Se muestran los artículos pertenecientes al tema FORMACIÓN PROFESIONAL.

ORDE do 22 de decembro de 2016 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2017

Calendario das probas de acceso

Incrición para a proba: do 13 ao 23 de marzo

Celebración da proba: 31 de maio

Requisitos das persoas participantes: Poderán participar na proba de acceso as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.

Estrutura e organización da proba:

 a) Parte sociolingüística

– Lingua Castelá.

– Lingua Galega.

– Ciencias Sociais.

b) Parte matemática

– Matemáticas

c) Parte científico-técnica

– Ciencias da Natureza.

– Tecnoloxía.

 

Máis información

Vos deixo este ENLACE cos videos explicativos de 21 das familias de Formación Profesional existentes.

Vía OrientaGuía

Comezo do período de inscrición de probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Prazo de inscrición: do 6 ao 15 de febreiro de 2017, ambos incluídos.

Ten máis información sobre as probas de acceso en:

 

 Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior

 

ORDE do 22 de decembro de 2016 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2017.

A Consellería de Educación publica nestes días o borrador da Orde de admisión a ciclos de Formación Profesional para o curso 2016/2017

Este é o resumo das principais novidades nun traballo de compilación do borrador da orde feito pola compañeira Mónica Diz

PRAZOS

É unha das principais novidades. Ata este ano a admisión comezaba a mediados de xuño. Neste curso establécense dous prazos máis amplos, tanto para o réxime ordinario como para o réxime de adultos (excepto nos ciclos de FP Dual que teñen prazos específicos). 
  • PERÍODO ORDINARIO: Do 25 de xuño ao 31 de xullo
  • PERÍODO EXTRAORDINARIO: Do 1 de setembro ata un mes despois de iniciadas as clases en ciclos de FP segundo o calendario da publicado pola Consellería. 

PROCEDEMENTO PARA A SOLICITUDE

Neste curso a solicitude vía web é obrigatoria. A solicitude vía web poderase realizar para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario.
Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser debídamente entregada e en prazo, en calquera centro público de Galiza con oferta de ciclos formativos de formación profesional. Xa non é necesario entregar a solicitude no centro escollido en primeiro lugar

REQUISITOS DE ACCESO

Coa aplicación da LOMCE pódese acceder á FP con novos requisitos académicos (resumo da Orde de admisión):

DISTRIBUCIÓN DAS PRAZAS POR COTAS E GRUPOS

 
As prazas ofrecidas para cada centro e ciclo distribúense en tres cotas: cota xeral, cota para persoas con discapacidade legalmente recoñecida (10%) e cota para deportistas de alto nivel ou de alto rendemento (5%).

CICLOS MEDIOS RÉXIME ORDINARIO

 
Para cada cota haberá tres grupos segundo o tipo de requisitos de acceso:

  • Grupo A, persoas que posúen título da ESO ou titulacións equivalentes para efectos de acceso a ciclos.
  • Grupo B, persoas que teñen título profesional básico ou os módulos obrigatorios dos PCPI do curso 2011-2012 ou seguintes.
  • Grupo C, persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a ciclos ou outras vías de acceso a ciclos de grao medio.
A distribución, ao comezo do proceso de admisión, das prazas dispoñibles para cada ciclo e para cada centro é:
 
GRUPO A
ESO ou equivalentes
GRUPO B
FPB e PCPI
GRUPO C
Probas de accceso e outros
Ata o 70%
Ata o 20%
  Ata o 10%

PRIORIDADES NA ADMISIÓN EN CADA GRUPO (CICLOS MEDIOS)

   Grupo A.

  1º. Alumnado con título de graduado en educación secundaria obrigatoria con superación da avaliación final de educación secundaria obrigatoria pola opción de ensinanzas aplicadas.

 2º. Alumnado con título de graduado en educación secundaria obrigatoria obtido con anterioridade á implantación da avaliación final da educación secundaria obrigatoria.

 3º. Outras titulacións equivalentes para os efectos de acceso neste grupo:

 - Alumnado con título de técnico auxiliar.

