Convocadas as probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización
Lun, 10/02/2014 - 08:51

Xúntase a Resolución do 24 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.

  • O prazo de presentación das solicitudes será entre o 17 e o 28 de febreiro de 2014.
  • As probas terán lugar o día 25 de abril de 2014, en sesións de mañá e tarde, no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

MÁIS INFORMACIÓN:

REQUISITOS DOS ASPIRANTES:
a) Ser maior de 20 anos ou facer esa idade no ano 2014.
 
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.

c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes (presencial, semipresencial ou telemática) nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2013/14.
 

PRAZO E LUGAR DE INSCRICIÓN: 

O prazo para realizar a inscrición nestas probas será entre o 17 e o 28 de febreiro de 2014, nos centros que a continuación se detallan.

DATA DAS PROBAS: 
 As probas terán lugar o día 25 de abril de 2014 nos seguintes centros:
 
a) Centro EPA Eduardo Pondal, A Coruña.
b) IES San Clemente, Santiago de Compostela.
c) Centro EPA Albeiros, Lugo.
d) Centro EPA de Ourense, Ourense.
e) Centro EPA Río Lérez, Pontevedra.

Comentarios  Ir a formulario



No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.