BOLSAS 4º ESO
LA FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA OFRECE UN NUEVO PROGRAMA DE 100 BECAS PARA ESTUDIAR EN CANADÁ A ESCOLARES DE SECUNDARIA
A Fundación Amancio Ortega lanza un novo programa de bolsas de bacharelato, Bolsas Estuda en Canadá, para que 100 estudantes de 4º curso de E.S.O de toda España poidan cursar o equivalente a Primeiro de Bacharelato nun instituto canadense. Hai que ter unha nota mínima de 8 en 3º ESO.
O prazo para a presentación de solicitudes é do 16 de decembro de 2013 ás 12:00 horas até o 7 de febreiro de 2014 ás 15:00 horas.
Podes consultar as bases da convocatoria e o procedemento de selección na seguinte ligazón: Bases da convocatoria
Vía OrientaGuía
GRAOS CON MÁIS SAÍDAS (Expansión)

Concepto de Identidade Dixital
Titoría 4º ESO
Progr. Orient. Profesional
SESIÓN 7. Paso 3 "Para que valgo más "
Páx.: (27-35)
Progr. Orient. Profesional
SESIÓN 8. Paso 4 "Cómo me veo "
Páx.: (37-43)
Titoría 3º ESO
Programa Orient. Profesional. "Como elexir a miña profesión"
Sesión 8. Coñeces os teus intereses?
Páx.: 6-10
Titoría 2º ESO
POSTAVALIACIÓN 1ª
Progr. Resolución de Conflictos de Convivencia
SESIÓN 8. "INSULTOS 1"
Páx.: (20-25)
Titoría 1º ESO
POSTAVALIACIÓN 1ª
Programa: Riscos no uso da Rede
SESIÓN 8. Infografías do INTECO
10 FRASES DE MOTIVACIÓN

