Blogia
MZUNGU

FORMACIÓN PROFESIONAL

ACREDITACIÓN COMPETENCIAS PROFESIONAIS

ORDE do 16 de decembro de 2014 pola que se convoca o proceso de acreditaciónde competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, naComunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competenciado Catálogo nacional de cualificacións profesionais.


PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 8 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2015ambos  incluidos.

 

Máis información aquí


A FP Básica

Axudas FCT

 

 

Probas Acceso Ensinanzas Artísticas Superiores (vía Mónica Diz Orienta)

CONVOCADAS PROBAS DE ACCESO A ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES EN GALICIA 2014

A Consellería de Educación publicou a convocatoria de probas de acceso para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente, e cumpran dezanove anos no ano 2014, ás ensinanzas artísticas, para o curso 2014/2015. 
Click na imaxe

Prazo de inscrición para realizar a proba: ata o 29 de maio de 2014


Lugares de inscrición: na secretaría dos seguintes centros. 

– Conservatorio Superior de Música da Coruña.
– Conservatorio Superior de Música de Vigo.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
– Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
– Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
Para a formalización da inscrición os centros superiores facilitaranlle ás persoas interesadas o modelo de solicitude. Unha vez cuberto entregarase unha única instancia na secretaría do centro, xunto cunha copia compulsada do DNI, NIE ou pasaporte. 
Data, lugar e horario da proba: A proba de acceso realizarase o día 6 de xuño ás 9.00 horas no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela, de acordo co seguinte horario:


– 9.00 h: presentación.
– Das 9.30 ás 10.30 h: Lingua Estranxeira (inglés ou francés).
– Das 10.30 ás 11.30 h: Lingua Castelá e Literatura.
– Das 12.00 ás 13.00 h: Lingua Galega e Literatura.
– Das 13.00 ás 14.00 h: Filosofía e Cidadanía ou Historia da Filosofía.
– Das 16.00 ás 17.00 h: Historia de España ou Ciencias para o Mundo Contemporáneo.

As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e copia da folla de solicitude de inscrición.


LIGAZÓNS:

Web Consellería.
Resolución coa convocatoria con toda a información.
Ensinanzas artísticas Web Consellería.

Inserción laboral das persoas tituladas en FP en Galiza

Vía Mónica Diz Orienta

Probas acceso ciclos formativos

Convocadas as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2014
Lun, 10/03/2014 - 09:30

Xúntase a Orde do 5 de marzo de 2014 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2014.

Prazo de inscrición nas probas de acceso:

  • Ciclos formativos de grao medio: Entre os días 31 de marzo e 11 de abril de 2014, ambos os dous incluídos. (17 anos no ano natural)
  • Ciclos formativos de grao superior: Entre os días 10 e 21 de marzo de 2014, ambos os dous incluídos (19 anos no ano natural)

A nova FP básica da LOMCE

Aquí vos deixo unha síntese das características máis importantes da Formación Profesional Básica, o primeiro programa que se vai a implantar en Secundaria no próximo curso 2014/15 e que substituirá aos Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI).

A diferenza fundamental, aínda que non a única, desta nova formación con respecto aos anteriores programas é clara: aínda que seguen permitindo o acceso de forma directa aos Ciclos Formativos de Grao Medio, a partir de agora non conceden o Título de ESO a non ser que o/a alumno/a supere a proba de Avaliación Final de ESO (cuestión bastante improbable).

Vía OrientaGuía

Fabricación Mecánica. Preciouse Lines (A Beleza da Creación)

Vía tecnoloxía.org

PROBAS DE ACCESO A ENSINANZAS DEPORTIVAS 2013

Publicouse no DOG do 4 de xullo a convocatoria das probas de acceso a ensinanzas deportivas para o curso 2013-2014.
  • Prazo de inscrición nas probas: Do 5 ao 17 de xullo de 2013. Aquelas persoas que teñan pendente algunha materia de bacharelato ou ESO poderán presentarse á proba de acceso, sempre e cando acrediten no prazo de matrícula, no mes de setembro, a superación da materia ou materias pendentes. En calquera caso poderán presentarse á proba de madureza, que se celebrará o 4 de setembro. 
  •   
  • Celebración das probas: Setembro do 2013. Para ver as datas concretas de cada especialidade e centro consultar o enlace coa convocatoria. 
  • A inscrición para realizar as probas farase na secretaría dos centros públicos onde se impartan ensinanzas deportivas, coa excepción da especialidade hípica, que se fará nos centros autorizados que a impartan.
  • Prazo de matrícula nas ensinanzas: Ata o 17 de setembro de 2013. 