- Alumnado cun máximo de dúas materias pendentes no conxunto dos dous primeiros cursos de BUP.
- Alumnado con título de bacharelato superior.
- Alumnado que superou, das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos, o terceiro curso do plan de 1963 ou o segundo de comúns experimental.
 Grupo B

1º. Alumnado con título de formación profesional básica que recolla no seu currículo ter preferencia na admisión ao ciclo formativo de grao medio que se solicita.
2º. Alumnado con título de formación profesional básica que non recolla no seu currículo ter preferencia na admisión ao ciclo formativo de grao medio que se solicita.
3º. Alumnado que superara os módulos obrigatorios dun programa de cualificación profesional inicial.

Grupo C

1º. Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou con curso de formación específico para o acceso a ciclos formativos de grao medio.
2º. Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
3º. Alumnado con proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño
4º. Alumnado con título de técnico.
5º. Alumnado con certificado acreditativo de ter superadas todas as materias do bacharelato regulado na Lei orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.
6º. Alumnado con título de bacharelato.
7º. Alumnado con título de técnico superior ou de técnico especialista.
8º. Alumnado con título universitario.
En caso de empate seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza. De persistir o empate, resolverase por sorteo público.

CICLOS SUPERIORES RÉXIME ORDINARIO:
Para cada cota haberá tres grupos segundo o tipo de requisitos de acceso:
  • Grupo A, persoas que posúen título de bacharelato ou equivalente para efectos de acceso a ciclos.
  • Grupo B, persoas que teñen un título de técnico LOE ou LOXSE.
  • Grupo C, persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a ciclos superiores ou outras vías de acceso a ciclos de grao superior.
A distribución, ao comezo do proceso de admisión, das prazas dispoñibles para cada ciclo e para cada centro é:
GRUPO A
Bacharelato ou equivalentes
GRUPO B
Título de técnico
GRUPO C
Probas de acceso e outros
Ata o 70%
Ata o 20%
Ata o 10%


PRIORIDADES NA ADMISIÓN EN CADA UN DOS GRUPOS (CICLOS SUPERIORES)

Grupo A.
 
1º. Alumnado con título de bacharelato da modalidade preferente, e coas materias vinculadas, que se determina no currículo do ciclo. A nota media, de maior a menor, das materias vinculadas empregarase nos casos de empate da nota media do bacharelato.
2º. Alumnado con título de bacharelato da modalidade preferente, pero sen algunha das materias vinculadas, que se determina no currículo do ciclo.
3º. Alumnado con título de bacharelato sen modalidade preferente das determinadas no currículo do ciclo. Alumnado que superara COU ou PREU.
4º. Alumnado con certificado acreditativo de ter superado todas as materias do bacharelato LOMCE da modalidade preferente que se determina no currículo do ciclo.
5º. Alumnado con certificado acreditativo de ter superado todas as materias do bacharelato sen a modalidade preferente que se determina no currículo do ciclo. 
6º. Alumnado con título de bacharelato unificado e polivalente (BUP).
Grupo B

1º. Alumnado con título de técnico de formación profesional da mesma familia profesional que o ciclo formativo de grao superior que se solicita.
2º. Alumnado con título de técnico de formación profesional de diferente familia profesional que o ciclo formativo de grao superior que se solicita.
Grupo C

1º. Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
2º. Alumnado con proba de acceso a universidade para maiores de 25 anos.
3º. Alumnado con título de técnico superior ou de técnico especialista.
4º. Alumnado con título universitario.
En caso de empate entre varias persoas solicitantes, seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza. De persistir o empate, resolverase por sorteo público.
RÉXIME DE PERSOAS ADULTAS:

 Cando a demanda de prazas supere a oferta, hai establecidos uns criterios de selección, para cada unha das cotas. En cada cota de acceso ordénanse as persoas solicitantes atendendo a unha puntuación que ten en conta os requisitos de acceso, a experiencia laboral, os módulos superados no ciclo e as unidades de competencia do ciclo acreditadas. Neste réxime non existen grupos diferenciados dentro de cada cota de acceso.

  

Puntuacións:

a) Por cumprir os requisitos de acceso: 10 puntos. 

b) Pola experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo puntuarase con 0,25 puntos por cada 30 días, ata un máximo de 15 puntos. 

c) Por módulos xa acreditados do ciclo formativo: 2 puntos por cada módulo. 

d) Por unidades de competencia obtidas por participar nos procesos de acreditación de competencias que dean lugar a validación de módulos profesionais do ciclo formativo que se solicita: 2 puntos por cada módulo que fose validable. 

