Blogia
MZUNGU

RESIDENCIAS

RESIDENCIAS

Vos deixo estes enlaces que penso vos serán de utilidade para atopar aloxamento para continuar en estudos superiores 

RESIDENCIAS UNIVERSITARIAS:

Se desexas información sobre residencias universitarias debes consultar as web das distintas universidades do SUG (Sistema Universitario Galego), para informarte dos prazos e procedimentos para pedir praza. 

Aquí tes o listado de residencias privadas e centros propios das universidades galegas. 
Debes saber que as universidades teñen bolsas para aloxamento nas súas residencias e ademais dispoñen de bolsa de vivenda. 
Se abres o enlace de cada universidade podes ir directamente á información sobre as súas residencias propias e concertadas.


Centro Propios
Complexo Residencial O Castro (Campus Vigo)
Centros Concertados:
Residencia A Peregrina (Campus Pontevedra)
Complexo Residencial Alcai de Allariz (Campus Ourense)


Centros Propios:
Colexio Maior Fonseca (Campus Santiago)
Colexio Maior Rodriguez Cadarso (Campus Santiago)
Colexio Maior San Clemente (Campus Santiago)
Residencia Universitaria Burgo Das Nacións (Campus Santiago)
Residencia Universitaria Monte Da Condesa (Campus Santiago)
Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay (Campus Lugo)


Centro Propio:
Residencia Universitaria Pública de Ferrol (Campus de Ferrol)
Residencias de titularidade privada:
Listado de Residencias na UDC (Rialta xa non é concertada, senón de titularidade privada)

Prazas Residencias Públicas (Meixoeiro-Vigo)

ORDE do 9 de xuño de 2015 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residencias da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2015/16.

 

Prazo


  O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:

1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 17 de xullo de 2015.

2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 7 de agosto de 2015

BOLSAS PARA RESIDENCIAS DA UVIGO (ATA 2 XULLO)

Convocatoria de bolsas de residencia para o curso 2011-12

 

Información de contacto

Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes
Edificio Miralles, campus As Lagoas, Marcosende, s/n. 36310 Vigo
Tfno.: 986 813 603 - 986 813 817 - 986 813 626
Enderezo electrónico: xnvicext@uvigo.es

CENTRO RESIDENCIAL DOCENTE (CONVOCATORIA DE PRAZAS)

No DOG do 12 de maio convócanse prazas de residencia. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partires da data de publicación da convocatoria (ata 12 de xuño).