuestión. “Os pronósticos se fan realidade” é a expresión que aparece na meirande parte das investigacións comoself fulfilling prophecy(profecía autocumprida).

O efecto Pygmaliónna clase é o fenómeno máis confirmado pola ciencia actual, polo que a relación cordial e humana entre profesorado e alumnado vai favorecer sempre a posibilidade de superación persoal, a autoestima e o rendemento académico do alumnado. Por suposto, ocorre o mesmo no contexto da familia: tratar aos fillos como mellores, máis capaces e intelixentes e decirlles canto se lles quere e valora fará que se potencien moito as súas capacidades e teñan máis éxito no que fagan na escola e na vida.

Si é que queremos ser Pygmaliones positivos co noso alumnado temos que ter unha actitude moi cordial coa clase, de aprecio e interese polo alumno, de preocupación polo seu ben, pola súa felicidade e o seu desenvolvemento persoal e… non, non importa si damos todo o “temario”. Non é tan difícil estar atentos aos aspectos postivos e reforzarllos e non repertirlles tantas veces o que fan mal. Facer que sexan quen de crear o seu propio contido e actuar con libertade e verdadeiro sentido crítico, tamén daquilo que non funciona na escola. O Pygmalión positivo actúa con paciencia e benevolencia pero tamén con rigor e disciplina, correxindo e animando e non pedindo metas e obxectivos que non estean ao alcance do seu alumnado porque isto leva ao fracaso académico e persoal. O Pygmalión positivo vai preferir facer catro tarefas no curso nas que realmente se imprique o seu alumnado (pode que incluso algunha destas tarefas marque a súa vida) que darlles trinta temas pouco significativos do "benquerido" libro de texto. Cordialidade, disciplina, respecto, liberdade para equivocarse e aprender do erro, traballo por retos e metas altas pero acadables son algúns dos factores básicos do profesorado Pygmalión positivo que mellora a autoestima e o aprendizaxe (a vida) do seu alumnado.

A vida non é un exame!

Vos deixo esta entrada de Andrea Giraldez sobre o que tantas veces falamos e nunca cambia (alomenos neste país). Eu tamén prefiro facer unha única cousa co alumnado e que esta lles teña verdadeiro sentido, que poda, nalgún caso, cambiar incluso a súa vida que darlles 20 unidades didácticas/temas ás que non lles atopen sentido algún. 

“No sé muy bien por qué la escuela es un lugar donde la curiosidad y la creatividad se transforman en monotonía y memorización. Lo que sí sé es que debemos trabajar para cambiar el hecho de que ir a la escuela es una obligación y un sacrificio para los chavales (y para los adultos) y conseguir que la escuela sea un lugar donde los alumnos (y los docentes) quieran ir y disfruten aprendiendo y enseñando en ella.”

Salvador Rodríguez Ojaos

 

 

Cumpride os temarios!

Cumpride os temarios!

Cumpride os temarios!

Cumpride os temarios!

Cumpride os temarios!

Abordaxe terapéutica da adicción ás tecnoloxías

Para unha correcta abordaxe é imprescindible realizar unha prescriptiva avaliación psicopatolóxica da/o paciente, que permita entender os motivos polos que se estableceu devandito comportamento e determinar a existencia ou non doutros trastornos. A grande maioría dos adolescentes que acoden a un profesional da saúde mental, fano presionados polos seus pais, que son os que están realmente preocupados pola conduta que está a presentar o seu fillo. É por ese motivo que cando chegan a consulta presentan unha baixa conciencia de enfermidade, normalizan o uso das novas tecnoloxías e amosan o enfado cos seus pais Eu non estou tolo, non sei que fago aquí” “Se fago o mesmo que todos os meus amigos!”, “Eu non penso deixar de xogar!, “Son eles os que necesitan axuda non eu!”. Unha vez realizado o diagnóstico, o plan de tratamento céntrase nos seguintes ámbitos (co obxectivo de conseguir unha boa disposición utilizando estratexias motivacionales):

- No caso de tratarse só a adicción, o tratamento céntrase en modificar os patróns de uso das novas tecnoloxías e restablecer uns máis adecuados e responsables, mediante unha reaprendizaxe do uso adaptativo. Para lograr este obxectivo, o adolescente debe recoñecer que mantén unhas prácticas abusivas e que as vantaxes de iniciar un cambio son maiores que os inconvintes de seguir como até agora. Tamén se abordan e se traballan todos os factores que están implicados na orixe e mantemento da conduta adictiva, como o carácter propio, o déficit nas relacións sociais, os problemas familiares, as situacións de tensións, etc.

- Cando o adolescente presenta adicción ás novas tecnoloxías xunto a outro trastorno (patoloxía dual) trátanse os dous paralelamente, para aproveitar os beneficios das melloras en ambos e así reducir a sintomatoloxía específica de cada un. É importante que o equipo que os atenda sexa multidisciplinar a fin de poder dar resposta a todo tipo de síntomas e situacións. O tratamento farmacolóxico está indicado cando o paciente presenta síntomas graves ou persistentes de ansiedade ou depresión, un alto nivel de inhibición, ou de impulsividad, hostilidade e agresividade. (Carbonell, 2014). Tamén resulta convinte facer fincapé en que o adolescente se mobilice, que realice actividades de lecer que lle interesen e que fomente máis actividades de relación con iguais, iso provocará que a súa satisfacción persoal e a súa autoestima aumenten. Por último, realízase un programa de prevención de recaídas, aprendendo a identificar as situacións que lle provocan malestar e adquirindo respostas adecuadas para o seu afrontamento. A intervención coa familia é un compoñente imprescindible na abordaxe de dita problemáticas. Frecuentemente, os pais manifestan que xa non saben que facer para axudar aos seus fillos a desengancharse, que o conflito con eles vai aumentando progresivamente até alcanzar niveis de tensión e agresividade insostibles, con constantes faltas de respecto e un aumento da agresividade. É que non sabes facer outra cousa que pasar o día no computador? ”, “ Voume poñer a ver as vosas discusións” “Déixame en paz e non me ralles”, “E hoxe tampouco tes deberes?”, “Vaite da miña habitación que quero xogar!” “Non te dás conta do mal que o estamos pasando pola túa culpa?”. Chegados a este punto, hai un desgaste moi considerable tanto na relación como na comunicación entre os membros da familia. Polo que se require unha intervención baseada no restablecemento de patróns de relación máis sans. Para o devandito fin, é fundamental psicoeducar aos pais, axudándolles a entender o problema da adicción (e do outro trastorno mental se está presente), e das necesidades que ten o seu fillo. É necesario que aprendan a pór límites coherentes, mantéñanse firmes, usen unha comunicación positiva e non culpabilizadora fomentando a confianza e o respecto. Conclusións Ao longo deste capítulo tratamos de explicar que o problema das adiccións ás novas tecnoloxías non se resume en algo tan simple como vivir as vinte e catro horas do día utilizando un aparello tecnolóxico. Ao contrario, o mecanismo é moito máis complexo e teñen que darse unha serie de causas moi específicas para que a adicción instáurese. Por tanto, non debe establecerse unha relación directa entre adolescentes, novas tecnoloxías e adicción. No entanto, si que se evidencia como un fenómeno emerxente que provoca consecuencias no adolescente e na súa familia, que require dun tratamento destinado a que o adolescente volva adquirir unha relación saudable coas novas tecnoloxías. A continuación proponse unha serie de recomendacións para previr a aparición de problemas:

 - Limitar o uso e pactar as horas do computador (recomendable para que tomen conciencia para fomentar a súa propia autorregulación).