O alumnado matriculado nalgún módulo non ten dereito á reserva de praza, polo que deberá someterse no curso seguinte ao proceso de admisión. 

 

ADMISIÓN PARA O ALUMNADO QUE PASA A 2º CURSO DE CICLO:

  • O alumnado que se promova de 1º a 2º curso no mesmo centro deberá entregar a solicitude de reserva de praza para o segundo curso.
  • O alumnado terá dereito a repetir con praza reservada por unha vez no mesmo centro no ano seguinte.
  • O alumnado que se promova ao segundo curso e o repetidor de segundo curso que desexe formalizar a matrícula nun centro diferente deberá presentar nel a solicitude de admisión establecida no anexo I.
ALUMNADO QUE ACCEDE POLA COTA DE DISCAPACIDADE:
  • O alumnado que optase a prazas reservadas para persoas con discapacidade asistirá a unha reunión individual convocada polo Departamento de Orientación do centro educativo que solicitase en primeira opción. 
  • Será obrigatorio levar o certificado do grao de discapacidade e o ditame técnico facultativo á reunión. Tamén se poderá achegar outra documentación que se estime oportuno. 
  • A finalidade da reunión será que a persoa reciba información sobre o currículo das ensinanzas solicitadas, en particular sobre as dificultades que a consecuencia da discapacidade poidan aparecer para a adquisición dos resultados de aprendizaxe do ciclo. 
  • O Departamento de Orientación emitirá un informe, que proporcionará a persoa solicitante, no que constará unha orientación específica e se incluirá unha proposta razoada de escolarización en función das necesidades da persoa solicitante que, de ser o caso, poderá modificar a súa solicitude. 
  • De ser necesario poderase contar coa axuda do equipo de orientación específico da provincia. 
  • Poderanse solicitar informes dos membros da inspección médica de cada delegación para valorar as solicitudes do alumnado con discapacidade e as posibles limitacións para poderen cursar con aproveitamento as ensinanzas.

MATRICULACIÓN E RENUNCIA:

  • As persoas con praza adxudicada en cada fase do proceso teñen a obriga de matricularse nos prazos que se indiquen.
  • No 1º curso do réxime ordinario, quen non fose admitido na praza solicitada en primeiro lugar poderá renunciar á praza outorgada nos mesmos prazos establecidos para a matrícula. Esta renuncia implica tamén desistir de todas as demais prazas solicitadas en opcións de menor preferencia a esa, permanecendo nas listas de espera das opcións con maior prioridade.

DATA e LUGAR 

A proba terá lugar o vindeiro mércores 25 de maio de 2016 no IES Pedra da Auga de Ponteareas.

DOCUMENTACIÓN

Tedes que levar DNI e copia da folla de solicitude. Non se vos permitirá entrar sin estes documentos.

HORARIO

Prentación ás 9:00 horas

Parte matemática e sociolingüística das 10:00 ás 13:00 horas

Parte científico-técnica das 16:00 ás 18:00 horas.

 

As persoas interesadas deberedes ir pola vosa conta.

Máis información

 

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional.

Requisitos das persoas solicitantes

Cumprir os requisitos de acceso establecidos no artigo 36º do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia (para ciclos medios, ESO ou proba de acceso; para ciclos superiores, bacharelato da LOE ou da LOXSE, ou proba de acceso), e ademais:

– Ter 18 anos, para optar aos títulos de técnico

– Ter 20 anos, para optar aos títulos de técnico superior, ou 19 anos no caso de posuír xa o título de técnico

Malia o anterior, coa finalidade de facilitar a formación permanente, a integración social e a inclusión de persoas e de grupos desfavorecidos no mercado de traballo, se houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á realización das probas dos módulos profesionais asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais as persoas adultas que, sen cumpriren as condicións de acceso, teñan acreditada:

– Experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo correspondente.

Con carácter xeral, non estar matriculado/a en ciclos formativos de formación profesional nin ter causado baixa no correspondente curso académico.

