Blogia

MZUNGU

100 graos universitarios de galiza

 

Neste magnífico documento de case cen páxinas, a compañeira Lourdes Otero recolle  un centenar de graos que se ofertan nas tres universidades galegas. Na guía, faise unha descripción de cada grao, as saídas laborais de cada un, os campus donde se imparten e ás ligazóns para ampliar información. Os diferentes estudos están organizados por ramas de coñecemento para facilitar o seu manexo. 


 

Avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) para curso 2017/2018

Instrucións para a realización, dentro do curso 2016/2017, da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) para curso 2017/2018.

 

Mini-presentación

Titoría 2º ESO. Autoestima e habilidades sociais

Novo! Programa de autoestima e habilidades sociais

Sesión 10. Tú vales mucho (1)

Páx.: (7-10)

Os mais contratados na FP 2016

Vía OrientaGuía

Titoría 1º ESO. Educación Emocional

SESIÓN 8.  ¿Cómo puedo defender mis derechos?

 Páx. 53-56


 Sesión 9. "Desagrado y molestia de manera positiva"

Páx. 57-60

Refuxiados: non é o frío, os mata a nosa indiferenza

Deixo este enlace á galería de fotos do galego Gabriel Tizón e a súa mirada deste anacronismo imperdoable que estamos a vivir que son os refuxiados no mundo.

 

Vía Educación para la solidaridad

Titoría 4º ESO. Técnicas de estudo

Click!!   Progr. Orient. Profesional

SESIÓN 10. Paso 2 "¿Tengo claro lo que me gusta?"

 Autocoñecemento

Páx.: (17-25)

SESIÓN 9. Paso 1 "Que pienso de mi futuro"

Páx.: (11-15)

Titoría 3º ESO. Orientación Profesional

Click! Programa Orient. Profesional

Sesión 10Aptitudes, intereses e profesións

Páx.: (20-23)


Motivación: si queres, podes!

Que vou estudar?

 

#ORIÉNTATE

III Semana da Ciencia. IES Salvaterra de Miño

Consulta o Tríptico  Semana da Ciencia

Reduce a túa ansiedade

 

Un equipo de investigadores do Minlab International se propuxo atopar aquelas pezas musicais que máis nos poderían axudar a combater a tan temida, ansiedade. Estes neurocientíficos atoparon que un tema, en particular arroxaba resultados espectaculares xa que as persoas reportaban unha redución do 65% nos niveis de ansiedade despois da súa escoita.

Por suposto, este tema musical non é a panacea e, claro, é probable que algunhas persoas atopemos outras cancións moito máis relaxantes. En calquera caso, o importante é que teñamos a nosa propia playlist para os momentos en que máis o necesitemos.
Si é que necesitas inspiración, estes neurocientíficos consideran que estas son as 10 cancións máis relaxantes:

 

10. "We Can Fly" de Rue du Soleil (Café Del Mar)
9. "Canzonetta Sull’aria" de Mozart
8. "Someone Like You" de Adele
7. "Pure Shores" e All Saints
6. "Please Don’t Go" de Barcelona
5. "Strawberry Swing" de Coldplay
4. "Watermark" de Enya
3. "Mellomaniac (Chill Out Mix)" de DJ Shah
2. "Electra" de Airstream
1. "Weightless" de Marconi Union

Fonte: Rincón de la Psicología

Probas título Bacharel maiores de 20 anos

Convocadas as probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización

Xúntase a Resolución do 31 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.

  • O prazo de presentación das solicitudes será entre o 24 de febreiro e o 10 de marzo de 2017.
  • A proba terá lugar o día 21 de abril de 2017, en sesións de mañá e tarde, no IES San Clemente de Santiago de Compostela.


Título ESO maiores de 18 anos

Convocadas as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de xuño e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización 2017.

Os prazos de matrícula serán:

– Convocatoria de maio: 13 de marzo ao 24 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.


– Convocatoria de setembro: 3 ao 10 de xullo de 2017, ambos os dous incluídos.

Máis información


Probas acceso Ciclos Grao Superior

Comezo do período de inscrición de probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Prazo de inscrición: do 6 ao 15 de febreiro de 2017, ambos incluídos.

Ten máis información sobre as probas de acceso en:

 

 Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior

 

Non é o frío, os mata a nosa indiferenza

 

CLIC na IMAXE !!

Do magnífico Blog Entre pasillos y aulas  tomamos prestado este material aproveitando que o 30 de xaneiro é o día escolar da non violencia e a paz. Adicaremos o tempo das titorías grupales a tratar o problema dos refuxiados cara a concienciar e sensibilizar sobre o dito, a paz e a non violencia, e facer chegar ao noso alumnado a situación de millóns de persoas que tiveron que abandoar a súa vida e os seus lugares de orixe pola violencia, a intolerancia e a fame. 

 OBXECTIVOS

- Coñecer o concepto de refuxiado e os acordos internacionais que obrigan aos estados a prestarlles axuda.

- Coñecer algunhas das organizacións internacionais que prestan axuda aos refuxiados, en concreto ACNUR.

- Sensibilizar sobre a situación dos refuxiados e a necesidade de prestarlles axuda.

- Desenvolver a empatía ante diferentes situacións de persoas refuxiadas.