- Compartir o videoxogo sempre que se poida cos nenos e adolescentes, e axudalos a crear unha visión crítica dos videoxogos.

- Adecuar a idade de posesión dun smartphone segundo o grao de madurez do neno ou adolescente.

- Situar a consola ou o computador nun espazo común ao que calquera membro da familia teña acceso.

- Crearlles unha rutina de actividades de lecer que sexan divertidas, ao aire libre ou con outros nenos.

- Fomentar a relación con outras persoas.

- Potenciar afeccións tales como a lectura, o cinema e outras actividades culturais.

- Estimular o deporte e as actividades en equipo.

- Desenvolver actividades grupales, como as vinculadas ao voluntariado.

- Estimular a comunicación e o diálogo na propia familia.

Fonte: Cuaderno Faros

Adicción ás tecnoloxías

Que entendemos por adicción comportamental?

O neno ou adolescente que usa as novas tecnoloxías para aprender, divertirse, comunicarse ou xogar e o pasa ben, está a facer un uso normal destas. Pero, cando a tecnoloxía pasa de ser un medio a converterse nun fin, temos que decatarmos que pode estar a se desenvolver un trastorno adictivo comportamental.

As adiccións comportamentais defínense como a perda de control sobre unha conduta que xera a aparición de consecuencias adversas. Ademais a presenza de accións repetitivas iniciadas por un impulso causan no individuo unha diminución da ansiedade ou unha sensación de euforia xerando un alto nivel de interferencia en todas as esferas da vida cotiá da persoa. Como nas adiccións a sustancias, as persoas que amosan un uso patolóxico das novas tecnoloxías experimentan unha síndrome de abstinencia ante a privación; caracterizado por un estado de ánimo disfórico, irritabilidade e inquedanza psicomotriz; Se non está no computador, non amosa interese por nada”, “Cústalle moitísimo levantarse para ir ao instituto, Se lle quitamos a consola, empeza a berrarnos e a dar golpes contra todo. O proceso polo cal se instaura e se mantén unha adicción comportamental ten a súa orixe nun malestar emocional. Está relacionado cun beneficio intenso a curto prazo ao realizar a acción (conectarse ao videoxogo) e a aparición de consecuencias moi negativas e de malestar despoiso, Ao principio parecía que se conectaba e xogaba para divertirse, agora é como unha obsesión e parece que non saiba entreterse con nada máis, Conéctase nada máis chegar a casa, merenda ou cea pegado á pantalla, non estuda

A instauración das adiccións comportamentais adoita ser un proceso gradual, co que se recomenda aos pais estar vixiantes ante os signos de alarma que evidencian unha posible adicción á tecnoloxía. Estes signos deben presentarse de maneira recorrente e sostida no tempo (Matalí e Alda, 2008):

 - Un patrón do soño alterado. Secundario ao cambio de hábitos do soño e á diminución das horas de soño para xogar, queda conectado polas noites, déitase tarde, pola mañá cústalle moito levantarse”.

- Patrón da fame alterado. Come rápido e mal para gañar tempo, pide poder cear no cuarto (cando nunca antes o fixo)”, come só un dos dous pratos e mesmo empeza a saltarse algunha das comidas”.

- Menos atención pola hixiene. Hai que lembrarlle que se lave os dentes, se pode non se ducha ou non se cambia de roupa en días.

- Cambio do estilo de lecer. Perda de interese polo deporte porque prefire xogar co computador. Comeza por saltarse algúns adestramentos ou aproveita as vacacións para insistir en que non lle gusta, abúrrese, é crítico co adestrador”.

- Novos amigos. Evidénciase un cambio na súa contorna, os amigos de sempre xa non lle “enchen”, síntese máis vinculado aos amigos online que en moitos casos nin coñece.

- Irritabilidade. Está máis gruñón, enfádase por todo e dunha maneira desproporcionada, especialmente cando se lle insta a deixar de xogar ou a desconectarse da rede. Aumentan as disputas cos irmáns, sobre todo aquelas relacionadas co tempo de utilización do computador.

- Estado de ánimo oscilante. Pasa de ter momentos bos, simpáticos e cariñosos, a estar moi pouco comunicativo, encerrado no seu mundo, moléstalle que lle preguntes cousas acerca da súa día a día e nótaselle triste.

- Rendemento académico alterado. Absentismo, sobre todo á primeira hora, dificultade para xustificar as ausenciaspechan a porta en punto e non podo entrar, aumento da gandulería, incremento das notificacións de actitude pouco colaboradora ou reprobatoria, aumento dos suspensos e as expulsións de clase.

- Existe unha demanda crecente de produtos tecnolóxicos. Solicita con moita insistencia que se lle compre un computador máis potente, tarxetas gráficas, móbiles de última xeración, o novo xogo da videoconsola, etc. Cando non son compracidas as súas demandas ou estas se demoran no tempo reacciona de forma irritable.

- Empezan a realizar pequenos furtos. Xeralmente de pequenas cantidades de cartos, sobre todo á familia máis próxima para poder comprarse a última actualización do xogo ou un programa ou dispositivo electrónico.

Na actualidade, a única adicción comportamental relacionada coas novas tecnoloxías que se contempla no Manual Diagnóstico e Estatístico dos Trastornos Mentais (DSM-5) é o trastorno relacionado cos videoxogos. Os criterios propostos para o diagnóstico do Trastorno por xogo en Internet son os seguintes:

 1. Preocupación polos xogos a través de Internet.

2. Síntomas de abstinencia cando se lle impide o acceso a Internet para xogar como irritabilidade, ansiedade ou tristeza.

3. Tolerancia: necesidade de máis tempo de xogo cada vez.

4. Intentos infrutuosos de controlar o uso de internet para xogar.

5. Perda de interese noutras actividades académicas, laborais, sociais ou lúdicas.

6. Continúa xogando en exceso a pesares de coñecer os problemas psicosociais que ocasiona.

7. Enganar a familiares, amigos ou outros con respecto á cantidade de tempo de xogo.

8. Uso de Internet para escapar do malestar emocional ou para mellorar o estado de ánimo.

9. Perder ou pór en perigo unha relación significativa, o seu emprego ou oportunidades educativas ou laborais como consecuencia do xogo a través de Internet.

Fonte: Cuaderno Faros

Aprendizaxe cooperativa e pensamento crítico (3)

Continuamos neste post (a 3ª de catro entradas) con outras seis estratexias prácticas concretas para o traballo nas nosas clases en grupo cooperativo de cara a lograr un pensamento crítico no noso alumnado.

15) Pedir ao alumnado que redacte exercicios escritos.

Antes de "meterlles o rollo" ou pedirlles que lean sobre un tema, podemos pedirlles que, en cinco minutos, escriban unhas notas preliminares, persoais, sobre o tema que imos tratar. Poden usalas tamén como base para unha discusión en clase en grupos pequenos. Isto ten varios propósitos como son que logra que cada estudante pense activamente sobre o tema e activa os coñecementos e as experiencias previas do alumnado. 

16) Mandar facer tarefas escritas que requiran pensamento independente.