Excepcionalmente, no caso de que houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á realización das probas as persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas para a superación dos módulos profesionais do mesmo ciclo formativo, sempre que os teñan suspensos de cursos académicos anteriores e non se atopen matriculadas neles no curso académico de realización da proba.

Non estar en posesión dun título de formación profesional declarado equivalente ao correspondente título de formación profesional establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, obxecto da proba.

 Lugar de presentación de solicitudes

As solicitudes de inscrición para participar nas probas libres de formación profesional presentaranse na secretaría de calquera centro público en que se oferten probas libres para a obtención de títulos LOE, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.

Prazo de solicitude de admisión

Unicamente poderá presentar a solicitude de admisión quen cumpra os requisitos de acceso no período da inscrición.
O prazo de presentación de solicitudes de admisión é o seguinte (período ordinario): do 18 ao 29 de abril de 2016 ata as 13:00 h.


Publicadas as listaxes de admitidos e excluídos e as listaxes de exención para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Período de reclamación: do día  15 ao 17 de marzo, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

Acceso ás listaxes de solicitudes de inscrición.

Acceso ás listaxes de exención.

Familias FP

Publicado: 01/03/2016 09:34 por iessalvaterraorientacion en FORMACIÓN PROFESIONAL

Vos deixo esta entrada de Orientapas, un magnifico traballo de compilación dos distintos estudos e títulos por familia profesional.

Pulsa nas imaxes para agrandar os esquemas

 

 

 

 

20160211100943-fea8cc57c1d668c55bd3c36d306b1e11.png

Orde do 2 de febreiro de 2016 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2016

 

Calendario 

Información probas de acceso a grao medio

Información probas de acceso grao superior


As persoas que teñan o título de Técnico de Formación Profesional ou BUP poden acceder aos Ciclos Formativos de Grao Superior sin facer a proba de acceso.

20160211094519-informacio-n-xeral-das-probas-de-acceso-a-grao-superior-xunta-de-galicia.png

ORDE do 3 de xuño de 2015 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades.20150616111555-dual.png

 

Requisitos das persoas solicitantes

Para poderen acceder a este proxecto de formación profesional dual, as persoas aspirantes deberán cumprir o seguinte:

a) Ter entre dezaseis e vinte e nove anos no momento de inicio do programa formativo, no caso dos ciclos de grao medio, e entre dezaoito e vinte e nove anos, no caso dos ciclos de grao superior.

b) Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos establecidos no artigo 36 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do Sistema educativo de Galicia, para poder matricularse en todos os módulos profesionais do ciclo formativo correspondente, e que se detallan no modelo de solicitude, no anexo I desta orde.

c) Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do Sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.

d) Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.

e) Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.

 

FP en Galiza

Publicado: 09/06/2015 11:33 por iessalvaterraorientacion en FORMACIÓN PROFESIONAL

Folletos informativos de FP

Escoita esta páxina empregando ReadSpeaker

 

Familia profesional de Seguridade e medio ambiente
 

 

Modalidades de bacharelato preferentes e materias vinculadas para ciclos formativos de grao superior

FP Básica

Publicado: 25/02/2015 09:06 por iessalvaterraorientacion en FORMACIÓN PROFESIONAL

Oferta de FP básica por provincia e concello

ORDE do 17 de febreiro de 2015 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2015.

 

Requisitos das persoas participantes (ciclos grao medio)

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de realización da proba.

Requisitos das persoas participantes (ciclos grao superior)

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e se atopen nalgunha das seguintes situacións:

a) Ter dezanove anos ou facelos no ano natural de realización da proba.

b) Facer ou ter feitos os dezaoito anos no ano natural de realización da proba, e dispor dun título de técnico que pertenza a algunha familia profesional incluída na opción á que se opta, consonte o que se establece no anexo VII da orde

ORDE do 16 de decembro de 2014 pola que se convoca o proceso de acreditaciónde competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, naComunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competenciado Catálogo nacional de cualificacións profesionais.


PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 8 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2015ambos  incluidos.

