Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes al tema TIC.

METODOLOXÍA E TECNOLOXÍA

Animación en portugués que amosa que ter dotación tecnolóxica nos centros (ordenadores, netbooks, PDI, etc) coa metodoloxía de sempre pois...non cambia moito as cousas.

No hay comentarios. Comentar. Más...

QUE OPINA O PROFESORADO SOBRE A ESCOLA 2.0

A primeira semana de outubro no III Congreso Escola 2.O o profesor Manuel Area Moreira, catedrático galego de universidade, presentou os primeiros resultados da enquisa levada a cabo por toda a xeografía nacional e na que participou unha mostra de máis de 4500 docentes.

Os resultados amosan, nunha primeira ollada, grandes diferenzas entre as distintas autonomías.  Aquí tedes as conclusións copiadas da presentación de Manuel Area no Congreso.

 

- Non hai unha visión homoxénea do profesorado ante as TIC e a Escola 2.0.
- Existe variabilidade e diferenzas significativas entre Comunidades Autónomas e Etapas (Primaria e Secundaria).
- Mellores valoracións, cara a Escola 2.0, do profesorado de Primaria que do de Secundaria.
- Hai moita tecnoloxía nas aulas, pero non está lograda a plena dispoñibilidade e reclámase máis.
- Úsanse as TIC pero hai pouca innovación didáctica.
- O profesorado ten unha visión positiva cara aos efectos das TIC.
- A pesar da abundancia de TIC, o libro de texto e a pizarra tradicional son os recursos máis empregados diariamente.
- O coordinador TIC é necesario.
- O profesorado cre que ten formación abondo, pero demanda máis.
- O profesorado é crítico coa política formativa en TIC da súa comunidade, que considera entre "regular e aceptable".
- O profesorado quere recursos online libres e compartidos.
- Non hai "visión": O profesorado di que lle falta información sobre obxectivos e características do proxecto Escola 2.0.
No hay comentarios. Comentar. Más...

iessalvaterraorientacion

SABES QUE SIGNIFICA ESCOLA 2.O?

Video-animación onde un alumno explica ao seu profesor o que é realmente unha ESCOLA 2.O e o significado, tan escoitado, de E-LEARNING.

No hay comentarios. Comentar. Más...

ESCOLA 2.O É COMPARTIR INFORMACIÓN

Pois si, a min faime moita gracia ollar o mal uso que facemos das TIC. Por exemplo, falando de Moodle, baixo o meu punto de vista ferramenta con moi pouco futuro, levo as máns á cachola ao ver como unha grande parte dos centros educativos que teñen aulas virtuais nin siquer permiten a entrada aos seus cursos como invitados. Pensarán que teñen un tesouro? Recollendo palabras do profesor Domingo Méndez de Cieza, no caso que así foxe, amólame pensar en docentes poñéndolle cancelas a outras/os docentes para que dispoñan de ferramentas didácticas que funcionan. E que me decides das supostas persoas expertas en TIC que imparten charlas falando do software libre e amosan prezosas aulas Moodle, tan bonitas como pechadas, que non deixan que ninguén poida entrar nos seus contidos nin dispor das súas presentacións? Nun post do Blog de Clay fálase de algo, para min moi importante, a actitude 2.0. Que é isto de actitude 2.0? Resumindo moito podemos entendela e definila como a nosa disposición, positiva ou negativa, a interactuar na web. Cantos/as de nós quedamos como parvos ante o mar de información polo que navegamos? Cantos/as somos quen de deixar un comentario? Que ideas nos xurden e que facemos con esas ideas? Con quen as compartimos?

O vídeo adxunto pódevos axudar a entender e dar resposta a cal é realmente a nosa/vosa actitude 2.0. e se realmente compartimos e interactuamos na web. 

No hay comentarios. Comentar. Más...


DEZ CONSELLOS PARA USO DAS TIC NA CLASE

Gustoume esta INFOGRAFÍA

No hay comentarios. Comentar. Más...


GOOGLE= MENOR MEMORIA E MAIOR HABILIDADE

O chamado "efecto Google" esta a facer que a nosa memoria funncione peor pero que sexamos moito máis habilidosos. Ver ARTIGO.

No hay comentarios. Comentar. Más...



YapTime, UNHA ALTERNATIVA A TUENTI PARA USAR NA CLASE

Non todo na vida do noso alumnado relacionado coas novas tecnoloxías debe ser Tuenti. Aquí tedes unha boísima ferramenta: YapTime

No hay comentarios. Comentar. Más...

A INNOVACION XURDE DA INTELIXENCIA GRUPAL

Paréceme interesante este ARTIGO sobre a importancia de tomar prestadas as ideas doutros/as que están funcionando e melloralas si é posible.

No hay comentarios. Comentar. Más...

MOI BO VIDEO-ALUMNADO AVALÍA INTEGRACIÓN DAS TICs

Unha pasada, alumnado de 5º de primaria dun centro PÚBLICO de cantabria expoñen as familias o que fan no eido das TICs.

Paréceme unha experiencia.... non teño palabras. 

No hay comentarios. Comentar. Más...




TIC E APRENDIZAXE

Algunhas FERRAMENTAS tic para o aprendizaxe (xa bastante coñecidas)

No hay comentarios. Comentar. Más...

ALTERNATIVAS A MOODLE

ALTERNATIVAS A MOODLE

 

Parece que cando falamos de entornos ou plataformas virtuais de aprendizaxe que podemos usar nas aulas sempre aparece como primeira referencia Moodle. Temos que saber que hai outras moitas alternativas gratuitas (opensource) tan boas ou mellores.

Vexamos algunhas:

Atutor unha das máis utilizadas con máis de 30000 instaladas en distintos centros educativos.

Chamilo enormes posibilidades na xestión e creación de cursos.

Claroline conta con un boísimo manual do profesor de Roberto Arguetga que podedes descargar dende aquí.

Dokeos na opinión de expertos como xarxatic unha das máis fáciles de usar para o alumnado e pode que un pouco máis complexa para o profesorado.

Docebo presenta como característica principal a de poder personalizar o modelo didáctico ás necesidades do tipo de aula e de alumnado, da materia a impartir, etc.

Olat é o acrónimo de Online Learning and Training e se actualiza dende a universidade de Zurich.

Sakai tamén coma Olat esta desenvolvida en Java.

E aínda existen máis pero trátase de que abramos un pouco os ollos e vexamos por onde van os tiros e pensemos que Moodle e unha delas.

No hay comentarios. Comentar. Más...

GUÍA PARA FACER BO USO DE INTERNET

Tamén ten consellos breves e concisos para familias e profes.

Ver a GUÍA

No hay comentarios. Comentar. Más...

TELEFONOS INTELIXENTES QUE INFORMAN DA NOSA LOCALIZACIÓN

Paréceme apropiado que coñezades este artigo e vexamos por onde van os tiros (na liña da charla impartida ao alumnado de 2º de ESO polo grupo de delitos telemáticos da Garda Civil).

ARTIGO

No hay comentarios. Comentar. Más...