Con regularidade debemos pedir que fagan na nosa clase tarefas escritas. Non temos que corrixir todos os escritos que nos entreguen. Podemos escoller ao chou unha mostra pequena dos traballos ou pedirlle ao alumnado que seleccine un par de traballos que lles gusten para revisalos e calificalos. Isto aforra moito tempo ao profesorado e a crítica dos pares ofrece aos estudantes a posibilidade de recibir retroalimentación importante sen sobrecargar ao profe. Tamén, desenvolve apreciación polos criterios necesarios para unha boa redacción, habilidade para recoñecer erros e a necesidade de mellorar os escritos.
A escritura obriga ás persoas a plasmar os seus pensamentos en palabras, unir as palabras para formar pensamentos completos e organizalos en parágrafos que flúan de maneira lóxica. Todo isto obriga a que  reflexionemos mellor, o que conduce a un incremento e mellora na nosa forma de pensar. Ademais, pon de manifesto o noso pensamento. 

17) Pedir ao alumnado que avalíe os traballos dos demais.
Asignemos aos estudantes, ou a grupos destes, a tarefa de avaliar os traballos dos seus compañeiros. As notas das avaliacións feitas polos pares débense entregar. Esta  avaliación é útil para todas as partes, tanto para quen avalía como para quen é avaliado. Os estudantes tenden a traballar máis cando saben que os seus compañeiros de clase van ver o seu traballo. Teñen maior motivación para dar o mellor de si mesmos cando teñen "un público real". Tamén, tenden a tomar os comentarios e suxestións máis en serio, en lugar de atribuír a crítica á arbitrariedade do profe. Pero quizais a vantaxe máis importante é para os estudantes que realizan a avaliación. Estes gañan moito na apreciación dos criterios que sustentan o que é un bo traballo, ao aplicalos a traballos que non son propios. Cando xustifican ou explican os seus comentarios e suxestións, están obrigados a argumentar eses criterios explícitamente.


18) Utilicemos cadernos de aprendizaxe.
O noso alumnado pebe ter un caderno de dúas columnas, por exemplo. Imos solicitarlles que anoten na primeira das columnas o material que aprenden da lectura e da redacción e, na segunda, os pensamentos que lles xorden como reacción ao que están a aprender. Nesta última, incluiríase ademais, preguntas, hipóteses, a súa propia reorganización do material, as súas propias gráficas e táboas, comentarios sobre os seus procesos de pensamento e os seus progresos. Estes cadernos se poden compartir en grupos, acompañados pola discusión das ideas dos estudantes. As hipóteses e preguntas poden servir de base para futuras asignacións ou para proxectos especiais; os cadernos pódense entregar periodicamente para recibir retroalimentación do profe.


19) Fagamos debates!
Pois iso, fagamos debates sobre asuntos controvertidos, de actualide. Por exemplo, pregunte cantos na clase pensan que a alimentación é importante para todas as persoas. Cando alcen as mans para respostar escollamos dous ou tres estudantes que pensan afirmativamente. Pídalles que se xunten e desenvolten  os seus argumentos en grupo. Fagamos o mesmo con aqueles que cren que a alimentación non é importante. Os grupos utilizan parte do tempo da clase para desenvolver as súas estratexias e presentan as súas conclusións ao día seguinte.  Despois, podemos preguntar aos estudantes que opinaban que a alimentación non era importante si cambiaron de idea ou non.


20) Fagamos que escriban diálogos.
Pedimos unha tarefa escrita na que expoñan diálogos imaxinarios entre persoas con perspectivas diferentes sobre algún asunto de actualidade como as células nai ou o aborto. Os diálogos tamén poden versar sobre os distintos puntos de vista de partes opostas nunha disputa internacional. Ou podería xerarse un diálogo entre unha persoa liberal e unha conservadora. Dise aos estudantes que as persoas involucradas no diálogo deben ser intelixentes, racionais e sen prexuízos.
Para que os estudantes redacten un diálogo, requírese que pensen dende dúas perspectivas diferentes. Escribilo facilítalles ver o punto de vista dunha persoa con quen non están de acordo e facelo sen prexuízos. Tamén obriga a posibilitar que persoas con perspectivas diferentes se comuniquen entre si, que presenten obxeccións e preguntas e propoñan alternativas. Oalumnado tende a presentar argumentos moito máis fortes para as distintas perspectivas cando escriben os diálogos. Para poder redactar un diálogo efectivo, teñen que sentir empatía por aqueles que argumentan un punto de vista que eles non aceptan. 

Aprendizaxe cooperativa e pensamento crítico (2)

8) Fomentemos o pensamento independente ou diverxente.

Expor ao noso alumnado un problema que requira pensamento diverxente e teña varias posibles solucións. Pedirémoslle que escriban as solucións nun papel. Logo, dividiremos a clase en grupos de tres ou catro e faremos que compartan co grupo o que contestaron. Posteriormente, pediremos a cada grupo que utilice as mellores ideas de cada integrante e escolla unha persona para que comunique a solución conxunta ao resto da clase. Deste xeito todos os estudantes participan en: 1) deducir a solución do problema, 2) comunicar a súa solución aos demais, 3) obter retroalimentación dos demais, 4) chegar a unha solución máis adecuada do problema e 5) en ocasións falar fronte ao resto da clase serve de práctica de oralidade ao falar en público.

9) Escoitemos con atención.

Fagamos que algún alumno resuma nas súas propias palabras o que dixo outro estudante. Isto estimula ao alumnado a escoitar activamente aos demais e axúdalles a darse de conta que poden aprender dos outros. Ademais, serve para diminuír a dependencia do profe. Unha maneira de logralo é pedirlle con frecuencia a algún estudante que repita o que outro compañeiro acabou de dicir. Isto os manterá alerta! Tamén podemos dividir a clase en parellas e facer unha pregunta controvertida.Os membros da parella comparten as súas opinións co seu compañeiro e xustifican as súas posicións. Os dous escoitan con coidado e logo repiten, pero nas súas propias palabras, todo o que lles dixo o compañeiro.

10) Falemos menos para que o noso alumnado pense máis.

Tratemos de non falar máis do 20-25% do tempo da clase (10-15 minutos). Cada 10-15´ minutos detemos oa charla e pedimos á clase, en grupos de dous ou tres, que falen entre eles/as e resuman os datos chaves explorando e discutindo sobre as implicacións do contido exposto. Cando falamos a maior parte do tempo da clase, os que pensamos somos nós e non o noso alumnado. As mentes das persoas se desenfocan durante os discursos longos e por iso non asimilan moito do que se di. Fragmentar as clases/discursos longas/os dá a oportunidade ao alumnado de ser máis activos e tamén, de asimilar e pensar sobre o que escoitaron. Mentalmente é máis fácil dixerir pedazos pequenos que grandes. E, ao discutir sobre o escoitado, o alumnado pode corrixir os malentendidos deles e dos demais antes de asimilar o contido completamente. Pedirlles que informen á clase do discutido nos grupos ou parellas permítenos corrixir calquera malentendido do noso alumnado sobre o contido ou tarefa.

11) Sexamos un modelo.

Pensemos en voz alta lentamente adaptándonos ao nivel do noso alumnado. Deixemos que eles escoiten e vaian descifrando pouco a pouco os problemas ou dificultades da materia. Por iso, é crucial que ilustremos o traballo ao nivel do alumnado e non ao nivel dun experto na materia. Isto inclúe cometer erros intencionadamente e corrixilos, o que ensina ao alumnado que os erros son inevitables (do erro se aprende moito) pero é posible identificalos e corrixilos.

12) Utilicemos o método socrático para facer preguntas.

Que quere dicir o autor cando usa esa palabra? Que precisión trata de facer? Que evidencia hai para apoiar esa afirmación? É confiable a evidencia? Como chegou a esa conclusión? Pero, como pode explicar isto? Cales serían os efectos non desexados da súa proposta?

