Blogia
MZUNGU

ARTIGOS

ARTIGO

2000 familias en España educan aos/ás fillos/as na casa, non van á escola.

INTERNET ESTÁ A CAMBIAR O FUNCIONAMENTO DO CEREBRO

Quero compartir con vós este interesante artigo científico publicado en lanacion.com.

ARTIGO

As/Os dires dos IES alertan da perda de calidade polos recortes no ensino.

20.000 PROFESORES MENOS

Wert calcula reducir la plantilla en al menos 20.000 maestros y profesores...

+ RECORTES NO ENSINO

O pasado sábado 21 de abril, o BOE publicaba o Real Decreto-Lei 14/2012, de 20 de abril, de medidas urgentes de racionalización del gasto público en el ámbito educativo: unha cicloxénese explosiva sobre os servizos públicos educativos...

APRENDIZAXE POR PROXECTOS

39 propostas para traballar utilizando aprendizaxe por proxectos.

FOMENTO DOS TOROS

Como xa non queda por recortar no ensino o ministro de educación e CULTURA vai arobar canto antes o seu plan de fomento da festa nacional.

DÍA DO LIBRO

O ministro de educación invita a ler cunha carta chea de erros e iso que daquela non houbo recortes. Déixovos o artigo, a carta orixinal e a mesma cos erros suliñados.

CARTA DUNHA ALUMNA AO MINSITRO DE EDUCACIÓN

Emotiva carta dunha estudante universitaria ao ministro de educación pola subida das tasas universitarias.

FINLANDIA vs ESPAÑA

Hoxe vos deixo este macro-post cos puntos que eu considero máis significativos cando comparamos os sistemas educativos finés e español. Unha grande parte deles reflectidos no traballo desenvolvido ao longo de trece anos na tese do profesor Javier Melgarejo.

 

  • O 55% dos pais/nais cren que a familia é máis responsable que a escola da educación dos seus fillos. En España o 15%.

  • En Finlandia dáse por feito que non só se educa nos centros oficiais, e que non só é válida a educación oficial. A familia é igual de importante así como a propia sociedade.

  • A ratio alumno-profesor é moito menor que en España (sen ter en conta os novos cambios).

  • O número de horas que se destinan entre os 7-14 anos é a menor de todos os países da OCDE.

  • A pesar de que a súa comprensión lectora (que posibilitará a autoformación futura) é excelente teñen menos horas de lingua que en España.

  • O goberno considera a supervivencia cultural e económica da súa nación en base a unha sociedade do coñecemento.

  • A disciplina é moi alta, mándanse deberes e poténciase o esforzo.

  • As súas bilbiotecas son de libre acceso (nin carné nin gaitas) e teñen 4 veces máis libros.

  • Existen poucos colexios concertados e o estado paga por cada alumno a mesma cantidade sexa dun público ou dun concertado.

  • As notas medias dos futuros profesores en bacharelato e selectividade deben superar o 9.

  • Se os futuros profesores teñen que ter medias de 9 ou máis, os formadores na universidade destes teñen uns expedientes e capacidades aínda superiores.

  • O profesorado e mestres/as son escrupulosamente escollidos en base á súa capacidade educativa e o seu grao de sensibilidade social.

  • As universidades de formación de profesorado até finais dos 80 facían 4 probas: entrevista, reusmen dunha lectura dun libro, explicación ante unha pequena clase e demostrar aptitudes artísticas (plásticas ou musicais).Nos anos 90 engadíronse 2 probas máis orientadas ás competencias matemáticas e tecnolóxicas.

  • Os rapaces non empezan a ler até os 7 anos, pero en dous anos xa len mellor que os nosos.

  • En todas as clases de 1º de primaria os nenos aprenden o abecedario cantando mentres o profesor toca algún instrumento musical.

  • En Finlandia o 4% dos nenos viven en situación de pobreza, en Suecia o 2%, en España o 12%.

  • As axudas son especialmente dirixidas a nais con fillos, para impedir que dependan exclusivamente do traballo privado e abandonen as súas obrigacións educativas para cos seus fillos.

  • Os pais/nais son ávidos lectores e ven considerablemente menos a televisión, os seus fillos en consecuencia imítanlles.

