Convocadas as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

Xúntase a Resolución do 15 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

MÁIS INFORMACIÓN:

  • REQUISITOS PARA PRESENTARSE Á PROBA:
    Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos: 

    1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba. 

    2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria ou de calquera outro declarado equivalente para efectos académicos. 

    3. Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria establecidas no artigo 7, punto 5º da Orde do 21 de decembro de 2007 (DOG do 7 de xaneiro de 2008). 

    4. Non estaren matriculadas de forma oficial nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria, na educación secundaria para persoas adultas ou no segundo curso dun programa de cualificación profesional inicial.

    5. O alumnado matriculado durante o curso 2013/14 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
    5.1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
    5.2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
    O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.
    Os prazos de matrícula serán:

– Convocatoria de maio: 24 de marzo ao 4 de abril de 2014, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 1 ao 10 de xullo de 2014, ambos os dous incluídos.


Comentarios  Ir a formulario



No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.