13) Fomentemos sempre a colaboración.

Sempre que poidamos dividamos a clase en grupos pequenos (de dous, tres ou catro), asignémolles tarefas específicas e límites de tempo. Logo, que informen que parte da tarefa completaron, que problemas tiveron e como os resolveron. O alumnado pode descubrir moito do contido da materia por si mesmas/os cando traballan en grupos pequenos con tarefas escollidas antes de estudar no libro o tema ou recibir explicacións do profe. O alumnado que a miúdo ten que explicar ou argumentar as súas ideas cos seus pares e escoitar e avaliar as ideas do seu grupo, logra un progreso significativo e mellora moito a calidade da súa forma de pensar e razoar sobre os temas (pensamento crítico).

14) Usemos o ensino en pirámide.

Primeiro que discutan unha pregunta ou problema en parellas para chegar a un consenso. Segundo, que cada parella se xunte con outra até chegar a unha conclusión. Despois que estas dúas parellas formen un grupo de catro e así sucesivamente. Non é tan difícil falar en grupos de catro, oito ou dezaseis. Isto non só ensina a cada estudante a participar, senón que as ideas do alumnado (de todos) forman parte do esforzo grupal como un todo. Cada vez que se agrandan os grupos, cada idea recibe máis escrutinio. O alumnado vaise decatar que as ideas iniciais se van ir modificando paso a paso e mellorando a calidade do aprendido e facendo que sexa máis significativo.

Aprendizaxe cooperativa e pensamento crítico (1)

Con esta entrada inicio unha serie de 4-5 posts adicados a estratexias prácticas concretas para o traballo nas clases en grupo cooperativo de cara a lograr un pensamento crítico no noso alumnado. Da guía “27 maneiras prácticas para mellorar a instrucción: ideas para promover a aprendizaxe activa e cooperativaos doutores Wesley Hiler e Richard Paul, da Fundación para o Pensamento Crítico, resumo estas 27 ideas prácticas para mellorar, como dicía, o ensino na clase promovendo, simultaneamente, tanto a aprendizaxe activa e cooperativa coma o pensamento crítico. Nesta guía os autores presentan os fundamentos das ideas expostas no libro “Como mellorar a aprendizaxe dos estudantes” dun xeito que os docentes dispoñamos dun documento breve e práctico que nos permita lembrar permanentemente algúns principios básicos que debemos ter en conta cando impartimos clase ao noso alumnado.

Aínda que incorporar o pensamento crítico na aula dentro de estratexias de aprendizaxe activa e cooperativa require un desenvolvemento serio e a longo prazo, non imos necesitar sufrir nin realizar grandes esforzos para lograr cambios importantes na nosa maneira de ensinar. Hai moitas estratexias simples, directas e eficaces, que poden implementarse de maneira inmediata e con resultados moi positivos. A continuación temos unha mostra desta metodoloxía. Son estratexias eficaces e útiles, porque cada unha constitúe unha forma de lograr que o alumnado pense activamente no que está a aprender. Con cada unha delas, a responsabilidade de aprender transfírese do mestre ao estudante. Estas estratexias suxiren maneiras de acadar que o alumnado, e non o profesorado, faga o traballo necesario para aprender. Polo xeral, cando as/os estudantes enfróntanse a dificultades que non poden resolver ou non entenden, ou que se supón que deben entender, si é que están a traballar con outras persoas, poden corrixirse entre elas mesmas os malentendidos e lograr un progreso maior nas tarefas. Cando a unha persoa non lle sae, pode que outra teña a idea precisa que permita encamiñar novamente as cousas. O anterior posibilita que o alumnado se responsabilice en maior medida da súa propia aprendizaxe. Co tempo, comezan a adoitar con éxito as estratexias que os seus compañeiros utilizan e aprenden a se enfrontar as preguntas críticas que lles formulan aqueles/as que son da súa idade e teñen os seus (ou parecidos) ou parecidos problemas e inquedanzas.

Así pois, as 27 suxestións seguintes ou “estratexias de ensino” dannos ideas para iniciar o proceso de permitir ao noso alumnado pensar (reflexionar) sobre os contidos que se espera que comprendan, aprender a usar o que aprenden e tamén a utilizar o poder das súas propias mentes para “comprender as cousas”.

Imos ver as cinco primeiras:

 1) Fagamos preguntas en primeiro lugar para estimular a súa curiosidade.

Si o noso alumnado quere saber algo, ben sexa porque sinte curiosidade ou porque pensan que lles pode ser útil na súa vida diaria, estarán máis motivados a aprendelo.

 2) Utilicemos preguntas guía.

Estas preguntas deben facerse para cada tarefa, conferencia ou presentación audiovisual. As preguntas motivan ao noso alumnado. Por exemplo, nunha clase para aprender anatomía humana ou bioloxía, antes que coller o libro de texto para estudar o corazón, faríamos á clase as preguntas guía. a) Que é unha válvula? b) Cal é a diferenza entre unha vea e unha arteria? c) Que é colesterol? Por que ter niveis de colesterol elevados é perigoso para a saúde dunha persoa? Etc.

 3) Apliquemos probas curtas de cinco minutos ao comezo de cada clase.

Estas probas poden conter uns cantos ítems de selección múltiple ou de verdadeiro e falso, derivados das preguntas guía. Estas probas curtas motivan ao estudante a repasar as súas notas de clase e manterse ao día nas tarefas asignadas.

 4) Utilicemos presentacións e medios multimedia.

Estes medios facilitan a asimilación e retención do material e están moi próximos á vida real do noso alumnado.

 5) Simultaneamente co ensino da materia, ensinemos principios de pensamento crítico.

Utilicemos os materiais como apoio concreto para desenvover o pensamento crítico. Por exemplo, ao falar da Guerra Civil pedir ao alumnado que comparen o punto de vista dos dous bandos de maneira imparcial. As seguintes preguntas guía poderíanse utilizar para lograr que os estudantes pensen máis profunda e críticamente sobre a tarefa asignada: a) Cal foi o propósito do alzamento militar? b) Cal era o goberno democrático que tiña España? c) Canto durou a guerra? d) Cales foron as consecuencias inmediatas e a longo prazo da guerra? Etc. As preguntas das probas ou exames posteriores débense basear sempre nestas preguntas guía para asegurar que o alumnado teña pensado e reflexionado sobre elas e, quizais, até as teñan discutido fóra do instituto. Durante este tipo de clase, o alumnado aprenderá elementos de razoamento ademais de historia de España. Tamén aprenderán, ademais, algúns elementos de como pensar imparcial e obxectivamente sobre os acontecementos e feitos históricos.

 6) Fomentemos que o noso alumnado se coñeza.

Nos primeiros día de clase, poñer ao alumnado en parellas e pedir que cada un pregunte ao seu compañeiro/a acerca de onde vén, cales son algúns dos seus intereses, pasatempos e opinións e incluso pecirlles que tomen notas para facilitar a memorización da información. Logo, cada persoa presenta á súa parella ao resto da clase. Deste xeito o alumnado vaise coñecer dende o comezo. Isto ademais de romper o xeo facilitará a comunicación entre eles cando se organicen en grupos pequenos. Tamén constitúe un exercicio efectivo para probar se escoitan con atención.

 7) Escribamos os nomes de todo o alumnado en cartóns e preguntemos a todos, non soamente aos voluntarios.