ACTIVIDADES

Primeira sesión

1. Introdución do tema por parte do profesorado titor co apoio de dous vídeos (menos de 4 minutos).Diapositiva: Quen son os refuxiados? Comentario posterior sobre o contido dos vídeos para afianzar as ideas principais que neles se desenvolven.

2. Que é ACNUR? Ver o vídeo (6 minutos) no que se explica a orixe e as funcións do Alto Comisariado das Nacións Unidade para os Refuxiados. Comentario ao finalizar a proxección.Documentos de apoio: Wikipedia; ACNUR España.

3. A historia de Hany (vídeo de 26 m.): Imos coñecer unha historia con final feliz dun refuxiado sirio cunha discapacidade visual e a súa familia. Comentario final sobre a situación no campo de refuxiados e os seus primeiros pasos en Canadá. Analizar os problemas que se presentan ante unha e outra situación.

Segunda sesión

4. Presta a túa voz aos refuxiados: Traballamos a empatía cos refuxiados. En primeiro lugar, contamos cunha ligazón a unha páxina dun diario con "Historias para entender a fuxida dos refuxiados" que nos vai servir para o desenvolvemento da segunda parte desta actividade.

4.1. Veremos dous vídeos (ao redor de 5 minutos) nos que actores famosos (Oliver Platt e Minnie Driver) poñen voz a dúas historias de refuxiados. Despois de velas e comentalas, expómoslles que realicen eles a mesma función.

4.2. Para iso, repartiremos diferentes historias para que en parellas adáptenas como na diapositiva que serve de exemplo. Unha vez que o fixeran, expoñerana en clase en primeira persoa. Dámoslles 10-15 minutos para a preparación e 15-20 minutos para as exposicións.

5. Calquera pode ser refuxiado. Esta actividade contén tres vídeos: un (35 segundos) sobre a ruptura das rutinas que supón a situación de refuxiado. Un segundo vídeo de "Save the Children" (4 minutos) sobre un hipotético conflito en Europa que conduce a unha nena e a súa familia para converterse en refuxiados. Terceiro vídeo (5 minutos), "Máis aló das fronteiras", que expón un experimento. Máis información aquí abaixo:

Look Beyond Borders - Mira máis aló das fronteiras (Experimento de 4 minutos).

Cando falamos do problema dos refuxiados, usamos unha linguaxe deshumanizada que reduce a traxedia humana a números e estatísticas. Pero este sufrimento atinxe a persoas reais, que, coma nós, teñen familias, seres queridos, amigos; As súas propias historias, soños, metas ... Só cando sentan fronte a unha persoa concreta e miran aos ollos, xa non ven a un refuxiado anónimo, un dos migrantes, e notan ao ser humano ante vostedes, sufrindo, soñando... Hai 20 anos, o psicólogo Arthur Aron descubriu que 4 minutos de mirarse aos ollos pode achegar á xente. Usando este descubrimento, decidimos levar a cabo un experimento simple, durante o cal os refuxiados e os europeos sentaron un fronte ao outro e miráronse aos ollos. O experimento realizouse en Berlín: a cidade, que, en primeiro lugar, é un símbolo da superación das divisións e, en segundo lugar, parece ser o centro da Europa contemporánea. Queriamos que a película creada sobre a base do experimento fóra tan simbólica como fose posible -e tocar as divisións xerais entre as persoas.Os participantes do experimento eran persoas comúns. As situacións non se organizaron; queríamos obter reaccións naturais e espontáneas. As persoas sentadas fronte a fronte non se coñecían entre si e víronse por primeira vez durante o experimento. O que é importante, os refuxiados procedían na súa maioría de Siria e non levaban en Europa máis dun ano. 

Por último, podedes facer este experimento co alumando. Realizamos un emparellamento ao azar do alumnado da clase e pedímoslles que durante 4 minutos se coloquen diante da persoa que lle tocou e tenten comprender e coñecer mellor a ese compañeiro ou compañeira.

6. Que poderíamos facer para axudar aos refuxiados? Para finalizar, expor unha posta en común coas ideas e propostas do alumnado. Recollelas nunha folla e expoñer no taboleiro de clase.


RECURSOS- Presentación en PPT con nove vídeos e outros documentos necesarios para a realización das actividades anteriores.


TEMPO- Dous/tres sesións de titoría.

Titoría 2º ESO. Resolución de conflictos

Resultados 1ª Avaliación


Click!   Programa de resolución de conflictos de convivencia

 SESIÓN 8. "Insultos (2)" 

 Páx.: (20-25)

Titoría 3º ESO. Orientación Profesional

Resultados 1ª Avaliación


Click! Programa Orient. Profesional

Sesión 8. Aptitudes

Páx.: 14-19

Relaxación

Nova proba de acceso á Universidade 2016/17

EVALUACIÓN DE BACHILLERATO 2017, LA NUEVA PAU from Nuria Palao

 

Vos comparto a presentación que fai  Nuria Palao da Orde ECD/1941/2016, de 22 de decembro, pola que se determinan as características, o deseño e o contido da Avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade, as datas máximas de realización e de resolución dos procedementos de revisión das calificacións obtidas, para o curso 2016/2017.