A MEDIACIÓN ESCOLAR
A Mediación no Johan Carballeira (Bueu)
Que é a Mediación escolar?
Como son os nosos mediadores?
Os/as mediadores/as son alumnos/as do noso instituto, compañeiros/as voluntarios/as que fixeron un taller de formación en resolución de conflitos e mediación. Asumen o compromiso de neutralidade, escoita, confianza e confidencialidade. O coordinador é o orientador do centro. Os/as mediadores/as non dan solucións, son neutrais e comprométense a manter en segredo o falado nas sesións de mediación. Axudarán a atopar unha solución ós vosos problemas.
Como se solicita o servizo de mediación?
É moi fácil. Simplemente comunicándollo o coordinador do servizo de mediación (o orientador), ou ao titor/a, ou ao Xefe de Estudos. Tamén podes contar coa colaboración dos alumnos/as mediadores.
Que aporta o Servizo de mediación?
A mediación aporta unha saída construtiva, pacífica e dialogada ós conflitos diarios. Os alumnos/as que tras un conflito toman contacto co servizo de mediación poden beneficiarse de:
- A actitude cooperativa para resolver conflitos.
- O coñecemento e crecemento persoal.
- A mellora do clima social do centro e do entorno.
- A adquisición de habilidades na comunicación.
- A participación activa e responsable.
- A resolución satisfactoria do conflito polas dúas partes.
Vía Orientación
LEI CONVIVENCIA
CIENCIAS NATUREZA 1º ESO
Fabricación Mecánica. Preciouse Lines (A Beleza da Creación)
Vía tecnoloxía.org
A nosa tableta...
Creo que xa estamos en condicións de afirmar que a tableta escollida para o noso proxecto TableTea, a Bq Edison 2 Quad Core, non foi unha mala elección. A construción da tableta non é a da Sony Xperia Tablet Z pero non está nada mal. Polo que respecta as Apps ven como as mellores, solo superada polo iPad. Falando da autonomía e batería é das mellores, ao nivel do iPad e un pouco por baixo da LG GPad 8.3. No tema da pantalla, tema complexo xa que temos no mercado varios modelos que incluso superan ao iPad Air en resolución pero que na práctica se ven peor que este, a nosa Bq 10.1" non está nada mal e serve moi ben para o traballo nos distintos espazos do IES e das diferentes clases cos seus 1280 X 800. Polo que respecta ao procesador, a Edison 2 Quad Core que mercamos ten iso, catro núcleos a 1.6 GHz e vai moito mellor que a outra Bq que probei de dous núcleos (Dual Core) sobre todo en canto á rapidez da conexión as nosas precarias WiFi do insti ou da casa. As cámaras, a frontal de 0.3 Mp e a traseira de 2Mp non son das mellores pero nos estamos a traballar con elas tendo en conta que escollemos a tableta de 16Gb. Algúns traballos, sen editar, podedes velos neste Blog. Non é a calidade das gravacións de video o que estamos a buscar neste proxecto.
En resumo, penso que Bq Edison 2 Quad Core é a opción máis apañada en termos de calidade/prestacións e prezo xa que por 175 Euros está moi alonxada do prezo da LG PAD 8.3 de 329 euros, da Sony Xperia Tablet Z de 500 Euros, da Google Nexus 10 de 400 euros e non digamos dos iPad, dende 479 euros. Certo é tamén, que as persoas afeitas a traballar con iPad, notamos un pouco a diferenza e incluso que unha mesma App pode ser moito máis completa en IOS que en Android pero o orzamento é a chave de todo e non somos o colexio Montserrat
nin ghañas que temos...
En fin, como ferramenta para un modestísimo proxecto piloto de Mobile Learning e despois de un par de meses de traballo, parécenos un bo dispositivo móbil para o noso alumnado touch screen
que, por certo, están moi contentos e dando envexa ao resto de alumnado coas súas tabletas de traballo. Esperamos ir sumando alumnado e profesorado ao proxecto e acadar pronto o obxectivo deseñado na parte teórica da portabilidade, isto é que o alumnado leve as tabletas para poder traballar con elas na casa e facer as tarefas da clase.
As 50 carreiras máis demandadas 2013
Que é a tendencia BYOD ?
Considero que vai ser o futuro do ensino e xa é presente no mundo laboral. BYOD son as siglas de Bring Your Own Device, algo así como trae o teu propio dispositivo -electrónico, portátil, inalámbrico e persoal- (laptops, netbooks, tablets, iPods, e-Readers, smart phones etc). Non, non estou a falar dos ultraportátiles de ABALAR
Que o alumnado aporte o seu propio dispositivo conleva un considerable aforro para o centro (e para a administración). Por outra banda o alumnado terá liberdade para escoller as aplicacións de software coas que lle gusta traballar, escollerá probablemente aquelas aplicacións e programas cos que se atope máis familiarizada/o o que fará máis amigable e motivador o seu entorno educativo. E usará o mesmo dispositivo na clase e na casa. Esta tendencia educativa BYOD fomenta moito, non fai falla explicalo, o uso das TIC no ensino (as TIC como cabalo de Troia) facilitando outras tendencias xa presentes como as Flipped Class, a realidade aumentada (AR), a gamificación, as comunidades colaborativas, os nosos PLE e tantas outras aínda por chegar. En fin, non me extendo máis en este post pero...xa estou a imaxinar as nosas aulas do IES Salvaterra de MIño con todo o alumnado utilizando os seus propios dispositivos móbiles para APRENDER, colaborando co profesorado e resto de alumnado, lendo, facendo exercicios, gravando vídeos, creando proxectos que publican nos seus Blogs nos que poden participar as súas familias. Cando marchan do IES cara as súas casas continúan o seu proceso de aprendidaxe facendo os seus deberes co mesmo dispositivo, estudando e completando os proxectos colaborativos da clase virtualmente utilizando chats e videoconferencias o través de espazos colaborativos...Vale, vale, polo momento seguimos coas tabletas Android.
Por certo, xa hai quen fala de BYOT (bring your own technology: trae a túa propia tecnoloxía), BYOA (bring your own applications: trae as túas propias aplicacions)...
Que, deixamos de prohibir os móbiles nos centros e os convertemos nunha potente ferramenta de aprendizaxe? Ao mellor, non hoxe que é festa pero ighual mañán... Un pouco tolo hai que estar
, non? Coido que aínda estou moi afectado pola morte do meu ben querido e admirado Madiba
.
Ilusión Óptica

GROLIÑOS
“Umuntu, nigumuntu, nagamuntu”
Madiba (Nelson Mandela)
Esta frase zulú significa algo así como “unha persoa é persoa por causa dos demáis” Está na orixe da filosofía Ubuntu que Nelson Mandela contribuiu a extender polo mundo. Trátase dun xeito de ver a vida que enterra as súas raíces no máis fondo da cultura africana, en concreto das etnias xhosa (á que pertencía Madiba) e zulú, pero tamén é unha maneira de estar no mundo, un concepto tan amplo que é difícil pechar nunha soa definición. De calquera xeito, a frase de Madiba “Son porque nós somos” ten sido un bo intento de enmarcar ao Ubuntu.
#RIPNelsonMandela #Madiba

#RIPNelsonMandela #Madiba
"A educación é a arma máis poderosa que podes usar para cambiar o mundo"
Nelson Mandela
