Blogia

MZUNGU

DÍA DO LIBRO

O ministro de educación invita a ler cunha carta chea de erros e iso que daquela non houbo recortes. Déixovos o artigo, a carta orixinal e a mesma cos erros suliñados.

POESÍA...ES TI

Hoxe vos escollín estes versos de Nicanor Parra, aínda que eu non son moito de premios, anti-poeta chileno de 97 anos ao que lle acaban de dar o Premio Cervantes 2012.

LOS VICIOS DEL MUNDO MODERNO

(...) Los vicios del mundo moderno:
El automóvil y el cine sonoro,
Las discriminaciones raciales,
El exterminio de los pieles rojas,
Los trucos de la alta banca,
La catástrofe de los ancianos (...)

(...) Como queda demostrado, el mundo moderno se compone de flores artificiales
Que se cultivan en unas campanas de vidrio parecidas a la muerte,
Está formado por estrellas de cine,
Y de sangrientos boxeadores que pelean a la luz de la luna,
Se compone de hombres ruiseñores que controlan la vida económica de los países
Mediante algunos mecanismos fáciles de explicar;
Ellos visten generalmente de negro como los precursores del otoño
Y se alimentan de raíces y de hierbas silvestres.
Entretanto los sabios, comidos por las ratas,
Se pudren en los sótanos de las catedrales,
Y las almas nobles son perseguidas implacablemente por la policía (...)

FÍSICA E QUÍMICA

Selección de recursos TIC de Física e Química.

LÍGASE MELLOR EN GALEGO

E TI COMO LIGAS EN GALEGO? (PROFES DO IES AS BARXAS)

GROLIÑOS

"Podemos saber exactamente canto medra a sabedoría

por canto diminúe mal humor"


Friedrich Wiheilm Nietzche

CARTA DUNHA ALUMNA AO MINSITRO DE EDUCACIÓN

Emotiva carta dunha estudante universitaria ao ministro de educación pola subida das tasas universitarias.

O XIZ DO FUTURO É ELECTRÓNICO

Unha especie de bolígrafo que escribe "electronicamente" en calquera superficie e lugar.

POESÍA...ES TI

A MIÑA LINGUA

Falo coa miña lingua irada, 
coa rabia da brétema nos ollos...

...Falo a un tempo a fala doce dos amantes, 
falo prós amantes máis que nada 
e pra tódolos que, por causa do amor, 
sofren e calan a súa desdita. 
Falo a fala dos poetas que están mortos, 
coas súas mellores palabras, 
coa súa palabra esquencida falo, 
coa voz amantiña dos irmaos benqueridos, 
coa vella pregalla que levo escrita no sangue 
desde hai tanto e que foi inocente un día.

PILAR CIBREIRO 

FOLLETOS FP 2011-12

Folletos informativos de FP (CLICK en cada Familia)

Formación profesional inicial no curso 2011-2012, perfís profesionais (competencia xeral, postos de traballo máis relevantes, módulos, título que se obtén), unidades de competencia que se acreditan por módulo ou módulos superados, módulos profesionais que se validan por unidade ou unidades de competencia acreditadas.

 

ESCOLA PÚBLICA, DE TODOS/AS E PARA TODOS/AS

ESCOLA PÚBLICA, DE TODOS/AS E PARA TODOS/AS



FINLANDIA vs ESPAÑA

Hoxe vos deixo este macro-post cos puntos que eu considero máis significativos cando comparamos os sistemas educativos finés e español. Unha grande parte deles reflectidos no traballo desenvolvido ao longo de trece anos na tese do profesor Javier Melgarejo.

 

  • O 55% dos pais/nais cren que a familia é máis responsable que a escola da educación dos seus fillos. En España o 15%.

  • En Finlandia dáse por feito que non só se educa nos centros oficiais, e que non só é válida a educación oficial. A familia é igual de importante así como a propia sociedade.

  • A ratio alumno-profesor é moito menor que en España (sen ter en conta os novos cambios).

  • O número de horas que se destinan entre os 7-14 anos é a menor de todos os países da OCDE.

  • A pesar de que a súa comprensión lectora (que posibilitará a autoformación futura) é excelente teñen menos horas de lingua que en España.

  • O goberno considera a supervivencia cultural e económica da súa nación en base a unha sociedade do coñecemento.

  • A disciplina é moi alta, mándanse deberes e poténciase o esforzo.

  • As súas bilbiotecas son de libre acceso (nin carné nin gaitas) e teñen 4 veces máis libros.

  • Existen poucos colexios concertados e o estado paga por cada alumno a mesma cantidade sexa dun público ou dun concertado.

  • As notas medias dos futuros profesores en bacharelato e selectividade deben superar o 9.