Sabemos que cando facemos preguntas á clase, sempre queren responder os mesmos. Se miramos ao resto da clase e escollemos os menos activos e lle facemos unha pregunta, van sentir que queremos amosar o ignorantes que son, e en consecuencia, vanse sentir mal. Para evitar estas situacións podemos escribir os nomes de todo o alumnado nuns cartóns, misturalas e escoller un cartón ao azar para facer a pregunta. Deste xeito, toda a clase porá máis atención a todas as preguntas por si lles toca respostar. Esta técnica sinxela evita o problema común de que catro ou cinco estudantes monopolicen sempre as discusións e as clases. Tamén permite compartir unha variedade máis ampla de reflexións ou de puntos de vista do alumnado e mantén a clase máis alerta.

 

CONTINUARÁ...

ABP

A Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP) non é algo novo como moita xente poida pensar. Sempre existiron/existen temas que enganchan ao alumnado en torno a eles, que o motivan e que satisfacen a súa curiosidade e os seus intereses mediante a exploración e profundización neles.O mellor vai ser sempre que o tema a traballar sexa escollido polo propio alumnado, aínda que o profesorado pode e debe guiar esta escolla. O punto forte é que o alumnado o atope divertido, motivante e o vexa coma un reto xa que eles teñen realemnte un papel activo na elección do proxecto e na súa planificación, execución e avaliación. Algúns eixos básicos desta metodoloxía de traballo son que estea centrado e dirixido polo alumnado, sempre coa guía do profesorado, e que aprendan facendo. O proxecto escollido terá unha fase inicial de motivación cara o traballo, o desenvolvemento propiamente dito do mesmo coas distintas actividades e unha fase final coa exposición do trabllo e a súa avaliación. O tema escollido vai ser significativo para o alumnado e moi vinculado coa súa vida o que fará que se “enganchen” pola súa cercanía e cotidianidade (o contrario do que pasa cos libros de texto alonxados da realidade). Este traballo por proxectos inclúe en sí mesmo un proceso de investigación con profundización no contido e vai ser determinante a filtraxe de información coa axuda do profesorado ata que o alumnado aprenda pouco a pouco a facelo por sí mesmo. No ABP o desenvolvemento de competencias é máis importante que a memorización de contidos e aprendemos facendo aínda que o profesorado teña o reto de relacionar o proxecto no que estamos a traballar co currículo do curso en cuestión por mor da lexislación vixente{#emotions_dlg.laughing}. Sempre o traballo en grupo colaborativo é determinante e aproveita os puntos fortes de cada persoa concluíndo nun producto final tanxible e determinado no que interveñen os distintos tipos de intelixencia utilizados nos poemas, ensaios, esculturas, experimentos, presentación ou o que sexa que será amosado e presentado fronte a unha audiencia que vai avaliar este traballo desenvolvido. Compartir o proxecto cos demais permite amosar o que temos aprendido e obter un feedback inmediato. A execución diante da xente vai ser un elemento moi motivador no que tamén aprendemos moitas estratexias sexa isto nunha exposición nos corredores do centro, nunha presentación oral ou na realización dun video. Vai permitir ao alumnado avaliarse a sí mesmos e reflexionar sobre a súa aprendizaxe coa utilización de rúbricas, en moitos casos deseñadas polo propio grupo de traballo coa axuda do profesorado. Este proceso de autoavaliación vai ser determinante no desenvolvemento dun pensamento crítico e reflexivo sobre as aprendizaxes conseguidas que, a xulgar pola reiteración coa que é comentado a cotío nos centros de ensino, parece ser un obxectivo chave a conseguir na educación do século XXI. 

Exercicio físico e benestar psicolóxico

Fai moitos anos que lle pregunto ao meu alumnado, tamén as súas familias, si é que fan actividade física con continuidade. Sempre o considerei determinante, xunto coa nutrición e o descanso, para o desenvolvemento físico e psicolóxico e parece que a día de hoxe non quedan moitas dúbidas da relación estreita e beneficiosa entre exercicio regular e a mellora física xeral. Pero indo máis aló, nos últimos tempos, os datos de diversos traballos de investigación moi serios permiten concluir que o noso benestar psicolóxico, a nosa saúde mental, está claramente asociada tamén a actividade fisica feita con continuidade. As persoas que fan exercicio físico regularmente se perciben e son percibidas coma máis saudables, con menor estrés e teñen un mellor estado de ánimo, en xeral, que aquelas persoas que non fan actividade ningunha. Estudos feitos en España e Portugal pola Universidade de Granada, por exemplo, determinaron que a xente que fai exercicio físico ten niveis máis baixos de tristura, ansiedade ou fatiga mental. Isto ven confirmar que a actividade física, feita sempre con asiduidade, regula positivamente os “niveis” de ansiedade e depresión e incide moi beneficiosamente sobre as emocións, en xeral, contribuindo ao benestar psicolóxico das persoas. Tamén outra serie de estudos nas últimas datas, suxiren especificamente a relación causal entre actividade física e reducción da sintomatoloxía depresiva (Lawlor e Hopker 2001) e parece ser que na mesma liña acontece coa reducción da ansiedade. E non hai moitas excusas, xa que máis que o tipo de actividade física, o relevante realmente parece ser é o tempo semanal adicado a facer exercicio físico. Non importa si unha persoa traballa no campo, xoga ao fútbol ou vai nadar, o importante é que fagamos exercicio regularmente! Hoxe xa falamos tamén, alomenos os profesionais da saúde mental, da actividade física cunha clara finalidade terapéutica no control dalgúns trastornos psicolóxicos (xa citamos os casos da ansiedade ou a depresión) e tamén que é un elemento fundamental na promoción das emocións positivas. A actividade física é fundamental así na educación emocional do noso alumnado e das persoas, en xeral. Por suposto, ninguén dubida tampouco da grande axuda que supón este exercicio físico no tratamento de distintas condicións médicas coma os problemas cardiovasculares, colesterol ou diabetes. Mutrie e Faulkner xa no ano 2004 falaban tamén dos beneficios da actividade física dende un punto de vista comunitario ou social, ademais do individual, xa que un pobo ou comunidade nos que a actividade física sexa vista coma unha norma social pode ser moito máis san e ter unha mellor calidade e máis esperanza de vida. Neste sentido quero apuntar tamén, para finalizar, a repercusión tan positiva do exercicio físico regular en indicadores de saúde xeral como son o optimismo, a autoestima, o axuste interpersoal, o funcionamento laboral e a capacidade, en xeral, de disfrutar da vida vivindo en armonía co noso medio ambiente.

