Titoría 1º ESO
Sesión 2. "Vamos a pensar en nosotros" Páx.: 7-15
CLICK na imaxe
Sesión 1. ACTIVIDADES DE ACOLLIDA
La tarjeta que encontró el detective
Sesión 2. "Vamos a pensar en nosotros" Páx.: 7-15
CLICK na imaxe
Sesión 1. ACTIVIDADES DE ACOLLIDA
La tarjeta que encontró el detective
Estou seguro que a grande maioría das persoas que se adican á docencia deben ter algunha noción, básica alomenos, do “efecto Pygmalión”. Fenómeno moi presente no ensino polo cal, moi resumidamente, canto maior sexa a expectativa depositada en cada alumno, mellor rendemento obterá este. Isto é, as expectativas que temos sobre o alumnado, as persoas en xeral, teñen tendencia a desenvolverse na realidade polo que tamén se fala de “profecía autocumprida”. En 1964, Roshental e Jacobson levaron a cabo unha investigación nunha escola de California que consistiu en sinalar a un grupo de alumnado moi desfavorecido e desaventaxado como, digamos, sobredotado. Dun xeito resumido, fixeron unha serie de probas de intelixencia a todo o alumnado da escola e informaron ao profesorado que aquelas probas eran moi fiables e determinantes para sinalar ao alumnado que nos vindeiros meses destacaría sobre o resto da clase. Finalmente lle deron ao profesorado unha listaxe cos nomes dese alumnado “especial” que, supostamente, tiña unha capacidade extraordinaria para o aprendizaxe. O que non lle dixeron ao profesorado foi que a relación dese alumnado “especial” foi feita ao chou e non tiña nada que ver cos resultados reais das probas de intelixencia feitas con anterioridade. Despois de seis meses, avaliaron de novo a todo o alumnado da escola e comprobaron que o progreso real dos sinalados na listaxe como “especial” era de 20 puntos ou máis superior ao resto da súa clase. O progreso real deste alumnado “especial” que aparecía na listaxe dada ao profesorado foi espectacular con respecto ao resto do grupo porque a opinión de partida do profesorado foi que, realmente, eran mellores que o resto porque así llo comunicaran como resultado dunhas probas de avaliación.
Dende 1964 numerosísimas investigacións poñen de manifesto que as expectativas, prexuizos ou pronósticos do profesorado son chave no rendimento do seu alumnado polo que si un profesor espera un resultado positivo dun alumno, o seu rendimento real estará moi próximo ao esperado polo profesorado en cuestión. “Os pronósticos se fan realidade” é a expresión que aparece na meirande parte das investigacións como “self fulfilling prophecy” (profecía autocumprida).
O “efecto Pygmalión” na clase é o fenómeno máis confirmado pola ciencia actual, polo que a relación cordial e humana entre profesorado e alumnado vai favorecer sempre a posibilidade de superación persoal, a autoestima e o rendemento académico do alumnado. Por suposto, ocorre o mesmo no contexto da familia: tratar aos fillos como mellores, máis capaces e intelixentes e decirlles canto se lles quere e valora fará que se potencien moito as súas capacidades e teñan máis éxito no que fagan na escola e na vida.
Si é que queremos ser “Pygmaliones positivos” co noso alumnado temos que ter unha actitude moi cordial coa clase, de aprecio e interese polo alumno, de preocupación polo seu ben, pola súa felicidade e o seu desenvolvemento persoal e… non, non importa si damos todo o “temario”. Non é tan difícil estar atentos aos aspectos postivos e reforzarllos e non repertirlles tantas veces o que fan mal. Facer que sexan quen de crear o seu propio contido e actuar con libertade e verdadeiro sentido crítico, tamén daquilo que non funciona na escola. O “Pygmalión positivo” actúa con paciencia e benevolencia pero tamén con rigor e disciplina, correxindo e animando e non pedindo metas e obxectivos que non estean ao alcance do seu alumnado porque isto leva ao fracaso académico e persoal. O “Pygmalión positivo” vai preferir facer catro tarefas no curso nas que realmente se imprique o seu alumnado (pode que incluso algunha destas tarefas marque a súa vida) que darlles trinta temas pouco significativos do "benquerido" libro de texto. Cordialidade, disciplina, respecto, liberdade para equivocarse e aprender do erro, traballo por retos e metas altas pero acadables son algúns dos factores básicos do profesorado “Pygmalión positivo” que mellora a autoestima e o aprendizaxe (a vida) do seu alumnado.
DISTRIBUCIÓN DAS PRAZAS POR COTAS E GRUPOS
As prazas ofrecidas para cada centro e ciclo distribúense en tres cotas: cota xeral, cota para persoas con discapacidade legalmente recoñecida (10%) e cota para deportistas de alto nivel ou de alto rendemento (5%).
CICLOS MEDIOS RÉXIME ORDINARIO
Para cada cota haberá tres grupos segundo o tipo de requisitos de acceso:
GRUPO A ESO ou equivalentes | GRUPO B FPB e PCPI | GRUPO C Probas de accceso e outros |
Ata o 70% | Ata o 20% | Ata o 10% |
Grupo A.
