Blogia
MZUNGU

BOLSAS E AXUDAS

Axudas do programa Campus Cientifícos de Verán

Descrición

Convocatoria de axudas para alumnos que cursen estudos na modalidade de Ciencias, para participar nun Campus Científico durante 7 días no mes de xullo
O Programa Campus Científicos de Verán é unha iniciativa do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía.
Estes Campus pretenden que os estudantes de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria e primeiro curso de Bacharelato teñan unha primeira experiencia de contacto co labor investigador a través da súa participación en proxectos de achegamento científico deseñados e dirixidos por profesores universitarios do máis alto nivel, en colaboración con profesores de ensino secundario.

Ata o 24 marzo as 15 horas.


Destinatarios

Estudantes de 4º ESO e de Bacharelato na modalidade de Ciencias.

Estar a cursar no curso 2016/17 1º Bach. da modalidade de Ciencias o 4º ESO opción de ensinanzas Académicas coas materias troncais de "bioloxía e xeoloxía" e "física e química" ou na opción de ensinanzas Aplicadas cursando as materias troncais de "ciencias aplicadas á actividade profesional" e "tecnoloxía".

Requisitos

1. Estar a cursar, na modalidade de Ciencias, cuarto curso da ESO ou primeiro de Bacharelato.
2. Nacer con posterioridade ao 31 de decembro de 1999.
3. Non ser beneficiario en edicións anteriores desta convocatoria.
4. Obter unha nota media mínima de 8 no curso anterior.
5. Estar situado nunha orde de prelación, segundo a nota media, que permita a obtención da axuda.

Dotación

A axuda cobre os gastos de materiais, actividades complementarias, aloxamento, asistencia de monitores e manutención dos alumnos quen contarán, así mesmo, cun seguro que cubra as continxencias de accidente e responsabilidade civil durante o desenvolvemento dos Campus. Por outra banda, o beneficiario deberá desembolsar 80 euros en concepto de matriculación.

Máis Información

Resolución por la que se convocan las ayudas

Anuncio de la convocatoria Enlace al BOE

Axudas Linguas estranxeiras

AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS CONVOCADAS POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

1. Sabes o que son axudasle? Tal e como dí o título, son estadías durante o verán que che permiten ter máis competencia lingüística en Inglés

2. Donde se desenvolven? Lévanse a cabo na nosa Comunidade Autónoma. A súa xestión e organización corresponde a empresas coa debida cualificación, contratadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

3. Quen pode beneficiarse destas axudas? Están destinadas ó alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, ou 1º e 2º de Bacharelato

4. Que requisitos hai que ter? 
  • Ter superadas todas as materias no curso 2015/16
  • Ter acadado no curso 2015/16 na materia de Lingua Ingles, unha cualificación mínima de  "6"
  • Non ter condedida outra axuda da mesma finalidade.
  • Estar en posesión do DNI ou NIE , tamén valería o pasaporte.
5. Canto tempo teño de prazo? Dende o 28 de Febreiro ata o 27 de Marzo ( incluído)

6. Como fago para cubrir a solicitude? Tes varias opcións:

  • Podes completar en liña o formulario electrónico premendo aquí, sempre e cando dispoñas dun certificado dixital por ter DNI eletrónico ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre. Tamén podes acceder se estás rexistrado na Consellería de Educación e , polo tanto, tes un usuario e un contrasinal.
  • Imprimir os anexos I e II da convocatoria, cubrilos debidamente e achegar a certificación de matrícula do curso no que estamos, certificación académica da materias cursadas no curso 2015/16 e a nota media obtida, autorización do titor/a legal para cosultar os datos económicos na Axencia Tributaria e aquela outra documentación que se recolle na orde que regulan estas axudas. Para ampliar información consulta a guía de axuda anexada máis abaixo )
7. Cando se poden disfrutar destas estadías?  Dende a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2017


Vía Lourdes Otero

AXUDAS para estudos universitarios

ORDE do 19 de setembro de 2016 pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas para o inicio de estudos universitarios no curso 2016/17 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

 

PRAZO: ata 4 de novembro

BOLSAS Amancio Ortega

A Fundación Amancio Ortega convoca unha nova edición das bolsas para estudar 1º Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos durante o curso 2017/18.

Convócanse un total de 500 becas dirixidas ao alumnado de 4º ESO que lle permitirán convivir cunha familia durante o curso escolar no país de destino. 80 son as bolsas destinadas a alumnado galego e o resto a estudantes doutras comunidades autónomas.

PRAZO: do 3 de outubro ao 15 de novembro


TODA A INFORMACIÓN

Calendario Bolsas e axudas da Xunta de Galiza

Compañeiras/os de Orienta Galicia traballando dun xeito colaborativo  nun grupo de traballo elaboraron este cadro informativo coa temporalización anual das bolsas e axudas máis reseñables de Galiza. Hai outras, por exemplo as axudas para alumnado con necesidades específicas que normalmente saen en setembro, etc. Grazas polo voso traballo.

