Blogia
MZUNGU

A nosa tableta...

Creo que xa estamos en condicións de afirmar que a tableta escollida para o noso proxecto TableTea, a Bq Edison 2 Quad Core, non foi unha mala elección. A construción da tableta non é a da Sony Xperia Tablet Z pero non está nada mal. Polo que respecta as Apps ven como as mellores, solo superada polo iPad. Falando da autonomía e batería é das mellores, ao nivel do iPad e un pouco por baixo da LG GPad 8.3. No tema da pantalla, tema complexo xa que temos no mercado varios modelos que incluso superan ao iPad Air en resolución pero que na práctica se ven peor que este, a nosa Bq 10.1" non está nada mal e serve moi ben para o traballo nos distintos espazos do IES e das diferentes clases cos seus 1280 X 800. Polo que respecta ao procesador, a Edison 2 Quad Core que mercamos ten iso, catro núcleos a 1.6 GHz e vai moito mellor que a outra Bq que probei de dous núcleos (Dual Core) sobre todo en canto á rapidez  da conexión as nosas precarias WiFi do insti ou da casa. As cámaras, a frontal de 0.3 Mp e a traseira de 2Mp non son das mellores pero nos estamos a traballar con elas tendo en conta que escollemos a tableta de 16Gb. Algúns traballos, sen editar, podedes velos neste Blog. Non é a calidade das gravacións de video o que estamos a buscar neste proxecto.
En resumo, penso que Bq Edison 2 Quad Core é a opción máis apañada en termos de calidade/prestacións e prezo xa que por 175 Euros está moi alonxada do prezo da LG PAD 8.3 de 329 euros, da Sony Xperia Tablet Z de 500 Euros, da Google Nexus 10 de 400 euros e non digamos dos iPad, dende 479 euros. Certo é tamén, que as persoas afeitas a traballar con iPad, notamos un pouco a diferenza e incluso que unha mesma App pode ser moito máis completa en IOS que en Android pero o orzamento é a chave de todo e non somos o colexio Montserrat Guiño nin ghañas que temos...

En fin, como ferramenta para un modestísimo proxecto piloto de Mobile Learning e despois de un par de meses de traballo, parécenos un bo dispositivo móbil para o noso alumnado touch screen Risa que, por certo, están moi contentos e dando envexa ao resto de alumnado coas súas tabletas de traballo. Esperamos ir sumando alumnado e profesorado ao proxecto e acadar pronto o obxectivo deseñado na parte teórica da portabilidade, isto é que o alumnado leve as tabletas para poder traballar con elas na casa e facer as tarefas da clase.

1 comentario

Suso -

Outro dos motivos de elixir a marca BQ, ben podería ser que é unha empresa do país, e nestos tempos de crise hai que facer patria