Si eu tivera que poñer en marcha un programa de mediación no meu instituto, aínda que non é que teñamos moitos conflictos, nun primeiro momento  e si o Claustro e  Consello escolar están de acordo, informaría deste proxecto en todas as aulas do centro. Pediría que se apunte o alumnado voluntario e que se vote nas clases que persoas gozarían da confianza do grupo co obxectivo de seren mediadoras/es. Para esta presentación do proceso de mediación nas aulas non estaría de máis utilizar algún vídeo, unha dramatización ou calquera outro medio audiovisual que sirva de exemplo do que se pretende explicar. Posteriormente reuniría a todo o alumnado seleccionado no paso anterior para ampliarlles polo miudo a información de maneira tal que só as persoas que voluntariamente acepten participar no programa poidan facelo. En terceiro lugar teríamos que decidir un paso moi importante, quen vai coordinar o programa no centro. En todo caso penso eu penso que debe ser sempre unha persoa realmente interesada e motivada polo proceso de mediación. Se é un membro do profesorado axudaría moito que o centro lle asignase unhas horas de dedicación semanais para tarefas de coordinación e  organización de actividades. En cuarto lugar organizaría unha sesión introductoria para todo o claustro, incluso con algúns dos materiais e protocolos que imos a utilizar xa que é moi importante que todo o profesorado teña unha idea clara do enfoque e as técnicas que se utilizan xa que isto prevén de medos e prexuízos, sempre pasa o mesmo, causados polo descoñecemento. Tamén utilizaría co claustro un vídeo sobre unha sesión de mediación. En quinto lugar, xa entrando de cheo en materia, plantexaría unha formación intensiva para as persoas interesadas, tanto profesorado coma alumnado, en horario a convir polas/os participantes e responsables da formación. Unha vez terminada a formación é necesario dar a coñecer ao resto da comunidade escolar que é a mediación e como vai funcionar o servizo de mediación do IES Salvaterra de Miño. Por iso, faría que a última actividade da formación sexa a elaboración dun folleto ou díptico para explicar que é realmente a mediación ás persoas do centro que non participaron na formación e, por suposto, as familias do alumnado.

É convinte que toda a comunidade teña unha información clara e precisa de que é a mediación. Por iso vos sinalo a continuación as características fundamentais:

1. A mediación é un proceso de comunicación en liberdade ante unha terceira persoa, que realiza o papel de mediador ou mediadora, e que garantirá que as partes se comuniquen desde o respecto e busquen as solucións aos seus conflitos.

2. As persoas que desempeñan o papel de mediación non son as que dan  as solucións; só axudan para que as busquen as partes en conflicto.

3. A mediación non pode imporse, acúdese a ela voluntariamente e todo o que ocorra durante o proceso de mediación e o que alí se diga é confidencial.

4.- Non todos os conflitos son mediables: non pode mediarse nun conflito se unha das partes está a sufrir violencia por parte da outra. Estes conflitos requiren outras intervencións. Caso de que un conflito desta índole chegase ao servizo de mediación do IES este debe derivalo aos órganos competentes do centro (xefatura de estudos, dirección, comisión de convivencia…)

5.- Á mediación pode acudir o alumnado, o profesorado, o persoal non docente e as familias do alumnado, é dicir toda a comunidade educativa.

6.- É convinte que este programa de mediación quede recollido, por exemplo, no plan de convivencia  do centro.

Continuaremos a traballar para a mellora da convivencia con outros post sobre o tema SonrisaSonrisa

Comentarios  Ir a formulario



No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.