Blogia

MZUNGU

Fondo solidario libros de texto

Obxecto da convocatoria

Esta orde ten por obxecto regular para o curso 2016/17 no ámbito dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos:

a) A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (en diante, EP) e en 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria (en diante, ESO); cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2015/16.

b) A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, en 2º e 4º de ESO, e en educación especial (en diante, EE); así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira desta orde.

c) A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE. 

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de xuño de 2016 (este incluído).

ORDE do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17

Proba acceso ciclos grao medio 2016

DATA e LUGAR 

A proba terá lugar o vindeiro mércores 25 de maio de 2016 no IES Pedra da Auga de Ponteareas.

DOCUMENTACIÓN

Tedes que levar DNI e copia da folla de solicitude. Non se vos permitirá entrar sin estes documentos.

HORARIO

Prentación ás 9:00 horas

Parte matemática e sociolingüística das 10:00 ás 13:00 horas

Parte científico-técnica das 16:00 ás 18:00 horas.

 

As persoas interesadas deberedes ir pola vosa conta.

Máis información

 

#ManuelMaría #LetrasGalegas2016

Vía: Orientación en Galicia

#ManuelMaría #LetrasGalegas2016

"O galego que se marcha

dame mágoa e compasión.

¡Maldigo a esa inxusticia

que se se chama emigración!"

Respostas LOMCE

Respostas LOMCE

Respostas LOMCE

Respostas LOMCE

Reclamacións das cualificacións de 2º de bacharelato. Curso 2015/2016

Publicación da Circular nº 2/2016 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do bacharelato establecido na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o curso 2015/2016:

Reclamacións no centro. Prazos

  • Convocatoria ordinaria: 24 e 25 de maio de 2016 (ata as 14.00 horas).
  • Convocatoria extraordinaria: 5 e 6 de setembro de 2015 (ata as 14.00 horas).

Reclamacións ante a comisión de supervisión (Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo). Prazos

  • Convocatoria ordinaria: antes das 14.00 horas do día 30 de maio de 2016.
  • Convocatoria extraordinaria: antes das 18.00 horas do día 7 de setembro de 2016.

Recepción do expediente na comisión de supervisión. Prazos

  • Convocatoria ordinaria: antes das 14.00 horas do día 31 de maio de 2016.
  • Convocatoria extraordinaria: antes das 14.00 horas do día 8 de setembro de 2016.

Abuso das tecnoloxías

Click na imaxe

20160504101614-imagen.cmd.png

Titoría 3º ESO. Orientación Profesional

Click! Programa Orient. Profesional. "Como elexir a miña profesión"

Sesión 13. Valores e Profesións 

 (Páx.: 24-27)

 


Titoría 1º ESO. Uso e abuso da tecnoloxía

Cuestionario de abuso das tecnoloxías

Consellos básicos

Tecnoadiccións: Guía para familias 

Tecnoadiccións: Guía para o profesorado

Bacharelato

Parámetros de ponderación

PAU: presentación da CIUG

As Probas PAU e o acceso á universidade from Loudes Otero

Fonte: Convivencia e orientación en Perillo

Como aprendemos

Brasil: território do brincar

Titoría 4º ESO. Orientación profesional.

Click! Programa Orient. Profesional

SESIÓN 13. Paso 6 "Que sé del bachillerato II"

Páx.:(60-70)


Titoría 2º ESO. Autoestima

Novo! Programa de Autoestima

SESIÓN 13. "A gusto conmigo"

 (Páx.:22-27)

Auroras boreais en 4K

Dende a Estación Espacial Internacional (ISS) todo o que pasa na Terra ten outra perspectiva. Como no caso das auroras boreais, fenómeno atmosférico que consiste na aparición no ceo de manchiñas e columnas luminosas de distintas tonalidades, que é producido pola radiación solar e se pode observar pola noite nas rexións polares... unha mágoa que en Salvaterra non teñamos!!

Durante 5 minutos podemos contemplar no vídeo deste post composto por imaxes en 4K gravadas na Estación Internacional e que forman parte do tipo de contido que ofrece NASA UHD. Co sistema de entrga de vídeo UHD de Harmonic, NASA TV terá a capacidade de difundir contido de vídeo en 2160p a 60 cadros por segundo, permitindo desfrutar de imaxes espectaculares en moitas televisións e dispostivos móbiles...

 

 

Vía: Xatakaciencia

Videos 360º

Os vídeos de 360 graos están "rompendo". Non necesitamos nin gafas Todo bien...

Fai uns días presentouse a película Help, gravada en 360º, calidade de cine e dirixida por Justin Lin (Star Trek beyond). Podedes pulsar nas flechas do círculo e desplazarvos pola acción ao voso gusto no primeiro dos vídeos.

O seguinte paso son os vídeos gravados no espazo. O segundo video foi gravado a unha altura entre 32 e 36 Km pero xa podemos ollar a curvatura da terra!!

 


Vía: Xatakaciencia