  • Se os futuros profesores teñen que ter medias de 9 ou máis, os formadores na universidade destes teñen uns expedientes e capacidades aínda superiores.

  • O profesorado e mestres/as son escrupulosamente escollidos en base á súa capacidade educativa e o seu grao de sensibilidade social.

  • As universidades de formación de profesorado até finais dos 80 facían 4 probas: entrevista, reusmen dunha lectura dun libro, explicación ante unha pequena clase e demostrar aptitudes artísticas (plásticas ou musicais).Nos anos 90 engadíronse 2 probas máis orientadas ás competencias matemáticas e tecnolóxicas.

  • Os rapaces non empezan a ler até os 7 anos, pero en dous anos xa len mellor que os nosos.

  • En todas as clases de 1º de primaria os nenos aprenden o abecedario cantando mentres o profesor toca algún instrumento musical.

  • En Finlandia o 4% dos nenos viven en situación de pobreza, en Suecia o 2%, en España o 12%.

  • As axudas son especialmente dirixidas a nais con fillos, para impedir que dependan exclusivamente do traballo privado e abandonen as súas obrigacións educativas para cos seus fillos.

  • Os pais/nais son ávidos lectores e ven considerablemente menos a televisión, os seus fillos en consecuencia imítanlles.

  • Chéganse a ter dous profesores por aula e cómese gratuitamente unha vez ao día.

  • Os nenos teñen médicos e enfermeiras escolares. Son o futuro e por tanto a prioridade.

  • Os mellores docentes destínanse á primaria.

  • Céntrase o gasto de recursos na primaria, non na secundaria ou terciaria como aquí. É entón cando o neno desenvolve as súas principais habilidades.

  • En Finlandia a formación pedagóxica e a didáctica ocupa 10 veces máis tempo que en España. 1400 horas impartidas por auténticas eminencias fronte ás 140 dadas en España (imos ver o que pasa co mestrado).

  • O profesorado de prácticas, cobra un suplemento polo seu traballo e está en contacto permanente coa universidade formadora, aprendendo a traballar en centros moi ben dotados dotados.

  • Aos mestres e profesores esíxeselles unha tesina obrigatoria na que condensen os seus coñecementos e investigacións. En España faise un traballo que pasa de man en man, ao que se lle cambian os datos e pouco máis.

  • Foméntase a autoevaluación e o traballo en grupo, no futuro poucos serán os que traballen sós e non dependan do xuízo doutros.

  • Os directores reciben unha formación específica e elixen os seus traballadores. Non hai oposicións, para iso están as universidades de formación.

  • Na universidade española a taxa de abandono é do 50%, en Finlandia do 17%.

  • As películas non se traducen, co que os nenos aprenden máis rápido idiomas e aprenden a ler máis rápido ao estar estas subtituladas.

  • Non existe a inspección educativa, o sistema controla a súa calidade durante o proceso de formación, previndo e non a posteriori malcurando.

  • O salario dos profesores é parello ao español, pero os de secundaria e primaria cobran o mesmo. Teñen un poder adquisitivo medio-alto en comparación co resto da sociedade.

  • Os finlandeses pensan que o profesor é como o molde, se o molde é excelente as copias serán mellores que se é mediocre.

  • As ofertas de apoio social son de 3 tipos a elixir:

    1- A nai recibe unha axuda para coidar ela mesma dos seus fillos.

    2- Os nenos acoden a casas de coidado familiar con 4 ou 5 nenos como máximo e cos pertinentes controles sanitarios e sociais.

    3- Gardarías municipais que dependen do Ministerio de Asuntos Sociais, non do de Educación.

Que vos parece? Como o vedes? Gañan por goleada? Podedes deixar un comentario.

FAMILIAS

Folletos de axuda para familias.

FAMILIAS

¿Por qué nos cuesta tanto hablar con nuestros hijos? Reflexiones y pautas para mejorar la comunicación fami...

FAMILIAS

Adolescencia . como Dialogar Con adolescentes

Como axudar nos primeiros anos da adolescencia.

FILMOTECA DE INTELIXENCIA EMOCIONAL

Proposta do profesor Juan Carlos Pérez-González -Facultad de Educación, UNED- para traballar co seu alumnado. Pelís, en xeral, moi interesantes.

PARA MELLORAR A DISLEXIA

CADERNO DE TRABALLO PARA A MELLORA DA DISLEXIA E A LECTOESCRITURA

FAMILIAS

DEZ TAREFAS PARA FACER NA CASA...DIFERENTES

BUSCADOR ESTUDOS UNIVERSITARIOS

Unha guía oficial de titulación da Conferencia de Rectores da Universidades de España.

GROLIÑOS

"A política é a arte de buscar problemas, atopalos, facer un diagnóstico falso e aplicar despois os remedios errados"

 

Groucho Marx