Una clase antibullying en Finlandia from Mayra Zepeda on Vimeo.

Moita xente sabemos que en Finlandia o ensino, a cuestión educativa, é unha prioridade nacional sen discusión. Aínda que non creo nos "rankings" con connotacións economicistas claras coma PISA da OCDE, nos que Finlandia ocupa as primeiras posicións, sí penso que é un sistema educativo dos mellores do mundo. Pero tamén ten os seus retos e o acoso escolar é un deles. Que fan? Deseñaron o método KIVA, acrónimo que ven significar "contra o acoso escolar". Están a lograr que desapareza o acoso das escolas, implantado xa no 90% das escolas, os resultados son espectaculares. Foi o maior estudo realizado en Finlandia, participaron 234 centros de todo o país e 30.000 estudantes de entre 7 e 15 anos. KIVA lograra reducir todos os tipos de acoso nas escolas. Os casos de acoso escolar desapareceron no 79% das escolas e reducíronse no 18%. Só cun ano de implantación os investigadores comprobaron que nalgúns cursos o número de nenos acosados baixou mesmo un 40%. Pero ademais levaron unha grata sorpresa ao constatar que KIVA tamén aumenta o benestar escolar, a convivencia e a motivación por estudar, ao mesmo tempo que diminúe a angustia e a depresión.

Máis información sobre o tema

Programa KIVA en español

Comentarios  Ir a formulario



No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.