Recomendacións para o verán

 

Espero que este sexa o meu último post ata setembro pero non sei si aguantarei. Onte tivemos o que eu denomino coma “performance grotesca”. Sí, as xuntanzas de avaliación seguindo sempre, como ía ser doutro xeito, a tradición. E sempre me pasa, cada ano máis, que non podo deixar de pensar na cantidade de alumnado, entre outras persoas, que estes días están a pasar por momentos difíciles. Moito ánimo que o sol vai seguir saíndo cada día!. Unha primeira suxerencia é que reflexionedes en frío sobre o grao de responsabilidade que tedes para poder centrarvos canto antes e con claridade no que debedes cambiar. Distinguir o que podedes e non podedes controlar é fundamental xa que unha das maiores fontes de ansiedade é pensar que todo depende de nós. Preguntádevos que podedes facer agora mesmo, neste intre, por pequeno que sexa, e facelo xa que isto mellorará o voso estado de ánimo e a vosa autoestima. Cando estamos moi agobiados ou estresados temos tendencia a descoidar a nosa saúde física e mental, durmimos pouco, comemos mal e deixamos as actividades físicas. Mal camiño! Cando teñades problemas, tedes que facer unha rutina diaria saudable, mente e corpo van unidos e si descoidades un o outro non vai respostar como debería. Onte lle preguntei a unha alumna moi brilante si pensaba ela que o que lle preocupa tantísimo estes días ía a ser importante para ela dentro de dez anos e… lle deu a risa! Familia, saúde e amor son e serán sempre determinantes nas nosa vidas e, poucas cousas máis. Metidos ata o pescozo nos supostos problemas sen solución, perdemos a perspectiva real e de futuro e nos han inundar os pensamentos irracionais e negativos. Pois ben, case na totalidade, os problemas que hoxe vedes coma grandísimos non serán importantes para vós dentro de cinco ou dez anos. Somos expertos en crear tormentas en vasiños de auga! Lembrade sempre que un 10% da vida das persoas está relacionado co que nos pasa realmente e o 90% restante coa forma na que reaccionamos ao que nos pasa. Escapade sempre das persoas tóxicas que miran sempre o voso lado negativo, que non vos escoitan, que sempre vos sinalan os defectos ou non teñen en conta os vosos sentimentos e nunca debedes deixarvos presionar para facer cousas que non queredes. Que non vos importe o que pensen os demais, aceptar as vosas limitacións e traballar para melloralas (pedir axuda é unha sinal clara de fortaleza) e ter claro que dos erros se aprende moito, que os grandes éxitos veñen sempre precedidos de certos fracasos e sempre, sempre, vivide disfrutando do momento porque é o único que temos. Remato citando de novo o libro que vos recomendo “El hombre en busca de sentido” de Viktor Frankl, psiquiatra  que estivo a piques de morrer nos campos de concentración nazis e que resumo nesta frase ao fío do que vos decía “A unha persoa lle poden roubar todo, menos unha cousa, a última das liberdades dunha persoa, a elección da súa propia actitude ante calquera tipo de circunstancia, a elección do seu propio camiño”.


Disfrutade do verán!!

 

Deberes no verán 2015

Tento reproducir, traducidos ao galego, os deberes que Cesare Cata, profesor italiano de secundaria, manda facer este verán de 2015 ao seu alumnado e que publicou o Huffington Post.

1. Pola mañá, de cando en vez, camiña só pola beira do mar. Mira como o sol se reflicte na auga, pensando nas cousas que máis che gustan na vida e síntete feliz.

2. Tenta usar todas as palabras novas que aprendiches este ano. Poderás dicir máis cousas, poderás pensar máis cousas e, canto máis penses, máis libre serás.

3. Le o máximo posible. Non porque teñas que facelo. Le porque o verán inspira aventuras e soños. Lendo, te sentirás como os paxaros voando. Le porque é a mellor forma de rebelión.

4. Evita todas as cousas, situacións e persoas que che fagan sentir negativo e baleiro. Busca situacións estimulantes e amigos que te aprecien e te enténdan por ser quen es.

5. Se te sentes triste ou asustado, non te preocupes. O verán, como todas as grandes cousas, trastorna a alma. Tenta escribir un diario onde poidas escribir sobre os teus sentimentos (e en setembro, se queres, lerémolo xuntos).

6. Baila; sen sentirche avergoñado. Na rúa preto da túa casa ou na túa habitación. O verán é un baile. Sería unha vergoña non formar parte del.

7. Polo menos unha vez, tes que ver amencer. Estar aí en silencio e respirar. Pecha os ollos, agradecido.

8. Practica moito deporte.

9. Se atopas unha persoa que che gusta moito, dillo con toda a sinceridade e a graza da que sexas capaz. Non pasa nada tanto se o entende coma se non. Se non é recíproco, entón non estaba previsto que el/ela formase parte do teu destino. Pola contra, o verán 2015 é unha gran oportunidade para camiñar xuntos (e se non funciona, volve ao ponto 8).

10. Lembra o que aprendiches na escola e consulta os teus apuntamentos.

11. Se feliz como o sol, indomable como o mar.

12. Non digas palabrotas. Se sempre educadísimo e xentil.

13. Goza de películas con diálogos emotivos, sobre todo en inglés. Isto axudarache a mellorar as túas habilidades lingüísticas e as túas oportunidades de soñar. Non deixes que a película acabe cos créditos. Vive a experiencia todo o verán.

14. Durante o día ou a noite, soña con como pode ser a túa vida. Durante o verán, reúne forzas para non renderche e fai todo o que poidas para perseguir ese soño.

15. Se bó

Fracaso escolar: falemos claro

Cónstanme os esforzos moi importantes dunha grande maioría de profesorado pero a dirección do noso centro acaba de facer públicos os datos da 2ª avaliación. En 1º e 2º de ESO só un 30% aproban todo, en 3º un 28%, en 4º de ESO  un 24%, en 1º de Bach. un 28% e, en 2º de Bach., un raquítico 24%. De cada 100 alumnos entre 24 e 30 aproban todas as materias e así curso tras curso cun lixeiro incremento a peor nos últimos anos. Temos datos moi parecidos en todos os centros. Cantas promocións máis de alumnado deixaremos que fracasen neste sistema educativo que non e quen de lles dar resposta? Acaso non está a escola, e o noso IES tamén, de costas á sociedade? Para cando menos memorización e exames e máis preparar para aprender pola súa conta, traballando a educación emocional, sabendo que o contacto persoal profe-alumno é a chave para aprender? Sí, educación emocional, con creatividade, mellorando a autoestima e as habilidades sociais para facer fronte as frustracións e sabendo ver o positivo das cousas e o valor, por exemplo, de que o alumnado cré os seus propios contidos. Nunca, nos case 20 anos que levo no ensino, tiña visto tanto alumnado tan queimado, tan asqueado da súa escolarización, que non é o mesmo que educación, e vexo que desgraciadamente isto vai a máis. España lidera o abandono escolar prematuro en occidente cun 22% de alumnado que se marcha antes de tempo da escola, e isto é o cumio do fracaso educativo. Temos que cambiar radiKalmente o noso funcionamento, sobre todo co alumnado máis novo de 1º ESO (11-12 anos) que chega ao noso IES, tendo moi en conta, e a nivel individual, as súas intelixencias múltiples. Dende logo debemos integrar as TIC nas aulas xa que son un medio moi motivador, traballando por proxectos, dun xeito colaborativo, e sen clases maxistrais propias do século XIX. Non se trata de prohibir e desconectar ao alumnado senón máis ben de conectar ao profesorado. O alumnado de 1º ESO ten demasiadas materias e moitos profesores pero, incluso as leis e decretos o recomendan, podemos agrupalas en ámbitos de coñecemento. Vexamos, por exemplo, as dúas linguas e ciencias socias conformarían o ámbito lingüístico-social, as matemáticas e as ciencias o ámbito científico-matemático e a música e a plástica sería o ámbito artístico. Así, xunto coa ligua estranxeira, a educación física e a materia de libre configuración (por exemplo creación audiovisual) reduciríamos moito a carga de materias e profes e, consecuentemente, facilitaríamos moito a súa transición da escola ao IES, curso tras curso moi traumática para familias e alumnado. Pero claro, existen “outros poderososque tamén debemos afrontar coma o xeito de avaliar, as rúbricas están a resultar moi ben, e o sistema de exames tradicional que todos sabemos non funciona para aprender (memorizo-vomito-esquezo). E xa non serven excusas “e que as leis...”, sempre o fixemos así” ou “non teño formación”.Como educadores temos o deber ético e legal de nos formar (tamén no mes de xullo) e, por suposto, de nos coordinar e de mellorar a conexión escola-familias-sociedade de cara a que o noso alumnado non suspenda, non repita, non fracase, non abandone e chegue tan contento ao noso instituto coma cando marcha del.


