Blogia
MZUNGU

UNIVERSIDADE

Buscador te titulacións universitarias

Vos deixo este buscador de titulacións universitarias do ministerio de educación onde aparece o tipo de universidade, a oferta de prazas, nota de corte, número de créditos e prezo dos mesmos. Paréceme unha ferramenta moi útil que xa utilizamos anos atrás.

ABAU 2016/17

HORARIO

 

BASES-CONVOCATORIA de matrícula ABAU 2016/17

  • Establécese o calendario e a documentación para a matrícula.
  • Recóllense as diferentes casuísticas de alumnado que se pode presentar á proba, tanto se o ten que facer obrigatoriamente como de xeito voluntario. 
  • Publícanse as comisións delegadas e os lugares de realización da proba.
  • Publícanse os horarios dos exames, de xuño

PONDERACIÓNS parte específica ABAU para alumnado que titula neste curso 2016-17

Oferta prazas universitarias 2017-18

A CIUG ven de publicas este DOCUMENTO coa oferta de prazas por grao para o curso 2017-18.


Videos dos Graos da UVIGO

Vídeos titoriais para o acceso á universidade

S.I.O.P.E. de Vigo (Sección de Información, Orientación e Promoción da/o Estudante) fai pouco que publicou unha recopilación de vídeos titoriais moi interesantes que vos poden axudar a respostar aquelas dúbidas que vos plantexades  do aceso á universidade. Podedes botar un ollo a estas dúas coleccións de vídeos, os referidos aos graos concretos e aqueles que respostan ao acceso aos estudos universitarios.

 

 

Vía Monica Diz e Lourdes Otero

Calendario Xeral ABAU 2017

Calendario Xeral ABAU 2017 e acceso ao curso 2017/18

 

Vía Convivencia e Orientación en Perillo

ABAU. Avaliación para o acceso á universidade

Botarlle un ollo a esta presentación de Lourdes Otero sobre a avaliación do bacharelato para o acceso á universidade.

Probas Actividade Física e do Deporte Uni.Coruña

Probas de acceso ao grao de Ciencias da Actividade Física e do Deporte na UNIVERSIDADE DA CORUÑA 2017-2018

Convocáronse as probas de aptitudes específicas para o acceso ao GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE, na universidade de A Coruña, para o curso 2017-2018:




DATAS DAS PROBAS:

22  de Abril de 2017.
20 de Xuño de 2017.

PRAZO DE MATRÍCULA NAS PROBAS:
Para  convocatoria de abril: Do 6 ao 31 de marzo
Para a convocatoria de xuño: Do 9 de maio ata o 2 de xuño

TAXAS DE EXAME:
63,67 euros máis 6 euros en concepto de seguro de accidentes. O pago dos dereitos de exame permite presentarse ás dúas convocatorias.

LUGAR DE EXAME: 
Na Facultade de C.C do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña, sita na Avda. Ernesto Che Guevara, 121, Oleiros

INSCRICIÓN: 
Para efectuar a matrícula nas Probas Específicas de Admisión deberá cubrirse o formulario online de inscrición, e entregar na Secretaría do Centro os documentos que se indican nas instrucións para a inscrición.

Probas Actividade Física e do Deporte UVIGO

Probas de acceso ao grao de Ciencias da Actividade Física e do Deporte na UNIVERSIDADE DE VIGO 2017-2018

Convocáronse as probas de aptitudes específicas para o acceso ao GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE, na universidade de Vigo, para o curso 2017-2018:
O alumnado interesado de 1º bacharelato, e outras titulacións que aínda non remataran os seus estudos, pode presentarse ás probas físicas desta convocatoria (2017-18) pois, de acadar o APTO, sería válido tamén na convocatoria seguinte (2018-19). 

DATAS DAS PROBAS:
1ª data: 25  de Maio de 2017.
2ª data: 22 de Xuño de 2017.
En caso de quedar prazas vacantes realizarase unha convocatoria o 20 de setembro.

PRAZO DE MATRÍCULA NAS PROBAS:
Para  convocatoria de maio e xuño: Do 10 de marzo ao 20 de abril.
Para a convocatoria de setembro: Do 1 ao 6 de setembro (en caso de quedar prazas vacantes)

TAXAS DE EXAME:
63,67 euros máis 6 euros en concepto de seguro de accidentes. O pago dos dereitos de exame permite presentarse ás dúas convocatorias.

LUGAR DE EXAME: 
Na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte (Campus de Pontevedra, A Xunqueira, s/ 36005, agás a proba de natación, que terá lugar na Piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (Estadio da Xuventude)
INSCRICIÓN: 
Os aptos da convocatoria anterior non teñen que presentarse ás probas xa que a cualificación gárdase para o curso seguinte. O APTO gárdase para a convocatoria seguinte, é dicir, este ano tería validez na presente (2017-18) e na seguinte (convocatoria do 2018-19). 
Para efectuar a matrícula nas Probas Específicas de Admisión deberá cubrirse e enviar ou entregar o formulario de inscrición na Facultade, xunto cos documentos que se indican nas instrucións para a inscrición.