1º. Alumnado con título de graduado en educación secundaria obrigatoria con superación da avaliación final de educación secundaria obrigatoria pola opción de ensinanzas aplicadas.
2º. Alumnado con título de graduado en educación secundaria obrigatoria obtido con anterioridade á implantación da avaliación final da educación secundaria obrigatoria.
3º. Outras titulacións equivalentes para os efectos de acceso neste grupo:
- Alumnado con título de técnico auxiliar.
GRUPO A Bacharelato ou equivalentes | GRUPO B Título de técnico | GRUPO C Probas de acceso e outros |
Ata o 70% | Ata o 20% | Ata o 10% |
Cando a demanda de prazas supere a oferta, hai establecidos uns criterios de selección, para cada unha das cotas. En cada cota de acceso ordénanse as persoas solicitantes atendendo a unha puntuación que ten en conta os requisitos de acceso, a experiencia laboral, os módulos superados no ciclo e as unidades de competencia do ciclo acreditadas. Neste réxime non existen grupos diferenciados dentro de cada cota de acceso.
a) Por cumprir os requisitos de acceso: 10 puntos.
b) Pola experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo puntuarase con 0,25 puntos por cada 30 días, ata un máximo de 15 puntos.
c) Por módulos xa acreditados do ciclo formativo: 2 puntos por cada módulo.
d) Por unidades de competencia obtidas por participar nos procesos de acreditación de competencias que dean lugar a validación de módulos profesionais do ciclo formativo que se solicita: 2 puntos por cada módulo que fose validable.
ADMISIÓN PARA O ALUMNADO QUE PASA A 2º CURSO DE CICLO:
A cousa non remata así! Nunca desistades nos vosos obxectivos! Debedes insistir e resistir para chegar a conseguilo, a vida é unha carreira de fondo.

Vos deixo esta entrada de Andrea Giraldez sobre o que tantas veces falamos e nunca cambia (alomenos neste país). Eu tamén prefiro facer unha única cousa co alumnado e que esta lles teña verdadeiro sentido, que poda, nalgún caso, cambiar incluso a súa vida que darlles 20 unidades didácticas/temas ás que non lles atopen sentido algún.
“No sé muy bien por qué la escuela es un lugar donde la curiosidad y la creatividad se transforman en monotonía y memorización. Lo que sí sé es que debemos trabajar para cambiar el hecho de que ir a la escuela es una obligación y un sacrificio para los chavales (y para los adultos) y conseguir que la escuela sea un lugar donde los alumnos (y los docentes) quieran ir y disfruten aprendiendo y enseñando en ella.”
Cumpride os temarios!
Cumpride os temarios!
Cumpride os temarios!
Cumpride os temarios!
Cumpride os temarios!
Guia de información de estudos superiores 2016 elaborada por Alberto Del Mazo en el Blog Orientapas. Información sobre:
Toma de decisións vocacionais
Cuestionarios de intereses profesionais e portafolios online
Rama de artes e humanidades
Rama de ciencias sociais e xurídicas
Rama de ciencias da saúde
Rama de ciencias experimentais
Rama de enñarías e arquitecturas
Rama de actividades físicas e seguridade
Ensinanzas de réxime especial
Teléfono do CRD : 986262500
Prazo
O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:
1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria (8 xuño) e o 15 de xullo de 2016 (este incluído).
2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria (8 xuño) e o 8 de agosto de 2016 (este incluído).
Presentación de solicitude: forma, lugar e consecuencias
1. As solicitudes deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro residencial docente, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es.
2. Así mesmo, o dito formulario publícase como anexos I e II desta orde.
3. A presentación da solicitude implicará respecto da persoa solicitante ou o seu representante legal: que acepta as bases da convocatoria e reúne os requisitos exixidos nela; que son certos todos os datos que constan na solicitude; e que reúne os requisitos necesarios para obter o título académico que indica.
A Universidade de Vigo, o vindeiro curso 2016/17 impartirá un novo grao no campus de Ourense: o de Enxeñaría Aeroespacial. Podedes ollar o folleto informativo da titulación. Tamén o tedes na porta do Dpto. de orientación.
Na seguinte PRESENTACIÓN tedes algnhas das información máis básicas e importantes a ter en conta na vosa nova etapa na ESO:
- O novo sistema educativo LOMCE
- Que é e tamén como se organiza a ESO
- Cando, como e que documentación é necesaria para facer a matrícula
- Materias que cursaredes en 1º ESO
- Liñas e paradas do transporte escolar
- Horario xeral do centro e específico de 1º ESO
- Avaliación, cualificacións, promoción e repeticións na ESO
- Consellos para levar ben o curso 1º ESO
- ABALAR en 1º de ESO
Fonte: Lourdes Otero
No seguinte DOCUMENTO tedes unha serie de recomendacións a ter en conta no paso de vosas fillas e fillos ao instituto. Vai ser un período de certa ansiedade por mor dalguhas incertumes que moitas/os delas/es teñen sobre a nova etapa da ESO que quero clarificar un chisco con este folleto de dez consellos básicos que poden axudar bastante
.
