(Páx.: 4-7)
Titoría 2º ESO. Técnicas de estudo
Cuaderno de técnicas de estudo para 2º ESO
SESIÓN 4. "Practicamos Esquemas"
Páx.: (8-11)
Acordo familias RE, PT, Ex. Fran, ACI
ACIs xefatura estudos
Cuaderno de técnicas de estudo para 2º ESO
SESIÓN 4. "Practicamos Esquemas"
Páx.: (8-11)
Acordo familias RE, PT, Ex. Fran, ACI
ACIs xefatura estudos
Sesión 4. "El detective de los pensamientos"
(Páx. 23-28)
ACIs xefatura estudos
Acordo familias RE, PT, Ex. Fran, ACI
Xa pensei que non ía poder escribir nunca esta entrada! Están a ser semanas de traballo salvaxe, excesivo e, moitas veces, incoherente. Non me queixo xa que son un privilexiado que fai o que lle gusta. Dende o día primeiro de setembro atendendo alumnado, familias, facendo as avaliacións extraordinarias, revisando os informes de todo o alumnado que chega novo ao noso instituto, avaliando e realizando todos os informes (20) dos programas de mellora (PMAR) para 2º e 3º da ESO, xestionando xunto a dirección a inclusión do alumnado da FP Básica de Madeira, cumprimentando todas as bolsas de necesidades específicas (cada curso temos moitas máis), facendo as avaliacións iniciais do alumnado, redactando o plan de atención á diversidade e a programación anual, readaptando o plan de acción titorial e o plan de orientación académica e profesional, a día de hoxe preparando as adaptacións curriculares do alumnado que o necesita (o curso pasado tivemos 16 ACIs).
Pero, quen se ocupa realmente de solucionar os graves problemas do noso alumnado que teñen que ver coa vulneración dos seus dereitos como menores? Eu fago o que podo e as veces un chisquiño máis, a dirección e algúns compañeiros do centro sei que tamén pero, desgraciadamente, non chega en absoluto.
Serei moi claro, no noso centro, como tamén no resto, hai alumnado que non ten a suficiente protección nin atención cotiá, alumnado sen a mesma vida fácil dos nosos fillos, que pasan por situacións inverosímiles que vulneran, clarisimamente, os dereitos básicos de todos os menores. Podemos estar moi preparados e comprometidos pero cando se trata destas situacións de indefensión de tanta gravidade de alumnado que realmente sofre cada día, ningunha preparación nin compromiso parece chegar. Estou a falar de facerlles na práctica a vida máis doada, de axudas reais e non de emitir informes e respostas burocráticas que non lles serven para nada ou, as veces, incluso lles poden por as cousas máis difíciles. Convivimos con estas situacións de vulneración dos dereitos e non temos a suficiente enerxía, consumida en moitos casos ao facer as tarefas burocráticas antes sinaladas, nin a forza emocional, nin os recursos para afrontalas siquera cunha nota dun suficiente raspado (dásenos ben poñer nota). Para min, dende logo, son estas situacións as que requiren a miña atención dende que desperto cada día e sei que tamén para algunhas das persoas que traballan no meu centro. Pero, sendo sinceiro, tamén asisto a respostas e reaccións daquelas outras persoas que o único que queren e non ter problemas e, por desgracia, o seu número supera por bastante ás primeiras. Iso sí, esas poucas persoas que fan por defender os dereitos do noso alumnado e resgardar e protexer aos que máis axuda necesitan, valen moito máis que centos das que non queren problemas. Morreu a sua nai, o seu pai o abandonou, non pode ver aos seus irmáns, cambio de centro tres veces nun curso, vive cunha familia de acollida que non a quere, recibe palizas a cotío, ten a nai alcoholizada e a piques de morrer e ... “non chega ao cinco, molesta na clase e non podo aprobalo”.