ENLACES:

PERSOAS CON DISCAPACIDADE:
Poderase adaptar tanto as probas como os protocolos e baremos das probas específicas.

PROBAS: 
Deben superarse con APTO 6 das 7 probas físicas, sendo obrigatorio obter o APTO na 1ª de Habilidades Acuáticas.

Vía Mónica Diz

Parámetros Ponderación corrixidos 27/03/2017

Ponderacións acordadas pola Secretaría Xeral de Universidades, Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e CiUG, na reunión celebrada o 27/03/2017. 

ABAU (acceso á universidade) 2017/18

RESOLUCIÓN conxunta do 21 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2016/17, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2017/18

Acceso á Universidade con título estranxeiro e bach. internacional

A CIUG informa:

Para o curso 2015-2016 e 2016-2017, segundo a regulamentación establecida pola Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) e polo Real Decreto 412/2014, de 6 de xuño, polo que se establece a normativa básica dos procedementos de admisión ás ensinanzas universitarias oficiales de Grao, desaparece a superación da proba de acceso á universidade como requisito de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de Grao para os seguintes casos:
    a) Estudantes que se atopen en posesión do título de Bacharelato Europeo en virtude das disposicións contidas no convenio polo que se establece o Estatuto das Escolas Europeas, feito en Luxsemburgo o 21 de xuño de 1994.
     b) Estudantes que obtivesen o Diploma de Bacharelato Internacional, expedido pola Organización de Bacharelato Internacional, con sede en Xenebra (Suíza).
     c) Estudantes en posesión de títulos, diplomas ou estudos de Bacharelato procedentes de sistemas educativos de Estados membros da Unión Europea ou de outros Estados cos que haxa subscrito acordos internacionais aplicables ao respecto, en réxime de reciprocidade, sempre que ditos estudantes cumpran os requisitos académicos esixidos nos seus sistemas educativos para acceder as súas Universidades.
     d) Estudantes en posesión de títulos, diplomas ou estudos equivalentes ao título de Bacharelato do Sistema Educativo Español, procedentes de sistemas educativos de Estados membros da Unión Europea ou de outros Estados cos que haxa subscrito acordos internacionais aplicables ao respecto, en réxime de reciprocidade, cando ditos estudantes non cumpran os requisitos académicos esixidos nos seus sistemas educativos para acceder as súas Universidade
    e) Estudantes en posesión de títulos, diplomas ou estudos equivalentes ao título de Bacharelato do sistema Educativo Español, procedentes de sistemas educativos de Estados que non sexan membros da Unión Europea cos que non se teñan subscrito acordos internacionais para o rexoñecementos do título de Bacharelato en réxime de reciprocidade, homologados ou declarados equivalentes ao título de Bacharelato do Sistema educativo Español.
    Aquel alumnado que desexe aumentar a súa nota de acceso inicial, poderá presentarse á Fase Específica das Probas de Acceso á Universidade organizada por:
- A Universidade Nacional de Educación a Distancia (Uned), que se celebrará nos centros asociado da UNED, ou nos lugares que acorde o órgano competente desta.
- O Sistema Universitario de Galicia (SUG) a través da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG), segundo o establecido ao respecto na correspondente convocatoria.

Nota: Para o acceso á universidade:

- os estudantes dos apartados a), b) e c) deberán contar coa Credencial para o acceso á universidade emitida pola UNED.

- os estudantes dos apartados d) e e) deberán homologar os seus estudos aos do título de Bacharelato do Sistema Educativo Español.

Vía Orienta Galicia

ABAU: Avaliación de Bacharelato para Acceso á Universidade

A Consellería de Educación, de acordo coa CIUG e as tres universidades, acaba de publicar as instrucións para a realización, dentro do curso 2016/17, da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU)
A proba será moi parecida á antiga Selectividade, só a terá que realizar o alumnado que queira cursar estudos universitarios
Cada un dos exames, de entre un mínimo de 2 e un máximo de 15 preguntas, terán unha duración de 90 minutos
A cualificación final de acceso á Universidade calcularase ponderando un 40% a cualificación da avaliación, e un 60% a do Bacharelato
Deste xeito, e segundo se recolle no Real decreto lei 5/2016, do 9 de decembro, de medidas urxentes, a avaliación non será necesaria para obter o título de bacharelato e realizarase exclusivamente para o alumnado que queira acceder a estudos universitarios.