Salmóns Educativos

Son un dos que pensan que os grandes avances da humanidade non chegaron da man de persoas satisfeitas que estaban relaxadas na súas cómodas zonas de confort. Chegaron de persoas insatisfeitas, incómodas e indignadas que foron receptivas aos sinais de alarma que, rompendo a súa relaxación, lles advirtían que as cousas xa non ían na boa dirección. Prestando atención ás alarmas, estas persoas insatisfeitas, deixan de se atopar confortables e tranquilas e, fóra da cotidianidade ordinaria, exasperante e insoportable, reaccionan e xa lles vai ser imposible na práctica que as árbores non lles deixen ver a importancia do bosque. Sempre me preguntei, querido alumnado, que tiveron en común estas persoas “tolas” como para pensar que poden cambiar as cousas e transformar o seu entorno aparentemente inamobible. Dicía Steve Jobs que “saber o que xa non hai que facer e tan importante coma saber decidir o que hai que facer”. Outro descoñecido para nós, Cervantes, escribía “cambiar o mundo, amigo Sancho, non é tolería nen utopía senón xustiza”. Hipatia, Jobs, Marie Curie, Gandhi ou Mandela conseguiron transformar o seu entorno vital dun xeito moi significativo e tiveron, penso eu, moitas cousas en común. Souberon ver o que outra xente non era quen de ver, foron valentes e chamaron as cousas polo seu nome. Importoulles visualizar onde querían chegar, souberon transmitir á xente o que pensaban, non lles importunou nadar contra corrente, coma os salmóns, aínda que moitas veces con graves consecuencias e perdas persoais e, o máis importante para min, divertíronse sempre cos traballos que facían. Penso, querida comunidade educativa, que necesitamos urxentemente “salmóns educativos” para cambiar todo aquilo que non funciona no ensino, con motivación derivada da insatisfacción, con imaxinación e creatividade, persoas que vexan que non é posible non impricarse en algo tan importante como a mellora da educación. “Salmóns educativos” que consideren que se pode aprender disfrutando, con outra metodoloxía, sen tarimas, sen tabiques nas clases, sen asignaturas, sen libros de texto, sen exames para suspender. Xa chega de excusas para permanecer nas nosas cómodas zonas de confort e renunciar ao que Viktor Frankl chamou “a última das liberdades humanas: elixir a túa actitude”. Se queremos, nós tamén podemos ser “salmóns”.

Eu estou con vós

 

En primeiro lugar, imos deixar claro que nesta vida non nos han faltar nunca problemas que nos farán descolocar e ata caer ao chan. Eu tiven problemas con 6, con 12, con 15 (moitos), con 25, con 35 e os teño agora, con case 50 anos. Sei que tamén a xente de 70 e 80 anos os ten. Pero si algo aprendín destes problemas foi que os que tiven cando era adolescente, que eu ollaba gravísimos, me afogaban e non podía superar, non foron tan graves nin, por suposto, tan insuperables como eu pensaba daquela. Cando sintades que xa non podedes máis, que sodes persoas esgotadas, queimadas, tristes, deprimidas, cabreadas cos estudos, coas notas, co instituto, coa familia ou co que sexa, debedes saber, alomenos, que eu estou con vós, para vos escoitar e tender unha mán (ou as dúas) si é que o necesitades. Eu non vos vou xulgar e non vos poñerei un supenso polo que digades ou fagades nun exame. Me interesades vós coma persoas coas vosas circunstancias individuais diferentes e non as vosas notas. O primeiro paso para sobrepoñerse aos malos momentos é pedir axuda. Tedes que despertar da pesadela na que estades a vivir e identificar aquilo que vos fai realmente sentirvos tan mal. Aínda que pareza raro, moitas veces sabemos que estamos mal pero non sabemos exactamente a que é debido. Cando sabemos que é, ou quen é, o que nos está a machacar, xa estamos no camiño da solución. Nunca debedes de vos consolar pensando que outras persoas están igual o peor que vós e nunca vai ser positivo reprimir as vosas emocións. Non é que teñades que quentarlle a cabeza a todo o mundo coas vosas desgrazas persoais pero sí falar, e incluso chorar si é que pasa, cunha persoa de confianza. Lembrade sempre que outras persoas temos pasado polo mesmo que estades vós a pasar e saímos adiante. Asegúrovos tamén que esa dor que sentides non durará sempre, que ese afogo desaparecerá e o sol brilará de novo. Cando unha persoa se sinte moi mal, axuda moito facer algo por alguén e isto vai ser unha das maiores satisfaccións que atoparedes na vida. Poucas cousas nos han dar máis felicidade ao longo dos anos que axudar a persoas máis desafortunadas e vulnerables do que somos nós. Para rematar, quero decirvos que é importante extraer leccións, reflexionar sobre as ensinanzas que podedes sacar do que vos está a afundir e, sobre todo, como as ides utilizar para saír persoas máis fortalecidas. Querido alumnado, tentade buscar sempre o lado positivo do que vos aflixe, tamén do sistema educativo que estades a sufrir, e debedes ter sempre moi claro que todos e cada un de vós valedes moito e tedes unha chea de cousas boas que a escola non quere ou non sabe aproveitar. Aprobar non significa aprender, suspender non significa que non sirvades e moitas persoas moi brilantes fracasaron e fracasan nesta escola anclada no pasado.

DESHUMANIZACIÓN

 

Onte escoitaba que temos de media 15 veces máis cousas que os nosos avós. Pero eu, cada día vexo ás persoas, por suposto tamén ao meu alumnado, máis infelices. Comprar e consumir non parecen acarrexar a felicidade, as veces nin siquera un sentimento de satisfacción senón máis ben todo o contrario. Sinto que os vexo, ao meu alumnado pero tamén a moita da xente que me rodea, como si foxen escravos. Sí, escravos desta sociedade enferma, competitiva, agresiva, superficial e cada vez máis avariciosa. Escravos que teñen moitas cousas, pode que demasiadas, pero que a pesares de poder facer e ter case de todo, sinten as máis das veces un vacío no seu interior e non atopan aquilo que buscan. As veces, non saben nin onde é que van e si un alumno, unha persoa, non sabe cara onde quere ir, vai ser imposible ou moi difícil poder axudalo coa dirección que debería tomar. Imaxinarvos, por exemplo, esta situación cotiá:

– Me pode dicir como chego ata...alí?

Onde é que queres ir?

– Pois... non o sei.

Si é que non sabes onde está o teu destino, como podo indicarte, como vou axudarte a chegar?