 

Máis información aquí


A FP Básica

Publicado: 22/05/2014 11:29 por iessalvaterraorientacion en FORMACIÓN PROFESIONAL

Axudas FCT

Publicado: 19/05/2014 10:31 por iessalvaterraorientacion en FORMACIÓN PROFESIONAL

 

 

CONVOCADAS PROBAS DE ACCESO A ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES EN GALICIA 2014

A Consellería de Educación publicou a convocatoria de probas de acceso para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente, e cumpran dezanove anos no ano 2014, ás ensinanzas artísticas, para o curso 2014/2015. 
Click na imaxe

Prazo de inscrición para realizar a proba: ata o 29 de maio de 2014


Lugares de inscrición: na secretaría dos seguintes centros. 

– Conservatorio Superior de Música da Coruña.
– Conservatorio Superior de Música de Vigo.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
– Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
– Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
Para a formalización da inscrición os centros superiores facilitaranlle ás persoas interesadas o modelo de solicitude. Unha vez cuberto entregarase unha única instancia na secretaría do centro, xunto cunha copia compulsada do DNI, NIE ou pasaporte. 
Data, lugar e horario da proba: A proba de acceso realizarase o día 6 de xuño ás 9.00 horas no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela, de acordo co seguinte horario:


– 9.00 h: presentación.
– Das 9.30 ás 10.30 h: Lingua Estranxeira (inglés ou francés).
– Das 10.30 ás 11.30 h: Lingua Castelá e Literatura.
– Das 12.00 ás 13.00 h: Lingua Galega e Literatura.
– Das 13.00 ás 14.00 h: Filosofía e Cidadanía ou Historia da Filosofía.
– Das 16.00 ás 17.00 h: Historia de España ou Ciencias para o Mundo Contemporáneo.

As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e copia da folla de solicitude de inscrición.


LIGAZÓNS:

Vía Mónica Diz Orienta

Convocadas as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2014
Lun, 10/03/2014 - 09:30

Xúntase a Orde do 5 de marzo de 2014 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2014.

Prazo de inscrición nas probas de acceso:

  • Ciclos formativos de grao medio: Entre os días 31 de marzo e 11 de abril de 2014, ambos os dous incluídos. (17 anos no ano natural)
  • Ciclos formativos de grao superior: Entre os días 10 e 21 de marzo de 2014, ambos os dous incluídos (19 anos no ano natural)

Aquí vos deixo unha síntese das características máis importantes da Formación Profesional Básica, o primeiro programa que se vai a implantar en Secundaria no próximo curso 2014/15 e que substituirá aos Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI).

A diferenza fundamental, aínda que non a única, desta nova formación con respecto aos anteriores programas é clara: aínda que seguen permitindo o acceso de forma directa aos Ciclos Formativos de Grao Medio, a partir de agora non conceden o Título de ESO a non ser que o/a alumno/a supere a proba de Avaliación Final de ESO (cuestión bastante improbable).

Vía OrientaGuía

Vía tecnoloxía.org

Publicouse no DOG do 4 de xullo a convocatoria das probas de acceso a ensinanzas deportivas para o curso 2013-2014.
  • Prazo de inscrición nas probas: Do 5 ao 17 de xullo de 2013. Aquelas persoas que teñan pendente algunha materia de bacharelato ou ESO poderán presentarse á proba de acceso, sempre e cando acrediten no prazo de matrícula, no mes de setembro, a superación da materia ou materias pendentes. En calquera caso poderán presentarse á proba de madureza, que se celebrará o 4 de setembro. 
  •   
  • Celebración das probas: Setembro do 2013. Para ver as datas concretas de cada especialidade e centro consultar o enlace coa convocatoria. 
  • A inscrición para realizar as probas farase na secretaría dos centros públicos onde se impartan ensinanzas deportivas, coa excepción da especialidade hípica, que se fará nos centros autorizados que a impartan.
  • Prazo de matrícula nas ensinanzas: Ata o 17 de setembro de 2013. 

ENLACE CO TEXTO DA CONVOCATORIA: onde se publican as datas e horarios das probas, formularios de inscrición e matrícula, requisitos de acceso, contidos das probas,... .
Vía Mónica Diz Orienta

Admisión a ciclos formativos de grao medio

ADMISIÓN CICLOS

 

Prazos de presentación de solicitudes

Período ordinario: do 17 de xuño ao 2 de xullo ata as 13:00 horas.

 Período extraordinario: do 2 ao 12 de setembro ata as 13:00 horas.