Materias obrigatorias e opcionais

As probas versarán sobre as materias xerais do bloque das troncais da modalidade elixida, ás que se suma Lingua Galega e Literatura, que ten consideración de troncal a todos os efectos. En concreto, o alumnado examinarase, ademais de Lingua Galega e Literatura, de Lingua Española e Literatura, Primeira Lingua Estranxeira e Historia de España. No caso de ter cursado o itinerario de Humanidades, a esta lista habería que sumar Latín; no caso do itinerario de Ciencias Sociais, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais; se a modalidade escollida foi Ciencias, Matemáticas; e se foi Artes, Fundamentos da Arte. En total, cinco materias obrigatorias.

A maiores, o alumnado que queira mellorar a súa cualificación de admisión poderá examinarse dun máximo de catro materias, a elixir entre as de opción do bloque de troncais de segundo curso e as xerais troncais específicas de modalidades distintas daquela da que se examinen na parte obrigatoria da proba. Os exames correspondentes a estas materias teñen carácter voluntario e, ao igual que as cinco primeiras, cualificaranse de 0 a 10 puntos. Ademais, para a mellora da nota de admisión tamén se terá en consideración a cualificación obtida na fase obrigatoria na materia xeral específica de cada modalidade do bloque das materias troncais (isto é: Matemáticas, Latín, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais e Fundamentos da Arte), sempre e cando a cualificación acadada na materia correspondente sexa igual ou superior a 5 puntos.

Duración e características

Cada proba constará dun mínimo de 2 e un máximo de 15 preguntas abertas e semiabertas, que requirirán ao alumnado capacidade de pensamento crítico, reflexión e madurez. A maiores deste tipo de cuestións, tamén se poderán utilizar preguntas de opción múltiple, sempre e cando a puntuación asignada ao total das abertas e semiabertas alcance como mínimo o 50%.

Cómpre salientar que a duración de cada un dos exames será de 90 minutos e que, en total, a avaliación de bacharelato no seu conxunto desenvolverase ao longo de tres días. En canto ás datas concretas, serán fixadas pola CIUG, en coordinación coas universidades do SUG e coa Consellería.

Cualificación

En canto á cualificación da ABAU, esta será a media aritmética das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das probas realizadas das materiais xerais do bloque de troncais e da materia de Lingua Galega e Literatura, expresada nunha escala de 0 a 10 con tres cifras decimais. Esta cualificación deberá ser igual ou superior a 4 puntos. Deste xeito, a cualificación final para o acceso á Universidade calcularase ponderando un 40% a cualificación da avaliación, e un 60% a da etapa. Tal e como queda recollido nas instrucións, entenderase que se reúnen os requisitos de acceso cando o resultado desta ponderación sexa igual ou superior a cinco puntos.

No curso 2016/17 realizaranse dúas convocatorias, unha ordinaria e outra extraordinaria. O alumnado que no actual ano académico participe na convocatoria ordinaria poderá presentarse para a mellora das cualificacións na extraordinaria, na que se terá en conta a nota obtida na última sempre e cando sexa superior.

100 graos universitarios de galiza

 

Neste magnífico documento de case cen páxinas, a compañeira Lourdes Otero recolle  un centenar de graos que se ofertan nas tres universidades galegas. Na guía, faise unha descripción de cada grao, as saídas laborais de cada un, os campus donde se imparten e ás ligazóns para ampliar información. Os diferentes estudos están organizados por ramas de coñecemento para facilitar o seu manexo. 


 

Avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) para curso 2017/2018

Instrucións para a realización, dentro do curso 2016/2017, da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) para curso 2017/2018.

 

Mini-presentación

Nova proba de acceso á Universidade 2016/17

 

Vos comparto a presentación que fai  Nuria Palao da Orde ECD/1941/2016, de 22 de decembro, pola que se determinan as características, o deseño e o contido da Avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade, as datas máximas de realización e de resolución dos procedementos de revisión das calificacións obtidas, para o curso 2016/2017.

Notas de Corte 2016/17

A CiUG ven de publicas as notas de corte deste curso universitario 2016/17. 

Guía de estudos superiores 2016

 

Guia de información de estudos superiores 2016 elaborada por Alberto Del Mazo en el Blog Orientapas. Información sobre:

Toma de decisións vocacionais

Cuestionarios de intereses profesionais e portafolios online

Rama de artes e humanidades

Rama de ciencias sociais e xurídicas

Rama de ciencias da saúde

Rama de ciencias experimentais

Rama de enñarías e arquitecturas

Rama de actividades físicas e seguridade

Ensinanzas de réxime especial


Novo Grao 2016/17: Enxeñaría Aeroespacial

A Universidade de Vigo, o vindeiro curso 2016/17 impartirá un novo grao no campus de Ourense: o de Enxeñaría Aeroespacial. Podedes ollar o folleto informativo da titulación.  Tamén o tedes na porta do Dpto. de orientación.

Graos Universitarios

Dobres Graos

Oferta de Dobres Graos para o curso 2014-15 en Galiza


Dobres Graos na Universidade de Vigo

Dobres Graos na Universidade de A Coruña:

 

Dobres Graos en toda España

 

 

Vía Mónica Diz Orienta