ENLACE CO TEXTO DA CONVOCATORIA: onde se publican as datas e horarios das probas, formularios de inscrición e matrícula, requisitos de acceso, contidos das probas,... .
Vía Mónica Diz Orienta

FP ADMISIÓN CICLOS

Admisión a ciclos formativos de grao medio

FP ADMISIÓN CICLOS

ADMISIÓN CICLOS

 

Prazos de presentación de solicitudes

Período ordinario: do 17 de xuño ao 2 de xullo ata as 13:00 horas.

 Período extraordinario: do 2 ao 12 de setembro ata as 13:00 horas.

Nota: lémbrase que as solicitudes presentadas no período ordinario terán prioridade sobre as presentadas no período extraordinario

OFERTA FP EN GALIZA


OFERTA DE FORMACIÓN PROFESIONAL EN GALICIA 2013/2014

RÉXIME ORDINARIO NA MODALIDADE PRESENCIALPOR FAMILIA PROFESIONAL E CICLOPOR PROVINCIA E CONCELLO
   
RÉXIME DAS PERSOAS ADULTAS NA MODALIDADE PRESENCIALPOR FAMILIA PROFESIONAL E CICLOPOR PROVINCIA E CONCELLO
   
RÉXIME DAS PERSOAS ADULTAS NA MODALIDADE A DISTANCIAPOR FAMILIA PROFESIONAL E CICLOPOR PROVINCIA E CONCELLO
MÁIS INFORMACIÓNOFERTA 2013/2014 

NOTAS DA PROBA DE ACCESO AOS CICLOS GRAO MEDIO

ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2013/14.

FP (Viveiros de creación de empresas)

NO CIFP A GRANXA (PONTEAREAS)

FP (Axudas FCT)

ORDE do 16 de maio de 2013 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.

FP videos

VIDEOAS DAS FAMILIAS PROFESONAIS

FP PROBAS DE ACCESO GRAO MEDIO

Ver lugares e sedes

Instrucións para a realización das probas

Máis información sobre a convocatoria

Data da proba: 23 de maio de 2013

FP (195 OCUPACIÓNS)

XA O TES CLARO? 195 OCUPACIÓNS PARA ESCOLLER A TÚA PROFESIÓN

FP: ENSINANZAS ARTÍSTICAS

CONVOCADAS PROBAS DE ACCESO A ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES EN GALICIA

A consellería de Educación ven de publicar a convocatoria de probas de acceso para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente, e cumpran dezanove anos no ano 2013, ás ensinanzas artísticas, para o curso 2013/2014. 

Prazo de inscrición: ata o 30 de maio. 

Lugares de inscrición: nas secretarías dos seguintes centros. 

– Conservatorio Superior de Música da Coruña.
– Conservatorio Superior de Música de Vigo.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
– Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
– Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.


Data, lugar e horario da proba: A proba de acceso realizarase o día 7 de xuño ás 9.00 horas no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela, de acordo co seguinte horario:

– 9.00 h: presentación.
– Das 9.30 ás 10.30 h: Lingua Estranxeira (inglés ou francés).
– Das 10.30 ás 11.30 h: Lingua Castelá e Literatura.
– Das 12.00 ás 13.00 h: Lingua Galega e Literatura.
– Das 13.00 ás 14.00 h: Filosofía e Cidadanía ou Historia da Filosofía.
– Das 16.00 ás 17.00 h: Historia de España ou Ciencias para o Mundo Contemporáneo.


As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e copia da folla de solicitude de inscrición. 

LIGAZÓNS:

Web Consellería. 
Resolución coa convocatoria. 
Ensinanzas artísticas Web Consellería.