O obxectivo de moitas persoas, case da maioría diría eu, nesta sociedade consumista occidental é facer aquilo que sexa para que a realidade se adapte rápido aos seus desexos, supostas necesidades e expectativas, moitas veces egoístas. E isto conduce, polo xeral, a levar unha vida marcada pola busca dunha satisfacción inmediata, polo sin sentido, o malestar e a necesidade constante de evasión cando algo non gusta ou require certo esforzo. Falo, en xeral, da narcotización de sí mesmos. Sí, outra vez o que xa falei en varios artigos, a medicalización absurda das nosas vidas. Absurda, claro, porque fai que a xente se desconecte da súa humanidade e non reflexione sobre o verdadeiramente importante nas súas vidas. Non é a tele de plasma, tampouco a nova consola e non van ser tampouco esas supostas pastillas da felicidade. Eu sempre prefiro e lles digo que hai que manchar as mans, metelas na terra, “facer” ou crear algo coma sempre fixemos as persoas ao longo da historia, coméntolles que se pode cambiar de vida, que podemos vivir felices con pouco, con moito menos do que temos, e sentirmos cheos ou, alomenos, contentos e satisfeitos. Penso que o noso benestar como persoas, como alumnado, depende moito da terra, do campo, dos ríos, da mar, da natureza, do medio ambiente. Non todo aquilo que pareza o mellor negocio, o máis lucrativo, vainos posibilitar benestar persoal e, sen dúbida, o lucro e a ganancia como obxectivo xeral deshumaniza radicalmente á persoa. Remato esta entrada que me vou facer un selfie no blackfriday antes de ThanksgivingRisa como sabedes que as persoas fixemos sempre ao longo da nosa filoxénese humana.

Grazas por ler!




O-BE-DE-CE !!

 

Comezo este post coa famosa frase africana “para educar a un neno fai falla a tribu enteira”. Educar a fillos ou alumnado non é doado e un dos primeiros pasos é conseguir que obedezan, algo que parece ser un dos grandes desafíos do ensino de hoxe. Parece que á rapazada de hoxe gústalle retar bastante ao profesorado e as familias, que non saben ben como actuar e que normas facer cumprir ou como castigar. E o alumnado vai tratar de facer o que quere, o que lles apetece aínda que isto non deba nin vaia poder ser así na escola. Vexamos como exemplo, unha mala conducta como a de Román de “cuspir a outro compañeiro na clase” xurde do pensamento “ninguén me fai caso no instituto” que lle produce unha emoción de medo a non seren atendido por ninguén, probablemente coma na súa casa. Pero xurde a “lóxica” resposta da/o profe, unha bronca diante do resto que, sin querer, fai que a conducta inapropiada se reforce xa que Román é atendido e vai ser o centro de atención durante un chisco. Román, este tipo de  alumnado en xeral, aprende que para obter atención ten que molestar na clase e crea o seu patrón conductual: penso que ninguén me presta atención na vida, molesto nas clases e consigo atención do profe e dos compañeiros. Esta conducta quedará etiquetada como eficaz e adaptativa xa que reduce a emoción principal do seu medo a pasar desapercibido. Temos que lograr que o noso alumnado teña criterio para actuar e ser alguén sen que isto signifique portarse mal e non obedecer ao profesorado e familias. O noso obxectivo non é que obedezan por imposición da autoridade senón por seren quen de crear o seu propio patrón de conductas apropiado a cada ocasión e, por sorte, isto pódese aprender tamén no instituto. No exemplo que acabamos de ver, Román non sabe comportarse doutro xeito para lograr que lle fagan caso e vai ser tarefa nosa ofrecerlle outras alternativas de actuación que non coñece e reforzar aqueles comportamentos axeitados. Non vale actuar por imposición do medo ao castigo coma un dictador, teremos que ter poucas normas e certas alternativas e ensinarlles o que está ben e o que non, con disciplina positiva e que saiban sempre o que esperamos deles. Manter a calma e nunca berrar, xa sei que non é doado, porque a perda da paciencia trae moita máis tensión e temos que educar co noso exemplo xa que alumnado e fillos aprenden máis do que ven que do que lles decimos que fagan. Funciona moi ben falar de consecuencias e non de castigos xa que as primeiras implican comprender o que resulta das súas accións e que sexan responsables delas. Esas poucas normas das que falo deberan ser sempre cumpridas (consistentes), con pequenas excepcións que deberemos explicar, e deben ter lóxica e coherencia. Non esperemos que cumpran reglas que non comprenden ben, que están fóra de lugar ou elas/es pensan que así é. Como noutros moitos posts remato sinalándovos o importante que é escoitar as emocións (tamén de outras/os compañeiros) e as necesidades do alumnado. Reforzar o que fagan ben con felicitacións, agarimos e notas positivas e nunca criticar as persoas e sí as conductas que fagan mal explicándolles tranquilamente porque non están ben. Todos cometemos erros e aprendemos deles, incluso máis que dos acertos, e ser imperfecto pero non sentirse mal por selo ten tamén o seu valor.

Cambio RADIKAL de vida ??

A pasada semana unha alumna, das maiores do centro, comentábame que lle gustaría dar un cambio radikal á súa vida. Gustosamente abandoaría todo e comezaría de novo, dicíame ela, facendo “borrón e conta nova” en calquera outro sitio. Deume a entender que o seu desexo é convertirse nunha nova persoa e xa van sendo moitos os que ultimamamente pensan así. Facendo, coma sempre, de mal psicólogo, expliqueille que cando cremos que os problemas nos afogan pensamos en fuxir lonxe e cambiar todo o que nos rodea radicalmente. Imaxinamos o maravillosa que sería a nosa vida noutro sitio e con canto gusto borraríamos, dun plumazo, todo o noso pasado e este presente que nos está a amolar tanto. Temos claro, neste momentos de ansiedade, que este cambio vai ser a solución definitiva á manchea de problemas que cremos ter e convertirase na panacea aos mesmos. Pero, sempre toca poñer algún pero, na maioría dos casos, este cambio radical non só non é necesario senón que pode ser moi contraproducente. Cando pensamos que estamos cheos de problemas e somos tan pesimistas parece que na nosa vida nada funciona ben e así o sentimos emocional e fisicamente. Con algo de obxectividade, e certa axuda, nos decataríamos que claro que hai algunhas cousas que debemos mellorar ou cambiar pero existen moitas máis que van bastante ben e que nos poden servir de base para rectificar aquelas que non marchan como esperamos. Ningún cambio radical permite fuxir dunha mesma, comenteille eu. Podes cambiar de instituto, de parella, de país pero senón cambias en ti mesma aqueles aspectos persoais, eses que te fan fuxir, estes reproduciranse alí onde decidas escapar. Sería coma cambiar o escenario cando é o músico o que non sabe tocar a partitura, apuntei eu. Pregunteille a miña alumna si non lle daba moito medo ese cambio tan radical. Respondeume que moitísmo. Claro, porque este tipo de cambios de vida non son nada sinxelos e hai que facer grandes sacrificios e asumir moitos riscos cunha grande bagaxe persoal. As persoas concentrámonos nos resultados esperados, ao final do camiño, e nos imaxinamos tranquilas e satisfeitas pero non valoramos todo o que pode pasar no transcurso dese camiño, facilmente cheo de obstáculos e máis difíciles de superar. Existen maneiras máis seguras, dende un punto de vista psicolóxico-emocional de afrontar os nosos problemas. Na maioría das ocasións, os cambios radicais non nos van levar aos paraísos perfectos imaxinados nos momentos de incertidume ou estrés. Ollo porque como xa dixen, eses novos institutos, as novas parellas ou os novos países vannos expoñer, case sempre, a máis medos e dificultades das que agora temos. O cambio radical non significa mellorar e moitas veces ese esforzo persoal e as perdas que conleva superan, con moito, os paraisos imaxinados. Non estou a decir que un cambio radical non sexa posible e, nalgunhas ocasións, necesario... pero, cando unha persoa está deshidratada darlle grandes cantidades de auga empeora a súa situación médica.