Nota: lémbrase que as solicitudes presentadas no período ordinario terán prioridade sobre as presentadas no período extraordinario


OFERTA DE FORMACIÓN PROFESIONAL EN GALICIA 2013/2014

RÉXIME ORDINARIO NA MODALIDADE PRESENCIALPOR FAMILIA PROFESIONAL E CICLOPOR PROVINCIA E CONCELLO
   
RÉXIME DAS PERSOAS ADULTAS NA MODALIDADE PRESENCIALPOR FAMILIA PROFESIONAL E CICLOPOR PROVINCIA E CONCELLO
   
RÉXIME DAS PERSOAS ADULTAS NA MODALIDADE A DISTANCIAPOR FAMILIA PROFESIONAL E CICLOPOR PROVINCIA E CONCELLO
MÁIS INFORMACIÓNOFERTA 2013/2014 

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2013/14.

NO CIFP A GRANXA (PONTEAREAS)

ORDE do 16 de maio de 2013 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.

FP videos

Publicado: 18/05/2013 09:32 por iessalvaterraorientacion en FORMACIÓN PROFESIONAL

VIDEOAS DAS FAMILIAS PROFESONAIS

Ver lugares e sedes

Instrucións para a realización das probas

Máis información sobre a convocatoria

Data da proba: 23 de maio de 2013

XA O TES CLARO? 195 OCUPACIÓNS PARA ESCOLLER A TÚA PROFESIÓN

CONVOCADAS PROBAS DE ACCESO A ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES EN GALICIA

A consellería de Educación ven de publicar a convocatoria de probas de acceso para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente, e cumpran dezanove anos no ano 2013, ás ensinanzas artísticas, para o curso 2013/2014. 

Prazo de inscrición: ata o 30 de maio. 

Lugares de inscrición: nas secretarías dos seguintes centros. 

– Conservatorio Superior de Música da Coruña.
– Conservatorio Superior de Música de Vigo.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
– Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
– Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.


Data, lugar e horario da proba: A proba de acceso realizarase o día 7 de xuño ás 9.00 horas no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela, de acordo co seguinte horario:

– 9.00 h: presentación.
– Das 9.30 ás 10.30 h: Lingua Estranxeira (inglés ou francés).
– Das 10.30 ás 11.30 h: Lingua Castelá e Literatura.
– Das 12.00 ás 13.00 h: Lingua Galega e Literatura.
– Das 13.00 ás 14.00 h: Filosofía e Cidadanía ou Historia da Filosofía.
– Das 16.00 ás 17.00 h: Historia de España ou Ciencias para o Mundo Contemporáneo.


As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e copia da folla de solicitude de inscrición. 

LIGAZÓNS:

Web Consellería. 
Resolución coa convocatoria. 
Ensinanzas artísticas Web Consellería.

FP

Publicado: 30/04/2013 10:32 por iessalvaterraorientacion en FORMACIÓN PROFESIONAL

BOLSA DE EMPREGO

CIFP FERROLTERRA1

 

BOLSA DE EMPREGO

CIFP FERROLTERRA 2


FP

Publicado: 30/04/2013 10:30 por iessalvaterraorientacion en FORMACIÓN PROFESIONAL

BUSCANDO EMPREGO CON EURES

FP

Publicado: 30/04/2013 10:29 por iessalvaterraorientacion en FORMACIÓN PROFESIONAL

HABILITACIÓNS E CARNETS PROFESIONAIS

FP

Publicado: 30/04/2013 10:28 por iessalvaterraorientacion en FORMACIÓN PROFESIONAL

DESENVOLVEMENTO PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN TÍTULOS FP LOE

FP

Publicado: 17/04/2013 18:35 por iessalvaterraorientacion en FORMACIÓN PROFESIONAL

ORDE do 5 de abril de 2013 pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

Toda a informacón desta convocatoria

FP

Publicado: 07/04/2013 09:34 por iessalvaterraorientacion en FORMACIÓN PROFESIONAL

Probas de acceso grao medio.

Listaxe provisional de persoas inscritas.

 PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS DE GRAO MEDIO

 PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

DO 25 DE FEBREIRO AO 8 DE MARZO DE 2013

 DATA DA PROBA: 23 DE MAIO DE 2013

9.00 HORAS: PRESENTACIÓN

DE 10.00 ÁS 13.00 HORAS: PARTE MATEMÁTICA E PARTE SOCIOLINGÜÍSTICA

DE 16.00 ÁS 18.00 HORAS: PARTE CIENTÍFICO-TÉCNICA

 


PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS DE GRAO SUPERIOR

 PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

DO 28 DE XANEIRO AO 8 DE FEBREIRO DE 2013

 DATA DA PROBA: 25 DE ABRIL DE 2013

9.00 HORAS: PRESENTACIÓN

DAS 10.15 ÁS 13.30  HORAS: MATEMÁTICAS, LINGUA GALEGA E LINGUA CASTELÁ

DAS 16.00 ÁS 18.30 HORAS: MATERIAS ESPECÍFICAS

Convocatoria ordinaria de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o ano 2013

Acceso e admisión dos/as técnicos/as superiores en formación profesional á universidade.

Efectos académicos e profesionais dos títulos de técnico especialista (FP2) e os ciclos de grao superior

Instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional inicial no curso 2012/2013

FP

Publicado: 18/06/2012 19:55 por iessalvaterraorientacion en FORMACIÓN PROFESIONAL

ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN NOS CICLOS FORMATIVOS.

O prazo ordinario vai dende o 18 de xuño ao 2 de xullo.

O prazo extraordinario vai do 3 ao 12 de setembro.

FP

Publicado: 13/06/2012 11:28 por iessalvaterraorientacion en FORMACIÓN PROFESIONAL

Como acreditar competencias profesionais

AXUDAS FCT

Publicado: 16/05/2012 10:02 por iessalvaterraorientacion en FORMACIÓN PROFESIONAL

Convócanse axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.

Instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2012/2013.

DESEÑO

Publicado: 15/05/2012 10:07 por iessalvaterraorientacion en FORMACIÓN PROFESIONAL

Publicación dos lugares e sedes de realización das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

EXAMES acceso a grao medio de cursos pasados.


AS PROBAS SERÁN O 25 MAIO NO PEDRA DA AUGA (PONTEAREAS)


Folletos informativos de FP (CLICK en cada Familia)

Formación profesional inicial no curso 2011-2012, perfís profesionais (competencia xeral, postos de traballo máis relevantes, módulos, título que se obtén), unidades de competencia que se acreditan por módulo ou módulos superados, módulos profesionais que se validan por unidade ou unidades de competencia acreditadas.

 

 

Artículo 18. Acceso a ciclos formativos de grado superior.Para acceder a los ciclos formativos de grado superior se requerirá una de las siguientes condiciones:

a) Estar en posesión del título de Bachiller.

b) Poseer un título de Técnico de Grado Medio y haber superado un curso de formación específico para el acceso a ciclos de grado superior en centros públicos o privados autorizados por la Administración educativa.

c) Haber superado la prueba de acceso a ciclos formativos de grado superior o la prueba de acceso a la universidad para mayores de 25 años

Artículo 19. Curso de formación específico para el acceso a los ciclos formativos de grado superior.

1. El curso de acceso a los ciclos de grado superior tendrán una duración mínima de 700 horas.

2. Este curso constará de dos partes, una parte común y otra específica.– La parte común tendrá carácter instrumental y desarrollará como mínimo los objetivos de la lengua castellana e idioma extranjero del Bachillerato.

– La parte específica se organizará, al menos, en dos opciones: ciencia y tecnología, y humanidades y ciencias sociales.

Dentro de cada opción las Administraciones educativas desarrollarán como mínimo dos materias.

 

Máis información

RESUMO sobre como é o acceso á Universidade dende os Ciclos Formativos de Grao Superior de F.P.

 AVISO CICLOS DE GRAO SUPERIOR

LEMBRADE QUE INICIA O PRAZO DE INSCRICIÓN O luns 23 xaneiro

Enlace a todo o calendario

Orde do 29 de decembro de 2011 pola que se convoca o proceso de acredita­ción de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias profe­sionais.

prazo de presentación de solicitudes será desde o 16 de xaneiro de 2012 ao 15 de febreiro de 2012.

A solicitude de participación no procedemento farase empregando a aplicación infor­mática subministrada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacionEsta aplicación estará activa a partir do 16 de xaneiro de 2012.

