ORDE do 25 de maio de 2016 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2016/17. 

 

Teléfono do CRD : 986262500 

 Prazo 

O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será: 

1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria (8 xuño)  e o 15 de xullo de 2016 (este incluído). 

2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria (8 xuñoe o 8 de agosto de 2016 (este incluído). 

Presentación de solicitude: forma, lugar e consecuencias 

1. As solicitudes deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro residencial docente, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es. 

2. Así mesmo, o dito formulario publícase como anexos I e II desta orde. 

3. A presentación da solicitude implicará respecto da persoa solicitante ou o seu representante legal: que acepta as bases da convocatoria e reúne os requisitos exixidos nela; que son certos todos os datos que constan na solicitude; e que reúne os requisitos necesarios para obter o título académico que indica. 


Comentarios  Ir a formulario



No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.