Páxina para atopar, dun xeito moi rápido, as notas de corte en todas as universidades de España.
Fonte: Mónica Diz
O alumnado de 3ºPMAR do IES Ramón J. Sender de Fraga (Huesca) desenvolveu este traballo sobre o tema, tan importante, dos refuxiados. Escolleron unhas viñetas e tentaron explicar o que os autores quererían expresar coas mesmas. O resultado completo deste traballo feito por Vili, Ibtissame, Estefi, Alejandro, Adrián, Jenny, Hajar y Brandol podedes consultalo no Blog ABP Refugiados.





O seguinte DOCUMENTO dirixido ao alumnado, profesorado e, sobre todo, familias contén unha recopilación, medianamente organizada, daquelas orientacións académicas e profesionais básicas que debe ter en conta todo o alumnado que vai rematar 3º da ESO. É moi extenso (70 páxinas) pero contén a diversa información existente para a toma de decisións que influirán no futuro deste alumnado. Quero resaltar os dous últimos puntos que pode que sexan os menos coñecidos pola comunidade educativa salientando, tamén, que o alumnado que remata a ESO pode presentarse a algunhas oposicións das que fago un pequeno extracto.
A avaliación final (reválida) que realizarán o vindeiro curso escolar 2016-17 NON TERÁ EFECTOS ACADÉMICOS para o alumnado que remate 4º ESO.
1. Sistema educativo LOMCE
2. Opcións despois da ESO
3. A FP
4. A Proba de Acceso ao grao medio
5. Criterios de admisión en grao medio
6. Acceso ao Grao Superior
7. Oferta de FP por provincia e concello
8. Vinculación da modalidade de Bach. Cos Ciclos de grao superior
9. O bacharelato
10. A universidade
11. As ensinanzas de Réxime Especial
12.Oposicións ao rematar os estudos
Fonte: Mónica Diz
O seguinte DOCUMENTO vai dirixido ao alumnado, profesorado e, sobre todo, familias. Foi pensado coma unha libreta ou caderno individual e contén unha recopilación, medianamente organizada, daquelas orientacións académicas básicas, moitas xurdidas da LOMCE, que debemos ter en conta en 1º da ESO. Pretendo que teñades unha visión global das opcións que tedes no eido educativo e que vexades como se está a re-ordenar, si é que podemos denominalo así, o sistema educativo. Algúns puntos deste caderno son:
Fontes: Mónica Diz e outros
O seguinte DOCUMENTO dirixido ao alumnado, profesorado e, sobre todo, familias contén unha recopilación, medianamente organizada, daquelas orientacións académicas e profesionais básicas que debe ter en conta todo o alumnado que vai rematar 4º da ESO. É moi extenso (66 páxinas) pero contén a diversa información existente para a toma de decisións que influirán no futuro deste alumnado. Quero resaltar os dous últimos puntos que pode que sexan os menos coñecidos pola comunidade educativa salientando, tamén, que o alumnado que remata a ESO pode presentarse a algunhas oposicións das que fago un pequeno extracto.
1. Sistema educativo LOMCE
2. Opcións despois da ESO
3. A FP
4. A Proba de Acceso ao grao medio
5. Criterios de admisión en grao medio
6. Acceso ao Grao Superior
7. Oferta de FP por provincia e concello
8. Vinculación da modalidade de Bach. Cos Ciclos de grao superior
9. O bacharelato
10. A universidade
11. As ensinanzas de Réxime Especial
12.Oposicións ao rematar os estudos
Fonte: Mónica Diz
O seguinte documento dirixido ao alumnado, profesorado e, sobre todo, familias contén unha recopilación medianamente organizada daquelas orientacións académicas básicas, xurdidas da LOMCE, que debemos ter en conta en 2º da ESO:
Compañeiras/os de Orienta Galicia traballando dun xeito colaborativo nun grupo de traballo elaboraron este cadro informativo coa temporalización anual das bolsas e axudas máis reseñables de Galiza. Hai outras, por exemplo as axudas para alumnado con necesidades específicas que normalmente saen en setembro, etc. Grazas polo voso traballo.
ENERO | FEBRERO | MARZO |
ABRIL | MAYO | JUNIO |
| Ayudas para estudios universitarios por causas sobrevenidas | ||
JULIO | AGOSTO | SEPTIEMBRE |
-- | ||
OCTUBRE | NOVIEMBRE | DICIEMBRE |
-- | -- | -- |
PERMANENTES o de PERÍDO EXTENSO DE SOLICITUD | ||
Ayudas para libros de texto. Plazo extendido para alumnado matriculado después de la convocatoria oficial | ||
Vía: Equipo OrientaGalicia facendo uso de diversas fontes