  • Chéganse a ter dous profesores por aula e cómese gratuitamente unha vez ao día.

  • Os nenos teñen médicos e enfermeiras escolares. Son o futuro e por tanto a prioridade.

  • Os mellores docentes destínanse á primaria.

  • Céntrase o gasto de recursos na primaria, non na secundaria ou terciaria como aquí. É entón cando o neno desenvolve as súas principais habilidades.

  • En Finlandia a formación pedagóxica e a didáctica ocupa 10 veces máis tempo que en España. 1400 horas impartidas por auténticas eminencias fronte ás 140 dadas en España (imos ver o que pasa co mestrado).

  • O profesorado de prácticas, cobra un suplemento polo seu traballo e está en contacto permanente coa universidade formadora, aprendendo a traballar en centros moi ben dotados dotados.

  • Aos mestres e profesores esíxeselles unha tesina obrigatoria na que condensen os seus coñecementos e investigacións. En España faise un traballo que pasa de man en man, ao que se lle cambian os datos e pouco máis.

  • Foméntase a autoevaluación e o traballo en grupo, no futuro poucos serán os que traballen sós e non dependan do xuízo doutros.

  • Os directores reciben unha formación específica e elixen os seus traballadores. Non hai oposicións, para iso están as universidades de formación.

  • Na universidade española a taxa de abandono é do 50%, en Finlandia do 17%.

  • As películas non se traducen, co que os nenos aprenden máis rápido idiomas e aprenden a ler máis rápido ao estar estas subtituladas.

  • Non existe a inspección educativa, o sistema controla a súa calidade durante o proceso de formación, previndo e non a posteriori malcurando.

  • O salario dos profesores é parello ao español, pero os de secundaria e primaria cobran o mesmo. Teñen un poder adquisitivo medio-alto en comparación co resto da sociedade.

  • Os finlandeses pensan que o profesor é como o molde, se o molde é excelente as copias serán mellores que se é mediocre.

  • As ofertas de apoio social son de 3 tipos a elixir:

    1- A nai recibe unha axuda para coidar ela mesma dos seus fillos.

    2- Os nenos acoden a casas de coidado familiar con 4 ou 5 nenos como máximo e cos pertinentes controles sanitarios e sociais.

    3- Gardarías municipais que dependen do Ministerio de Asuntos Sociais, non do de Educación.

Que vos parece? Como o vedes? Gañan por goleada? Podedes deixar un comentario.

SOBRAN CARREIRAS PERO NON UNIVERSIDADES NIN TITULADOS/AS

Artigo de El País.

NOVOS RECORTES, VELLAS EXCUSAS

Como vai reaccionar a comunidade educativa?

SUBIR UN 20% MÁIS O Nº DE ALUMNADO POR CLASE

SUBIR UN 20% MÁIS O Nº DE ALUMNADO POR CLASE

Máis alumnado por clase, non se cubrirán as baixas de ata dez días e máis horas docentes para o profesorado.

Outro artigo sobre o mesmo.



39 alumnos/as na ESO e 32 en Primaria

Wert (o ministro) propone 39 alumnos por clase na secundaria e 32 na primaria. O vindeiro vernes un Real Decreto-Lei aumentará a  ratio do alumnado por aula nun 20% e as horas de docencia: 25 horas semanais nas escolas e 20 nos institutos.

 

QUEN CONTROLA A EDUCACIÓN?

Interesante ARTIGO.

DOCENTES 2.0: EDUCADORES INVISIBLES

Gustóume este artigo do Blog Edumorfosis.

ALUMNADO 2.0 PROFESORADO 1.O

Ver o artigo de opinión.

ORZAMENTOS 2012 DO MINISTERI0 DE EDUCACIÓN

Desglose dos orzamentos para o ano 2012 do Ministerio de Educación e Cultura. Pódese escoitar a intervención da Secretaria de Estado.

QUE É A FELICIDADE ?

Interesante artigo de Eduard Punset "El paraíso como ciencia exacta".

APRENDIZAXE POR PROXECTOS NA PRÁCTICA

"DÍGAME Y OLVIDO, MUÉSTREME Y RECUERDO.

INVOLÚCREME Y COMPRENDO”

 
Proverbio Chino.