O instituto non pode ser o sitio para solucionar estas situacións de violencia e malos tratos na familia, de absentismo escolar e de abandono de menores porque non temos as ferramentas nin o persoal necesario. Estou a falar de que pelexamos contra o peor do noso sistema social e sei que non hai protocolos que servan cando moitos dos implicados o que queren é sacarse o “marrón” de enriba canto antes. Pero, o que parece moi claro é que o sistema, sinxelamente, non funciona ou cada ano vai a peor. Pero si os centros de ensino non podemos, cando recurrimos aos servizos de intervención familiar e social as respostas externas tampouco solucionan, non aparecen, son esquivas, non é da súa competencia, non poden, non teñen profesionais, están saturados, non hai orzamento. Cando estes servizos externos actúan, en non poucas ocasións, se pon en marcha unha maquinaria obsoleta e doutro tempo que moitas veces fai real, por desgraza a frase “peor o remedio que a enfermidade”.
Desgaste, frustración, estrés e burn-out por non ser quen de poderlles ofrecer a este alumnado a axuda que realmente necesitan. E non conto coma axuda darlles unha pastilla para que estean “quietos e calados” que parece ser a moda da nosa actual sociedade. Cando falamos as persoas implicadas neste tema concluimos que ninguén se ocupa na práctica de asistir realmente a este alumnado cos seus dereitos do menor gravemente vulnerados, de ofrecerlles sosego psicolóxico, de axudalos nas súas casas, de faciltarlles algo as súas vidas.
Este alumnado en grave risco e con tantas dificultades non pode esperar pero, quen é responsable de que se cumplan con eles os seus dereitos como menores?
Só era unha reflexión sobre o desamparo que sufren moitos dos alumnos e alumnas que engrosan as estatísticas de fracaso escolar e aos que os sistema educativo e a sociedade actual moi pouco parece ofrecer.
E remato xa, que debo seguir a facer o meu traballo redactando algúns informes e facendo as adaptacións do currículo para enviar ao servizo de inspección educativa.
Nesta entrada vos deixo algunhas das mellores Apps para traballar co alumnado que ten problemas na lectoescritura. Como sabedes as persoas con dislexia teñen certas dificultades para lembrar o alfabeto, nomear as letras, facer rimas sinxelas ou analizar ou clasificar os sons. Tamén cometen erros de omisións, sustitucións, distorsións, inversións ou adicións, lentitude, vacilacións e problemas de seguimento visual e de comprensión.
Tamén engado estes 25 recursos para traballar a dislexia e outras dificultades de aprendizaxe.
Fonte: El pupitre de Pilu
PRAZO: ata 4 de novembro
A Fundación Amancio Ortega convoca unha nova edición das bolsas para estudar 1º Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos durante o curso 2017/18.
Convócanse un total de 500 becas dirixidas ao alumnado de 4º ESO que lle permitirán convivir cunha familia durante o curso escolar no país de destino. 80 son as bolsas destinadas a alumnado galego e o resto a estudantes doutras comunidades autónomas.
PRAZO: do 3 de outubro ao 15 de novembro
Vos deixo esta presentación recollida de Orienta Galicia sobre o novo Bacharelato LOMCE. É bastante aclaratoria en relación á diversidade de materias e opcións
Modelos de entrevista para titoría individualizada
Cuaderno de técnicas de estudo para 2º ESO
SESIÓN 3. "Planificando el estudio" e "Método 2LSMER"
(Páx.: 4-7)
Ollo! Delegadas/os
Modelos de entrevista para titoría individualizada
Sesión 3. Programa de técnicas de estudo
(planificación e Relaxación) Páx.: 2-5
Ollo!! Delegadas/os
Modelos de entrevista para titoría individualizada
Sesión 3. "Los demás tb sienten y se emocionan"
Páx.: (17-22)
Ollo!! Delegadas/os
Modelos de entrevista para titoría individualizada
Sesión 3. "Condicións do estudo"
(Páx.: 4-6)
Ollo!! Delegadas/os
Sesión 2. Técnicas de Traballo Intelectual
Presentación do método 2LSEMER
(Páx.: 1-6)
Sesión 1. Información Inicial
Programa de técnicas de estudo 3º ESO
Sesión 2. "Cuestionario hábitos de estudo"
Páx.: 2-3
Sesión 1. Información Inicial alumnado
Sesión 2. Cuaderno de técnicas de estudo para 2º ESO
(Páx.: 2-3)
Sesión 1. Información inical do alumnado