ENERO
FEBRERO
MARZO
ABRIL
MAYO
JUNIO
Ayudas para estudios universitarios por causas sobrevenidas


JULIO
AGOSTO
SEPTIEMBRE
--
  • Ayudas para Máster
  • Ayudas para la realización de estudios universitarios en Galicia
  • OCTUBRE
    NOVIEMBRE
    DICIEMBRE
    --
    --
    --
    PERMANENTES o de PERÍDO EXTENSO DE SOLICITUD
    Ayudas para libros de texto. 
    Plazo extendido para alumnado matriculado después de la convocatoria oficial

      
    Vía: Equipo OrientaGalicia facendo uso de diversas fontes

    Bolsas linguas estranxeiras ESO e Bach.

    Orde das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

    Extracto da orde

    Para alumnado de centros sostidos con fondos públicos de Galicia:

    •  1º, 2º, 3º o 4º de educación secundaria obligatoria
    •  1º e 2º de bachillerato.

     

    Número de prazas: 682

    Prazo de solicitude: do 29 de marzo ao 28 de abril

    Inclúen:

    a) Monitor@s que acompañarán ao alumnado
    b) Gastos de docencia e material escolar.
    c) Actividades culturais, deportivas e complementarias.
    d) Gastos de manutención e aloxamento.
    e) Certificado de realización da actividade.
    f) Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

     

     

    Bolsas 4º ESO Amancio Ortega

    Fundación Amancio Ortega convoca 500 bolsas dirixidas a alumnado de 4º ESO para estudar primeiro curso de Bacharelato nun High School en Canadá ou Estados Unidos o vindeiro curso escolar 2016-2017. 

    O programa ten como obxectivo facilitar a aprendizaxe do inglés e a inmersión na cultura estranxeira. O alumnado seleccionado cursará o Grao 11 (nivel equivalente a 1º de Bacharelato).
    As bolsas se distribúen segundo se especifica:
    • 80 becas dirixidas a estudantes de centros de Galicia
    • 420 becas dirixidas a estudantes de centros do resto das Comunidades Autónomas 
    A bolsa cubre o 100% do custe do curso escolar en Canadá ou EEUU: viaxe, tasas de escolarización, convalidación de estudos, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes, e o apoio continuado durante os dez meses de estanza.

    REQUISITOS:
    • Estudar actualmente 4º ESO nun centro educativo en España e ter pasaporte español.
    • Ter unha nota media igual ou superior a 7 puntos e unha nota en inglés igual ou superior a 8 en 3º ESO.
    • Non ter estudado un ano académico no estranxeiro con anterioridade (1º, 2º ou 3º ESO).
     
    PRAZO DE SOLICITUDE: Do 5/10/2015 ao 12/11/2015

    MÁIS INFORMACIÓN NA SEGUINTE LIGAZÓNhttps://becas.faortega.org

     

     

    Vía Silvina Paricio orienta

    Bolsas Idiomas

    ORDE do 13 de marzo de 2014 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2014, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva

    Ata 28 Abril

    Poderá solicitar a participación nas actividades convocadas e ser beneficiario destas axudas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

    a) Estar cursando 1º, 2º, 3º e 4º da educación secundaria obrigatoria; 1º ou 2º de bacharelato

    b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2012/13

    c) Ter acadado no curso 2012/13 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de primaria par o laumnado da ESO e de 6 para o de 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato, na área ou materia de lingua inglesa

    d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade


    Bolsas Idiomas

    BOLSAS 4º ESO

    LA FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA OFRECE UN NUEVO PROGRAMA DE 100 BECAS PARA ESTUDIAR EN CANADÁ A ESCOLARES DE SECUNDARIA


     

     

    A Fundación Amancio Ortega lanza un novo programa de bolsas de bacharelato, Bolsas Estuda en Canadá, para que 100 estudantes de 4º curso de E.S.O de toda España poidan cursar o equivalente a Primeiro de Bacharelato nun instituto canadense. Hai que ter unha nota mínima de 8 en 3º ESO.

     O prazo para a presentación de solicitudes é do 16 de decembro de 2013 ás 12:00 horas até o 7 de febreiro de 2014 ás 15:00 horas.
    Podes consultar as bases da convocatoria e o procedemento de selección na seguinte ligazón: Bases da convocatoria

     

    Vía OrientaGuía

    BOLSAS ALUMNADO POSTOBRIGATORIA

    BOLSAS PARA ALUMNADO DE NIVÉIS POSTOBRIGATORIOS PARA O CURSO 2013-14

    PRAZO: ATA O 30 DE SETEMBRO


    1º e 2º de Bacharelato

    Ciclos de grao medio

    PCPI

    BOLSAS ALUMNADO CON DIFICULTADES

    AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO (2013-14)

    PRAZO PRESENTACIÓN: ATA 30 SETEMBRO

    BOLSAS ENSINOS POSTOBRIGATORIOS

    Resolución do 13 de agosto de 2013, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan bolsas de carácter xeral para o curso académico 2013-2014, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

    BOLSAS LINGUAS ESTRANXEIRAS

    Orde do 18 de marzo de 2013, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013

    BOLSAS

    Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo 2012-13

    BOLSAS

    CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA CURSAR BACHARELATO, F.P. E PCPI

    ATA 1 OUTUBRO 2012

    CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES (VIGO)

    Convócanse prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos de ensinanzas postobrigatorias non universitarias no curso académico 2012/2013