 
 - Ver convocatoria

- Requisitos

- Folleto Informativo

 - Máis información da convocatoria do proceso de acreditación de competencias profesionais

Diferenzas entre os certificados de profesionalidade e os títulos de FP.

O goberno aprobará en decembro o catálogo das 139 titulacións de FP que poderán cursarse en España, así como o catálogo das 667 cualificacións profesionais asociadas.

O  consello de ministros aprobou 23 novos títulos de FP...

Pois iso, aquí tedes un estudo sobre o mapa da oferta de formación profesional en España con certas conclusións interesantes.

Folletos da 22 familias profesionais

Formación profesional inicial no curso 2011-2012, perfís profesionais (competencia xeral, postos de traballo máis relevantes, módulos, título que se obtén), unidades de competencia que se acreditan por módulo ou módulos superados, módulos profesionais que se validan por unidade ou unidades de competencia acreditadas.

 

Un 24% do alumnado escolle FP fronte ao 47% de media en Europa.

Convocatoria, documentos chave e guía do/a candidato/a.

Ver a convocatoria no BOE.

O alumnado dos Ciclos de Grao Medio poderá acceder aos Ciclos de Grao Superior mediante un curso "ponte". Novo Real Decreto para reformar a FP de xullo 2012.

Neste curso presentáronse, no noso centro, 32 alumnos/as as probas de acceso para poder cursar un ciclo de Formación Profesional sin o Título da ESO. O requísito máis salientable e que teñen que ter ou cumprir neste ano os 17 anos.

Aprobaron 12 dos 32 presentados o que supón un 37.5%. No curso de 4º A de ESO aprobaron os seis que se presentaron e no PCPI 3 dos 4 presentados.

ADMISIÓN EN CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR

Diario Oficial de Galicia do 14 de xuño de 2011

a) O prazo ordinario será do 17 de xuño ao 4 de xullo, ambos os dous incluídos.

b) O prazo extraordinario abranguerá desde o día 1 ao 12 de setembro, ambos os dous incluídos.

Exámenes para preparar as probas de acceso aos CICLOS DE GRAO MEDIO

Lembrade que as probas son o 3 de xuño no IES Pedra da Auga de Ponteareas

Distintos cuestionarios en formato enquisa das diferentes familias profesionais para que valoredes aquelas profesións que van máis coas vosas características persoais (coa excepción da familia marítimo-pesqueira).

actagr.jpg (3284 bytes)Actividades agrariasactfisdep.jpg (3397 bytes)Actividades físicas e deportivas
actmarpes.jpg (3639 bytes)Actividades marítimo-pesqueirasadm.jpg (3407 bytes)Administración
artgra.jpg (2440 bytes)Artes gráficascommar.jpg (2909 bytes)Comercio e márketing
comimason.jpg (3429 bytes)Comunicación, imaxe e sonediobrciv.jpg (3468 bytes)Edificación e obra civil
eleele.jpg (2682 bytes)Electricidade e electrónicafabmec.jpg (2839 bytes)Fabricación mecánica
hostur.jpg (3434 bytes)Hostalaría e turismoimaper.jpg (3007 bytes)Imaxe persoal
indali.jpg (3319 bytes)Industrias alimentariasInformática
Madeira e mobleMantemento de vehículos autopropulsados
manserpro.jpg (2606 bytes)Mantemento e servizos á produciónquimic.jpg (3061 bytes)Química
sanid.jpg (3075 bytes)Sanidadesersoccom.jpg (3328 bytes)Servizos socioculturais á comunidade
texconfpie.jpg (2724 bytes)Téxtil, confección e peltexconfpie.jpg (2724 bytes)Vidro e cerámica

 

Vídeos


Nas seguintes ligazóns pódese atopar vídeos sobre diferentes ciclos formativos de varias familias profesionais.
    - Agraria
    - Artes gráficas
    - Electricidade e electrónica
    - Fabricación mecánica
    - Hostalaría e turismo
    - Imaxe e son
    - Imaxe persoal
    - Industrias alimentarias
    - Instalación e mantemento
    - Madeira, moble e cortiza
    - Marítimo-pesqueira
    - Sanidade
    - Servizos socioculturais e á comunidade
    - Transporte e mantemento de vehículos

 TODO SOBRE CICLOS DE FP