DICCIONARIO DO ENTROIDO EN GALIZA
DÍA DA PAZ
Eu non son moito de celebrar estes días sinalados pero farei unha pequena excepción con este post.
O 30 de xaneiro de 1948 morreu asasinado Mahatma Gandhi, líder espiritual e nacional da India e, un dos mellores exemplos que nos deu a historia de como actuar sen violencia e traballar pola liberdade seguindo unha resistencia pacífica. Como exemplo, unha das súas citas máis lembradas e repetidas: "Non hai camiños para a paz, a paz é o camiño".
Deixovos este video-post que gústame moito.
LEIS EDUCATIVAS
GUSTANNOS AS PALABRAS
SalvaterraKonta 2 0. Vídeo 18. Diego (1º A ESO)
SalvaterraKonta 2 0. Vídeo 17. Iolanda (1º Bach.)
SalvaterraKonta 2.0. Vídeo 16. Xulia (1º B E.S.O.)
SalvaterraKonta 2 0. Vídeo 15 Xaquín 1º A ESO
SalvaterraKonta 2 0. Vídeo 14 Safae 3º PDC
KUENTALIBROS: MENCIÓN PARA O CENTRO
Como sabrás cada mes otorgamos nuestro sello Kuentalibros
a la recomendación que, por diversos motivos, destaque a lo largo de ese tiempo.
Es un honor para el equipo de Kuentalibros comunicarte que vuestra participación como centro ha sido escogida como la más representativa del mes de diciembre.
Por ello en el día de mañana, lunes 16 de enero, publicaremos un artículo donde consideramos al IES Salvaterra de Miño
Kuentalibros del mes.
Aún así, seguimos esperando con ilusión vuestras nuevas aportaciones.
Te adjuntamos la imagen del sello para que puedas incluirlo en tu blog si lo deseas.
Muchas gracias por participar, por amar la lectura y kontárnoslo!
El equipo de Kuentalibros
CENTROS PARTICIPANTES
PAU 2012
As datas das probas son o 6, 7 e 8 de xuño.
ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS 2012
Orde do 29 de decembro de 2011 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias profesionais.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 16 de xaneiro de 2012 ao 15 de febreiro de 2012.
A solicitude de participación no procedemento farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion. Esta aplicación estará activa a partir do 16 de xaneiro de 2012.
- Máis información da convocatoria do proceso de acreditación de competencias profesionais
POESÍA PARA CASTELAO
que dende a Torre de Hércules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando ti volvas polo mare;
de toxo unha fogueira en cada monte;
cando ti volvas polo mare;
dos castros na coroa unha cachela,
cando ti volvas polo mare;
unha loura candea en cada pino,
cando ti volvas polo mare;
o seu cirio de frouma os alciprestes,
cando ti volvas polo mare;
luces de ardora branca en cada mastro,
cando ti volvas polo mare;
un farol mariñeiro en cada dorna,
cando ti volvas polo mare;
veliñas á xanela en cada casa,
cando ti volvas polo mare;
e as pérolas das bágoas derramadas,
cando ti chegues polo mare;
cando ti chegues polo mare...
GROLIÑOS
"Mexan sobre nós e temos que dicir que chove".
Castelao
GROLIÑOS
"O verdadeiro heroísmo consiste en trocar os anceios en realidades, as ideias en feitos"
Castelao
GROLIÑOS
"Fuxide sempre dos parvos. Non vos arrimedes a eles, poden roubarvos algo da vosa razón e transmitirvos a súa parvada"
Castelao
A VOZ DE CASTELAO SEGUE VIVA
O 7 DE XANEIRO DE 1950 FALECE CASTELAO EN BUENOS AIRES