Blogia

MZUNGU

SalvaterraKonta 2.0. Vídeo 2 Sergio 3º PDC

Aquí temos os dous  primeiros vídeos dos valentes de 3º

PDC, Carlos e Sergio, para o noso proxecto

SalvaterraKonta. A verdade e que vos vexo futuro!

Os meus parabens e grazas por participar con esa

motivación.

SalvaterraKonta 2.0. Vídeo 1 Carlos 3º PDC

Aquí temos os dous  primeiros vídeos dos valentes de 3º

PDC, Carlos e Sergio, para o noso proxecto

SalvaterraKonta. A verdade e que vos vexo futuro!

Os meus parabens e grazas por participar con esa

motivación.

PAU: EXERCICIOS E PROBLEMAS RESOLTOS

Máis de 1000 exercicios e problemas resoltos de 10 materias: 

Matemáticas

Física

Bioloxía

Química

DebuxoTécnico

Historia

Lingua e Literatura

Filosofía

Historia da Arte

Inglés

Redemption Song. PLAYING FOR CHANGE

1

MEMORIA DA NOITE

Vivamos como galegos/as 2011-Operación Robin Hood

AS TIC SEGUNDO O ALUMNADO

Estupendo estudo sobre as TIC dende o punto de vista do alumnado. 987 enquisas a alumnado de primaria ESO e Bacharelato que deixan algunhas cousas claras.

DESENVOLVENDO A COMPETENCIA DIXITAL

50 ACTIVIDADES PARA DESENVOLVER A COMPETENCIA DIXITAL

 

CAL É A TÚA?

4º ESO: CADERNO DE INSERCIÓN LABORAL

Ferramenta onde tedes modelos de carta de presentación, CV, probas psicotécnicas ou entrevistas.

4º ESO: CADERNO DE COÑECEMENTO DO MUNDO LABORAL

Paréceme unha boa ferramenta onde tedes modalidades de contratos, profesions,estudos, etc para facer a toma de decisións vocacionais e profesionais.

SalvaterraKonta 2.0.

O profesorado e alumnado que está a (ou vai) participar no proxecto SalvaterraKonta debe considerar os seguintes puntos para recomendar o seu libro:

  1. Teredes que presentarvos dando o voso nome, idade e curso (no seu caso).
  2. Dicir o título e autor do libro.
  3. Explicar ou resumir brevemente o argumento do libro.
  4. Dar 3 razóns polas que recomendades este libro.

É convinte que escribades un pequeno guión (media páxina) do que ides falar na gravación do vídeo xa que este durará como máximo 2 minutos.

Aquelas persoas que van gravar en árabe,chinés, sueco, rumano, francés, inglés, portugués, etc. terán que presentar a tradución escrita ao galego do que van contar no vídeo para engadir os subtítulos.

Para máis información falar con Alfredo.


Os profes por vocación supervivintes

Artigo do periódico El País. 

INTERNET E A SELVA DO BRASIL

Internet permite a educación a distancia en plena

selva tropical no Brasil.

TRABALLANDO NA CLASE DE PT

Traballando a nivel fonolóxico.

NOTAS DE CORTE 2011-12

NOTAS DE CORTE 2011-12

Proxecto SalvaterraKonta 2.0.

 

Tomando como referencia a idea de Kuentalibros teño pensado levar a cabo no noso centro o seguinte:

Recomendar lecturas de libros que nos pareceran interesantes gravando un pequeno vídeo de 1-2 minutos explicando as razóns da nosa recomendación. A idea é gravar en darlle unha pincelada de multiculturalidade e gravar en galego, castelán, árabe, chinés, inglés, francés, alemán, sueco, ruso, portugués, etc. Vai parecer que somos unha vila cosmopolita, será verdade?

Tamén a cousa é que o proxecto teña unha pizca de transversalidade e participen o máximo número de departamentos (profes) e que as temáticas dos libros estean relacionadas coas máximas áreas posibles do currículo, sempre que os libros gusten e non sexan dos obrigatorios (ou tamén si é que gustaron). O máis importante sería que houbera representación de todas as etapas e grupos do centro (ESO, Bach.,Ciclo de Soldadura e PCPI de Carpinteiría).

Está aberta a participación a todo o alumnado, profesorado, familias e persoal non docente que decida participar (aínda que esteamos editando e gravando ata o 2025).

 Espero contar coa axuda do GT Audiovisuais e dos departamentos que así o desexen.

Todos/as aqueles interesados/as en participar que pregunten no Dpto. Orientación (Alfredo) para saber máis do proxecto.

No caso que a participación sexa boa abriremos a posibilidade de participar no proxecto colaborativo Kuentalibros (non hai premios xa que non é un concurso e non, tampouco subirá a nota).

Para dar exemplo do que non hai que facer, e seguro que pena tamén xa que foi gravado á primeira e sin preparar, inicio esta andadura subindo un arquivo de son (podcast) recomendando un libro, escrito en castelán, e que leva por título “El arte de amargarse la vida” de Paul Watzlawick.

Espero as vosas suxerencias e colaboracións.

TRABALLANDO COAS TIC NA CLASE

94 APLICACIÓNS EDUCATIVAS 2.0

FP. BOAS PRÁCTICAS DE SEGURIDADE NO TALLER

CANTO SABES DO SISTEMA SOLAR

Entra na aplicación e disfruta.